Month: Xullo, 2008

Morte da lectura profunda

30 Xullo, 2008 (15:58) | Lectura, Literacidade |

Vía Tokland chego a esta interesante anotación de David de Ugarte sobre a morte da lectura profunda, sintagma que faría referencia referencia ao tipo de lectura que acotío facemos sobre as pantallas: rápida, zapeada, transversal… Ugarte, citando un artigo de Nicholas Carr, considera que “leemos más que nunca, pero no nos abstraemos en un texto […]

Cuil

29 Xullo, 2008 (18:56) | Internet |

Decepcionoume un chisco. Lera moitas cousas pola rede promocionando este novo buscador, preparado por ex-estrelas de Google, aparecido onte. Ás buscas, se lle engade, como contexto, outras de carácter semántico (o que parece, algo bastante interesante). Seguirémolo probando.

Poeta europeo de primeira clase

29 Xullo, 2008 (18:41) | Autores, Premios |

Da emocionante homenaxe que onte ao mediodía se rendeu en Ferrol a Ramiro Fonte, quédome con esta frase do crítico Miguel García Posada: “Ramiro Fonte é poeta europeo de primeira clase”. Ademais, puidemos escoitarlle recitar dous poemas magníficos dos que formarán parte do novo libro que está preparando este eumés universal. Actualización (31-07-2008): fermoso artigo […]

Festas laicas

27 Xullo, 2008 (08:08) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Política, Vigo |

No artigo da semana felicito á concellaría de Cultura de Vigo polo seu programa de Festas verán 2008, ao tempo que aproveito para reflexionar sobre o carácter laico que deben ter este tipo de eventos e dos comportamentos das autoridades e funcionarios civís.

Nova Escola Galega, 25 anos

26 Xullo, 2008 (12:29) | Educación, Efemérides |

Galicia hoxe publica unha entrevista con Xosé Lastra Muruais, presidente de Nova Escola Galega, con motivo do vinte e cinco aniversario do noso movemento de renovación pedagóxica. Esta é unha efeméride que para min non pode pasar desapercibida. A miña vida profesional, tanto como docente, pedagogo e editor non se pode entender sen Nova Escola […]

Feira do libro de Melide

25 Xullo, 2008 (09:30) | Eventos, Librarías |

O domingo ao mediodía estaremos en Melide para moderar un acto literario da Primeira Feira do libro do Camiño de Santiago no que participarán algúns dos escritores gañadores do Premio de Narrativa Terra de Melide. Organizada polo concello na fermosa praza do Convento, cun número importante de librarías, esta nova feira do libro ten un […]

Festigal

25 Xullo, 2008 (09:10) | Eventos, Presentacións |

Esta tarde teremos catro presentacións no Festigal. Un programa literario completísimo.

Feiras do libro, procurar un novo modelo

25 Xullo, 2008 (09:01) | Librarías |

Xosé Antonio Perozo nun artigo n’ A Nosa Terra volve sacar o debate sobre o futuro das feiras do libro. Para Perozo “[…] hai que ser valentes e dicir que culturalmente non paga a pena o esforzo de programar, subvencionar e publicitar as feiras do libro polo camiño que van. Están culturalmente mortas. Hai que […]

Unha patria de todos

25 Xullo, 2008 (08:46) | Efemérides, Lingua |

A AGE consolídase

24 Xullo, 2008 (07:52) | Editores |

A continuidade do equipo directivo da Asociación Galega de Editores é a mellor proba do grande traballo que vén desenvolvendo a directiva presidida por Alfonso García Sanmartín e da consolidación do sector editorial en Galicia. Só nos últimos dous anos, a AGE aumentou notablemente o seu número de asociados (ata superar os corenta), representando así […]

Unha foto para a historia

23 Xullo, 2008 (18:27) | Autores, Imaxes |

Esta foto debe quedar no arquivo.

