Month: Maio, 2008

Finalistas Premios Xerais 2008

30 Maio, 2008 (20:38) | Premios, Xerais |

Os xurados declararon hoxe as obras finalistas.

Os futuros do libro

30 Maio, 2008 (20:09) | Lectura, Libro, Vídeos |

Manuel Bragado: os futuros do libro from Martin Pawley on Vimeo.Un anaco da conferencia de onte na Coruña. Obrigado, Pawley, pola gravación.

Blogs e lectura

28 Maio, 2008 (19:36) | Blogs, Eventos, Lectura |

Mañá, xoves, 29 de maio, estaremos ás 18:30 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, no Campus da Zapateira, para manter un encontro co alumnado sobre “Blogs e lectura”.

Ferrín, Premio Nacional

28 Maio, 2008 (18:57) | Autores, Premios |

Unha grande ledicia. Beizóns, mestre!

"Votos de riqueza", de Ignacio Castro Rey

27 Maio, 2008 (17:27) | Autores, Ensaio, Presentacións |

En duascentas sesenta e catro páxinas, Ignacio Castro Rey, utilizando unha voz indignada e empregando unha lente sociolóxica, inserida nunha tradición filosófica (ancorada en Nietzsche e nos seus epígonos contemporáneos, Foucault, Deleuze e Baudrillard), debuxa un panorama bastante desolador e feroz do noso tempo, o do capitalismo real. Pois diso trata Votos de riqueza, de […]

Xurados dos Premios Xerais

26 Maio, 2008 (22:26) | Premios, Xerais |

Hoxe anunciamos os xurados dos Premios Xerais.

A lectura en pantallas

25 Maio, 2008 (11:31) | Edición, Lectura, Literacidade, Vídeos |

Hai días que tiña interese en recoller a reflexión de Juan Varela sobre a lectura en Internet. “En Internet non se le, escanéase”, ou noutras palabras, a lectura da maior parte dos internautas sobre as pantallas é fragmentaria, rápida, fráxil, rota, incompleta, desordenada ou “zapeada”. Os datos proporcionados polo informe de usabilidade de Jakob Nielsen […]

Outros dereitos para os autores

25 Maio, 2008 (11:19) | Edición, Literacidade, Vídeos |

Esta intervención de Juan Varela (case nove minutos) profundiza na reflexión sobre a procura dun novo modelo de dereitos para os autores no entorno dixital. Semella imprescindible reformular o papel do autor (que terá máis posibilidades de xestionar directamente o seus dereitos), o dos editores (como o están facendo os medios de comunicación e as […]

Editorial Cíes e Marcial Lafuente Estefanía

25 Maio, 2008 (10:26) | Editores, Vigo |

No suplemento “Estela” (do dominical de Faro de Vigo), J. A. Otero Ricart publica unha interesantísima reportaxe sobre a Editorial Cíes, fundada en Vigo en 1941 por Eugenio Barrientos, o daquela propietario da libraría Tetilla, e destinada a edición de publicacións populares. Barrientos comezou publicando novelas policiais, mais consolidou a súa actividade (durante máis dunha […]

Lembrando a Enrique X. Macías

25 Maio, 2008 (10:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música, Vigo |

No artigo da semana lembro a figura de Enrique X. Macías no día do seu concerto homenaxe no Marco.

Ler debería ser prohibido

24 Maio, 2008 (13:24) | Lectura, Vídeos |

Vía: Hora de ler.

Ler na cama

24 Maio, 2008 (13:06) | Lectura, Vídeos |

Simpática escena sobre as razóns da lectura da mediametraxe Bosteza do director mallorquín Toni Nievas.Vía Trafegando ronseis.

"Votos de riqueza", presentación en Vigo

24 Maio, 2008 (11:00) | Autores, Ensaio, Presentacións |

O vindeiro martes, ás 20:00 horas no Marco de Vigo presentarei Votos de riqueza. La multitud del consumo y el silencio de la existencia, o máis recente ensaio de Ignacio Castro Rey. Agradécese difundir na rede esta convocatoria. Outra magnífica oportunidade para volver escoitar en Galicia o lucidísimo discurso crítico do filósofo Ignacio Castro.

Macías, referente da modernidade viguesa

23 Maio, 2008 (06:48) | Música |

Teresa Cuíñas publica en Luzes unha interesante reportaxe sobre a figura de Enrique X. Macías. Todas as testemuñas consultadas subliñan a consideración de Enrique como referente da modernidade nas diversas manifestacións culturais daquel Vigo efervescente dos oitenta. A lectura deste artigo pode axudar a comprender o interese da súa figura.

