Month: Xaneiro, 2008

Letras Galegas 2008

31 Xaneiro, 2008 (21:42) | 17_de_maio, Novidades, Xerais |

Presentamos a nosa oferta editorial do ano de don Xosé María Álvarez Blázquez. O retrato é do pintor e ilustrador Manuel Uhía. Etiquetas: Xosé_María_Álvarez_Blázquez

Libros sen papel

30 Xaneiro, 2008 (22:36) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

Xavier Alcalá é dos primeiros autores galegos que propón unha reflexión pública sobre a utilidade dos libros sen papel. Alcalá, como tecnólogo que é expresa a súa posición, con prudencia, mais sen deixar lugar a moitas dúbidas: “O libro sen papel está na rúa, conectado sen fíos á rede de redes, e capacitado para almacenar […]

Libros de mañá, a posición de Neuman

30 Xaneiro, 2008 (22:17) | Libro, Literacidade |

A pasada semana falabamos do interesante debate sobre os “libros de mañán“. Hoxe aconsello este artigo luminoso e moi clarificador do escritor arxentino Andrés Neuman onde se abordan practicamente todos os temas daquel debate. Recomendo moito a súa lectura. Adianto un dos parágrafos que considero máis interesantes para a autoestima dos editores que continuamos publicando […]

"Merdeiros" de Vigo

30 Xaneiro, 2008 (06:52) | Festas, Vigo |

Esta noticia de Máis Alá éncheme de ledicia. A volta dos “Merdeiros” a máscara tradicional do Berbés é unha das miñas vellas teimas. Hai sete anos, publiquei o primeiro artigo no Faro sobre esta máscara viguesa dos “merdeiros” ou “escabicheiros” do noso barrio de pescadores, figuras que satirizaban ou parodiaban cruelmente aos campesiños que viñan […]

Estreas narrativas: Salter e Chelo Suárez

29 Xaneiro, 2008 (08:10) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Comezamos o ano con dúas estreas na colección Xerais Narrativa: a novela A venus de cristal da narradora coruñesa Chelo Suárez e o libro de relatos A idade da auga do escritor escocés (afincado en Galicia) James Salter.A de Chelo, ambientada na Venecia de finais do século XIV constitúe unha proposta de narración moi singular, […]

O Carnaval en Galicia

28 Xaneiro, 2008 (20:03) | Ensaio, Festas, Novidades, Xerais |

Coincidindo co inicio desta primeira semana do Entroido puxemos nas librarías unha nova edición, totalmente renovada, do Carnaval en Galicia, o libro de Federico Cocho, con magníficas fotografías de Manuel G. Vicente, que percorre as manifestacións e a xeografía do noso entroido tradicional, tanto rural como urbano: os Momos e Mecos, os Felos de Maceda, […]

Álvarez Blázquez, editor de Monterrei

27 Xaneiro, 2008 (09:48) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Recurso_didáctico |

Co artigo da semana inicio unha pequena serie no Faro de Vigo sobre Xosé María Álvarez Blázquez As vindeiras entregas abordarán o seu traballo de editor en Edicións Castrelos e a súa autoría e edición de La ciudad y los días, texto monumental de seiscentas páxinas que estamos rematando de traducir e ocupa moitas das […]

Cinto de seguridade

26 Xaneiro, 2008 (11:57) | Publicidade, Sociedade, Vídeos |

Seguimos co impacto da publicidade para propósitos socialmente sensibilizadores. Aquí unha experiencia chilena para promover o uso do cinto. Vía: Trafegando ronseis.

"Reexistencia. A obra de Manuel Rivas"

26 Xaneiro, 2008 (11:43) | Autores, Ensaio, Xerais |

Galicia hoxe dedica unha páxina á aparición de Reexistencia. A obra de Manuel Rivas o libro da profesora da Universidade de Towson Isabel Castro que publicamos dentro da serie “Estudos literarios”. Non debera pasar desapercibida esta contribución académica, a primeira monografía sobre Rivas, que axudará a renovar os nosos estudos literarios sobre autores contemporáneos (o […]

"Remoldiño vai a feira"

26 Xaneiro, 2008 (11:29) | Literatura infantil e xuvenil, Teatro, Xerais |

Como xa fixeramos o pasado ano, comezamos a nosa campaña de animación á lectura nos centros escolares de educación infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Casa Hamlet coa obra de Manuel Lourenzo Remoldiño vai á feira, inspirada no texto de Xoán R. Cuba. Etiquetas: Remoldiño_vai_á_feira

