Desculpas

18 Setembro, 2008 (18:13) | Blogs

Dende onte arrastro problemas con blogger (dá un erro ao gardar automaticamente) que levan a que as entradas queden todas datadas no día 17 de setembro. Como podo solucionalo? As miñas desculpas.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from mariademallou
Date: 19 Setembro 2008, 10:26 a.m.

esta entrada visualízase coa data do 18 de setembro, pero non sei se a ti cha gardou así. os problemas con blogger adoitan ser pasaxeiros, e eles mesmos acostuman solucionalos. de calquera maneira se queres podes poñer a data – e a hora tamén- a man, cando escribes o post. (mira na marxe inferior da pantalla de edición) ou dirixirte ao seu servizo técnico por mail (mais creo que só en inglés). agardo que che sirva de algunha axuda.
;)

Comment from r.r.
Date: 19 Setembro 2008, 11:27 a.m.

Anda o google todo un pouco revolto. Teña paciencia, que ha de pasar. E se os problemas persisten, teño au por aí algúns enderezos e mesmo teléfonos de Google para reclamacións.

Comment from Brétemas
Date: 19 Setembro 2008, 3:48 p.m.

Grazas, María e Rubén. Efectivamente, onte xa fixen o que recomenda María (poñer á data de entrada manualmente). Google anda revolto, debe ser polo do novo navegador.

Olark Livehelp