Month: Decembro, 2008

MOITO VENTO NAS VELAS PARA 2009

31 Decembro, 2008 (18:45) | Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos |

Que haxa moito vento nas velas para 2009!Con todos os abrazos e beizóns. [A miña inevitable homenaxe de fin de ano a Oasis e unha rareza simpática]

Anel solidario contra o masacre de Gaza

31 Decembro, 2008 (10:25) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Afortunadamente son múltiples as iniciativas que dende a rede se están promovendo para denunciar o masacre de Gaza que continúa realizando o goberno de Israel e expresar a solidariedade co pobo palestino. Adherímonos ao manifesto do anel solidario de blogs, ao de AVAAZ, ás iniciativas Ilumina Gaza e a de Amnistía Internacional. Recomendamos visitar espazos […]

Galicia con Palestina

30 Decembro, 2008 (20:34) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Palestina |

Carta dende Gaza

30 Decembro, 2008 (13:25) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Moito recomendo a lectura da carta que Khalil, habitante da Faixa de Gaza, envía ao seu amigo Moncho Iglesias e que publica hoxe Vieiros xunto cuns vídeos gravados dende a súa casa. Documentos de interese para saber o que realmente está sucedendo alí.

Noticia de Salinger

30 Decembro, 2008 (13:15) | Autores |

Gustoume esta información de EFE, lembrando o noventa aniversario de J.D. Salinger. Como editor galego d’ O vixía no centeo podo acreditar que non é ningunha lenda urbana que cando renovamos o contrato, cada cinco anos, nos comprometemos a que nas edicións que fagamos non incluiremos paratextos ningúns sobre o autor nin sobre a obra. […]

Gaza, abrir camiños para a paz

30 Decembro, 2008 (01:24) | Artigos_Xornal.com, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Mentres as bombas continúan caendo sobre Gaza, probablemente antes de que remate o ano, a infantaría xudía ocupará este territorio de 365 km2, pouco máis de tres veces o da cidade de Vigo, no que tras un duro bloqueo, imposto polo estado de Israel dende hai dezasete meses, malviven millón e medio de persoas con […]

Inédito

29 Decembro, 2008 (01:03) | Artes Visuais, Blogs |

Coñecín hoxe o blog Inédito, un espazo fotográfico coordinado por Manuel Sendón e concibido para ter presenza mensualmente tanto nas páxinas impresas do semanario A Nosa Terra como nas anotacións do propio blog. Un espazo para seguir fotógrafos emerxentes, especialmente galegos. Polo momento podemos seguir o traballo de Graciela Sacco, Sabela Correa e Xulia Aranda. […]

Israel continúa os seus ataques

28 Decembro, 2008 (12:43) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

A pesar do chamamento do Consello de Seguridade da ONU, o goberno israelí continuou durante esta noite os seus ataques aéreos indiscriminados sobre a poboación civil da franxa de Gaza. Semella que son intereses electoriais os que están detrás deste ataque brutal que, para algúns analistas, constitúe un erro estratéxico de vulto.O que nunca entenderei […]

O Apalpador e outros mitos

28 Decembro, 2008 (12:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vídeos |

No artigo da semana apoio a difusión do mito do Apalpador ou Pandigueiro, como figura do futuro nadal galego.

Masacre en Gaza. Que noxo!

27 Decembro, 2008 (17:55) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos |

O brutal ataque israelí de hoxe sobre os territorios da franxa de Gaza sáldase con douscentos mortos e varios centenares de feridos. A acción de guerra israelí máis cruenta das dúas últimas décadas. Por moito que os sionistas queiran xustificar que se trata da lexítima resposta dun estado democrático para defender a súa poboación civil […]

Suplementos analóxicos

27 Decembro, 2008 (17:34) | Blogs, Lectura, Medios, Promoción do libro |

Tanto La Voz de Galicia como Xornal de Galicia, dous medios con liñas editoriais claramente enfrontadas, comparten, porén, o carácter analóxico e pechado para a lectura na rede dos seus suplementos de cultura que publican os sábados. Hoxe non podemos ler na rede nin as magníficas catro páxinas de Ramón Nicolás e Xesús Fraga sobre […]

Topoloxía

25 Decembro, 2008 (13:09) | Lectura, Polémicas, Promoción do libro |

Ten razón Arturo, o discurso da proxección exterior da literatura galega é o mesmo da proxección interior. Como sinalo nun comentario que deixei no seu blog, ambas as dúas, a interior e a exterior, son as dúas facianas dun mesmo corpo que ten vontade de ser visible. Sen entrar en disquisicións sobre o que sucedía […]

Soños adiante!

