"Máis libros", o anuncio

23 Abril, 2008 (21:16) | Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos

O anuncio da campaña é xeitoso visualmente, aínda que me custa entender que non apareza, sequera nalgunha ráfaga, algún dos soportes convencionais de lectura, sexan os impresos ou as pantallas. Con todo, o máis frouxo, pareceume, o tópico de considerar a lectura como unha “actividade apaixonante”, desbotando o concepto de utilidade na construción persoal. Mágoa que estes publicistas (entendo que coruñeses) non atinasen neste anuncio tanto como fixeron noutras ocasións anteriores.
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp