Month: Xuño, 2008

É fútbol, só bo fútbol

30 Xuño, 2008 (05:57) | Fútbol |

Aos que nos gusta o fútbol, e non temos complexos en seguilo domingo a domingo, o campionato acadado polos rapaces de Luis Aragonés foi un acto de xustiza deportiva. Un xogo intelixente e paciente, baseado na elegancia no control e condución da pelota, e un esforzado compromiso de todo o grupo de xogadores na presión […]

Noticias felices

29 Xuño, 2008 (10:10) | Medios |

A posibilidade de que o Senado rumano estableza nos medios de comunicación unha cota do 50% para as noticias felices non debería ser considerada tan escandalosa como a primeira vista semella. En realidade esta cota, sen lei ningunha que a ampare, xa se supera diariamente en Galicia nos espazos destinados á información institucional. Un caso, […]

Noite na biblioteca

29 Xuño, 2008 (10:05) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Lectura |

No artigo da semana, a raíz da experiencia de Espazo Lectura, reflexiono sobre a necesidade de refundar a rede de bibliotecas públicas.

"Editores do século XXI" (II), Sara Lloyd

28 Xuño, 2008 (16:22) | Edición, Literacidade |

Do manifesto de Sara Lloyd, do que falamos na anotación anterior, interesáronme, sobre todo, as respostas que proporciona á pregunta: que papel terán neste contexto, se lle queda algún, os editores do futuro?Para a editora de Pan Macmillan a saída (difícil) está en que os editores recuperemos o noso papel de intermediación (algo que cos […]

"Editores do século XXI" (I), Sara Lloyd

25 Xuño, 2008 (19:42) | Edición, Lectura, Literacidade |

Sara Lloyd, editora de Pan Macmillan, ven publicando no blog da súa editorial diversas anotacións baixo o título de “Manifesto dunha editora para o século XXI”. Por polémicos que algúns lles poidan parecer estes textos prospectivos (poden baixarse no blog Soybits), merecen a maior atención de todos os que nos ocupamos no noble oficio da […]

Decálogo do galego

25 Xuño, 2008 (19:11) | Presentacións, Vídeos, Xerais |

A presentación que fixemos d’ Os Grouchos de Manolo Rivas en Santa Comba tivo dúas versións do Decálogo do galego. Aínda botamos unhas risas. Beizóns, Pawley.

Xurxo Patiño, novo presidente da Federación de Libreiros

24 Xuño, 2008 (20:14) | Beizóns, Librarías |

A Federación de Libreiros de Galicia elixiu nova xunta directiva. Durante os vindeiros catros a federación será presidida por Xurxo Patiño, o noso bo amigo e responsable da Libraría Librouro de Vigo. Xaime Corral, brillante presidente durante case unha década, continúa na directiva como tesoureiro. Non hai dúbida que este novo equipo de libreiros galegos […]

"De aldeanos" ("De aldeáns")

22 Xuño, 2008 (12:24) | Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

Pasáraseme esta curta, gañadora do Iº Certame de curtas na rede, que publicamos en Xerais blog de lingua.

As digresións de Fino Lorenzo

22 Xuño, 2008 (11:28) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións |

No artigo da semana presento a exposición de Fino Lorenzo aberta na viguesa Casa das Artes.

"Festina lente", estrea en Compostela

21 Xuño, 2008 (10:20) | Autores, Entrevistas, Narrativa, Presentacións, Xerais |

Onte acompañamos a Marcos Calveiro na primeira presentación de Festina lente, realizada no obradoiro de encadernación da Libraría Couceiro compostelana. Hoxe aparecen catro entrevistas nos medios nas que Marcos salienta o valor dos libros como poderosas armas de coñecemento contra a intolerancia e o carácter da novela como fresco histórico da Compostela dacabalo dos séculos […]

Unha noite na biblioteca

20 Xuño, 2008 (19:46) | Beizóns, Bibliotecas, Lectura |

Esta é unha das experiencias máis bonitas e máis orixinais que coñezo de fomento da lectura entre os pequenos. Concibir a biblioteca como fogar das palabras e dos libros, considerala como espazo para compartir a vida e os libros, ubicala como eixo da vida cultural dunha comunidade é unha aposta preciosa de Espazo Lectura. Unha […]

Herminio Barreiro

19 Xuño, 2008 (16:20) | Presentacións, Xerais |

Hoxe rdl publica un monográfico sobre o meu benquerido amigo e profesor Herminio Barreiro. Unha longa entrevista con Herminio e dous textos de Lupe Gómez, Narciso de Gabriel conforman estas oito páxinas que non podemos máis que recomendar. Hoxe ás 20:00 horas presentaremos na Libraría Sargadelos de Santiago Recordar doe, o formidable libro memorialístico de […]