Todos con Ramiro Fonte

23 Xullo, 2008 (18:01) | Autores, Premios |

Os organizadores da homenaxe a Ramiro Fonte comunican que, finalmente, o acto se celebrará o luns, 28 de xullo, ás 13:30 nas instalacións do Palacio Municipal de Ferrol. A entrada é libre. As persoas e institucións que desexen adherirse á homenaxe poden enviar os seus textos ao correo do Real Coro Toxos e Flores (amboage56@hotmail.com). […]

Ramiro Fonte será homenaxeado o 28 de xullo en Ferrol

21 Xullo, 2008 (19:58) | Autores, Premios |

Recibimos con emoción a noticia que hoxe publica Perfecto Conde no seu blog sobre a homenaxe que recibirá Ramiro Fonte en Ferrol. Transcribímola polo seu enorme interese e animamos a participar no acto e enviar adhesións: O próximo luns, 28 de xullo, ás 13 horas, no pazo do Concello de Ferrol, terá lugar o acto […]

The Power of Books

20 Xullo, 2008 (10:26) | Imaxes, Libro |

[Tirado de Librosfera, grazas.]

O fracaso da área metropolitana

20 Xullo, 2008 (10:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana abordo o que entendo son as razóns do fracaso do proxecto da área metropolitana de Vigo. Creo que o cerne reside na incapacidade das forzas parlamentarias de acadar un acordo sobre a organización administrativa e política do territorio, para min, a grande revolución que precisa o país.

As nosas linguas comúns

19 Xullo, 2008 (12:07) | Lingua |

Recomendo a lectura deste Manifesto a prol do plurilinguismo, asinado por varios profesores universitarios, entre eles o noso amigo Carlos Taibo.

Galicia continúa á cola en lectura

19 Xullo, 2008 (11:13) | Cultura, Lectura |

Continúa sendo tan triste como desolador: Galicia non sae dos postos de cola en índices de lectura. Na presentación da campaña “Lee en la playa” (campaña moi pouco imaxinativa e eficaz, por certo), organizada pola Federación de Gremios de Editores e o Ministerio de Cultura, salientouse que, segundo os datos do máis recente barómetro de […]

Culturgal 2009

19 Xullo, 2008 (10:48) | Eventos, Promoción do libro |

Afortunadamente, a pesar do retraso de varios meses, este ano tamén haberá Culturgal. A organización pasou da AGE á Consellaría de Cultura e Deporte que decidiu montar esta feira galega das industrias culturais no Palexco coruñés na primeira fin de semana de decembro. Agardamos que con este novo modelo de xestión, Culturgal continúe co seu […]

Apoio ao Manifesto de Galeusca

18 Xullo, 2008 (17:55) | Iniciativas, Lingua |

Alfredo pide que reiteremos o noso apoio ao Manifesto de Galeusca. Eu xa o fixera o mesmo día que apareceu o texto.

Ler novelas aumenta as habilidades sociais

16 Xullo, 2008 (19:39) | Lectura, Narrativa |

Segundo un estudo realizado por un grupo de psicólogos canadianos ler novelas aumenta as habilidades sociais. Segundo este traballo empírico os lectores e lectoras de novelas adquiren novas habilidades sociais e melloran, grazas á lectura, ás que xa posúen. Como sinalan no blog ediciona, sexa certo ou non, sempre é bo contar con outro argumento […]

Novas tecnoloxías e dinamización lingüística

16 Xullo, 2008 (19:30) | Eventos, Lingua, Tecnoloxías |

Mañá estaremos en Carballo participando no IV curso de Verán Traballando en lingua: novas tecnoloxías e dinamización lingüística. Interviremos nunha mesa redonda sobre “Recursos pedagóxicos e culturais na rede”, xunto a Xoán Costas Casas, Henrique Quintáns Míguez e Camilo Regueiro.

