Month: Abril, 2008

Os libreiros lanzan un SOS

30 Abril, 2008 (20:37) | Librarías |

Esta noticia de Galicia hoxe non me pasou desapercibida. A valente denuncia realizada pola Federación de Libreiros de Galicia demostra que, ademais de implementar novas políticas de fomento do libro e da lectura (como é o caso deste convenio asinado pola Consellaría de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura para a dotación das […]

Publicidade revolucionaria

28 Abril, 2008 (19:26) | Publicidade, Vídeos |

Vía Juan Gallo.

Galicia plurilingüe

27 Abril, 2008 (09:28) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lingua |

No artigo a semana propoño unha reflexión, que pretendemos continuar en vindeiras semanas, a raíz do decreto de uso e promoción do galego, sobre a necesidade dunha modelo de educación plurilingüe coma un grande consenso nacional, expresión do noso nivel de convivencia e civilizatorio.

Febre nas bancadas

26 Abril, 2008 (12:07) | Fútbol, Narrativa |

Anagrama acaba de lanzar en Panorama de narrativas Fiebre en las gradas, unha nova edición do primeiro libro do meu admirado Nick Hornby, o narrador que mellor escribe de fútbol dos que coñezo. Estas son as memorias dun seareiro do Arsenal, desque o seu pai o levou, con apenas once anos, ao estado de Highbury […]

"A represión lingüística en Galiza"

25 Abril, 2008 (15:54) | Ensaio, Lingua, Xerais |

Inmersos nun profundo debate sobre o futuro da lingua, acaba de chegarnos ao almacén A represión lingüística en Galiza no século XX, obra preparada pola profesora pontevedresa María Pilar Freitas Juvino. Un libro moi importante, froito da súa tese de doutoramento, sobre o que volveremos nos próximos días.

Educación plurilingüe

24 Abril, 2008 (21:32) | Lingua |

Pareceume magnífica esta iniciativa, promovida dende a Universidade de Vigo, coa intención de divulgar os contidos do decreto de promoción do galego no sistema educativo non universitario e de informarsobre a Europa plurilingüe.Este intelixente traballo en man común é o que debera ter feito hai case un ano a Consellaría de Educación e apropia Secretaría […]

A forza da túa asinatura

24 Abril, 2008 (20:56) | Dereitos_humanos, Vídeos |

Non coñecía este vídeo de Amnistía Internacional, premiado en Cannes en 2007.Vía Tíscar.

Liberespazo

23 Abril, 2008 (21:39) | Lectura, Promoción do libro |

Este texto de Carlo Frabetti si é das pezas que animan a ler no Día do Libro e dos dereitos de autor. Como estoutra magnífica iniciativa de Espazo lectura, ou aqueloutra das Bibliotecas Municipais da Coruña.

"Máis libros", o anuncio

23 Abril, 2008 (21:16) | Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos |

O anuncio da campaña é xeitoso visualmente, aínda que me custa entender que non apareza, sequera nalgunha ráfaga, algún dos soportes convencionais de lectura, sexan os impresos ou as pantallas. Con todo, o máis frouxo, pareceume, o tópico de considerar a lectura como unha “actividade apaixonante”, desbotando o concepto de utilidade na construción persoal. Mágoa […]

Imprenta de tipos móbiles

22 Abril, 2008 (21:05) | Edición, Vídeos |

Vía: El futuro del libro.

