Month: Novembro, 2008

O Ourense de Marcos Valcárcel

30 Novembro, 2008 (11:56) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Eventos |

No artigo da semana, a raíz dos actos de onte en Ourense, fixen unha pequena homenaxe a Marcos Valcárcel.

Todos con Marcos

29 Novembro, 2008 (07:22) | Autores, Eventos |

Neste serán, antes da homenaxe, presentaremos Historia de Ourense, o libro máis recente de Marcos Valcárcel. Recomendo a magnífica reportaxe de Vieiros, as entrevistas de Soitu, La Región internacional e a anotación do propio Marcos no seu blog. Todos con Marcos.

Respecto para a nosa literatura

27 Novembro, 2008 (20:35) | Cultura, Polémicas |

Na entrevista de Vieiros Rivas expresa hoxe con moita claridade unha preocupación que compartimos nestas brétemas sobre o enfoque actual da proxección da literatura galega. Esta frase é fulcral: Creo que o máis importante segue sendo tratar con respecto á literatura no propio país. Sería irreal esperar que os franceses, ou os fineses, ou os […]

Sesenta Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos

26 Novembro, 2008 (23:43) | Dereitos_humanos, Eventos |

O vindeiro 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido Xesús R. Jares. O acto, que será conducido por Manuel Romón, […]

Vémonos no Cultur.gal 2008

26 Novembro, 2008 (23:39) | Eventos, Vídeos |

Hoxe demos a coñecer o noso programa de actos no Cultur.gal 2008.

Retrasocero.com

25 Novembro, 2008 (20:10) | Medios, Publicidade, Vídeos |

Espectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!

Libro en galego: menos títulos en 2007

25 Novembro, 2008 (19:03) | Cultura, Edición, Libro |

A edición de Vieiros dá conta hoxe dos datos, referidos ao ano 2007, extraídos do Anuario de Estatísticas Culturais do Ministerio de Cultura. Os datos amosan un crecemento da edición en Galicia (previsiblemente, a maior parte en castelán) e unha diminución da edición en galego, como xa adiantáramos no blog nesta anotación de comezos do […]

25-XI: Non a violencia machista

25 Novembro, 2008 (08:13) | Dereitos_humanos, Recurso_didáctico |

Recomendo os arquivos de Trafegando ronseis, blog que fai diariamente un traballo admirable de seguimento de todos os recursos existentes na rede contra a violencia machista. Beizóns!

Pedagoxía CAN

24 Novembro, 2008 (09:22) | Economía, Internet |

CAN (Caja Navarra) utiliza You Tube para explicar as razóns polas que acudiu á poxa de activos públicos. Semella realmente innovadora a súa estratexia de Banca Cívica. Un exemplo de utilización dos medios da web 2.0 na mercadotecnia bancaria.

Unha primavera para Aldara

23 Novembro, 2008 (11:44) | Autores, Teatro |

Onte vimos en Vigo a representación d’ Unha primavera para Aldara, o primeiro texto dramático de Teresa Moure, gañador do Premio Rafael Dieste 2007. A adaptación de Xulio Lago e do elenco de formidables actrices da veterana compañía Teatro do Atlántico prendeunos completamente durante dúas horas. A pesar da dificultade da posta en escea dun […]

A Panificadora emite un S.O.S.

23 Novembro, 2008 (11:22) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reclamo a coraxe das autoridades municipais para evitar que o edificio da Panificadora sexa derrubado tal como propón a iniciatica cidadá de Outro Vigo é Posible.

Ánxela Bugallo, entrevistada en «Galicia hoxe»

22 Novembro, 2008 (18:24) | Cultura, Entrevistas |

Pareceume moi interesante a entrevista que Galicia hoxe publica con Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte. O que máis me chamou a atención é o escaso interese que se lle concede á cuestión do libro e a lectura nun amplo percorrido polos temas da axenda da consellaría de Cultura durante a lexislatura (Cidade da […]

E-books, quince características óptimas

21 Novembro, 2008 (18:03) | Libro_electrónico |

Recollo de Michelena unha anotación moi útil sobre as características óptimas que para Gerry Purdy deberían ter os e-books para que se convertesen nos soportes de lectura preferidos polo 75% dos lectores e lectoras no espazo dos vindeiros dez anos. Un rápido resume dun texto moi prospectivo: Tamaño correcto: máis grande ca un iphone, máis […]

Cultur.gal 2008

21 Novembro, 2008 (17:22) | Eventos |

Xa está todo preparado para Cultur.gal 2008, a feira das industrias culturais de Galicia. A participación de empresas, colectivos e entidades é importantísima, supoñendo un claro paso adiante sobre a primeira edición, celebrada en Pontevedra o pasado ano. A nosa achega ao programa serán catro presentacións de novidades do trinque: A corpo aberto de Manuel […]