"A Nosa Terra Diario"

15 Xullo, 2008 (18:50) | Críticas, Medios |

A Nosa Terra Diario acaba de abrir un novo espazo de crítica de produtos culturais (libros, discos, películas de cine e dvds). Un espazo de crítica que, indubidablemente, mellora os contidos deste diario dixital. Beizóns aos responsables d’ ANT.

Numilog, libraría dixital francesa

14 Xullo, 2008 (17:51) | Librarías, Tecnoloxías |

Numilog é un libraría dixital francesa que ofrece máis de corenta mil títulos de e-books dispoñibles en formatos pdf en prc . De moitos títulos ofrece tamén a posibilidade da lectura ou consulta gratuíta en liña da totalidade ou parte do contido ou de adquirir a versión audiolibro. Os prezos das descargas son sensiblemente inferiores […]

Máis sobre a xestión da CdC

13 Xullo, 2008 (09:22) | Cultura, Política |

Daniel Salgado publica en El País Galicia unha xeira de opinións sobre o modelo de xestión escollido para a CdC. Entre as persoas que fomos consultadas a maioría expresamos dúbidas sobre a conveniencia de darlle maioría ao capital privado na xestión da nova fundación. Pola súa banda, Galicia hoxe publica unha entrevista con Juan Manuel […]

Barreras, orgullo de todos

13 Xullo, 2008 (09:14) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lingua, Tecnoloxías, Vigo |

No artigo da semana volvo sobre o interesante traballo de innovación tecnolóxica que desenvolve o estaleiro Barreras.

Kamel Ghilas, novo dianteiro do Celta

12 Xullo, 2008 (19:57) | Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

But de Kamel Ghilas 2006 – 2007 pour le GuiamaresCargado por ALG57 Procedente do Vitoria Guimarães chega ao Celta Kamel Fhati Ghilas, un atacante versátil (principalmente de banda esquerda) internacional arxeliano con pasaporte francés. Ghilas xogou tres tempadas na liga francesa co Cannes e logo pasou á liga portuguesa. O máis sorprendente é que parece […]

Rare book room

12 Xullo, 2008 (19:26) | Bibliotecas, Tecnoloxías |

Neste sitio poden consultarse manuscritos dixitalizados por Octavo para diversas bibliotecas do mundo. Fedellando poden verse cousas moi interesantes e curiosas.Vía: Libreros.

Editar é intervir no presente

11 Xullo, 2008 (21:42) | Edición, Editores |

“Editar es una forma de intervenir en el presente. El catálogo de una editorial (además de ser su principal activo, dato que cada vez más parece olvidarse en busca de la ganancia a corto plazo) es ante todo una opinión. Editar un libro, insertarlo en un catálogo, implica formular una opinión sobre el estado de […]

Desvélase o modelo de xestión da CdC

11 Xullo, 2008 (17:48) | Cultura, Política |

Comezan a desvelarse os proxectos previstos para a CdC. Non podo agachar a miña enorme perplexidade diante do modelo de xestión anunciado por Touriño: unha fundación con maioría privada (51%) para xestionar unha obra financiada na súa totalidade con cargo a fondos públicos. Outrosí sucede co anuncio do nome do responsable da nova fundación, Juan […]

Galeusca

11 Xullo, 2008 (17:32) | Iniciativas, Lingua, Política |

Hoxe asinei o texto que a Federación de Escritores Galeusca publica como necesaria resposta ao “Manifesto de Savater” (o filósofo hoxe recunca nun artigo en El País no seu vitimismo, moi irado pola posición contraria do PSOE e o presidente de Zapatero ao seu texto). O texto dos escritores cataláns, vascos e galegos manexa argumentos […]

A intelixencia de Barreras

10 Xullo, 2008 (17:55) | Beizóns, Iniciativas, Lingua |

Os lectores e lectoras destas brétemas saben da miña admiración polo proxecto empresarial de Barreras, o estaleiro vigués que está montando buques futuristas na nosa Beiramar. Hoxe debemos volver a abenzoar aos responsables de Barreras polo seu decidido apoio á nosa lingua, nun momento especialmente difícil no que unha parte da clase empresarial viguesa amosa […]