"Máis libros"

22 Abril, 2008 (19:39) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade |

Polo pouco que puiden ver ata agora, a campaña Máis libros, incluída no Plan galego de Lectura, ten moi boas trazas. O concepto de lectura utilizado é o que vimos defendendo, situándoa por riba do soporte libro e do espazo onde se realiza. A aposta decidida pola libraría de cultura e pola biblioteca fundamental. O […]

A homenaxe á Enrique X. Macías

21 Abril, 2008 (19:51) | Música |

O Máis alá de Vieiros publica unha anotación moi agarimosa e ben contextualizada sobre a homenaxe prevista ao noso amigo o músico Enrique X. Macías. Agardamos que as actividades previstas no mes de maio pola Consellaría de Cultura e a Concellaría de Cultura de Vigo estean á altura que se merece un dos nosos creadores […]

Grazas, Maciño

21 Abril, 2008 (19:22) | Persoal |

Despois de cinco anos de render moi bos servizos, esta madrugada un erro fatal (“kernel panic”) estragou o meu vello mac de bola. Quedamos, pois, sen ordenador na casa (desacougado que estou con algunhas perdas de información), razón pola que estes días teremos moitas dificultades para manter actualizadas estas brétemas. Volveremos cando contemos cun novo […]

Campo do Fragoso LIX

20 Abril, 2008 (07:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SOUBO A POUCOOs pouco máis de catro mil resistentes espallados polas bancadas estragadas de Balaídos acudimos ao estadio con escasas esperanzas de saír minimamente satisfeitos. Habituados a unha tempada de xogo nefasto e resultados decepcionantes, a vitoria raquítica fronte ao Hércules sóubonos a pouco. Outra xornada máis, quedamos co mel nos beizos de poder gozar […]

Máis cidadanía

20 Abril, 2008 (06:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación |

No artigo da semana critico a redución de horas de Filosofía, Historia e Educación Física, que a Consellaría de Educación introduce no decreto que regula o ordenamento e currículum do novo bacharelato. Fago miñas as palabras dos membros da asociación de profesores de Filosofía Sine Nómine que promoven un manifesto na rede sobre esta cuestión […]

Memorable "Serán pola paz"

19 Abril, 2008 (12:55) | Educación, Eventos, Presentacións, Xerais |

A de onte foi unha noite moi emocionante e memorable. Un milleiro de persoas (1000, non me trabuquei) ateigaron o Teatro Caixanova para participar no Serán pola paz, onde presentamos os dous primeiros volumes da triloxía Educación e paz e celebramos o 25 aniversario de Educadores pola Paz. A presentación de Manolo Romón foi magnífica. […]

Normas do Hábitat

16 Abril, 2008 (19:33) | Política |

Se hai unha área no actual Goberno Galego da que nos poidamos sentir máis satisfeitos os cidadáns galegos progresistas é a da Consellaría de Vivenda. Dende o inicio da lexislatura, a conselleira do BNG Teresa Táboas ven acometendo un traballo rigoroso e teimudo chamado a provocar unha revolución de calado sobre aspecto tan complexo como […]

Editar é sexi

15 Abril, 2008 (21:20) | Edición, Lectura |

Esta anotación de Joaquín Rodríguez, con motivo da inauguración da feira do libro de Londres (onde anda estes días Fran Alonso, representando aos editores galegos), non ten desperdicio. A verdade é que ten razón a ministra de cultura británica, os editores, aínda que constituímos xeralmente a primeira industria cultural dun país (como sucede, tamén no […]

14 de abril, Vigo

15 Abril, 2008 (21:04) | Eventos, Política |

Máis fotos, aquí. Etiquetas: República

As luces da República

14 Abril, 2008 (20:54) | Eventos, Historia, Política |

Os compañeiros da Asemblea Republicana de Vigo convidáronme a pronunciar unhas palabras con motivo da concentración republicana do 14 de abril. Reproduzo o texto que escribín. Estimados compañeiros e compañeiras:Reunímonos para recordar a xesta democrática que un día coma hoxe de hai setenta e sete anos protagonizaron os nosos avós. Facémolo sen nostalxia, sen saudades […]

Campo do Fragoso LVIII

14 Abril, 2008 (06:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ABURRIDOSPerdido o obxectivo do ascenso, un aburrimento insoportable asolagou Balaídos. O encontro vespertino do sábado fronte a unha decepcionante e temerosa Real Sociedade (que pola fraca actitude amosada, tamén vai ter moi difícil ascender) agoira que o derradeiro treito desta nefasta primeira tempada en segunda vai deixar as bancadas de Balaídos coma un auténtico ermo. […]