O profesorado debe ler co seu alumnado

18 Novembro, 2008 (20:21) | Educación, Lectura |

«A lectura non é unha área máis, é a peza fundamental para aprender o resto das asginaturas», dixo Fernando Reimers, catedrático da Univeridade de Harvard, na lección que inaugurou a semana monográfica, organizada pola Fundación Santillana, «La lectura en la Sociedad de la Información». O profesorado de calquera das materias debe ler co seu alumnado, […]

A presenza da literatura galega no exterior

17 Novembro, 2008 (19:59) | Cultura |

Múltiples compromisos de traballo impedíronme participar no Simposio organizado pola AGE sobre «O libro galego no mundo». Afortunadamente, as informacións aparecidas na rede axudáronme a seguir algunhas das intervencións. Considero sobranceira a achega de Arturo Casas, en boa parte recollida nesta anotación do seu blog. Un texto, para debullar amodiño, no que por vez primeira […]

Campo do Fragoso LXVII

17 Novembro, 2008 (07:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

MURALLAA pesar do empate raquítico fronte á muralla vallecana, do partido de onte podemos tirar, canto menos, dúas conclusións positivas: a primeira, o Celta leva xa dous meses sen perder na competición ligueira, grazas a que vai fortalecendo a súa liña defensiva (até agora o seu punto máis feble); e, segunda, os seareiros celestes comezan, […]

Maniático das libretas

16 Novembro, 2008 (19:43) | Entrevistas, Persoal |

Foto de Óscar Vázquez. Hoxe na edición de Vigo de La Voz de Galicia.

Mudar o paradigma

16 Novembro, 2008 (12:15) | Humor, Libro_electrónico, Tecnoloxías, Vídeos |

Vencer prexuízos sobre as mudanzas no emprego do soporte de lectura sempre custou. Vía O Bicho dos Livros

QE2, adeus

16 Novembro, 2008 (11:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana comento a derradeira escala do QE2 ao porto de Vigo.

Frankfurt 2008 e os futuros do libro

15 Novembro, 2008 (14:00) | Artigos_Protexta, Eventos, Libro, Tecnoloxías |

A pesar dos efectos da «crise financeira» da economía globalizada, a Feira do libro de Frankfurt continúa sendo a Babel da edición contemporánea e a máis importante cita mundial de todos os profesionais da industria editorial. As cifras desta 60ª edición, na que Turquía foi o país convidado, falan de seu: participaron máis dun centenar […]

Batume, blog de Manuel Lourenzo González

13 Novembro, 2008 (09:43) | Autores, Blogs_e_libros |

Acabamos de coñecer a primeira anotación de Batume, o blog aberto por Manuel Lourenzo González ao fío da publicación d’ O xardín das pedras flotantes, premio Xerais de Novela 2008. Un moi prometedor blog literario. Beizóns e longa travesía!

Congreso Álvarez Blázquez

12 Novembro, 2008 (19:42) | 17_de_maio, Eventos |

Unha moi boa noticia: haberá Congreso Álvarez Blázquez. Organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellaría de Cultura e o concello de Tui, celebrarase os días 11, 12 e 13 de decembro no Teatro Municipal de Tui. O programa semella excelente e completísimo. Alí estaremos coa causa de don Xosé María.

Carlos G. Reigosa, premio Torrente Ballester 2008

11 Novembro, 2008 (22:16) | Autores, Premios |

A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de […]

«O libro das viaxes imaxinarias»

10 Novembro, 2008 (20:19) | Críticas, Ilustración, Narrativa, Presentacións, Xerais |

A verdade é que poucas veces tivera a fortuna de quedar tan satisfeito da edición dun libro coma deste. En realidade o noso maior temor era malograr un texto literario e un traballo de ilustración valiosísimos, concibido coma unha síntese de lectura e relectura. Afortunadamente, xa imos coñecendo as primeiras lecturas, como esta marabilla de […]

Morreu Camilo Gonsar

9 Novembro, 2008 (18:57) | Autores, In memoriam |

Acabamos de coñecer a noticia do falecemento hoxe do académico Camilo Gonsar (Camilo González Suárez-Llanos), membro da xeración da «nova narrativa» e un dos escritores galegos máis elegantes e discretos que teño coñecido ao longo destes últimos anos. As nosas condolencias para os seus.

O futuro do transporte de ría

9 Novembro, 2008 (09:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o futuro do transporte de ría de Vigo. O anuncio unilateral por parte de Mar de Ons da supresión dos servizos das fins de semana e dos festivos de Moaña abre unha crise na que debe intervir a Consellaría de Política Territorial para asegurar o futuro dun servizo estratéxico […]

Bookopoly

7 Novembro, 2008 (20:49) | Recurso_didáctico |

Pode adquirise en Amazon por 24,90 $.Vía: Livro e afins. Mais o que si está en galego na rede é o scrabble.gz.