Blog da sección de Crítica da AELG

25 Xaneiro, 2008 (20:40) | Blogs, Blogs_e_libros, Críticas, Polémicas |

A sección de Crítica da AELG animouse a abrir un blog. A súa primeira anotación sae ao paso das manifestacións do académico Franco Grande. Recollo un parágrafo ben significativo do seu contido: “Na súa opinión a crítica literaria galega debería contar cos atributos de ser orientativa e non pedante, no caso de que ela existise, […]

Anuncio contra a SIDA

24 Xaneiro, 2008 (19:42) | Publicidade, Sociedade, Vídeos |

Manuel Gago descúbrenos este impresionante anuncio contra a SIDA promovido pola asoción francesa Sidaction. Outra vez podemos comprobar as posibilidades comunicativas da publicidade (aínda que sei que o mestre Pawley non comparte moito esta idea). Moi recomendable. Etiquetas: SIDA

Os libros de mañá (III)

24 Xaneiro, 2008 (19:19) | Eventos, Libro, Literacidade |

Foi moi interesante e viva a mesa redonda de onte sobre “Novas tecnoloxías e novas linguaxes“. Moderou con moito xeito e coñecemento Manuel Gago que de saída presentou o estado da cuestión. Nas primeiras intervencións, conformáronse dúas posicións non antagónicas, aínda que si ben perfiladas na lectura do problema: a dos escritores (Francisco Castro e […]

Os libros de mañá (II)

23 Xaneiro, 2008 (19:05) | Eventos, Libro, Literacidade |

Recomendo a lectura da reportaxe de Vieiros, a raíz da mesa redonda de hoxe, sobre cómo serán “os libros de mañán”. Recollo un parágrafo das miñas declaracións que resumen opinións verquidas no blog: “E mais un exemplo: dende hai dous anos a Editorial Xerais está producindo libros que non se imprimen, que se distribúen directamente […]

Salvar as palabras

22 Xaneiro, 2008 (20:55) | Gastronomía, Iniciativas, Lingua |

Sei por Marcos do magnífico proxecto da AELG de salvación de palabras en desuso e en perigo de extinción. A iniciativa “Palabras con memoria” pretende recuperalas e poñelas de novo en vixencia e incluídas nos dicionarios. Esta iniciativa é semellante á que promoveron o pasado 23 de abril a Escuela de Escritores de Madrid e […]

Os libros de mañá

22 Xaneiro, 2008 (20:28) | Blogs_e_libros, Eventos |

Mañá acompañaremos a un fato de bos amigos e a unha mestra blogueira que debatirán sobre “Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes”. Semella moi interesante.

Triste Museo do Mar

21 Xaneiro, 2008 (19:34) | Museos, Vigo |

Onte á mañán, aproveitando un día precioso, achegámonos ao Museo do Mar de Alcabre para visitar a súa exposición permanente. Xa tiveramos a oportunidade, algúns meses antes da inauguración, de coñecer algúns destes contidos que centran, definitivamente, o museo arredor do mundo da pesca, como o de Concarneau e Douarnenez. A primeira sorpresa nosa foron […]

Sobre o futuro da cultura escrita

21 Xaneiro, 2008 (18:57) | Edición, Literacidade |

Sigo dende ha moito tempo Nómada o blog do profesor da Universidade da Coruña Juan Freire, para min un dos máis rigorosos e interesantes da blogosfera española. Recomendo esta súa anotación de hoxe na que reflexiona sobre o futuro da cultura escrita, do libro (e da industria editorial). Para Freire o novo escenario, no que […]

"Il club della calzetta"

21 Xaneiro, 2008 (18:10) | Autores, Críticas, Traducións |

Prodúcenos moita satisfacción coñecer estas dúas reseñas gabanciosas, suscitadas pola aparición da edición en italiano d’ O club da calceta, a novela de María Reimóndez da que se está preparando, ademais, unha tradución en castelán, unha adaptación teatral por parte de Teatro do Morcego (será estreada no Teatro Caixanova de Vigo, o día 12 de […]

Noticias de don Xosé María

21 Xaneiro, 2008 (17:40) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Recurso_didáctico |

Varias noticias moi recentes sobre don Xosé María Álvarez Blázquez e a celebración da homenaxe nacional no 17 de maio que merecen ser reseñadas: O seu fillo Celso puxo andar un espazo web completísimo dedicado a XMAB, que inclúe árbore xenealóxica, noticias e artigos na Internet, gravacións sonoras, álbum fotográfico (esencial) e bibliografía recente, ademais […]