"Itinerario de luz", reeditada a obra de Enrique X. Macías

22 Maio, 2008 (21:30) | Música, Novidades |

Hoxe levei unha boa ledicia cando recibín un paquetiño da Consellaría de Cultura e Deporte que gardaba unha grande sorpresa para min: un dobre cedé que contiña a reedición das gravacións das obras de Enrique X. Macías, editadas por Miso Music. O dobre cedé, editada á iniciativa da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, […]

Get London Reading

21 Maio, 2008 (20:26) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade |

A actual campaña de promoción da lectura que se está desenvolvendo en Londres utiliza, coma a galega (que comezará a utilizar os valados), os textos literarios e a súa presenza sobre formatos cotiáns como o primeiro reclamo. Gústanme as dúas.

Que é un libro?

21 Maio, 2008 (20:14) | Libro, Vídeos |

Moi clarificadora é esta anotación do Txetxu sobre o que é hoxe un libro. A intervención do director da Feria del Libro de Sevilla (un libreiro) é igualmente moi recomendable.

"Festina lente"

21 Maio, 2008 (19:58) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Hoxe recibimos está novela de Marcos S. Calveiro. Intúo que vai dar moito, moito que falar. Só anticipo que estamos diante dunha marabilla. É un grande orgullo que forme parte do noso catálogo. Beizóns Folerpa!Sinto que os impacientes teñan que agardar ata a vindeira semana, na que chegará ás librarías.

Os concertos de Enrique X. Macías

21 Maio, 2008 (19:41) | Cultura, Eventos, Música |

Por fin soubemos da celebración dos concertos en homenaxe a Enrique X. Macías con motivo do 50 aniversario do seu nacemento. Celebraranse o xoves na Coruña no Teatro Rosalía de Castro, o venres en Santiago no Salón Teatro e o domingo en Vigo nas instalacións de Marco. Os tres concertos comezarán ás 20:30 horas. Os […]

Morreu o libro electrónico?

20 Maio, 2008 (19:19) | Edición, Libro, Tecnoloxías |

Interesantísima esta anotación de Joaquín Rodríguez sobre as dificultades de viabilidade do libro electrónico. Semella cada vez máis certo que fóra dun debate entre apocalípticos e integrados, son reais as dificultades para atopar un lector electrónico portable máis amigable que os actuais libros analóxicos. Isto non quere dicir, porén, que o proceso de dixitalización de […]

Campo do Fragoso LXI

19 Maio, 2008 (06:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

50 PUNTOSAlejandro Menéndez, o cuarto adestrador desta tempada, conseguiu no seu primeiro encontro endereitar a deriva na que caera o Celta tras tres derrotas consecutivas. Acadar os 50 puntos, que deberían afastarnos de todos os perigos e fantasmas, é unha boa noticia para os seareiros celestes; mais a recuperación dunha certa disciplina táctica, dunha descoñecida […]

Xosé María Álvarez Blázquez, os actos de Vigo

18 Maio, 2008 (09:54) | 17_de_maio, Efemérides, Eventos |

Onte asistín aos actos en homenaxe de Xosé María Álvarez Blázquez organizados en Vigo pola Real Academia Galega.O acto institucional, celebrado no auditorio do concello, foi literariamente moi brillante, aínda que coa presenza de menos público do agardado (apenas un centenar de persoas, o que amosa un certo desleixo na realización da convocatoria e un […]

Hai barco

18 Maio, 2008 (09:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana, ao fío da presenza a pasada semana na Laxe de enormes trasatlánticos, reflexiono sobre a importancia do porto vigués e da necesidade de chegar a un pacto estratéxico sobre o seu futuro.

O oso de Martín Curty

17 Maio, 2008 (10:35) | Vigo |

Onte a estatua do poeta Manuel Curros Enríquez foi reubicada de novo na Alameda viguesa (é certo que non exactamente no seu emprazamento orixinal) o que constitúe un acto de xustiza poética que celebramos. Porén, os lectores de Faro almorzamos cun artigo do arquitecto Martín Curty. Literariamente o texto, a pesar da súa pretendida ironía, […]

XMAB, unha sombra polas eiras

17 Maio, 2008 (05:29) | 17_de_maio, Vigo |

Precioso o suplemento da Revista das Letras dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez e ilustrado pola súa filla Berta Cáccamo. Alí publicamos unha nosa contribución titulada “O Vigo de XMAB”.

