Month: Febreiro, 2008

"O segundo sexo", primeiro exemplar

29 Febreiro, 2008 (16:51) | Beizóns, Ensaio, Traducións, Xerais |

Hoxe chegou un exemplar do primeiro tomo d’ O segundo sexo, a obra fulcral de Simone de Beauvoir, traducida para o galego por Marga Rodríguez Marcuño. A publicación desta importantísima obra, coeditada coa Secretaría Xeral da Igualdade (grazas, sen dúbida, ao pulo e teimosía de Carmen Adán), coincidindo cos actos do 8 de marzo, supón […]

Un exercicio de autoestima

28 Febreiro, 2008 (09:34) | Política, Vídeos |

O debate de onte entre os tres líderes parlamentarios foi un exercicio de autoestima e de querenza nas posibilidades propias do país noso. Primeiro, pola magnífica organización da CRTVG (tanto da TVG como da RG), colocando o debate político galego nun grande nivel de dignidade, ao tempo que sentaba un precedente (xa irreversible) para as […]

Andeis

27 Febreiro, 2008 (07:53) | Librarías |

Máis andeis de deseño.Via: Alessandro Martins.

Exercer a cidadanía

26 Febreiro, 2008 (21:01) | Política |

O debate de onte (adianto que para min Zapatero estivo mellor ca Rajoy) e o que se anuncia para mañán (clave para centralo sobre a axenda política galega) esixen recuperar o concepto do que é exercicio da cidadanía. Moito máis alá da consideración de cada un dos cidadáns e cidadás como espectadores dun espectáculo mediático […]

Calendario das Letras

25 Febreiro, 2008 (19:44) | Efemérides, Promoción do libro |

Hoxe recibín un exemplar do Calendario das Letras 2008, unha moi boa iniciativa da Consellaría de Cultura e Deporte, que desenvolve dende o pasado ano unha medida prevista na lei do libro e do plan de lectura coa que se pretende situar o mundo da lectura no primeiro plano da vida social de Galicia.A proposta […]

Fidel Castro dedica un exemplar a García Crego

24 Febreiro, 2008 (21:46) | Presentacións, Xerais |

Hoxe coñecimos que Fidel Castro dedicou un exemplar do libro editado por Xerais a Xosé M. García Crego, o tradutor da obra e director de edicións da editorial. Transcribo a noticia publicada hoxe en Granma: “Emoción es la palabra que mejor describe lo sentido por el traductor gallego Xosé García Crego, al recibir de manos […]

"O lapis do capinteiro" presentado na Habana

24 Febreiro, 2008 (13:20) | Presentacións, Traducións |

A noticia de Granma sobre a presentación da edición cubana d’ O lapis do carpinteiro na Feira do libro da Habana debe quedar no blog. Etiquetas: Manuel_Rivas

Todos con Laxeiro

24 Febreiro, 2008 (11:49) | Artes Visuais, Efemérides |

Onte acudimos ao chamado do escritor Carlos Reigosa e do pintor Antón Lamazares para asistir aos actos da homenaxe a Laxeiro en Lalín con motivo do centenario do seu nacemento. Sen dúbida, a xornada foi un éxito para os organizadores, xa que conseguiron unha completa presenza institucional de todas as administracións e dos tres partidos […]

Cen anos do Náutico

24 Febreiro, 2008 (11:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Vigo |

No artigo da semana celebro a publicación do libro O Real Club Náutico. Cen anos de historia de Vigo de José Gómez Alén. Ademais do libro hai un interesante documental que o acompaña. Etiquetas: Artigos

Escaleira libraría

22 Febreiro, 2008 (23:12) | Librarías |

Tomen nota os que teñan problema de espazo cos libros.Grazas, Manolo.

A cruzada de Galicia Bilingüe

22 Febreiro, 2008 (16:24) | Lingua, Política, Xerais |

Temos que agradecer a Bernal Rúa a completa crónica, que publica hoxe en Vieiros, sobre a conferencia de Galicia Bilingüe (GB) no Centro Cultural Caixanova de Vigo que congregou a medio milleiro de “galegófobos” ou “hispanófilos” –entre os que se atopaba a candidata ao Senado Corina Porro e outros militantes do PP de Vigo– chamados […]

"Fidel Castro. A miña vida", presentación na Habana

22 Febreiro, 2008 (08:13) | Presentacións, Xerais |

Mañá preséntase na Feira Internacional do Libro da Habana Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet. Xosé García Crego, o tradutor da obra e director de edicións de Xerais representará á editorial nun acto moi significativo para a historia da nosa editora. Actualización (17:30 horas): Fran Alonso publica a súa crónica do que […]