24 Decembro, 2008 (17:44) | Beizóns, Festas, Música, Vídeos |

Nesta noiteboa, os meus mellores desexos para todos e todas. Soños adiante! «Ninfa das frescas augas»Texto: Rosalía de Castro (adaptación)Música: Roi Casal.

Con Agustín en Vilalba

24 Decembro, 2008 (17:21) | Autores, Eventos, Vídeos |

Temos que agaradecerlle a Martín Pawley que o domingo 14 de decembro gravase pacientemente todas as intervencións da homenaxe que lle tributamos a Agustín Fernández Paz en Vilalba.

Visibilidade nas librarías

24 Decembro, 2008 (01:54) | Librarías, Polémicas |

Hoxe Xornal de Galicia publica unha reportaxe, que moito agradecemos, sobre a visibilidade do libro galego nas librarías do país. Tamén aparece esta miña columniña con datos para axudar a reflexión. Datos para animar un debate Tras as periódicas crises de confianza sobre o interese dos libros editados en galego, anima o debate lembrar algúns […]

Entrevista con Xosé Lastra

23 Decembro, 2008 (01:16) | Educación, Lingua |

Aconsello a lectura da entrevista a Xosé Lastra, presidente de Nova Escola Galega, publicada en Xornal de Galicia. Un bo repaso á axenda dos temas da educación e do futuro da lingua. Lastra non parece moi optimista.

Os libros galegos non son galegos?

22 Decembro, 2008 (02:50) | Lectura, Polémicas |

Oportunísima anotación de Jaureguizar.

Ler fainos máis grandes

22 Decembro, 2008 (02:12) | Iniciativas, Lectura |

O noso amigo o editor Joan Carles Girbés é o autor de Guia práctica para fer fills lectors, unha guía concibida para o fomento dos hábitos lectores dentro da familia, da que en Cataluña se levan repartidos xa oitocentos mil exemplares. Bravo, Joan Carles!Un libro onde aparecen, ademais, eses DEZ CONSELLOS INFALIBLES PARA QUE OS […]

«Malia ao escaso tirón»

21 Decembro, 2008 (16:03) | Lectura, Novidades, Polémicas, Promoción do libro |

Lendo esta incrible noticia publicada no xornal.com sobre o posicionamento nas librarías das novidades editoriais galegas durante esta campaña de nadal, compréndese mellor que a nosa peor e principal doenza é a da falta de autoestima e confianza na literatura propia.Velaí un exemplo da profecía cumprida. «As editoriais españolas mandan nas vendas das librarías galegas […]

Só para maqueiros

21 Decembro, 2008 (12:48) | Tecnoloxías, Vídeos |

Saudades que temos os maqueiros.Vía Islas Cíes.

Demetrio Bilbatúa

21 Decembro, 2008 (11:15) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cine, Vídeos, Vigo |

No artigo da semana recupero do esquezo do exilio a figura de Demetrio Bilbatúa, a máis importante figura do cinemadocumental mexicano.

Postal de Natal

20 Decembro, 2008 (19:54) | Publicidade, Vídeos |

Lisboa editora publicou este vídeopostal para felicitar o Nadal ao profesorado. A verdade é que o resultado non é moi orixinal. Porén, quedámonos coa idea de empregar este formato no sector editorial.Vía Blogtailors.

Trancazo

20 Decembro, 2008 (13:32) | Persoal |

Prego desculpas por non ter actualizado o blog nos últimos días. Primeiro una viaxe a Madrid e despois un trancazo febril impedíronme facelo. Hoxe conseguín escribir a trancas e barrancas o artigo semanal do Faro. Agardo poder recuperar a normalidade canto antes.

Fran Alonso, «Un país a medio facer»

16 Decembro, 2008 (02:38) | Autores, Cultura, Xerais |

Atina de cheo o meu compañeiro Fran Alonso cando na entrevista que lle fai Vieiros, a raíz da aparición d’ Un país a medio facer (o seu libro máis recente, que moito recomendo), afirma valentemente: «A automoción e a banca reciben moitas máis axudas públicas cá cultura». Efectivamente, a pesar de que sectores como o […]

O galego na RTP

15 Decembro, 2008 (20:36) | Lingua, Vídeos |

Unha interesante reportaxe sobre o galego emitida na RTP.