Instituto Rosalía de Castro

21 Xaneiro, 2008 (08:14) | Bibliotecas, Cultura, Traducións |

Xosé L. Méndez Ferrín continúa a súa serie de artigos no Faro de Vigo sobre “Arquivos, bibliotecas e museus“. Hoxe reclama a creación do Instituto Rosalía de Castro, de promoción da lingua e literatura galega no exterior, prevista na aprobada Lei do Libro e a lectura. A argumentación do mestre é dificilmente rebatible: “Toda nación, […]

Dominio público

20 Xaneiro, 2008 (11:04) | Política |

Recomendo a lectura do artigo da filósofa María Toledano “Espacio público y democracia de mercado“, recuperado oportunamente por Pablo Eifonso (moi obrigados). A diferenciación entre o público e o colectivo seméllame moi lúcida nestes tempos de confusión do capitalismo impaciente. Recupero un fragmento significativo deste interesante artigo: “La confusión semántica avanza. Llaman “público” a los […]

Hemorraxia do mar

20 Xaneiro, 2008 (10:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana volvo sobre os naufraxios. Galicia non pode aceptar continuar sendo un país de náufragos, unha experiencia perturbadora e dolorosa para as familias das vítimas, tatuada xa na memoria colectiva como un sinal da nosa identidade complexa. A hemorraxia do mar galego debe ser atallada. Etiquetas: Naufraxios

Un ano para a lectura

19 Xaneiro, 2008 (11:31) | Cultura, Lectura, Literacidade |

Cincocentos escritores e intelectuais británicos dirixíronse ao seu primeiro ministro para solicitarlle, diante dos fracos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos no informe PISA, que se dedique o ano 2008 á lectura. Idéntica preocupación comparte Channel 4, unha das canles privadas de televisión de maior audiencia, que na súa franxa de prime time decidiu […]

Feira do libro da Habana

18 Xaneiro, 2008 (18:24) | Cultura, Eventos |

Hoxe presentouse o programa da participación de Galicia na Feira do Libro da Habana do vindeiro mes de febreiro. Aquí pode descargarse o dossier elaborado pola Consellaría de Cultura e Deporte con toda a información sobre tan importante evento (actividades, participantes…). Etiquetas: Feria_Libro_La_Habana

Arquivos, bibliotecas e museos (II)

18 Xaneiro, 2008 (08:17) | Bibliotecas |

Xosé L. Méndez Ferrín volve hoxe no Faro coa prometida segunda entrega sobre “Arquivos, bibliotecas e museus“. O mestre atina de cheo no diagnóstico sobre os nosos centros da memoria, ao tempo que proporciona o necesario contexto histórico do seu modelo inserido (a pesar da Autonomía) nun desfasado modelo provincial.Reproduzo os dous últimos parágrafos, onde […]

"A neve do tempo"

18 Xaneiro, 2008 (07:49) | Artes Visuais, Ilustración, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos en Ourense A neve do tempo, un fermoso libro de arte froito da colaboración entre o escritor Alberto Pascual e o pintor José Antonio Ocaña. Para o crítico Juan Carlos García Alía, ambos os dous autores “forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co […]

Centre for the promotion of Galician Literature in Translation

17 Xaneiro, 2008 (22:08) | Cultura, Iniciativas, Poesía, Traducións |

A raíz da miña proposta de creación dunha Oficina do Libro Galego, como xestor da estratexia de promoción da literatura galego a nivel internacional, o amigo Jonathan Dunne (o máis importante tradutor da literatura galega ao inglés) remíteme este enlace coa páxina do Centre for the Promotion of Galician Literature in Translation (CPGLT) que creou […]

Homenaxe a Siro

17 Xaneiro, 2008 (21:21) | Autores, Eventos, Ilustración |

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico, ilustrador, debuxante, caricaturista, xornalista de La Voz de Galicia, escritor dramático, ensaísta, conferenciante, pintor e tantas outras cousas… Siro López Lorenzo pola súa traxectoria profesional o día 24 de xaneiro, xoves, no […]

Naufraxios inevitables?

