Month: Marzo, 2008

Centro do IBBY para CdC

31 Marzo, 2008 (19:37) | Beizóns, Cultura, Literatura infantil e xuvenil |

Estas son dúas grandes noticias para a nosa LIX e para o futuro da nosa lingua.Este centro do IBBY, ubicado na Cidade da Cultura, terá como principal obxectivo “o estudo, a difusión e a promoción dos libros para nenos e mozos procedentes das linguas e culturas minorizadas”. Será o segundo centro internacional que o IBBY […]

Campo do Fragoso LVII

31 Marzo, 2008 (06:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

O INCRIBLE ROBERTOA pesar do empate co Sporting de Xixón –que volve chafar aos que manexaban esperanzas de que o Celta desputase o ascenso nas derradeiras xornadas– saímos satisfeitos da matinal de Balaídos. Despois de moitos meses de desfeita no xogo celeste, por fin vimos un equipo noso serio, intenso e disciplinado que buscou con […]

Nova Escola Galega e o decreto do galego

30 Marzo, 2008 (09:44) | Educación, Lingua |

A asemblea anual de Nova Escola Galega, o noso movemento de renovación pedagóxica que este ano cumpre o seu vinte e cinco aniversario, denunciou onte que a Consellaría de Educación estea deixando en papel mollado o decreto de uso do galego como lingua vehicular no ensino non universitario. O pronunciamento seméllame oportunísimo, sobre todo, cando […]

Seis mulleres na memoria

30 Marzo, 2008 (09:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana recupero un anaco das vidas das seis mulleres cuxos nomes identificarán seis novas rúas da cidade de Vigo. Unha rúa de Teis levará o nome de Ángela Iglesias Rebollar; dúas da zona da Travesía de Vigo os de Rosario Hernández Diéguez “A Calesa” e Carmen Miguel Agra; dúas do PERI de […]

Encontros Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 07/08

29 Marzo, 2008 (07:30) | Bibliotecas, Eventos |

Xa coñecemos o programa dos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 07/o8 que organiza en Sanxenxo a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellaría de Educación. Na primeira xornada, 3 de abril, xoves, haberá tres conferencias: ¡Canto vale? ¿Canto custa? ¿Para que serve? ¿É rendible? ou Como avaliar procesos e resultados na biblioteca escolar?, José […]

Book trailer XI: "O carteiro de Bagdad"

28 Marzo, 2008 (10:54) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Vídeos |

Magnífico o book trailer d’ O carteiro de Bagdad, o precioso libro de Marcos S. Calveiro. Parabéns a Edelvives pola iniciativa.

Enrique X. Macías 1983

28 Marzo, 2008 (10:31) | Música, Vigo |

Moito agradezo a Pablo Eifonso a recuperación deste documento, publicado o 6 de febreiro de 1983, con motivo da reacción moi irada dos sectores da “música oficial” viguesa (para eles “Cultura” en maiúsculas) tras senllos concertos no Auditorio Municipal onde se interpretaron obras de Enrique X. Macías. O texto serviume para lembrar o concerto, botar […]

Aniversario do Consello da Cultura Galega

28 Marzo, 2008 (09:50) | Cultura, Efemérides |

Daniel Salgado publica en Luzes unha reportaxe sobre a traxectoria do Consello da Cultura Galega con motivo do seu XXV aniversario. Recolleu opinións sobre esta traxectoria de Ramón Villares (actual presidente), Luís Álvarez Pousa, Darío Villanueva, Carlos Callón e eu mesmo. Creo que esta efeméride do Consello, lonxe da autocompracencia, debería servir para que tan […]

Lectores e nova lectura

27 Marzo, 2008 (21:28) | Lectura, Literacidade |

Leo hoxe un lúcido artigo de Xosé Ramón Pousa e unha anotación de Txetxu Barandiarán sobre unha intervención de Rogelio Blanco, ambas as dúas coincidentes na súa percepción de que o paradigma da lectura é hoxe máis amplo co dos soportes impresos (libros e xornais) e, polo tanto, estes son ámbitos que non sempre xogan […]

Ce soir on ne lit pas

27 Marzo, 2008 (21:03) | Imaxes, Lectura, Publicidade |

Moi suxestiva e sutil a campaña de promoción da FNAC en Francia. Vía: Michelena.

