Month: Outubro, 2008

Vivamos coma galegos en Nova York

30 Outubro, 2008 (10:35) | Publicidade, Vídeos |

Volve a campaña de Gadis.

Morre Anxo Rei Ballesteros

30 Outubro, 2008 (09:34) | Autores, In memoriam |

Coñecemos por culturagalega.org outra noticia fatal para as letras galegas: morreu onte o narrador e ensaísta Anxo Rei Ballesteros, o xenial autor de Dos anxos e dos mortos e de Loaira, dúas das máis memorables novelas galegas do século XX. Hai dúas semanas Suso de Toro, tras o derradeiro encontro con Anxo, dedicáballe este fermoso […]

«A guerra dos mundos», hoxe setenta aniversario

30 Outubro, 2008 (09:03) | Efemérides |

Hoxe hai setenta anos que Orson Wells protagonizou o famoso radiograma sobre «A guerra dos mundos» que provocou o pánico de milleiros de persoas que o escoitaron convencidas que a terra era invadida polos marcianos. Aquela dramatización e adaptación para a radio de Orson Wells (daquela un mozo) da novela homónima de H.G. Wells (hai […]

«O libro galego no mundo»

29 Outubro, 2008 (22:13) | Eventos |

Moi atractivo o programa do V Simposio O libro e a lectura no que se abordará a situación do libro galego no mundo. Especial interese teño en escoitar Josep Bargalló, o responsable do Institut Ramón Llull. Coñecer a experiencia catalana pode axudarnos a perfilar cales deben ser as características da nosa ferramenta de xestión para […]

Carlos López, gañador do Raíña Lupa

28 Outubro, 2008 (23:01) | Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Carlos López, o autor de Minimaladas (Premio Merlín 2008) foi declarado hoxe gañador do Premio Raíña Lupa 2008 pola súa obra A peripecia de Roi. Precisamente, estes días, metimos no prelo Novas minimaladas, continuidade do seu libro anterior, ilustrada tamén polo seu amigo David Pintor. Beizóns para o bo de Carlos.

Steiner será traducido ao galego por Xerais

28 Outubro, 2008 (22:30) | Ensaio, Traducións, Xerais |

Tras a polémica Steiner reflexionamos moito sobre o posicionamento da cultura galega no mundo. O debate foi ben produtivo e, finalmente, matizado. Nós chegamos á conclusión que como editores galegos tiñamos a responsabilidade de contribuír a profundizalo. Esta foi a razón que nos levou a explorar as posibilidades de traducir algunha das obras do polémico […]

«Texo» e non «Tajo»

27 Outubro, 2008 (23:39) | Lingua, Vídeos |

Via: Xornal tv

Xeración Lamote

26 Outubro, 2008 (20:46) | Autores, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil |

Debemos a Xurxo Lobato desta magnífica foto dos tres membros da que poderiamos chamar «Xeración Lamote», Paco Martín, Xabier P. DoCampo e Agustín Fernández Paz. Os tres, premios nacionais; os tres, mestres da escola das pombas; os tres, amigos de corazón; os tres, trabes desas letras chairegas universalmente galegas.

Agustín, premio nacional

26 Outubro, 2008 (19:17) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Premios |

No artigo da semana fágome eco da noticia do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil concedido a Agustín Fernández Paz. Creo que, despois de tantos anos a carón de Agus, é comprensible a miña enorme alegría, que sei comparte moita xente. Beizóns para el.

Semana Cultural de Galicia en México

21 Outubro, 2008 (15:59) | Eventos, Persoal |

Esta noite marcho a México, onde o xoves darei unha conferencia sobre «A edición contemporánea en Galicia», dentro da Semana Cultural de Galicia, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta semana, que se celebrará na sede da Universidade Nacional Autónoma de México, supón o inicio das actividades da Cátedra Bibiano Fernández Osorio-Tafall de Lingua, […]

Ramiro Fonte, obituario de Xosé María Dobarro

20 Outubro, 2008 (22:46) | Autores, In memoriam |

Para Elsa, vella e querida compañeira de clase e amiga. Con Lisboa de fondo. Abraiado quedei cando o pasado domingo vin nos xornais a nova do pasamento dunha persoa a quen sempre considerei amiga. Nin o Vicente Araguas nin o Xosé Ramón Fandiño –xentes que me consta que vivían os avatares de Ramiro Fonte– me […]

«O libro das cidades imaxinarias»

20 Outubro, 2008 (22:37) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Vídeos, Xerais |

“O libro das viaxes imaxinarias” from Martin Pawley on Vimeo. Só podo dicir que este libro de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas é unha marabilla!

