Month: Setembro, 2008

Valentín Arias, merecida homenaxe

30 Setembro, 2008 (15:12) | Autores, Efemérides, Traducións |

Ben merece Valentín Arias a homenaxe, organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte, que se lle vai tributar este serán en Vigo con motivo do Día Internacional da Tradución. Valentín Arias, ademais de prolífico tradutor, é unha das figuras senlleiras da historia da edición en galego. Traballador da Fundación Penzol, xerente da editorial Galaxia, nos […]

Xesús R. Jares, in memoriam

29 Setembro, 2008 (11:20) | Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam |

«Dende hai varios anos, Suso libraba con enorme serenidade unha difícilísma partida, na que seguiu ofrecendo aos seus seres máis queridos un modelo de dignidade e serenidade humana, e como tal, morreu cos brazos abertos, aloumiñando e amando a vida, consolándonos con provisións enormes de coraxe, sementando camiños de paz e gromos da tenrura e […]

Victoria Diehl

28 Setembro, 2008 (07:37) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada |

No artigo da semana ofrezo unha crónica da nova exposición de Victoria Diehl, «Frías, fráxiles e durmientes», encadrada en «PhotoGalicia 2008». A magnífica exposición pode verse na sede de Policarpo Sanz da Fundación Caixa Galicia de Vigo.

Xesús R. Jares: educar para o conflito

27 Setembro, 2008 (23:33) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam, Recurso_didáctico |

Conferencia de Xesús R. Jares sobre «Educación para o conflicto» no Congreso de Convivencia de Gasteiz.

Faleceu Xesús R. Jares

27 Setembro, 2008 (23:06) | Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam |

Estou enormemente conmocionado xa que hai só unhas horas que faleceu o meu amigo Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Suso sempre foi un modelo de dignidade e, como tal, morreu cos brazos abertos á vida, ofrecéndonos a tenrura e a esperanza pola que loitou toda a súa vida. […]

A Internet do futuro segundo Google

27 Setembro, 2008 (12:42) | Internet, Recurso_didáctico |

Manolo Gago, oportunísimo coma sempre, traduce o que entende son as cuestións claves do famoso documento de Google sobre o futuro de Internet. Queda para o arquivo.

Que é un libro? Frankfurt 2008

26 Setembro, 2008 (17:23) | Blogs, Libro, Polémicas |

A polémica sobre o carácter inédito ou édito dun texto presentado a un premio literario é outra proba do moito que está mudando o mundo da edición, as súas rutinas, usos e costumes. O debate de fondo de tantas polémicas reside na dificultade de contestar á pregunta de «que é un libro?». Leo en ediciona, […]

Gallimard aposta polos libros electrónicos

26 Setembro, 2008 (16:07) | Libro_electrónico, Tecnoloxías |

Editions Gallimard acaba de anunciar que antes que remate este mes de setembro ofrecerá un catálogo de libros electrónicos descargables dende a súa libraría electrónica, «Le Divan». A selección de obras incluirá algunhas das novidades literarias da vindeira tempada. Este anuncio coincide co lanzamento en Francia do Sony Reader pola FNAC, a un prezo de […]

As portadas de Fran Herbello

25 Setembro, 2008 (16:10) | Narrativa, Portadas_2008, Xerais |

Estou moi contento coas novas portadas de Fran Herbello.

O premio de Eduardo Estévez

24 Setembro, 2008 (16:21) | Blogs, Poesía, Polémicas, Premios |

A decisión do xurado do Premio de poesía González Garcés, convocado pola Deputación da Coruña, de emendar o seu veredito e retirarlle o premio a Eduardo Estévez paréceme un lamentable erro. Non hai dúbida de que a utilización dos medios dixitais (como fixo Estévez no seu blog) para a comunicación de textos literarios pode crear […]

Homenaxe ao libro e á lectura

23 Setembro, 2008 (16:32) | Artes Visuais, Imaxes |

Vía Tokland.

«Libro aberto», noutro horario, por favor!

22 Setembro, 2008 (18:13) | Libro, Televisión |

Na madrugada de onte comezou outra nova tempada de Libro aberto, o magnífico programa de libros da TVG. A verdade que son de agradecer as mellores introducidas, sobre todo a de levar o programa fóra do plató (a entrevista a Manuel Rivas gravouse na imprenta Litonor de Santiago) a espazos vencellados coa cultura do libro. […]

Bravo, Suso!

22 Setembro, 2008 (17:36) | Autores, Polémicas |

O artigo de Suso de Toro de hoxe na tribuna de El País sobre a figura de Steiner volve ser oportunísimo. Estou con Perfecto Conde, é moi recomendable.