ABC3D

26 Marzo, 2008 (21:26) | Tipografía, Vídeos |

Vía: Alessandro Martins.

Enrique Macías, un xenio autodidacta

26 Marzo, 2008 (08:15) | Música, Vigo |

Hoxe Agatha Santos dedica en Faro unha páxina completa á figura e á obra do noso amigo o músico contemporáneo Enrique X. Macías. O vindeiro 18 de maio renderáselle unha homenaxe, con motivo do cincuentenario do seu nacemento. Unha iniciativa da Concellaría de Cultura que merece o noso recoñecemento. Etiquetas: Enrique_X_Macías

Vigo, pechan librarías, abrirá FNAC

25 Marzo, 2008 (21:39) | Librarías |

Hoxe na edición de Vigo de La Voz de Galicia aparecen xuntas tres noticias moi significativas: “no pasado ano pecharon en Vigo corenta establecementos nos que se vendían libros“; “a firma de ocio cultural FNAC quere ianugurar a tenda de Vigo en 2009” e “só quedan catro establecementos de venda de música“. Ou noutras palabras, […]

Premios Nacionais de Cultura

24 Marzo, 2008 (21:11) | Artigos_Xornal.com, Beizóns, Cultura, Premios |

Moi boa noticia é a convocatoria dos Premios Nacionais de Cultura. A Consellaría de Cultura cumpre así un compromiso programático dos partidos do goberno e pon en marcha unha das iniciativas previstas na Lei do Libro e a Lectura. As dez categorías convocadas asumen, basicamente, o modelo dos Premis Nacionals de Cultura de Catalunya (quince […]

Ler complica a vida

24 Marzo, 2008 (21:05) | Humor, Imaxes, Lectura |

Vía: Libros & Tecnología.

O gol de Diego Costa

23 Marzo, 2008 (20:11) | Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

Diego Costa, o mediopunta brasileiro do Celta é un xogador fantástico, capaz de realizar xogadas de figura e tamén partidos e accións absolutamente decepcionantes. Hoxe en Soria marcou dous goles marabillosos e fixo resucitar a un Celta que criamos morto. O segundo gol, arrincando dende o medio campo e caneando a todos os que se […]

Por que non les isto?

23 Marzo, 2008 (12:03) | Lectura, Publicidade, Vídeos |

Este anuncio utiliza o concepto de lectura que tantas veces temos defendido aquí. Creo que este é un dos mellores camiños para este tipo de campañas de fomento da lectura. Vía: Espazo de lectura.

Vergonza

23 Marzo, 2008 (11:43) | Dereitos_humanos, Imaxes |

Isto é unha vergonza para a humanidade.

Morreu Agustín Díaz Blanco

23 Marzo, 2008 (11:09) | In memoriam |

Fermosas e atinadas as palabras de Pereiro. Agustín Díaz foi un dos grandes do xornalismo galego das tres últimas décadas. Recordaremos sempre a Tincho como un xornalista comprometido, informadísimo, rigoroso, agarimoso, políglota, camiñante… Unha gran perda. Con todos os abrazos para os seus. Etiquetas: Agustín_Díaz_Blanco

Pan de noso

23 Marzo, 2008 (10:41) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía |

Con motivo do día dos roscóns, no artigo da semana fago unha gabanza da nosa cultura do pan. Etiquetas: Pan_galego