Xosé Carlos Sierra Rodríguez, novo secretario xeral da Consellaria de Cultura

6 Novembro, 2008 (20:25) | Cultura |

A menos de cinco meses de rematar a lexislatura, hoxe foi cesado como secretario xeral da Consellaría de Cultura e Deporte Carlos Alberto Amoedo Souto e nomeado para este cargo Xosé Carlos Sierra Rodríguez, até hoxe delegado da mesma consellaría en Ourense. Fóra dalgunhas especulacións e das asépticas informacións de GZ, EFE, ANT e culturagalega.org, […]

«Diario Cultural», magnífico blog

6 Novembro, 2008 (20:02) | Blogs, Blogs_e_libros |

Magnífico o blog do Diario Cultural da Radio Galega. Convertirase, como xa o é dende tanto tempo o seu programa diario, nun dos referentes da nosa información cultural. Os cortes das gravacións do arquivo do programa constitúen un recurso textual excelente. Beizóns para Ana Romaní e o seu equipo.

Obama: esperanza

5 Novembro, 2008 (20:07) | Política |

Esperanza é, tras a rotunda vitoria de Obama, a palabra clave do día de hoxe. É innegable que a campaña do demócrata, alicerzada nas ferramentas da comunicación dixital foi impresionante, como o é a súa forza oratoria nos momentos estelares capaz de chegar a emocionar. Mais o maior éxito de Obama está nas enormes doses […]

Homenaxe a Marcos Valcárcel

5 Novembro, 2008 (19:46) | Autores, Eventos |

Unha comisión organizadora, radicada en Ourense, está a preparar unha merecidísima cea homenaxe ao noso amigo Marcos Valcárcel, que se celebrará o sábado 29 de novembro, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel de Ourense. Con anterioridade, o mesmo día, ás 19:00 horas realizarase nas instalacións do Liceo de Ourense, a presentación do seu libro […]

«Internet está cheo de lectores e baleiro de libros»

5 Novembro, 2008 (19:29) | Lectura, Literatura infantil e xuvenil |

Esta entrevista a Gemma Lluch, profesora da Universidade de Valencia e especialista en temas de lectura e formación literaria para mozos, é moi interesante. Paréceme moi lúcidas as súas relexións sobre os novos xeitos de lectura dos nativos dixitais (os nenos e mozos de hoxe en día). Comparto moitas das súas afirmacións, que me parecen […]

Os Soprano

4 Novembro, 2008 (21:47) | Persoal, Televisión |

Jaureguízar revela hoxe un dos nosos segredos: a paixón que comparto con Agustín polos Soprano. Nos últimos meses papei as seis tempadas completas e os oito derradeiros capítulos con auténtica devoción. Algúns capítulos son memorables. Un modelo de narración moi sutil. Recoméndoos, a pesar do seu carácter aditivo.

Campo do Fragoso LXVI

3 Novembro, 2008 (08:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

O CELTA MÁIS GALEGOAo Celta abondoulle unha magnífica primeira parte para vencer con claridade ao Salamanca, o actual líder deste frouxísimo campionato de segunda división, consolidando paseniño a súa remontada na táboa clasificatoria e a súa serie de nove partidos oficiais sen coñecer a derrota. Unha boa noticia. Arrincou este Celta, o máis galego que […]

Outro mundo posible?

2 Novembro, 2008 (11:16) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Vía Manuel Gago, grazas.Vía Trafegando ronseis, grazas.

Día de mortos

2 Novembro, 2008 (09:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Festas, Recurso_didáctico, Vídeos |

No artigo da semana falo do «Día de mortos»mexicano, efeméride que coincide coas nosas de Santos e Defuntos ou do Samaín.Neste vídeo de carácter didáctico (doce minutos) amplíase a información sobre estas festas do «Outromundo». Documental día de muertosCargado por ruder7

Juan Palomo ofendido polos nosos premios nacionais

1 Novembro, 2008 (17:05) | Polémicas, Premios |

Era de agardar. O blog de Juan Palomo de El Cultural (El Mundo) publica unha anotación na que expresa a súa indignación pola concesión de dous premios nacionais a dous autores galegos. O comentario non ten perda: También en los premios Nacionales de Literatura que otorga el Ministerio de Cultura parte el bacalao la cuota […]

Samaín de Cedeira 2008

1 Novembro, 2008 (13:40) | Efemérides, Festas, Recurso_didáctico |

Rafael López Loureiro, o primeiro estudoso e animador do Samaín galego, envíame o programa de actividades do Samaín de Cedeira que ven animando de forma ininterrumpida dende hai dezaoito anos. A festa comezará esta tarde de sábado, ás cinco da tarde coa recollida de melóns para irse apuntando ao Concurso Exposición de caveiras. Tamén haberá […]