O libro galego mira cara fóra

19 Outubro, 2008 (19:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Eventos, Promoción do libro |

No artigo da semana, escrito ás presas na Feira de Frankfurt, reflexiono sobre o proceso de apertura da nosa edición cara ao exterior.

Frankfurt 2008

16 Outubro, 2008 (19:43) | Eventos |

Estamos na Feira ata o domingo.

A Declaración dos Dereitos Humanos

15 Outubro, 2008 (15:05) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

Achégase o «Día dos dereitos Humanos». O documento paréceme formidable, cunha utilización soberbia da tipografía animada. Vía Manuel Gago. Aquí pode verse en mellor calidade e aquí pode asinarse unha iniciativa de Human Rights Action Center para que a Declaración aparece en todos os pasaportes de todos os estados.

Homenaxes a Ramiro Fonte

15 Outubro, 2008 (14:51) | Autores, In memoriam |

Hoxe aparecen nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia senllos fermosísimos artigos de homenaxe de Ramón Pernas e Xosé Carlos Arias. Así mesmo son moi recomendables os textos publicados o pasado luns por Carlos Luís Rodríguez, Francisco Castro e Mario Regueira.Actualización (16-10-2008): Perfecto Conde.Actualización (19-10-2008): Grazas, Xurxo!

24 de outubro, Día da Biblioteca

15 Outubro, 2008 (06:14) | Bibliotecas, Efemérides, Recurso_didáctico |

O vindeiro 24 de outubro celébrase en Santiago o Día da Biblioteca. Con este motivo, Amigos do Libro Infantil e Xuvenil encargou a Agustín Fernández Paz o pregón da xornada e a Xosé Cobas o deseño do cartel, que se está distribuíndo en toda a rede bibliotecaria española. Un formidable traballo de Agustín e Cobas. […]

Ramiro Fonte, palabras de despedida

13 Outubro, 2008 (20:46) | Autores, In memoriam |

Ramiro Fonte nas súas conversas, sempre entusiastas e audaces, adoitaba recordarnos unha frase de Gérad de Nerval: «a voz do poeta é a voz de todos os homes». Hoxe, abatidos pola dor inaturable da súa ausencia, cando os portos da lembranza xa non son seguros, é moi difícil escoller as palabras esenciais para expresarlle en […]

Ramiro Fonte

12 Outubro, 2008 (09:48) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam |

No artigo da semana fago unha semblanza, inevitablemente apresurada, do traballo literario de Ramiro Fonte. Hoxe son numerosas as páxinas a el dedicadas nos xornais impresos e electrónicos e nos blogs (as nosas desculpas se non localizamos algunha que falta): Foto: Paco Vilabarros. Ramón Loureiro: «Un creador para a eternidade», «Última entrevista», La Voz de […]

Ramiro Fonte, «A man do tempo»

11 Outubro, 2008 (13:55) | Autores, In memoriam, Vídeos |

Recuperamos un documento importante de Ramiro Fonte recitando, en 1998, «A man do tempo», un dos poemas máis queridos por el pertencente a Capitán inverno.

Faleceu o poeta Ramiro Fonte

11 Outubro, 2008 (08:53) | Autores, In memoriam |

Acabamos de coñecer que esta madrugada faleceu no hospital de Bellvitge de Barcelona o eumés Ramiro Fonte. A noticia prodúcenos enorme desolación. Abandonounos un amigo de lealtade inquebrantable e un dos grandes, grandes, escritores galegos universais de todos os tempos. A cerimonia do seu pasamento celebrarase en Pontedeume. Con todos os nosos abrazos para Elsa. […]

Ramonet, a dimensión da crise

10 Outubro, 2008 (15:21) | Economía |

Vía Microsiervos.Hoxe é un día de auténtico pánico. Ten razón Ramonet, esta crise é das que se producen cada cen anos: «trátase dun fracaso moral e ético do capitalismo neoliberal, onde se privatizan as ganancias e se socializan as perdas. Cando hai perdas, as pagan todos os cidadáns, até os máis modestos». Pódense escoitar as […]

Le Clézio, Nobel 2008

9 Outubro, 2008 (15:24) | Autores, Narrativa, Premios |

O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que […]

O mercado do libro galego, datos de 2007

8 Outubro, 2008 (18:59) | Comercio do libro, Edición |

Deuse a coñecer, como é adoito con motivo da inauguración de Líber, o estudo do Comercio Interior do Libro preparado pola Federación de Gremios de Editores de España. Debullando a faramallada de datos de 2007 (pódese baixar en pdf), adianto algúns dos máis significativos referidos ao mercado interior do libro en galego (no que observamos […]