Ediçoes Nelson de Matos: ler para crer

22 Marzo, 2008 (11:16) | Beizóns, Editores |

Levaba varias semanas buscando un oco para preparar unha anotación en condicións sobre a posta en marcha das Ediçoes Nelson de Matos, a nova editora literaria promovida polo noso amigo e grande editor Nelson de Matos. Despois de vinte e tres anos á fronte de ediçoes Dom Quixote, converténdoa na editora portuguesa de referencia, logo […]

Expertos versus creación colectiva

21 Marzo, 2008 (09:53) | Internet, Literacidade, Vídeos |

Julián Gallo ofrece unha anotación moi suxestiva sobre as dúas tendencias, aparentemente contraditorias, existentes no actual desenvolvemento do coñecemento na rede: a baseada nun novo e reforzado papel dos expertos e a promovida pola creación colectiva.Gallo, citando este artigo de Newsweek (“A venganza dos expertos”), onde se suxire que os contidos xerados polos usuarios de […]

Adeus, John Balan

20 Marzo, 2008 (19:37) | In memoriam, Vídeos |

Reomendo a anotación de Manuel Jabois, estoutros textos publicados sobre Manuel Outeda e a anécdota que relata Fran. Etiquetas: John_Balan

NaBai e a gratuidade do libro de texto

20 Marzo, 2008 (10:56) | Libro de texto, Política |

NaBai demostra que outra política de gratuidade do libro de texto é posible. Ben sería que os responsables do Goberno Galego e os membros do novo Consello Asesor do Libro (onde, inevitablemente, nalgún momento se abordará o problema) utilizasen estes sólidos argumentos. Porén, sobre as posibilidades de modificar a modalidade de gratuidade do texto en […]

Keitai shousetsu, novelas no móbil

19 Marzo, 2008 (10:41) | Lectura, Literacidade, Tecnoloxías |

Hai meses en Trafegando ronseis (para min hoxe un dos mellores blogs en galego) dábse conta do fenómeno dos keitai shousetsu, novelas por entregas que os mozos e mozas xaponeses (de quince a vinte anos) baixan e len no móbil. Dicíanos que se trataban “en xeral, de historias cotiáns escritas con frases moi curtas nas […]

Iraq e Internet

18 Marzo, 2008 (21:33) | Dereitos_humanos, Internet, Vídeos |

Hoxe que se cumpren cinco anos do comezo da guerra de Iraq, merece a pena reflexionar con este longo documental (en dez vídeos) preparado por un internauta arxentino só con imaxes dispoñibles na rede, algunhas delas gravadas por soldados americanos e británicos participantes na invasión. Algunhas, por coñecidas non son menos impactantes e grotescas; outras […]

Cifras e letras en Telemadrid

18 Marzo, 2008 (20:57) | Humor, Televisión, Vídeos |

O bo do noso amigo Paco Lodeiro quedou pampo. Non hai dúbida que o seu programa serve para ampliar vocabulario.

Os filmes de Agustín

18 Marzo, 2008 (00:01) | Beizóns, Blogs, Cine, Vídeos |

Os filmes de Agustí­n from Martin Pawley on Vimeo. Beizóns a Martin Pawley que cumpre os seus cinco primeiros anos de mestre blogueiro. Agasállanos cunha nova sección “Os filmes de…”, comezando cos do mestre Agustín. Hoxe, pois, todos somos dobremente afortunados.

Unha oportunidade para Galicia

17 Marzo, 2008 (18:23) | Artigos_Xornal.com, Política |

Os resultados do BNG nas Xerais son moi enganosos. Por unha banda amosan serias dificultades para consolidar o seu voto nas contornas urbanas e para recuperar o seu teito electoral, obtido nas Xerais 2000 (306.000 votos, un 18% do electorado), o que constitúe un feito, indubidablemente, insatisfactorio para as súas posibilidades de converterse nalgún día, […]

Campo do Fragoso LVI

17 Marzo, 2008 (08:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

TRISTE, MOI TRISTEOnte remataron as entelequias de Mouriño: tras o bacará fronte ao Albacete, o Celta está obrigado a mudar o obxectivo do ascenso a primeira polo de evitar o descenso a segunda división B. Acadar doce puntos de trinta e nove posibles será, a partir de agora, o obxectivo razonable para un equipo que […]

