Letras de Galicia

2 Febreiro, 2008 (10:46) | Beizóns, Cultura, Internet, Traducións

Dende onte podemos utilizar o web Letras de Galicia, un portal destinado a promover a literatura galega no exterior. Promovido pola Consellaría de Cultura, este espazo, xunto co catálogo de dereitos read.galicia, está chamado a converterse na peza principal dunha estratexia exportadora do noso sector editorial e da consolidación dunha marca (“Letras de Galicia”) para a súa visibbilidade no mercado internacional. Información sobre a literatura galega, sobre o estado da nosa edición ou sobre as axudas para a tradución son algúns dos contidos principais dun espazo ben deseñado e atractivo. Aparece só en castelán, aínda que sabemos se está preparando unha versión en inglés. Un paso adiante moi sólido, que merece as nosas beizóns.

Etiquetas: Letras_de_Galicia
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Anonymous
Date: 3 Febreiro 2008, 10:24 a.m.

e o sitio web só en español. Interésanos iso? vostede que opina? será unha visión miña do entroido?

Comment from Brétemas
Date: 3 Febreiro 2008, 10:28 a.m.

Entendo que será multilingüe, polo menos en galego, castelán e inglés. Creo que se priorizou que aparecese en castelán por mor da presenza galega na Feira do Libro da Habana.

Comment from Anonymous
Date: 3 Febreiro 2008, 10:39 a.m.

Multilingüe, neste momento só está en español. Ti tes acceso á versión en galego ou a outras linguas?
Que se priorizou en castelán por… a vostede que lle parece. A min moi forte!!!! e incríbel por parte de Consellaría de que chega.

Obrigada

Olark Livehelp