Month: Agosto, 2008

A lectura inspira aos nenos

31 Agosto, 2008 (13:20) | Lectura, Vídeos |

Vía Po dos livros.

Blog Day 2008

31 Agosto, 2008 (12:45) | Blogs, Blogs_e_libros, Efemérides |

Hoxe é o Blog Day e como é adoito en semellante día corresponde recomendar cinco blogs de diversas comunidades e linguas. Aí vai a miña proposta deste ano para seguir tecendo a rede de blogs e libros: Cadeirão Voltaire (non confundir co blog de Jaureguizar), interesante blog literario en portugués de Sara Figueiredo Costa, unha […]

Vigo: A Gran Vía (1942)

31 Agosto, 2008 (11:31) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

Hoxe recibín por correo estas dúas fotos, pertencentes ao Arquivo Pacheco, do comezo da Gran Vía viguesa (1942). A de arriba corresponde ao inicio da construción do edificio da libraría “La Rápida” (hoxe a zapataría “Curva”), un dos primeiros rañaceos vigueses co estrutura de formigón. A de abaixo corresponde á mazá onde se construíu o […]

Campo do Fragoso LXIV

31 Agosto, 2008 (11:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol, Vídeos |

MAL COMEZOTras as boas sensacións da pretempada tiñamos fundadas esperanzas en que este Celta refundado na concursal comezaría a liga de forma ilusionante e axiña nos faría esquecer dous anos de pesadelo. Porén, este Celta do trinque (no que só permanecen dous xogadores da tempada pasada no primeiro equipo titular, o capitán Rubén e o […]

O tren entre a néboa

31 Agosto, 2008 (10:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana falo da visita de Zapatero a Galicia e da chegada do AVE da meseta e do tren rápido do Eixo Atlántico. Recomendo o espazo web do enxeñeiro Xosé Carlos Fernández Díaz que fai un seguimento detalladísimo sobre estas obras e sobre a situación do ferrocarril en Galicia. Sobre a mesma cuestión […]

Ficción dixital

30 Agosto, 2008 (11:43) | Edición, Vídeos |

Vía Blogtailors

Steiner: superar a fase da indignación

29 Agosto, 2008 (18:13) | Cultura, Lingua, Polémicas |

É desafortunado que Juan Cruz, o autor da entrevista a Steiner, sexa considerado polo PEN Clube como o responsable das opinións do filósofo parisino sobre a nosa lingua. Seguindo o fío da longa entrevista é ben difícil responsabilizar ao xornalista e editor canario desas opinións, baseadas só na ignorancia do prestixioso filósofo e nos prexuízos […]

Os editores aprendemos de Internet

28 Agosto, 2008 (18:36) | Editores, Internet, Promoción do libro |

Esta anotación de ediciona sobre as cinco cousas que os editores deberiamos aprender do actual modelo de negocio de internet parécenme moi interesantes: 1. Convertir la lectura en un acto social: aprovechar las herramientas que ofrece la Web 2.0 para conectar a las personas a través de lo que leen, haciendo que la lectura deje […]

Ben, Touriño, ben

28 Agosto, 2008 (18:08) | Política |

O anuncio de Touriño de completar a lexislatura do goberno bipartito paréceme excelente. Xa comentamos o domingo que o presidente estaba diante dunha difícil encrucillada: escoller entre as razóns de Galicia e os intereses da dirección federal do seu partido. Touriño escolleu con afouteza (e risco evidente para o seu futuro) apostar por finalizar o […]

Steiner e o galego

26 Agosto, 2008 (16:38) | Cultura, Lingua, Polémicas |

A entrevista de Juan Cruz a George Steiner, o prestixioso profesor da Universidade de Cambridge, amosa como as persoas teoricamente intelixentes e valiosas, cando están desinformadas, din as maiores parvadas. O caso é que interpelado por Juanito Cruz sobre se o idioma pode estar na orixe do terrorismo de ETA, o intelectual deita de forma […]

Protexta de verán

25 Agosto, 2008 (19:16) | Críticas, Medios |

Paso estes primeiros días de regreso á actividade cotiá debullando o magnífico e completísimo número do Protexta de verán. As longas entrevistas con Chus Pato e Bieito Iglesias teñen moita miga. Non podo agachar a miña satisfacción pola excelente acollida das nosas últimas novidades narrativas (Festina lente, O profesor de vegliota e Atracción total). Un […]

A encrucillada do adianto

24 Agosto, 2008 (09:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana reflexionamos sobre o máis que posible adianto electoral, as súas causas e a súa pertinencia.

Regreso

24 Agosto, 2008 (09:32) | Persoal |

Regresamos con moi boas vibracións.

"Unha lectora nada común"

6 Agosto, 2008 (09:10) | Lectura, Narrativa, Novidades |

Una lectora nada común, a noveliña de Alan Bennet, é unha fábula coa que me divertin un pedazo. Qué sucedería se os políticos, neste caso a raíña Sabela de Inglaterra, se convertesen en lectores voraces? Esta comedia sen grandes pretensións propón unha reflexión sobre o poder subersivo dos libros literarios, da lectura e da escritura, […]

Acougo

5 Agosto, 2008 (18:29) | Persoal |

Rematada a Feira, collemos un acougo. Volveremos en dúas semanas.

"Canto máis crise hai, máis libros se venden"

4 Agosto, 2008 (07:47) | Editores |

Francisco Rodríguez Iglesias, un dos editores máis veteranos e importantes do país,afírmao de xeito contundente: “Canto máis crise hai, máis libros se venden“. Confiemos no prognóstico de tan experimentado editor.

Chega de saudade

4 Agosto, 2008 (07:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música, Política |

No artigo da semana reflexiono, a partir do recordo do cincuentenario da gravación da primeira canción da Bossa Nova, sobre o que entendo debera ser unha nova actitude do galeguismo.

Feira do libro da Coruña, primeiras impresións

2 Agosto, 2008 (12:19) | Eventos, Librarías |

Onte viaxamos á Coruña para participar na primeira xornada da Feira do Libro. A presentación do libro de Herminio Barreiro foi moi divertida. Herminio estaba moi falador e, aproveitando a presenza entre o público de Xosé Fernández Ferreiro, contou unhas cantas anécdotas dos anos de Brais Pinto en Madrid, que non aparecen no libro. Escachamos […]

Viñetas do Atlántico 2008

1 Agosto, 2008 (13:22) | Eventos, Ilustración |

Que magnífico cartel! No festival presentaremos o novo libro de Fran Jaraba.