2000

19 Xuño, 2008 (15:34) | Blogs, Internet, Literacidade, Persoal |

Esta anotación fai o número 2000 das publicadas nestas brétemas. Hai menos de dous anos, cando acadamos as 1000, reflexionabamos sobre o sentido do blog, nacido hai case catro anos, coa inxenua intención de explorar as posibilidades da textualidade electrónica proporcionada polos blogs. Ao longo deste tempo produciuse o estourido do fenómeno dos blogs (afortunadamente, […]

Europa ten medo

18 Xuño, 2008 (22:01) | Dereitos_humanos, Política, Vídeos |

A aprobación polo Parlamento Europeo, por práctica unanimidade, da chamada directiva da vergonza, contando co vergonzoso apoio do goberno Zapatero (vaia comezo de segunda lexislatura que leva!) e do grupo socialista europeo, amosa que os eurócratas (os posuidores da marca “Europa”) teñen medo a enfrontarse aos ultraconservadores populistas europeos (Berlusconi, Sarkozy e compañía) e escasa […]

U-lo currículum de Bacharelato?

18 Xuño, 2008 (19:28) | Educación |

A piques de de rematar as clases a vindeira semana e de iniciar os trámites da matrícula para o vindeiro curso, aínda non apareceu publicado no DOG o currículum do novo Bacharelato LOE. Fedello cada día no portal educativo da Consellaría co desexo de atopar a nova da aparición deste documento fundamental para artellar o […]

Firefox 3.0

17 Xuño, 2008 (21:16) | Internet |

Aínda que non son moi friqui, a verdade é que me anotara hai uns días para baixar o Firefox 3.0. Baixeino, con algunhas dificultades, e noto que vai bastante máis rápido que a versión anterior. No meu mac, a aparencia aseméllase a de Safari, navega estable e non me deu erros ningúns. Agora, debemos agardar […]

Llegir en valenciá

17 Xuño, 2008 (06:58) | Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos |

Curiosos anuncios de televisión que forman parte da campaña de lectura “Llegir en valenciá“. Vía: Joan Carles.

Campo do Fragoso XLIII

16 Xuño, 2008 (06:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ESCÁNDALONunca na nosa historia de seareiros celestes, e levamos acudindo a Balaídos dende hai corenta anos, sentimos tanta vergonza e tanta indignación polo comportamento do noso equipo como na segunda parte do encontro de onte. A primeira foi moi cómoda. O Celta, levando o partido ao ralentí, como se estivese disputando un partido de preparación […]

Premios Nacionais da Cultura Galega

15 Xuño, 2008 (09:37) | Cultura, Eventos |

Onte asistín á gala de entrega dos Premios Nacionais da Cultura Galega. Non podo máis que felicitar ao equipo da Consellaría de Cultura de Deporte polo desenvolvemento dun acto (un fito histórico e irreversible) moi mimado e axustado, que non perdeu interese e ritmo ao longo dos seus setenta minutos de duración. Subliñaría tres cuestións […]

O escritor fronte ao seu espello

15 Xuño, 2008 (09:07) | Lectura, Promoción do libro |

A rdl desta semana presenta un interesantísimo monográfico sobre a cuestión do “escritor fronte ao seu espello”. Cando fun consultado telefonicamente, entendín que a pregunta remitía ao da visibilidade do escritor galego na sociedade. Para min a cuestión esencial non é a da valoración que teña o escritor senón as posibilidades coas que conte de […]

Celta, a derradeira oportunidade

15 Xuño, 2008 (08:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

No artigo da semana volvo coa miña reflexión sobre a crise do Celta e as posibilidades de refundación do seu proxecto galego.

O problema de Vigo

14 Xuño, 2008 (10:23) | Política, Vigo |

Recomendo esta atinada reflexión que realiza Pablo Eifonso sobre o problema de Vigo. O caso Urbán, como a opereta do Plan Xeral, a custosa montaxe publicitaria da Universiada, o funcionamento bipolar do goberno municipal, a absurda politica de mobilidade, o fracaso do planeamento metropolitano e tantas outras decepcións sinalan que o Vigo deste novo século […]

Edición mundial 2008

13 Xuño, 2008 (16:52) | Edición |

Recollo a información de Txetxu sobre a clasificación establecida por LivresHebdo dos grandes grupos da edición mundial.

Serán pola paz

12 Xuño, 2008 (21:59) | Imaxes, Presentacións, Slideshare, Xerais |

| View | Upload your own Suso Jares mandoume a reportaxe fotográfica (preparada por Paco Vilabarros) do Serán pola paz, celebrado o pasado 18 de abril, no que presentamos os dous primeiros volumes de Educación e paz e festaxamos o 25 aniversario da fundación do grupo Educadores pola paz.

Premios Xerais 2008 (I)

12 Xuño, 2008 (20:03) | Imaxes, Premios, Slideshare, Xerais |

| View | Upload your own

Protexta primavera

11 Xuño, 2008 (21:46) | Críticas, Medios |

Xa está dispoñible en pdf o Protexta 6. Imprescindible!

