Xosé María Álvarez Blázquez, WebQuest ESO

3 Abril, 2008 (19:27) | 17_de_maio, Bibliotecas, Recurso_didáctico, Xerais

Publicouse unha interesante WebQuest sobre a figura de Xosé María Álvarez Blázquez, deseñada polos responsables das bibliotecas escolares do IES Afonso X O Sabio (Cambre) e o IES de Fene. Un recurso didáctico valioso para traballar nos centros de ESO a homenaxe do 17 de maio.
Por outra banda, dende a editorial estes días mandamos a fabricar A cidade e os días, obra que publicamos en colaboración co concello de Vigo; Xosé María Álvarez Blázquez. Unha Fotobiografía, volume preparado por Afonso Álvarez Cáccamo e Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica, preparada por Irene Pérez Pintos. Rematamos así o proxecto de publicacións sobre a figura tan querida e salientable de don Xosé María.

Etiquetas: Xosé_María_Álvarez_Blázquez
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from O Segrel do Penedo
Date: 5 Abril 2008, 12:59 a.m.

Graciñas por referenciar a nosa webquest, froito dun traballo colaborativo entre dúas das moitas bibliotecas escolares galegas que estamos a loitar por facer destas verdadeiros puntos de encontro para os membros das nosas comunidades educativas.
De volta dos Encontros do Plambe, onde tivemos o pracer de escoitarte, nos atopamos con esta grata sorpresa!!!
Un saúdo dende Fene.

Comment from Biblioafonso
Date: 5 Abril 2008, 11:30 a.m.

Reitero a gratitude do Segrel do Penedo. Probablemente da revolución que está a acontecer nas bibliotecas escolares galegas o mellor sexa a colaboración que se están desenvolvendo entre elas. Este traballo non foi o primeiro e tampouco será o último. Un saúdo agradecido.

Comment from Pablo
Date: 5 Abril 2008, 12:21 p.m.

Agardamos con devezo a publicacón da obra.

Olark Livehelp