Cultura democrática

21 Setembro, 2008 (08:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación |

No artigo da semana reflexiono sobre a implantación das tres materias de «Educación para a Cidadanía» que para min teñen como obxectivo primeiro o desenvolvemento dunha cultura democrática.

Steiner, non é todo ouro de lei

20 Setembro, 2008 (09:10) | Lingua, Polémicas |

Ten razón Xabier Cordal, as desculpas de Steiner están cargadas de dinamita. Se ben «pide sinceras disculpas» e admite que as súas declaracións sobre o galego foron froito dun «comentario irreflexivo», a continuación afirma que a súa foi «unha resposta ó chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España», o que non ven máis […]

Libros baixo demanda

20 Setembro, 2008 (08:55) | Libro, Tecnoloxías, Vídeos |

Así funciona a impresión baixo demanda. O da edición dixital impresa é un camiño sen volta que pode asegurar a edición democrática de libros con tiradas inferiores ao centenar de exemplares ou impresos baixo demanda dos lectores. Vía Leroy Gutiérrez.

Desculpas

18 Setembro, 2008 (18:13) | Blogs |

Dende onte arrastro problemas con blogger (dá un erro ao gardar automaticamente) que levan a que as entradas queden todas datadas no día 17 de setembro. Como podo solucionalo? As miñas desculpas.

Esperpento

18 Setembro, 2008 (17:45) | Lingua, Polémicas |

Impresionante! A noticia é mellor que a maioría das páxinas de humor de Ozú! Esta xente toleou de tanto reiterar a súa mentira.

A forza das minorías

18 Setembro, 2008 (17:30) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Un grande acontecemento para Galicia e para a nosa LIX. Quedan dous anos de duro traballo.

Vigo, a cidade perdida

18 Setembro, 2008 (07:43) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

Opaco montou este formidable álbum de Picassa no que se recollen duascentas fotos dos arquivos dos fotógrafos vigueses da memoria (Prosperi, Pacheco, Llanos, Magar). Unha fonte de memoria para a nosa cidade de sal. Beizóns. Hoxe recuperamos unha foto do bulevar da Gran Vía, a comezos do 70. (Premer na imaxe para vela máis grande […]

Esculturas de libros

17 Setembro, 2008 (19:13) | Artes Visuais, Libro |

Vía: Trafegando ronseis

Lándoa

16 Setembro, 2008 (07:27) | Blogs |

Lándoa. Marxes de texto é un blog a seguir. Recoméndoo vivamente.

Homenaxe a Francisco Taxes

16 Setembro, 2008 (07:20) | Presentacións, Teatro, Xerais |

Este serán homenaxereamos a Francisco Taxes na Coruña. Unha oportunidade para lembrar ao autor d’ O velorio e doutras pezas primeiras do teatro galego da segunda metade do século XX. No acto participarán o seu fillo Xurxo, Ramón Nicolás, Manuel Rivas e Ánxela Bugallo.

Para entender a crise

15 Setembro, 2008 (20:23) | Economía |

Este traballo de Joseph Stiglitz, nun día coma o de hoxe no que se desploman os mercados financeiros, axuda a entender as razóns desta crise profunda do capitalismo especulativo. Para o Premio Nobel en Economía de 2001 o problema principal da economía estadounidense é que dedicou pouco esforzo a administrar os riscos reais importantes, mentres […]

Calveiro, Premio Barco de Vapor

15 Setembro, 2008 (20:13) | Beizóns, Premios |

A alegría do día. Beizóns, Marcos!

Vice presidente de Vigo

14 Setembro, 2008 (09:45) | Eventos, Vigo |

«Unha experiencia absolutamente fantástica.»

Xosé González Martínez: diálogo e paciencia

14 Setembro, 2008 (09:27) | Lingua |

A entrevista a Xosé González Martínez, presidente do Foro Peinador, que traballa na galeguización do mundo da empresa, expresa posicións moi realistas sobre a actual situación do proceso de normalización lingüística. «Pepiño de Redondela», un veteranísimo traballador das causas da nación e da lingua, insiste nesta entrevista na idea de pasar do ensino á economía […]

Campo do Fragoso LXV

14 Setembro, 2008 (09:14) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DEPRIMENTE PECHACANCELOSTras esta nova derrota, xa non temos dúbidas: este Celta de Pepe Murcia e Ramón Martínez é un equipo moi frouxiño, sen intensidade anímica ningunha, sen unha concepción orixinal e áxil do xogo e, o peor de todo, sen vimbios de calidade suficientes que permitan albergar esperanza ningunha. A moitos seareiros puideron parecerlles inoportunas […]