Punto e á parte

16 Marzo, 2008 (10:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana fago propoño unha reflexión, xa máis perfilada ca anterior (realizada na noite electoral), sobre o resultado das Xerais do pasado domingo. Entendo que consolidan ese ciclo político novo, sobre todo en Galicia. Etiquetas: Eleccións_Xerais_2008

O big bang dixital

15 Marzo, 2008 (17:41) | Literacidade, Tecnoloxías |

A reportaxe de Babelia e outros textos sobre o big bang dixital provocado sobre o mundo do libro non achega grandes novidades. O texto que máis me interesou foi o de Edmundo Paz Soldán sobre “El ‘blog” y la literatura del siglo XXI“, no que se aposta pola consideración dun determinado tipo de blog como […]

XXII Encontro de Educadores pola Paz

15 Marzo, 2008 (09:35) | Dereitos_humanos, Educación, Eventos |

Xa está aberta a inscrición para participar no XXII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz. Na xornada de apertura, o 18 de abril, presentarase no Teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo os dous primeiros tomos da triloxía Educación e paz, publicada por Xerais, sobre os que volveremos nas vindeiras semanas. Adianto que tanto os […]

Xosé María: o escritor poliédrico

15 Marzo, 2008 (08:54) | 17_de_maio, Autores, Novidades, Xerais |

Moi recomendable é o artigo de V. Oliveira, publicado en Galicia hoxe, dando conta das máis recentes novidades editoriais de e sobre a figura de Xosé María Álvarez Blázquez publicadas por Galaxia e Xerais. Nos vindeiros meses, antes do 17 de maio, aparecerán as edicións d’ A cidade e os días e a Fotobiografía, dús […]

Praza das letras

14 Marzo, 2008 (20:18) | Beizóns, Internet, Lectura, Recurso_didáctico |

Beizóns! Este é un gran paso adiante no fomento da lectura galega. Completísimo, actualizado e fermoso.

Finalistas dos premios AELG 2008

12 Marzo, 2008 (20:49) | Premios |

Coñecéronse hoxe os finalistas dos premios AELG 2008. Os premios serán fallados na Cea das Letras o vindeiro 26 de abril.

"O segundo sexo" en galego

12 Marzo, 2008 (20:22) | Ensaio, Presentacións, Traducións |

Preciosa a presentación de onte d’ O segundo sexo.

Xerais 2008, análises nos blogs

11 Marzo, 2008 (22:52) | Política |

Van aparecendo diversas análises e comentarios sobre os resultados das Xerais nos blogs galegos. Interesáronme unhas cantas: A contrafío: “Eleccións, enxurrada bipartidista e nosoutros, nacionalistas galegos”. Apunta para non esquecer: ¡Peligro, bipartidismo”. Arume dos piñeiros: “A apoteose da lei d’Hondt: a miña reflexión”. Calidonia: “Reaxir?” (Recomendo tanto a anotación coma os numerosos comentarios). Etiquetas: Eleccións_Xerais_2008

Xerais 2008: primeiras impresións

10 Marzo, 2008 (02:41) | Artigos_Xornal.com, Política |

Diante dos resultados definitivos a primeira sensación é de alivio xa que perdeu a mentira, a crispación e o medo. O PP, a pesar de aumentar en seis deputados e mellorar o seu número de votos (en 400.000), non vai poder gobernar nin vai poder controlar o Senado (algo que se podía temer pola asignación […]

Para seguir os resultados na web

9 Marzo, 2008 (11:19) | Política |

Entre as cousas que teño visto pola rede, o que máis atractivo me pareceu para seguir a xornada electoral dende internet foi: Soitu. Desagrega os datos por comuidades, provincias e concellos, ademais de poder integrar os datos nos blogs (tamén en galego). Ministerio do Interior. Google maps. Visualmente atractivo, aínda que de funcionamento engorroso.