16 Xaneiro, 2008 (20:04) | Sociedade |

Esta secuencia interminable de naufraxios prodúceme perplexidade e enorme desacougo. Non se poden tomar outras medidas para atallar esta hemorraxia de sinistralidade no mar? Pódese aceptar como algo inevitable? Non é imprescindible acometer unha investigación sobre as causas do que sucedeu e depurar as responsabilidades que houber? As embarcacións actuais teñen as condicións axeitadas para […]

Que pasou no PP?

16 Xaneiro, 2008 (19:35) | Política |

Paréceme verosímil esta explicación de Escolar sobre o que pasou onte no PP. Unha batalla que chegou, tamén, a Galicia. Non lle vexo moi boas trazas ao futuro de Mariano e do propio Alberto Núñez Feijoo (até o agoira Fraga e X.L. Barreiro) sometidos de pés e mans ao aznarismo cotroso de Esperanza e os […]

Tendencias da industria editorial para 2008

16 Xaneiro, 2008 (18:53) | Edición, Tecnoloxías |

Vía Martín Gómez coñezo as tendencias que para un gurú como Mike Shatzkin, previsiblemente, se desenvolverán na industria editorial internacional para 2008. Coincido con Martín Gómez que non se propoñe cousas moi diferentes das que non vimos ocupando nos blogs de libros e edición nos últimos tempos. Con todo, nunca está demais recollelas para botar […]

"Os fabulosos irmáns da luz" de Olaia Sendón

15 Xaneiro, 2008 (22:55) | Cine, Presentacións |

O próximo sábado estréase na Punta da Barca de Muxía Os fabulosos irmáns da luz, o novo documental de Olaia Sendón que constitúe unha homenaxe ao fotógrafo Ramón Camaño, pioneiro en levar o cine á Costa da Morte. En palabras da súa autora: “O cine era ante todo espectáculo. A posta en escea desta premiere […]

A quen beneficia a polémica?

15 Xaneiro, 2008 (21:51) | Polémicas |

Hoxe Xabier Cordal resume polo miúdo en Galicia hoxe (admirable o seguimento deste medio ao mundo literario galego) as diversas reaccións á polémica literaria das últimas semanas. Pola súa banda X.M.Eyré agoira na súa anotación que, previsiblemente, seremos os editores os próximos atacados e que “lle gustaría ser tan optimista” coma presupón que eu acredito […]

Arquivos, museos e bibliotecas

15 Xaneiro, 2008 (08:12) | Bibliotecas |

No seu artigo de hoxe Xosé L. Méndez Ferrín atina no diagnóstico do estado carencial da rede bibliotecaria galega, especialmente, o triste caso vigués do que xa temos falado aquí en diversas ocasións proporcionando datos escandalosos. Ferrín promete novas entregas sobre tan importante tema. Para cando esa imprescindible nova Lei Galega de Bibliotecas inserida no […]

"A casiña de chocolate"

14 Xaneiro, 2008 (19:40) | Ilustración, Literatura infantil e xuvenil |

Pablo Auladell está preparando esta marabilla para unha versión d’ A casiña de chocolate que publicará proximamente Kalandraka. Un ilustrador xenial. Etiquetas: Pablo_Auladell

Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)

14 Xaneiro, 2008 (19:21) | Dicionarios, Internet, Lingua |

Esta dispoñible a nova versión do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). A esta nova versión incorporáronse novas coleccións documentais e novos modos de busca que a converten nunha ferramenta moi útil para o coñecemento da lingua galega medieval e as temáticas vencelladas con ela. Que pensaría don Xosé María Álvarez Blázquez se puidese […]

"Fóra do sagrado"

14 Xaneiro, 2008 (07:51) | Artes Visuais, Poesía, Presentacións |

Grazas a Marcos podemos coñecer na rede os grandes murais de Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios sobre o perfil vigués que constitúen o fondo dos recitais de Fóra de sagrado de Anxo Angueira. Espectaculares, a verdade!

Campo do Fragoso LII

13 Xaneiro, 2008 (11:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SEN PEGADAO turrón non lle sentou ben aos celestes que comezan o ano con dous malos resultados e unha baixada preocupante da eficacia do seu xogo. Tras o fracaso en Cádiz da pasada semana, o encontro de onte fronte ao autobús do Salamanca amosou que o equipo de López Caro entrou nunha fase depresiva e […]

Metro para o Gran Vigo

13 Xaneiro, 2008 (11:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana propoño que se estude a viabilidade dun Metro para o Gran Vigo, inserido nun novo modelo de mobilidade metropolitana baseado no transporte colectivo intermodal. Hai experiencias abondas na península que demostran que isto non é nin unha quimera nin unha fantasía. Etiquetas: Artigos

