Le Clézio, Nobel 2008

9 Outubro, 2008 (15:24) | Autores, Narrativa, Premios

O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que Xerais publicara en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Ferrín e Luís Mariño), Mondo e outras historias. A tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva (ademais de premiada co Nacional e co Ramón Cabanillas) fora a primeira desta obra a outra lingua. O Nobel constitúe unha oportunidade para descubrir a un dos autores da literatura contemporánea francesa máis aclamados. Precisamente, a pasada semana, apareceu nas librarías francesas a súa última novela, Ritournelle de la faim, publicada por Gallimard (como a maioría dos seus case cincuenta libros), a historia dunha rapaza de vinte anos que se converte en heroína.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from orsinia
Date: 9 Outubro 2008, 9:42 p.m.

Fíxome moita ilusión, Mondo foi un dos primeiros libros que lin en galego. Xusto esa portada… tería eu uns dez anos. Mil beizóns, e parabéns pola parte que vos toca. Grazas :)

Comment from mourullo
Date: 10 Outubro 2008, 11:45 a.m.

Gran comentario o de Jaureguizar no seu blog: “O único que lin de Le Clézio é o nome en moitos sitios”, nun momento tan propicio para o disimulo.

Comment from Raquel López
Date: 11 Outubro 2008, 9:06 a.m.

¿Bretón? ¡No fastidies, Manuel!Le Clézio nació en Niza (Francia). Su juventud en Bristol y Londres; vive 12 años en México… Habla inglés, francés y español. ¡Ah! sus antepasados del siglo XVIII emigraron de Bretaña a isla Maurizio.
¡Ya te vale, Manuel!

Olark Livehelp