Se eu fora presidente: tres primeiras medidas

21 Febreiro, 2008 (21:25) | Política |

Un xornalista de Faro de Vigo, preparando unha reportaxe para o primeiro día de campaña, pregúntame por teléfono sobre cáles serían as tres primeiras medidas que eu tomaría se fose presidente do Goberno (non quero nin imaxinalo!). Sen pensalo moito contestei o que segue: Declarar 2009 como Ano da Lectura. Presentar no Congreso do deputados […]

Non é o inglés, non

20 Febreiro, 2008 (22:41) | Educación |

A recente promesa electoral de Zapatero sobre a aprendizaxe do inglés por parte de todos os escolares amosa a absurda frivolización á que chegou á actual política educativa.Reducir os esforzos da acción educativa do estado (do goberno, das comunidades autónomas e dos propios concellos, xa que todos comparten o entusiasmo por esta medida) a proporcionar […]

O histórico adeus de Fidel

19 Febreiro, 2008 (22:45) | Historia |

Unha noticia tan importante debe quedar no arquivo do blog. Máis aínda cando o vindeiro venres, o meu compañeiro Xosé García Crego presentará (dentro dos actos previstos pola delegación galega) na Feira do libro da Habana a edición que preparemos das conversas do comandante con Ignacio Ramonet. Loxicamente, este episodio non esta recollido no groso […]

Os mellores libros do 2007

19 Febreiro, 2008 (21:59) | Premios |

Fervenzas literarias –unha revista electrónica que seguimos con moito interese, polo seu grande labor de divulgación da nosa actualidade editorial literaria– deu a coñecer a lista dos mellores libros de 2007, confeccionada polos seus lectores. Quedamos moi agradecidos polos recoñecementos que nos tocan. Etiquetas: Fervenzas_literarias

Outro cambio é posible

18 Febreiro, 2008 (19:42) | Medio_Ambiente, Política, Vídeos |

O éxito evidente da manifestación de onte debería obrigar a reflexionar aos partidos do actual Goberno Galego (e aos sindicatos maioritarios) sobre cal é a súa deriva no que respecta á política medioambiental, industrial, forestal e de ordenación do territorio que defenden para o país. A presenza na manifestación de numerosas bandeiras galegas (sen a […]

Campo do Fragoso LIV

17 Febreiro, 2008 (11:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

VITORIA EMBARULLADAUn Celta sen alma pasou moi serias dificultades para superar ao colista, o Poli Exido que dirixe Fernando Santos, a quen en Balaídos lembramos como “o home tranquilo”. Nunha das peores primeiras partes que lle recordamos (e xa é dicir nun campionato tan anémico coma este), o Celta de López Caro amosou no seu […]

Historias de Vigo

17 Febreiro, 2008 (10:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Vigo |

No artigo da semana fago un repaso polas obras claves da historiografía viguesa anterior a 1960, propoñendo a edición da Historia de la ciudad de Vigo de Avelino Rodríguez Elías, que permanece aínda inédita, a pesar de que o seu manuscrito está “custodiado” polo concello de Vigo dende hai anos. Etiquetas: Historia_Vigo

"A venus de cristal", presentación

16 Febreiro, 2008 (12:56) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Onte presentamos na Coruña A venus de cristal, a segunda novela de Chelo Suárez. O acto foi concurridísimo, máis dun centenar de persoas, e confirmou a miña intuición de que esta novela vai constituír unha das sorpresas deste ano literario recén comezado. Foi presentada pola escritora Begoña Paz (da que publicaremos proximamente As mellores intencións, […]

Gañadoras do Iº Premio de Micronovela de Soutomaior

15 Febreiro, 2008 (23:23) | Narrativa, Premios, Xerais |

Hoxe dimos a coñecer o fallo do Iº premio de Micronovela organizado polo concello de Soutomaior. Entre as corenta e oito noveliñas presentadas (máis de dous mil cincocentos folios), os tres membros do xurado escollemos como gañadora “Diario do efecto bolboreta” de Andrea Maceiras Lafuente, xove narradora de Cambre, estudante de 3º de Filoloxía da […]

14 Febreiro, 2008 (22:42) | Lectura, Publicidade, Vídeos |

Moi axeitado este anuncio de promoción da lectura rescatado por Espazo de lectura (magnífico blog!)Via Cabrafanada.

Despois de Frankfurt

13 Febreiro, 2008 (23:35) | Autores, Entrevistas |

Hoxe estas declaracións do escritor Ferrant Torrent non se me pasaron desapercibidas. Grazas, Carballido.

Publicidade censurada nos EE.UU.

13 Febreiro, 2008 (23:27) | Dereitos_humanos, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Vía: Trafegando ronseis.