Una má de contes

13 Abril, 2008 (11:09) | Literatura infantil e xuvenil, Televisión, Vídeos |

Este programa de TV3 non podía ser emulado en galego pola TVG?Vía Laie CCCB

Serán pola paz

13 Abril, 2008 (09:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación, Presentacións |

No artigo da semana, con motivo da celebración o vindeiro venres en Vigo do Serán pola paz, realizo un breve percorrido polo traballo do grupo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Recomendo moi vivamente participar neste acto literario-musical no que presentaremos os dous primeiros volumes da triloxía Educación e paz. Sei que aínda quedan […]

Arte con libros

12 Abril, 2008 (08:23) | Artes Visuais, Libro |

O escultor australiano Nicholas Jones fai estas pezas a partir de libros. Os libros impresos, ademais de para ser lidos, poden ser transofrmados e moldeados como arxila?Vía Alessandro Martins. A quen lle interese esta utilidade pode consultar outras anotacións sobre “arte con libros“.

Xerais blog

10 Abril, 2008 (22:01) | Blogs, Xerais |

Dende hai unha semana estamos desenvolvendo unha versión beta do primeiro blog da editorial. A nosa intención é utilizalo como soporte de comunicación de noticias, presentacións e novidades e de participación dos lectores e lectoras. Pretendemos, ademais, utilizar algunhas das utilidades que nos proporciona a ferramenta para publicar algúns monográficos. Unha vez consolidado e mellorado […]

Entrevista a Xaime Corral

9 Abril, 2008 (20:02) | Librarías |

Esta mañá gustei moitas das opinións de Xaime Corral, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, recollidas nunha entrevista que publica Faro de Vigo, con motivo da celebración dos premios Irmandade do Libro en Sanxenxo, onde acudiremos o vindeiro sábado. Corral, un dos mellores coñecedores do mundo da lectura en Galicia, defende a dimensión […]

Blogs e wiquis

8 Abril, 2008 (00:23) | Blogs, Slideshare |

| View | Upload your own Vía Tiscar.

Premios da edición en Galicia

7 Abril, 2008 (18:47) | Cultura, Premios |

Moi oportuna a proposta de hoxe de Ferrín sobre a necesidade de ampliar os Premios Nacionais de Cultura aos diversos xéneros literarios.Diante do debate social suscitado, quizais conviría que os responsables da Consellaría de Cultura explicasen como entenden a posta en marcha do artigo 21 da Lei do libro e a lectura, aprobada por unanimidade […]

"O señor Lugrís e a negra sombra", Premio da Crítica 2007

6 Abril, 2008 (09:15) | Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

Estamos entusiasmados coa noticia. Dende que no mes de agosto pasado anunciamos a súa aparición crimos que O señor Lugrís e a negra sombra era unha obra das importantes. A crítica recoñézeo. Beizóns e abrazos para Luís, un dos nosos novelistas primeiros. Etiquetas: Luís_Rei_Núñez

A revolución da tradución

6 Abril, 2008 (09:06) | Traducións |

Moi xeitosa a ampla reportaxe de Faro de Vigo sobre a actual “revolución da tradución” no mundo editorial galego e as dificultades dos tradutores e tradutoras. Algunhas das anécdotas que contan as tradutoras son magníficas. Quedo con esta prodixiosa que conta Marga Rodríguez Marcuño, a tradutora d’ O segundo sexo: “Recordo ese momento en que […]

A Ría somos nós

6 Abril, 2008 (08:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana, diante da intención da Autoridade Portuaria de Vigo de acometer novos recheos na Ría, propoño unha reflexión historica que pode axudar a entender a irracionalidade coa que se levou sempre o proceso de crecemento do porto. Levamos cento cincuenta anos empedrando o noso primeiro patrimonio. Con certeza que debería haber outra […]