Síntomas de atraso

14 Setembro, 2008 (09:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía, Vigo |

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre as naves industriais sen licenza no concello de Vigo (destapadas tras o incendio do Gorxal) e a crise das vieiras, que interpreto como síntomas do atraso empresarial que aínda padecemos.Outras interpretacións sobre estas cuestións, que me parecen moi interesantes, son as que fai Ánxel Vence («País de […]

Prudencia co tema vieiras

13 Setembro, 2008 (12:11) | Gastronomía |

Perfecto Conde, que rompe o seu silencio, ten toda a razón, no asunto das vieiras un chisco de prudencia non estaría de máis. Nesta mesma liña vai a anotación de Manolo Gago, que tamén comparto.

Vigo segundo Powerboat 1

11 Setembro, 2008 (18:15) | Eventos, Lingua, Vigo |

Segundo leo na web dos organizadores da proba do Campionato do Mundo de Powerboat P1, que se celebrará en Vigo o vindeiro fin de semana, os idiomas que se falan en Vigo son o “Español” e o “Inglés ampliamente”. Mais esta parvada non é a única, xa que no texto de presentación de “Vigo Spain” […]

Victoria Diehl

11 Setembro, 2008 (17:43) | Artes Visuais |

Entre a xeración de novos fotógrafos galegos formada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ademais do meu admirado Fran Herbello, sempre me gustou o traballo da coruñesa Victoria Diehl. O seu libro Vida e morte das estatuas seméllame impresionante; outrosí sucede coa serie O corpo vulnerable, traballos nos que realiza unha revisión moi orixinal […]

Literatura sen adxectivos

10 Setembro, 2008 (18:37) | Literatura infantil e xuvenil |

Moi recomendable este texto da conferencia de María Teresa Andruetto, publicado na revista Babar. Un excelente repaso aos grandes debates actuais sobre a literatura infantil e xuvenil. Moi recomendable. Un texto para o arquivo.

Vigo: Mercado do Progreso

10 Setembro, 2008 (18:21) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

Mercado do Progreso (curca 1911). Arquivo Pacheco Ata os ultimos anos do XIX, os mercados de Vigo eran ao aire libre e celebrábanse nas prazas e rúas céntricas do que fora a cidade amurada. Aos das Prazas da Princesa, Pedra e Constitución, engadiínselles os especificos das Prazas da Herba (Argüelles), da Leña (hoxe Calatrava) ou […]

Respostas para a crise das vieiras

10 Setembro, 2008 (07:11) | Gastronomía, Medio_Ambiente |

Sigo con enorme interese a crise das vieiras amnésicas, sobre todo, grazas a documentadísima información e seguimento proporcionado polos blogs de Colineta e Manolo Gago. Entre esta ramallada de informacións e pronunciamentos sobre este proceso, sometido aínda a secreto de sumario, a perplexidade dos consumidores vai en aumento. No entanto, cabe facerse unha serie de […]

Tinta electrónica

9 Setembro, 2008 (20:04) | Tecnoloxías, Vídeos |

A revista Esquire será a primeira publicación impresa en utilizar a tinta electrónica. Aínda que o procedemento semella aínda moi rudimentario e torpe, supón outra volta de torca no proceso da dixitalización dos soportes impresos. Via Leroy Gutiérrez.

E chegou Aguas de Mondariz

7 Setembro, 2008 (09:49) | Lingua, Polémicas |

Afeitos como estamos a contar cunha polémica sobre a lingua cada semana, á cola do documento do Club Financeiro de Vigo, aparece agora o pronunciamento particular sobre o tema da empresa Aguas de Mondariz. No portal de AGAL pode lerse a correspondencia electrónica intercambiada entre responsables desta empresa e consumidores que solicitan información arredor da […]

Menos velocidade

7 Setembro, 2008 (09:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Eventos, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana critico a celebración na ría de Vigo do Festival Aéreo e dunha proba do campionato do mundo de Powerboat P1. Creo que son espectáculos de velocidade incompatibles cunha cidade que actualmente lidera a Rede Cidades polo Clima.