O editor de Castrelos

9 Marzo, 2008 (10:00) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Recurso_didáctico |

No artigo da semana continúo a serie sobre Xosé María Álvarez Blázquez editor, abordando, coa brevidade obrigada do espazo do Faro, o seu proxecto de Edicións Castrelos, onde publicou case cen títulos e difundiu 600.000 exemplares de libros en lingua galega.Nunca está de máis que reiteremos a nosa admiración polo traballo de xigante que XMAB […]

O atentado e a resposta da cidadanía

8 Marzo, 2008 (16:08) | Dereitos_humanos, Política |

O asasinato de Isaias Carrasco por parte dun pistoleiro de ETA en Arrasate é unha vileza arrepiante, ademais dunha flagrante violación dos dereitos humanos e da dignidade cidadá. Indubidablemente, tamén, ao producirse no derradeiro día da campaña, constitúe unha intolerable inxerencia de ETA no proceso electoral, xa que vai ser moi difícil para a cidadanía […]

Cen anos de Curros

7 Marzo, 2008 (03:24) | Autores, Efemérides |

Hoxe cúmprense cen anos do pasamento de Curros Enríquez. Moi recomendables todos os traballos que con este motivo publica hoxe Luzes. No entanto, abraia o escaso eco institucional de tan importante efeméride (supoño que será pola campaña electoral). Etiquetas: Curros_Enríquez

Bookseat

7 Marzo, 2008 (03:10) | Imaxes, Libro |

Vía: Alessandro Martins.

"Incertos" de Antón Dobao

6 Marzo, 2008 (20:48) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Xunto coa novela de Veiga e a edición do primeiro tomo d’ O segundo sexo, a finais da vindeira semana estarán nas librarías outras novidades literarias que entendo de moito interese: Incertos, primeiro libro de relatos de Antón Dobao; Diario dun pai acabado de nacer de Henrique Alvarellos; A cultura do pan de Xosé Lois […]

"Protexta" co "Ideal Gallego"

5 Marzo, 2008 (20:48) | Críticas, Medios |

Unha moi boa noticia para a visibilidade do libro galego: o vindeiro sábado, Protexta, o suplemento trimestral de libros de Tempos Novos, aparecerá inserido xunto aos catro xornais do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños). Con esta iniciativa, Protexta adquire unha difusión de 50.000 exemplares […]

"O profesor de vegliota" de Manuel Veiga

5 Marzo, 2008 (07:48) | Autores, Lingua, Narrativa, Novidades, Xerais |

Coa que está caendo sobre o futuro da lingua, a aparición d’ O profesor de vegliota, a nova novela de Manuel Veiga, ven como anel para levar o debate ao espazo da creación cultural. A novela, que está nas librarías antes de semana santa, propón, entre outros temas, unha reflexión moi dura sobre o papel […]

"Memoria contra Alzheimer", presentación

4 Marzo, 2008 (08:19) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Presentacións, Xerais |

Onte presentamos en Vigo Memoria contra Alzheimer a novela curta de Rafael Laso publicada en Fóra de Xogo. O acto celebrouse na sede Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Vigo, entidade profesional á que pertence o autor, coa presenza dun público numeroso. Rafael Laso sinalou na súa intervención que na novela pretendeu que unha partida […]

Galicia profunda

3 Marzo, 2008 (21:20) | Imaxes, Sociedade |

Encontrado nunha parede dun edificio de Tomiño. Incrible!Foto: Manuel Forcadela.

Campo do Fragoso LV

3 Marzo, 2008 (07:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ACABOUSEUn minuto fatídico de desconcentración abondou para que un dos mellores Celta da tempada dilapidase case todas as súas posibilidades de engancharse á goma do ascenso. A primeira parte do Celta foi moi xeitosa, sobre todo a media hora inicial, na que amosou a maior intensidade e o mellor equilibrio entre ataque e defensa que […]