Comentarios en: Repensar as feiras do libro

Por: Brétemas » A Feira do Libro de Vigo precisa unha virada
[...] claramente inadecuada polo seu ruído enxordecedor. A Asociación de Libreiros de Vigo, como sinalamos o pasado ano, ten que coller o touro polos cornos e darlle unha virada a esta Feira que debe, canto menos, [...]

Por: Maria (Terra Chá)
Está a ser agora a feira do livro antigo e de ocasiom em Lugo e a verdade é que fiquei bastante satisfeita (como consumidora, observadora e amante do livro), tendo em conta as características da cidade (nom comparável à Corunha ou a Vigo). Decepcionante, ao meu ver, foi a de Compostela muito por baixo da de Lugo. É umha peninha…

Por: Pablo Eifonso
A Feira do Libro de Vigo resposta, para min, á imaxe xeral de cutrerío, deixadez e debilidade cultural (por ser benévolo) que preside boa parte das cousas que de cara ao público ocorren na cidade promovidas, dun ou doutro xeito polas administracións públicas. Se exceptuamos o Imaxinasons, o festival Sinsal ou os ciclos de cine Realidades, o panorama adoita ser desolador. O primeiro quie cómpre dicir é que a Feira do Libro, na súa ubicación actual, representa, na practica, a ignorancia absoluta e a falta de respecto total ao espazo histórico e monumental da Alameda. Iso sen contar que a propia montaxe faise á brava, enganchando todo tipo de cableado ás árbores (para sumarse ao que mantén permanentemente o Concello) e metendo os vehículos -e mesmo aparcando permanentemente algúns- no interior do xardín. A imaxe e epítome da infamia cultural dáa a desmontaxe, xa que durante canto menos un día, permanecen caixas de cartón e residuos das casetas estrados por onde cadra.
Chama a atención que nisto das actividades culturais (Feira do LIbro incluída) a realidade homologa a tódolos grupos políticos, e resulta case imposible distinguir en que se diferencia realmente as políticas culturais de esquerda e dereita, unidas case sempre pola falta de criterios sólidos, ignorancia, inercia e falta de referencias e ideas.
Se as cousas fosen doutra maneira, se cadra, os responsables culturais, acudirían a asesorarse con profesionais que como o autor deste blog, saben ben de que vai a cousa… en lugar de facelo cos tristes e enchufados asesores que cobran unha boa pasta do erario público sen que ninguén nos saiba explicar de onde carallo saíron e que méritos poden ensinar.
Saúdos

Por: Brétemas
Xurxo: sabes que non son derrotista sobre o futuro das feiras do libro, e moito menos da de Vigo. Porén, creo que cómpre arriscarse a ensaiar novas fórmulas, sobre todo no eido da comunicación, un ámbito onde as institucións públicas poderían botar unha man. Chamoume a atención que este ano que no cartel que presidía as actividades o logotipo da Concellaría de Cultura de Vigo tivese un tamaño desmesurado, en comparación cos da propia Consellaría de Cultura e da Federación de Libreiros. Son dos que cre que ese esforzo por aparecer debería traducirse en que a presenza da feira o fose por toda a cidade, dende as pantallas dos vitrasas, aos mupis (que teñen unha cara reservada á publicidade institucional), ás novas pantallas dixitais de información cidadá… Iso só será posible cando os responsables das políticas culturais entendan que a lectura (e a feira do libro é unha actividade importante de promoción da lectura)é o eixo fulcral da súa responsabilidade. Mágoa que isto non suceda, polo momento, en ningunha das cidades galegas (tampouco na Coruña). As feiras do libro en Galicia teñen percorrido. Ánimo! Abrazos de Manolo

Por: Brétemas
Pawley: para min o caso do éxito da feria da Coruña ten moito que ver coa centralidade da ubicación e coas datas (coincidentes coas festas de Marineda). O programa de actividades, xeralmente, é moi semellante ao de Vigo, o nivel de publicidade igualmente raquítico e a organización (polo menos nos últimos anos, desque león deixou de couparse dela) moi inferior a doutras feiras galegas.

Por: Anonymous
Descoñezo que fai pensar a Libreiro que a feria de Ferrol foi un éxito este ano. O número de casetas era escasísimo e non se fixeron públicos datos de vendas. Sí é certo que o concello vendeu aos medios a súa magnífica xestión e os libreiros organizadores non abriron a boca, entre outras cousas porque, por exemplo, as casetas pagounas o Concello.
As feiras son eventos comerciais e funcionan cando así estánb plantexadas. Non hai mais.

Por: Libreiro
Aprezado Brétemas, agradezo moitísimo a súa crítica (digamos mellor comentario) que como ben sabe comparto practicamente palabra por palabra, salvo quizais no punto de que non sexa difícil atopar unha solución para mellorar o actual e en parte esmorecente modelo de Feira do Libro. En canto a visibilidade non é algo que sexa tan sinxelo acadar para nós os libreiros polo cal agradezo dobremente o seu ofrecemento para axudar nese e noutros terreos. Porén, aínda concordando coa súa apreciación de decepción non creo que debamos ser derrotistas nin dar por morto o actual modelo xa que por diversos motivos (como ben expón Pawley) hai Feiras que están a funcionar ben ou moi ben tal e como están agora (non só A Coruña, se non tamén moitas das que se realizan en vilas medianas, e incluso este ano Ferrol foi un éxito cando o ano pasado nin se chegou a ter realizado). Todo iso non quita que a organización, da que formo parte, sexa desde logo extremadamente mellorable. Perdón polo exceso de escrita mais non estou moi afeito a participar nos blogs. Unha aperta de Xurxo Patiño, coordinador da Feira de Libro deste ano

Por: arume dos piñeiros
Quitoume Martin o comentario. Ten moita razón, aínda que houbo anos en Vigo de moito éxito. Está mal decilo nestes tempos que corren, pero ao millor a capacidade de atracción de certos escritores que escriben en español podería servir de gancho. Xa sei que non é políticamente correcto, pero algún ten que dicilo.

Por: Martin Pawley
Non é preciso ir a Madrid para dar cunha feira do libro de espléndidos resultados: a da Coruña funciona, como ben sabe, moi ben, malia a súa manifestamente mellorábel organización. As razóns do éxito son claras: un lugar de celebración céntrico, de paso, e unha época na que a cidade está chea de xente (o mes de agosto). É dicir, xusto o contrario do que se fai en Santiago de Compostela.