Vigo 1929, 1960, 2006

6 Setembro, 2008 (16:38) | Recurso_didáctico, Vídeos, Vigo |

Grazas aos amigos de Vigoblog coñecín estes tres vídeos do Vigo da memoria, 1929, aproximandamente cando naceron moitos dos nosos pais e 1960, cando nacemos nós. O de 2006, alén da simpática montaxe fotográfica que serve para facer algunhas comparacións, ten o engado da canción de Siniestro. Debemos agradecerllos a Carlos que os subiu ao […]

A anotación de "Tio Vivo"

5 Setembro, 2008 (19:31) | Blogs, Cómic, Imaxes, Lingua |

A experiencia desta semana arredor da anotación do pasado martes sobre a plana de “Pepe el hincha”, publicada na revista Tio Vivo, foi das máis bonitas destas brétemas. Aos primeiros comentarios de Arume dos piñeiros e de Césare sobre o ano de publicación, sucedéronse diversas achegas ata chegar ás dúas de Gonzalo Vilas na que […]

Vigo: Mercado da Laxe

4 Setembro, 2008 (20:21) | Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo |

O meu amigo Celso López Pazos envía unha nova foto do arquivo Pacheco. Reproduzo o seu pé de foto: A esquerda da foto, ao fondo, vese a casa dos Irmans Suarez (1920), obra de José Franco Montes), onde no baixo estivo a cafeteria Sol y Mar e a casa de cambios Etchevarria. Ao seu carón, […]

Por que ler, se non me gusta?

4 Setembro, 2008 (19:52) | Lectura |

Mariela Ferrada recomenda nesta anotación catro textos claves para animar a ler e entender o fenómeno da lectura: “Estrategias del deseo o trucos para leer” de Emili Teixidor. “33 razones para leer” de Victoria Fernández. “Os dereitos imprescindibles do lector” de Daniel Pennac. “Como no ganar el Premio Nobel” de Doris Lessing. A esta elección […]

Estravagante Club Financeiro

3 Setembro, 2008 (15:21) | Lingua, Polémicas |

Hai case dous meses expresei a miña preocupación polo feito de que unha parte da nosa clase empresarial se deixase agarimar polos brazos castelánofobos. Desgraciadamente a información da que dispoñía daquela non estaba errada. Onte o presidente e o xerente do Club Financieiro de Vigo deron a coñecer un documento (vinte páxinas, poden baixarse en […]

Viva a vida!

2 Setembro, 2008 (17:00) | Autores, Poesía |

Descubro hoxe con enorme ledicia este texto de Uxía Fernández sobre a homenaxe que se lle tributou a Ramiro Fonte o pasado 28 de xullo. Na súa casa viguesa do Areal, Ramiro ultima estes días o orixinal de Reversos, o seu novo libro de poemas (de formas clásicas) que teremos a fortuna de publicar proximamente […]

A literatura galega ante o mundo

2 Setembro, 2008 (16:27) | Cultura, Lingua, Polémicas |

Alfredo Ferreiro afonda hoxe no debate cunha importante anotación de síntese: “A literatura galega ante o mundo”. Comparto plenamente a proposta de Ferreiro e Casas, resulta inadiable a creación dunha institución pública destinada á proxección exterior da nosa lingua e da nosa literatura no exterior, ben sexa baixo a forma primeira dunha Oficina do libro […]

Concept Borders, a libraría do futuro

2 Setembro, 2008 (16:02) | Librarías, Vídeos |

Borders, unha das cadeas máis importantes de librarías dos Estados Unidos, presenta o seu novo modelo de libraría. A moitos pode chamarlles a atención que, ademais de mudar a denominación do establecemento (“Store media room”), haxa máis pantallas ca andeis. Algunha importante razón haberá: libros, música , dvds. Un modelo prospectivo para tomar en conta. […]

TioVivo

2 Setembro, 2008 (12:17) | Cómic, Fútbol, Imaxes |

O amigo Fausto Isorna envíame esta páxina recuperada de TioVivo. Non ten desperdicio. Pode lerse máis comodamente premendo sobre a imaxe. Actualización (16:00 horas): Arume dos piñeiros e Cesare preguntan sobre a data de publicación desta portada de TioVivo, sen dúbida, unha cuestión moi importante para sacarlle ao texto e ao contexto (sociolingüístico e identitario) […]

"O caso somos nós"

1 Setembro, 2008 (15:31) | Cultura, Lingua, Polémicas |

Continúa o debate arredor do chamado “caso Steiner”. Ao novo comentario sobre a nota do Pen Clube aparecido en Galicia hoxe, ao artigo de Alfredo Conde e á anotación de Xosé Manuel Eyré, engadíronse esta madrugada un lucídisimo e clarificador texto de Arturo Casas (publicado como comentario no blog do Levantador de minas) e un […]