Poesía contra a ignorancia

17 Maio, 2008 (05:06) | 17_de_maio, Blogs, Lingua |

Hoxe, 17 de maio de 2008, data na que homenaxeamos a don Xosé María Álvarez Blázquez, poeta resistente e editor popular galego do Moucho, continuando a iniciativa dos Blogues pola lingua, reproducimos o poema “Deitado fronte ó mar”, de Longa noite de pedra do seu amigo o poeta Celso Emilio Ferreiro. Lingua proletaria do meu […]

A voz de don Xosé María

16 Maio, 2008 (21:50) | 17_de_maio, Vídeos |

Mañá celebraremos as palabras de don Xosé María. Un documento sonoro valioso. A gravación deste poema de Roseira do teu mencer é de 1968, realizada por Radio Nacional. Beizóns á Biblioteca do Porriño e a Vieiros polo magnífico espazo electrónico sobre XMAB (moi recomendable como recurso didáctico).

Blogues polas lingua

15 Maio, 2008 (21:11) | Blogs, Iniciativas, Lingua |

Adherímonos á rede de Blogues pola lingua e ao contido do seu manifesto. Neste momento xa hai máis de oitenta adhesións. Animo a tecer esta rede de traballo compartido en defensa da lingua de todos e todas.

Escritores e blogosfera

14 Maio, 2008 (08:08) | Eventos, Literacidade |

Esta tarde estaremos en Ourense participando na mesa redonda sobre “Escritores e blogosfera” que se celebrará dentro da xornada “2.0 A nova ágora galega”. Co vagar do que dispoñamos intentaremos respostar ás preguntas que xa nos formularon dende o blog do evento (unha boa práctica que deberiamos implementar no futuro en convocatorias semellantes). A miña […]

Ser libreiro

13 Maio, 2008 (19:12) | Librarías |

Gustei deste artigo de Antonio García Teijeiro en defensa dos libreiros. Recollo un dos parágrafos: “Ser libreiro (ou libreira,claro) significa vivir entre libros. Ser libreiro significa gozar coa parte amable da vida. Significa arriscar, sufrir distintas incomprensións sociais,pero tamén ser feliz coa satisfacción de poñer un libro na nosa existencia. Ser libreiro significa poder ler […]

A mariñeira

13 Maio, 2008 (18:50) | Cine |

A mariñeira, a película de Antón Dobao adaptación do conto “A mariñeira” de Darío Xohán Cabana emitirase o 17 de maio, sábado, ás 16:45 horas na TVG. Paga a pena non perdela. O trailer pode verse aquí.

Atinadísimo artigo de Anxo Lorenzo

11 Maio, 2008 (10:49) | Lingua |

Recomendo moi vivamente a lectura do artigo de Anxo Lorenzo sobre “Política lingúística e ‘consenso’ en Galicia?” publicado n’ A Nosa Terra. Non hai dúbida que a actual política que defende o Partido Popular racha o pacto lingüístico acuñado hai máis de vinte anos; mais tamén é moi necesario, como salienta de forma clarificadora o […]

"A cidade e os días"

11 Maio, 2008 (09:05) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Presentacións, Vigo, Xerais |

No artigo da semana presento as características e a significación da nova edición d’ A cidade e os días, o calendario histórico de Vigo de Xosé María Álvarez Blázquez que traducimos para o galego e presentamos onte. Non podo agachar a miña satisfacción. Esta tradución, na que tivo un papel destacadísimo Pablo Sánchez Mato, é […]

Anuncio da London Book Fair

10 Maio, 2008 (16:12) | Promoción do libro |

Este é un promocional moi interesante sobre a London Book Fair. Un documento interesante para entender de que se trata nas Feiras Internacionais do Libro.Vía Blogtailors.

Entrevista a Manuel Rivas

9 Maio, 2008 (21:49) | Bibliotecas, Entrevistas, Lectura, Libro |

Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca: “A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de […]

O modelo de préstamo, novo informe da AGE

7 Maio, 2008 (18:59) | Libro de texto |

A Asociación Galega de Editores acaba de presentar un novo informe sobre a modalidade de préstamo do libro de texto de en Galicia. O traballo, elaborado polo grupo PSICOM da Universidade de Santiago, que aborda os aspectos cualitativos do sistema de préstamo, entre outras conclusións salienta que “o 82% dos pais galegos enquisados considera que […]

A Nova Agora Galega

7 Maio, 2008 (18:45) | Eventos |

O vindeiro mércores, 14 de maio, estamos convidados a participar pola tarde nun debate sobre a”Escritores na blogosfera”, que se realizará en Ourense no seo da xornada “A Nova Agora Galega“. Un programa ben interesante e, polo que me dixeron, varios centos de participantes. Xa contaremos.