Encontros Luso-galacio-franceses do libro infantil e xuvenil

8 Outubro, 2008 (15:24) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

O 14 e o 15 de novembro celebraranse no Porto, no Auditorio da Bibliotecas Municipal Almeida Garret, os XIV Encontros Luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil. Nesta edición xirarán arredor do tema «A memoria nos libros: Historia e historias». Información e inscripcións: Helena Silva. Biblioteca Municipal Almeida Garrett. Telef. nº 226081000e-correo: bib.agarrett@cm-porto.pt PROGRAMA 14, 6ª […]

Conspiración de lectores

8 Outubro, 2008 (15:15) | Blogs_e_libros, Promoción do libro |

Coñecín este fermoso traballo realizado polos clubs de lectura do Colexio Helios que traballa a edición en castelán d’ O único que queda é o amor, o libro de relatos de Agustín Fernández Paz. Un traballo escolar coa rede detrás. Para tomar boa nota.

Literatura no móbil

7 Outubro, 2008 (19:30) | Libro, Tecnoloxías |

A reportaxe de El País, a pesar de non achegar grandes novidades, constitúe un interesante repaso sobre o fenómeno xaponés dos keitai shousetsu e, en xeral, sobre a actual situación actual do libro electrónico en España.

2 solucións para un problema

6 Outubro, 2008 (19:01) | Educación, Vídeos |

Abbas Kiarostami (1975).Envíamo un bo amigo como homenaxe a Suso Jares.

Publicar non é editar

5 Outubro, 2008 (10:35) | Edición |

Recollo un moi clarificador parágrafo dunha anotación do noso amigo Leroy Gutiérrez. Os editores ben coñecemos as diferenzas entre «publicar» e «editar». Asumir que non son termos sinónimos evitaría tantas confusións e debates bizantinos aos que estamos tan afeitos. PUBLICAR NON É EDITAR La diferencia entre publicar y editar ya era percibida en la antigüedad […]

Suso Jares, ourive sensible

5 Outubro, 2008 (09:55) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam |

No artigo da semana publico unha lembranza de Suso Jares. Ao longo da semana foron aparecendo diversos textos no seu recordo: os dous artigos de Marcos Valcárcel e a anotación e os comentarios no seu blog; a anotación do noso amigo Manuel Area Moreira (profesor de Tecnoloxía da educación da Universidade da Laguna); a de […]

«Rush», vídeo interactivo da Volvo Ocean Race

4 Outubro, 2008 (11:17) | Publicidade, Vídeos |

Coñezo grazas a Julián Gallo, Rush, este impactante trailer do vídeo de promoción da nova edición da «Volvo Ocean Race». A singularidade é que na pantalla aparece un mosaico de catro imaxes sobre as que o espectador pode tomar decisións sobre os protagonistas da aventura. Verdadeiramente novidoso este relato interactivo. Outra posibilidade da nova ficción […]

Informe sobre o libro dixital en Francia

4 Outubro, 2008 (11:03) | Libro_electrónico |

Os amigos de Ediciona acaban de traducir o Informe sobre o libro e os contidos dixitais, encargado polo Ministerio de Cultura francés. O documento propón respostas para as preguntas que adoito se realizan os membros da cadea de valor do libro (fundamentalmente autores e editores), ao tempo que examina ao ferta de contidos dixitais, con […]

Con Herminio Barreiro en Riveira

3 Outubro, 2008 (20:10) | Presentacións, Xerais |

Onte presentamos no Ateneo Valle-Inclán de Riveira Recordar doe, o libro de memorias de Herminio Barreiro. Unha moi agarimosa acollida. Grazas.Actualización (05-10-2008): crónica de Gradicela.

A crise con «humor»

3 Outubro, 2008 (19:08) | Economía, Humor, Vídeos |

The Last Laugh – George Parr – Subprime – subtitulosCargado por erioluk Ficción ou realidade?Vía Escolar.

As cubertas de Victoria Diehl

2 Outubro, 2008 (15:37) | Portadas_2008, Xerais |

A fotógrafa Victoria Diehl é a autora das cubertas do Premio Fundación Caixa Galicia 2008 e do Premio Xerais de novela 2008. Os libros aparecerán nas librarías neste mes de outubro.

«Galicia 25. Unha cultura para un novo século»

1 Outubro, 2008 (19:22) | Cultura, Exposicións |

A exposición «Galicia 25. Unha cultura pra un novo século», inaugurada este serán no Centro sociocultural de Caixanova, é toda unha mostra de orgullo polo propio. Presentada en tres espazos e vinte e cinco módulos temáticos, organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do seu vinte e cinco aniversario, deseñada por Imago Mundi e […]