Sendeiro rural de Galicia

13 Febreiro, 2008 (22:56) | Blogs, Xerais |

Paco Armada acaba de abrir un blog dedicado ao GR.94, o sendeiro rural de Galicia, homologado pola Federación Galega de Montañismo. Seguindo este vieiro para camiñantes, perfectamente sinalizado, pódese chegar de Vigo a Compostela sen pisar o asfalto. Recomendo a visita a este novo espazo web, onde Armada pretende ir informando sobre os contidos do […]

Yes, we can

12 Febreiro, 2008 (20:24) | Política, Publicidade, Vídeos |

Isto é unha marabilla de comunicación política.

Jujel

12 Febreiro, 2008 (20:07) | Beizóns, Internet |

Preme. Que é este sitio? O seu obxectivo é: “Funcionar coma servizo público para que moitos galegos a poidan usar coma páxina de inicio, mellorar o filtrado das buscas de Google e estudar o impacto dun medio na Internet onde se manifestan estes fenómenos fonéticos galegos.”Beizóns, creo que isto é unha marabilla.

Ler libros na pantalla

12 Febreiro, 2008 (19:33) | Internet, Promoción do libro, Tecnoloxías |

A editorial Harper Collins ofrece no seu espazo web a posibilidade de ler libros completos (como a versión en inglés do libro máis recente de Paulo Coelho), aínda que non poden ser descargados nin copiado nin impresos. Os textos estarán dispoñibles para os lectores durante un mes. A directora da editorial considera que “o mellor […]

Ian Mcwen, entrevista

11 Febreiro, 2008 (20:07) | Autores |

Interesante entrevista a Ian McEwan con motivo da publicación de Chesil Beach, a súa máis recente novela. Etiquetas: Ian_McEwan

Penúltimos en lectura

10 Febreiro, 2008 (10:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Lectura |

No artigo da semana volvo sobre a análise dos datos do Barómetro de hábitos de lectura 2007 e reitero a proposta de dedicar o vindeiro 2009 como “Ano da Lectura“.Imaxe: Club de lectura. Biblioteca Monte Alto. Obrigado. Etiquetas: Lectura

Contrapunto

9 Febreiro, 2008 (19:14) | Publicidade, Vídeos, Xerais |

O blog de Manolo Gago é unha fonte permanente de bo gusto e beleza. Ademais de moitos outros temas, comparto con Manolo o seu interese pola eficacia emotiva da “publicidade branca”. Hoxe pendurou estas dúas pezas do Metro de Madrid, que son sinxelamente preciosas. A veterana axencia Contrapunto, produtora da segunda das pezas, ten realizado […]

Vestio

9 Febreiro, 2008 (12:24) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Acabamos de recuperar para a colección “Fóra de Xogo” Vestio, a novela que Xosé Miranda publicara por vez primeira en 1995. Un libro que enlaza temática e formalmente, co moi exitoso volume de contos As mans no medo (publicado o pasado ano e xa reeditado) e co, tamén reeditado, volume de narracións do fantástico A […]

Libros de mañá, a posición de Manuel Gago

8 Febreiro, 2008 (18:46) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

Manuel Gago publica hoxe unha anotación importante, a raíz do debate sobre “Os libros de mañá“, ao que tantas referencias fixemos no blog. A posición de Gago resúmese no derradeiro parágrafo da anotación: “A cuestión é en que medida é relevante agardar por algo que non sabemos cando nin como chegará. Eu teño a sospeita […]

Historias de fútbol rebelde II

8 Febreiro, 2008 (18:16) | Fútbol, Historia |

A PELOTA COMO BANDEIRAApupado polos comentarios de Mario e dedoscomovermes á miña anotación, rememorei o que conta Eduardo Galeano, no seu libro El fútbol a sol y a sombra, sobre ese partido famoso do Dynamo de Kiev. Creo que este relato é unha das mostras máis claras das verdadeiras razóns do carácter, á vez, heroico […]

Unha carta de Iciar Bollaín

8 Febreiro, 2008 (17:48) | Cine, Polémicas |

Agustín recoméndame que lea a carta que Iciar Bollaín escribiu onte en El país sobre o “cine español”. Proponme, ademais, que onde pon “cine español” lea “literatura galega” e comprobarei que a carta describe unha situación parella. A verdade é que o fixen (“Se non houbera literatura galega”, titulei para min) é as coincidencias parecéronme […]

Barómetro hábitos de lectura 2007

8 Febreiro, 2008 (17:03) | Cultura, Lectura, Slideshare |

| View | Upload your own Onte referiámonos ao Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros 2007, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España. Hoxe podemos ofrecer a presentación deste extenso e concienzudo traballo (169 textos e táboas) que cómpre debullar devagariño (aconsello descargala). Entre os datos referidos a Galicia cómpre […]

Galicia: penúltima en lectura

7 Febreiro, 2008 (22:56) | Cultura, Lectura |

Hoxe coñecimos os datos do barómetro de lectura e compra de libros de 2007: non hai novidades, Galicia continúa, outro máis e a pesar do cambio político, na penúltima posición, aínda moi afastada da media española e mesmo baixando dous puntos en relación ao anterior. Ou noutras palabras lemos menos e pouco semella importarnos.Ben sei […]

5.110 días que ten a vida

6 Febreiro, 2008 (22:02) | Beizóns, Sociedade |

Esta anotación de Folerpa é o mellor que teño lido estes días sobre a infamia de Madrid. Beizóns, Marcos.