A FLIP de Paraty

9 Xullo, 2008 (17:55) | Autores, Eventos, Vídeos |

Desque visitei Paraty en 2004 sempre pensei que a literatura galega ten que buscar un xeito de participar na FLIP. Repasando o programa de actividades deste ano, as referencias na prensa brasileira, a relación de escritores homenaxeados e de autores e autoras participantes das diversas edicións conviría que fixeramos un esforzo por abrir alí unha […]

Pó dos livros

9 Xullo, 2008 (16:44) | Book_trailer, Librarías, Portugal, Publicidade, Vídeos |

Eis como se anuncia na rede a libraría Pó dos livros. Un novo tipo de booktrailer. O blog desta libraría independente é magnífico, sobre todo a utilización dos vídeos e da música.Tirado de Blogtailors.

Novas da Xunta, de novo xuntas

8 Xullo, 2008 (17:39) | Medios, Política |

Unha moi boa noticia que non debe pasar desapercibida: o espazo Novas da Xunta de Galicia volve recoller a información de todos os membros do Goberno galego. Tras varios anos de comportamento bipolar, abenzoamos decisión tan sensata.

Repensar as feiras do libro

7 Xullo, 2008 (17:19) | Eventos, Librarías |

Rematada a Feira do libro de Vigo, onde tivemos un importante número de presentacións e asinaturas, é inevitable reflexionar sobre o futuro deste tipo de eventos. É a primeira sensación que teño é de decepción: cada ano diminúe máis o número de expositores (nesta edición en Vigo non se acadou a trintena de casetas, cando […]

Library of Congress

6 Xullo, 2008 (17:44) | Lectura, Publicidade, Vídeos |

Library of Congress – Read from ZorroFX on Vimeo.Vía: Unha lagoa de libros.

Repensar a Piñeiro

6 Xullo, 2008 (09:50) | 17_de_maio, Autores, Efemérides |

A designación de Ramón Piñeiro como figura homenaxeada no 17 de maio 2009 abre un gran debate nacional sobre o papel do teimoso galeguista de Láncara. Unha elección que pouco nos sorprendeu xa que tras a homenaxe deste ano a don Xosé María semellaba case inevitable que a Academia optase pola figura máis destacada do […]

Salvemos o Celta!

6 Xullo, 2008 (09:38) | Celta de Vigo, Fútbol, Iniciativas |

Esta paréceme unha iniciativa oportuna. Velaí dous parágrafos do manifesto apoiado por celtistas de todas as condicións: “O Celta é máis que unha Sociedade Anónima Deportiva. É algo máis que un nome, é un sentimento en algo que para algúns tan só é un deporte de masas, pero que a nós, celtistas, levanos a sentir […]

Lingua común

6 Xullo, 2008 (09:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lingua, Política |

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre o “Manifiesto por una lengua común”. Sobre a mesma cuestión recomendo a valiosa e clarificadora anotación que publica hoxe Escolar e o artigo moi intelixente de Josep Ramoneda.

Palabras encadeadas

4 Xullo, 2008 (18:00) | Lingua, Publicidade, Vídeos |

O anuncio da nova campaña da Secretaría de Política Lingüística é simpático, ten ritmo, déixase ver, aínda que conceptualmente seméllame frouxiño. Ben sabemos que con anuncios non se soluciona o devalar do idioma entre os mozos e mozas.

Prontos a ler, visita lisboeta

4 Xullo, 2008 (16:55) | Cidades, Persoal, Portugal |

Dous días en Lisboa (nos que abandonei completamente o blog) deron para moito: camiñar unha das nosas cidades máis queridas, falar devagariño cos editores amigos, participar na inauguración dunha exposición de libros españois e nun encontro con editores lisboetas sobre o deseño editorial, coñecer as últimas novas sobre a reconversión editorial portuguesa e, sobre todo, […]