A derradeira oportunidade para o Celta

10 Xuño, 2008 (19:25) | Celta de Vigo, Fútbol |

Estaba cantado. A pésima tempada a nivel deportivo e os múltiples erros de xestión da era Horacio obrigaron ao consello de administración do Celta a solicitar voluntariamente no xulgado mercantil a concursal (o que antes chamaban quebra ou suspensión de pagamentos). Non existía marxe ningunha, xa que a outra posibilidade que tiña Mouriño sería promover […]

"Chega de saudade"

9 Xuño, 2008 (20:19) | Música, Vídeos |

Tino Santiago pediume unha canción para a A Crónica de hoxe. Aí vai a miña elección, “Chega de saudade” (1958), música de Antonio Carlos Jobim e letra de Vinicius de Moraes. Unha dose de melancolía euforizante para comezar a semana.

Acordo sobre gratuidade en Andalucía

9 Xuño, 2008 (16:42) | Libro de texto |

A Consejería de Educación de la Junta de Andalucía e as organizacións de editores, distribuidores e libreiros acaban de asinar un acordo para o desenvolvemento das políticas de gratuidade do libro de texto na educación obrigatoria durante os próximos catro anos. A pesar de que se continúa apostando polo modelo de préstamo (o que creo […]

Xa temos Xerais 2008

8 Xuño, 2008 (11:11) | Premios, Xerais |

Manuel Lourenzo, Marilar Aleixandre e Mar Guerra Premios Xerais 2006. Beizóns para eles tres e para Carlos G. Reigosa que actuou como mantedor literario dunha velada que resultou emocionante.

Clubs de lectura

8 Xuño, 2008 (11:04) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Lectura |

No artigo da semana valoro a magnífica experiencia que supoñen os Clubs de lectura. Penso que poden ser unha das experiencias máis valiosas para o fomento da lectura, especialmente en galego.

"O Globo de Shakespeare", premio Terra de Melide 2008

7 Xuño, 2008 (08:23) | Autores, Premios |

Anunciouse onte a obra gañadora do VIIIº Premio de Narrativa Terra de Melide: O Globo de Shakespeare de Santiago Jaureguízar. O xurado do certame, formado por Xesus Manuel Marcos, Xaquín Vázquez, Anton Pedreira, Óscar Sánchez e Manuel Bragado, entre as vinte e unha obras participantes, apostou por esta obra que propón unha viaxe tras o […]

Diálogos literarios en Mariñán

5 Xuño, 2008 (20:33) | Autores, Eventos |

Mañá estaremos participando nos Vº Diálogos literarios de Mariñán organizados pola Fundación Carlos Casares. Moderaremos o debate sobre “Letras da vida” que manterán dous bos amigos Xosé Miranda e Gustavo Martín Garzo.

A proeza de Barreras

4 Xuño, 2008 (21:05) | Vigo |

Esta mañá abrindo o Faro quedei pampo coa nova proeza de Barreras. Este buque de prospeccións sísmicas, o primeiro de proa invertida (ou en forma de torpedo) construído en España, é unha mostra da formidable capacidade técnica do primeiro asteleiro privado galego. O actual proxecto empresarial de Barreras, baseado na competitividade proporcionada pola innovación tecnolóxica, […]

Bidibooks

3 Xuño, 2008 (19:30) | Literacidade, Tecnoloxías |

Esta noticia de hoxe é interesante. Aproveitando a lectura dos códigos bidimensionais, os chamados bidibooks –editados pola editorial coruñesa Netbiblo– pretenden completar a lectura sobre un soporte analóxico coa dixital proporcionada por unha pantalla de teléfono móbil. Un intento de fusión entre libro impreso e móbil, unha lectura hipertextual apoiada na rede e nas súas […]

Palabras para cambiar o mundo

2 Xuño, 2008 (20:16) | Autores, Eventos, Lectura, Libro, Vídeos |

Moito agradezo a Marcos que recollese o texto do pregón co que Agustín Fernández Paz inaugurou a Feira do Libro de Ourense o pasado 31 de maio. Recollo os derradeiro parágrafos, preciosos: “Todas as persoas necesitamos de historias, de soños, de palabras. Para entender o mundo e para entendernos a nós mesmos. Para soñar outras […]

Campo do Fragoso LXII

2 Xuño, 2008 (06:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SAN ESTEBANA pesar da decepción do empate co Tenerife, tras levar unha boa vantaxe de dous goles, este Celta de Alejandro Menéndez ten mellor cara que o dos adestradores anteriores. É máis equipo, xa que desenvolve un xogo máis solidario e sacrificado, ao longo do encontro desenvolve máis variantes tácticas polas bandas e, polo menos, […]

Premios Nacionais

1 Xuño, 2008 (12:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Premios |

No artigo da semana gabo a elección dos primeiros Premios Nacionais da Cultura Galega, ao tempo que propoño para vindeiras edicións a súa ampliación por xéneros literarios.