O poder da túa voz

6 Febreiro, 2008 (18:57) | Dereitos_humanos, Recurso_didáctico, Vídeos |

Nova campaña de Amnistía Internacional. Este spot non pode ser emitido polas canles españolas de televisión por ser considerado como publicidade política. Etiquetas: Amnistía_Internacional

Historias de fútbol rebelde

5 Febreiro, 2008 (17:36) | Fútbol, Historia, Vídeos |

Grazas á chuzada de Fulano descubrín esta anotación de Camilo Rueda Navarro sobre “Historias de fútbol rebelde e rebeldes do fútbol”. Recomendo a historia do Celtic (o primeiro equipo británico en gañar a Copa de Europa), a de Paul Breitner (o fútbolista maoísta que xogou no Real Madrid), ou a do doutor Sócrates (capitán do […]

Escribo para lerme

4 Febreiro, 2008 (19:25) | Autores, Vídeos |

Discurso de agradecemento de Xabier P. Docampo from Martin Pawley on Vimeo. Palabras precisas e moi emocionantes do mestre: “Non me roubes o pais, non me roubes a lingua… […]. O día que perdamos a lingua non somos ningúen. A lingua é a nosa casa, a nosa patria.”Pawley achega máis vídeos sobre esta homenaxe e […]

A síndrome do Froiz

4 Febreiro, 2008 (19:08) | Polémicas |

Hoxe coñecín este interesante artigo de Mario de Regueira que aborda a polémica de marras dende outra mirada non exenta de ironía. Etiquetas: Literatura_galega

2008, ano sen papel

3 Febreiro, 2008 (10:37) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

É moi interesante esta anotación de Calidonia sobre as razóns que o levaron a mercar un Sony Reader que pode axudarnos a valorar as posibilidades deste dispositivo de lectura electrónica. Seguiremos as súas anotacións de usuario que semellan, polo comentario que nos deixa nunha das nosas, moi favorables e demostran que esta cuestión está “máis […]

Campo do Fragoso LIII

3 Febreiro, 2008 (10:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

OUTRO PASO ATRÁSPouco podemos obxectar á xusta vitoria do Castellón fronte a un Celta feble e caótico, infelizmente enrugado cando tiña que dar o chimpo decisivo para consolidarse como aspirante. O Castellón, moi ben dirixido por Pepe Murcia, amosouse durante todo o encontro como un dos máis sólidos e eficaces equipos (mesmo á altura do […]

Do deus Momo aos merdeiros

3 Febreiro, 2008 (10:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

Con motivo do domingo de Entroido, no artigo da semana lembro cómo se desenvolvía en 1877 o Carnaval en Vigo. Daquela era o deus Momo e a suá corte de damas e demos os quen protagonizaba un desfile que se celebraba dende o Campo de Granada ata a Alameda (onde este ano, felizmente, volveu a […]

Como encadernar un libro?

2 Febreiro, 2008 (12:01) | Libro, Vídeos |

Vía Alesandro Martins.

Xabier P. Docampo

2 Febreiro, 2008 (11:23) | Autores, Beizóns, Literatura infantil e xuvenil |

Mágoa que non poidamos acompañar hoxe ao noso ben querido Xabier Puente Docampo na merecidísima homenaxe que lle rende o Salón do Libro de Pontevedra. Xabier leva feita unha contribución monumental ás nosas letras e ao noso afán colectivo de conformación dun criterio literario nos lectores de todas idades, que non se pode pagar cunhas […]

Letras de Galicia

2 Febreiro, 2008 (10:46) | Beizóns, Cultura, Internet, Traducións |

Dende onte podemos utilizar o web Letras de Galicia, un portal destinado a promover a literatura galega no exterior. Promovido pola Consellaría de Cultura, este espazo, xunto co catálogo de dereitos read.galicia, está chamado a converterse na peza principal dunha estratexia exportadora do noso sector editorial e da consolidación dunha marca (“Letras de Galicia”) para […]

Por que fracasan os e-books?

1 Febreiro, 2008 (16:57) | Libro, Literacidade, Tecnoloxías |

Esta explicación de Joaquín Rodríguez amosa moi claramente cáles son as razóns polas que ata agora veñen fracasando os e-books, os dispositivas de lectura electrónicos. Como ben sinala Martín Gómez (na anotación que enlzao, magnífica e oportunísima coma sempre) os dispositivos fracasaron por que non acertaron nin coa portabilidade (os libros impresos son máis versátiles […]