Escritoras na RAG

5 Abril, 2008 (11:20) | Autores, Beizóns, Cultura |

Aledeimei moito do nomeamento da Margarita Ledo Andión como novo membro da Academia Galega. Un recoñecemento xustísimo á traxectoria de Marga, vencellada ao mundo da creación literaria, do audiovisual e da comunicación, un perfil que moderniza a institución e a obrigará a dialogar máis estreitamente coa contemporeneidade. Ao mesmo tempo, a presenza de Margarita axuda […]

Industriais culturais a debate

5 Abril, 2008 (11:11) | Cultura |

Hoxe Faro de Vigo publica dúas páxinas do debate que sobre o futuro das industrias culturais en Galicia mantivemos con José Antonio Perozo e Ignacio López Chaves. Ao longo da conversa insistín no que entendo son as catro liñas básicas para o desenvolvemento das industriais culturais en Galicia e en galego: “Primeira, unha política cultural […]

Xosé María Álvarez Blázquez, WebQuest ESO

3 Abril, 2008 (19:27) | 17_de_maio, Bibliotecas, Recurso_didáctico, Xerais |

Publicouse unha interesante WebQuest sobre a figura de Xosé María Álvarez Blázquez, deseñada polos responsables das bibliotecas escolares do IES Afonso X O Sabio (Cambre) e o IES de Fene. Un recurso didáctico valioso para traballar nos centros de ESO a homenaxe do 17 de maio.Por outra banda, dende a editorial estes días mandamos a […]

Os Encontros de Bilbliotecas Escolares en directo

2 Abril, 2008 (20:28) | Bibliotecas, Eventos |

Mañá falaremos nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares sobre “A lectura en galego no marco da nova literacidade: o caso dos blogs“. O máis pavero do asunto é que vai ser retransmitido en directo por Internet. Agardo non estar moi espeso ás catro da tarde. Prego, polo tanto, que as persoas que […]

Ángela Iglesias Rebollar e José Niebla García

2 Abril, 2008 (19:59) | Historia, Vigo |

Hoxe recibín na caixa de correo un saúdo dende Barcelona do neto de Ángela Iglesias Rebollar, unha das mulleres asasinadas ás que recordabamos no noso artigo do domingo. O correo, moi agarimoso, achega información moi clarificadora sobre a peripecia de Ángela e do seu home (José Niebla García). Polo seu indubidable interese histórico transcribo tres […]

II Feira proxecto-edición

2 Abril, 2008 (19:39) | Artes Visuais, Edición, Eventos |

Ten moi boa pinta o programa da IIª Feira do proxecto-edición. Clicando na imaxe pode lerse o programa. Etiquetas: Proxecto-edición

IIº Premio Teatro Radiofónico

2 Abril, 2008 (19:21) | Premios, Teatro, Xerais |

Despois de fallado o IIº Premio de Teatro Radiofónico, hoxe ultimamos a entrada en imprenta do libro e do cedé coas tres obras premiadas. A presentación está prevista para o 17 de abril no Teatro Principal de Pontevedra e a comercialización do libro cedé nas librarías para a derradeira semana de mes. Etiquetas: Radio_Galega

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

1 Abril, 2008 (19:49) | Efemérides, Literatura infantil e xuvenil |

A sección do IBBY de Thailandia foi este ano a designada para preparar o texto e o cartel da xornada do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O autor do texto e do cartel foi Chakrabhan Posayakrit. Traducimos o texto, a partir da versión española de Laura Canteros (Imaginaria): “Os libros […]

Jürg Schubiger, premio Andersen 2008

1 Abril, 2008 (07:17) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

O autor suízo Jürg Schubiger foi o gañador do Premio Andersen 2008 (o nobel da LIX), anunciado onte na Feira de Bologna. O pasado ano publicamos Así comezou todo, un libro que escribiu xunto co poeta Franz Hohler. Schubiger combina a actividade de escritor coa de psicoterapeuta en Zürich e Tessin. As súas primeiras historias […]