Tempos dixital

7 Maio, 2008 (18:21) | Medios |

Beizóns aos responsables do mensual Tempos Novos que publican a súa versión beta do seu espazo electrónico, Tempos dixital. Entre outras novidades, considero importante para a visibilidade do libro galego a posibilidade de consultar e descargar en pdf o Protexta, o seu magnífico suplemento de libros. Pareceume prometedora a sección “Entreculturas“, así como a da […]

Unha educación política

6 Maio, 2008 (18:59) | Editores |

Acabamos de saber da aparición de Unha educación política, a edición en castelán das memorias do noso admirado o editor André Schiffrin. Lectura obrigada para editores. Daremos noticias.

Xan Bouzada

6 Maio, 2008 (18:30) | In memoriam |

Morreu Xan Bouzada, unha persoa dunha peza e o noso sociólogo da cultura. Esta tarde a cerimonia civil do seu pasamento, no que interviron Darío Xohán Cabana e Ricardo Torres Queiruga, foi o derradeiro xesto da súa enteireza moral diante dos seus centos de amigos e amigas desolados pola súa perda. Baixamos do meixueiro sen […]

Campo do Fragoso LX

5 Maio, 2008 (06:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

RIR OU CHORAR?Aínda que os resistentes celestes temos coiro abondo para encaixar unha nova derrota, hai unha coincidencia xeralizada nas bancadas de Balaídos en que o mellor que podemos agardar é que remate canto antes esta tempada nefasta protagonizada por un Celta patético e ridículo, diante do que xa non sabemos se é mellor chorar […]

A libraría máis bela do mundo

4 Maio, 2008 (09:54) | Imaxes, Librarías |

Din que é a libraría máis bela do mundo. Está en Maastricht.Vía Blogtailors.

Estado de desánimo

4 Maio, 2008 (09:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Fútbol, Vigo |

No artigo da semana fago unha reflexión sobre a crise societaria e empresarial do Celta para que entendo existen apenas dúas sañidas: aplicación da Lei Concursal ou disolución da entidade.

O xogo da serpe

3 Maio, 2008 (13:11) | Fútbol, Publicidade, Vídeos |

É adoito que os anuncios de Nike sexan moi impactantes. Neste (dous minutos), protagonizado por xogadores como Cecs, Cristiano Ronaldo, Ronaldinho ou Sneijder (entre outros) ofrécese unha visión do fútbol empregando unha cámara subxectiva, dentro e fóra do estadio. Algúns malabarismos pagan a pena. Outra mostra de publicidade impactante.Vía Julián Gallo.

Libros dixitais xa!

3 Maio, 2008 (12:56) | Lectura, Tecnoloxías, Vídeos |

Vía Txetxu e Comunicación Cultural chego a este documento e a este blog que abre novas perspectivas e argumentos sobre as posibilidades do libro dixital e a lectura en pantallas como xeito de facilitar a lectura para todos. Unha perspectiva que non deberiamos esquecer.

Libro, mayday mayday

2 Maio, 2008 (10:19) | Lectura, Libro, Recurso_didáctico |

Imprescindible a lectura do fermoso artigo de hoxe de Manuel Rivas sobre o libro e a lectura. Transcribo apenas dous parágrafos: Mais se dispoñemos dun pequeno depósito de optimismo, vemos que a historia do libro é dunha resistencia exitosa contra tanta persecución. Na actualidade, as innovacións tecnolóxicas e todas as hipotecas que gravan o tempo […]

"Anxel Casal,un editor para un país"

2 Maio, 2008 (09:46) | Beizóns, Editores, Historia, Recurso_didáctico |

O pasado día do libro presentouse Ánxel Casal, un editor para un país (Catálogos de Lar e Nós), un magnífico volume, coordinado por Alfonso Mato e coeditado polo Seminario de Estudos Galegos e o Consello da Cultura Galega. A edición desta obra supón, tras o traballo de Ernesto Vázquez Souza, un paso definitivo para fixar […]