Voces de liberdade, a homenaxe do PEN Clube

13 Xaneiro, 2008 (10:31) | Beizóns, Editores, Eventos, Premios |

Onte asistín ao xantar de homenaxe a Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, organizado polo PEN Clube de Galicia, con motivo da terceira edición dos seus premios “Voces de liberdade”. A organización e o desenvolvemento desta homenaxe a estes dous grandes editores da nosa memoria histórica, que contou coa xenerosa colaboración da Tenencia […]

Francisco Castro incorpórase a Galaxia

12 Xaneiro, 2008 (11:36) | Editores |

Francisco Castro incorporouse ao cadro de persoal da editorial Galaxia para encargarse dos Novos Proxectos (presupoño que para desenvolver os relacionados, especialmente, co mundo dixital e a edición electrónica). Un profesor e escritor experimentado e un inquedo animador cultural e da lectura como foi até agora Francisco, son un perfil moi prometedor para un convertirse […]

Stop the bullet. Kill the gun

12 Xaneiro, 2008 (07:27) | Dereitos_humanos, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

É impactante este anuncio (Stop the bullet. Kill the gun), encargado por Choice FM, que pretende sensibilizar sobre a necesidade de eliminar as armas de fogo. Publicidade branca, da maior calidade narrativa e eficacia comunicativa, si señor! Ás portas da celebración do Día escolar da paz e a non violencia constitúe un bo recurso para […]

"Os amigos de Chano Piñeiro"

11 Xaneiro, 2008 (20:12) | Cine |

Chegoume hoxe un exemplar d’ Os amigos de Chano Piñeiro, un libro de homenaxe (formidable o formato), coordinado por Miguel Anxo Fernández e editado pola Presidencia da Xunta de Galicia. Sempre mantiven grande lealdade con Chano, figura da que son admirador incondicional, razón pola que estou moi orgulloso de ter sido convidado a participar en […]

Temos que morrer

11 Xaneiro, 2008 (19:27) | Artigos_Luzes, Entrevistas, Polémicas |

O brillantísimo artigo de Suso de Toro contrasta, nas mesmas páxinas do Luzes de hoxe, coa lamentable obstinación do académico Franco Grande de intentar devaluar a calidade da literatura galega actual.Coincido de cheo con Suso de Toro que non é cabal utilizar o pasado da literatura galega para destruír a presente, como, coincido, tamén en […]

Informe sobre o impacto do préstamo

11 Xaneiro, 2008 (19:01) | Libro de texto |

Hoxe La Voz de Galicia e Vieiros informan sobre os contidos do informe, encargado pola AGE e elaborado por un grupo de traballo da USC, sobre o impacto moi negativo da modalidade de préstamo do libro de texto sobre a viabilidade sector editorial galego. Non vou reiterar as miñas opinións sobre a cuestión que, desgrazadamente, […]

Papyre 6.1

10 Xaneiro, 2008 (19:59) | Tecnoloxías |

Continúa a procura dun estándar amigable para a lectura electrónica. A empresa española FacThor anuncia a comercialización dun dispositivo electrónico que permite a reprodución de contidos dixitais (libros e documentos diversos) “cunha calidade de lectura como a dun libro en papel”. Custa 350 € e xa se pode solicitar por teléfono. Como será? Etiquetas: Papyre_6.1

Os blogs nos libros

9 Xaneiro, 2008 (16:28) | Blogs, Educación, Libro de texto, Recurso_didáctico, Xerais |

Alédome que lles gustase a X e aos membros d’ A Nosa Biblioteca. Etiquetas: Blogomillo

Protocolo contra a violencia machista

9 Xaneiro, 2008 (16:01) | Dereitos_humanos |

María Xosé Queizán enviounos a moción aprobada o pasado 19 de decembro polo pleno do Concello de Vigo, a proposta do Consello Municipal da Muller, dun protocolo de rango público a desenvolver nos funerais das mulleres asasinadas polas súas parellas. Unha medida xusta e oportuna, no camiño da restitución da dignidade das vítimas, que debería […]

Lectura na consola

9 Xaneiro, 2008 (15:54) | Tecnoloxías |

Grazas ao un bo amigo souben hoxe das posibilidades de lectura sobre a consola máis popular no mundo. Non hai dúbida que a procura dun soporte de lectura amigable (ver a anotación de Calidonia) continúa sendo un reto. Chegar, chegará. Etiquetas: Nintendo