Nova Escola Galega, cos vellos amigos e amigas

15 Decembro, 2008 (19:53) | Educación, Eventos |

O encontro do pasado sábado, con motivo do vinte e cinco aniversario de NEG, foi unha entrañable reunión de compañeiros e compañeiras que compartimos dende hai máis de dúas décadas o celme común da escola das pombas que fala galego. Alén do carácter emotivo da reunión, o acto permitiu recoñecer a traxectoria de seis educadores […]

Campos do Fragoso LXVIII

14 Decembro, 2008 (08:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

AUTOESTIMAA merecidísima e clara vitoria de onte fronte ao poderoso Zaragoza, con toda seguridade o máis claro favorito ao ascenso, serve ao Celta para recuperar a autoestima perdida nas Palmas e para volver engancharse no territorio dos soños, o único onde os esforzados seareiros celestes queremos velo disputar esta competición de segunda división. Sorprendeu Pepe […]

Dereitos humanos, 60 anos

14 Decembro, 2008 (08:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Vídeos |

No artigo da semana volvo sobre a cuestión da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a raíz da efeméride dos sesenta anos.

Nova Escola Galega, vinte e cinco aniversario

13 Decembro, 2008 (01:01) | Educación, Eventos |

Hoxe participaremos no vinte e cinco aniversario de Nova Escola Galega, o movemento de renovación pedagóxica no que levamos participando dende a súa fundación. Un día para reatoparse cos vellos amigos do corazón.

Literatura Galega pola Paz

12 Decembro, 2008 (02:39) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Presentacións, Vigo, Xerais |

A verdade que foi moi emocionante e ao tempo sereno o acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no que presentamos en Vigo o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz e recordamos a Xesús R. Jares. Ademais da lectura do texto completo da declaración, por parte de dez […]

Premios da edición 2008, finalistas

12 Decembro, 2008 (02:23) | Editores |

Déronse a coñecer os finalistas dos Premios da Edición 2008 que serán fallados o 19 de decembro no Verbum de Vigo.

Lectura en Quebec

11 Decembro, 2008 (02:32) | Lectura, Publicidade, Vídeos |

Estoutro vídeo forma parte da campaña de animación da lectura levada en Quebec.

Agustín Fernández Paz, «Nun lugar dos soños»

10 Decembro, 2008 (02:17) | Autores, Eventos |

O vindeiro domingo, 14 de decembro, Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Muíño de Rañego da súa Vilalba natal pola Fundación Manuel María. Tras unha mesa redonda (ás 12:00) sobre a súa figura, na que participarán Fina Casalderrey, Xabier P. DoCampo, Paco Martín, Xulio Xiz e Manuel Bragado, colocarase o terceiro hectómetro literario no Paseo […]

«Declaración dos Dereitos Humanos», sesenta aniversario

9 Decembro, 2008 (19:48) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Presentacións |

Conmémorase, mañá, 10 de decembro, o 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Con este motivo, a partir das 20 horas, celebrarase un acto cívico, no Auditorio do centro Cultural Caixanova de Vigo, no que ademais será presentado o volume Literatura Galega pola Paz coa que se pecha a triloxía Educación e Paz, coordinada […]

Benvido, «Xornal de Galicia»

9 Decembro, 2008 (19:11) | Medios |

Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición […]

Cultur.gal 2008, un balance esperanzador

8 Decembro, 2008 (10:20) | Cultura, Eventos |

Despois de catro días moi intensos no Cultur.gal 2008, cómpre facer unha recapitulación. Adianto que considero esta segunda feira celebrada na Coruña como un éxito, tanto polo aumento considerable de público con respecto á edición anterior como pola diversidade dos sectores das industriais culturais presentes (sexan os que venden produtos ou servizos). Este proxecto estratéxico […]

Os murais do Faro

7 Decembro, 2008 (11:34) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Publicidade, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana recomendo visitar a exposición dos murais do Faro instalada na Estación Marítima de Vigo. Unha interesante lección de historia local.

Culturgal 2008

5 Decembro, 2008 (07:51) | Cultura, Eventos, Presentacións, Xerais |

Dende onte estamos no Culturgal da Coruña, onde temos un completo programa de actividades ao longo de toda a fin de semana.

«O Globo de Shakespeare», o elenco de Jaureguízar

4 Decembro, 2008 (08:24) | Narrativa, Presentacións, Xerais |

O vindeiro sábado, ás 12:00, presentaremos en Culturgal O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar. Dende hai dúas semanas Jaureguizar iniciou no seu blog unha serie de anotacións sobre o elenco de personaxes da obra, unha experiencia interesante dun autor reflexionando sobre a súa propia obra. Velaí, a primeira sobre Ricardo, o […]

Campaña canadiana de fomento da lectura

3 Decembro, 2008 (20:16) | Lectura, Publicidade, Vídeos |

Vía Ediciona e a revista Babar coñezo esta impactante campaña de fomento da lectura entre os nenos e as nenas promovida pola Fondation pour l’alphabetisation de Canadá. Diversos personaxes de contos infantís deambulan agonizantes polos espazos dun hospital para expresar que se os nenos deixan de ler eles morrerán (o lema da campaña: «Cando non […]

Homenaxe a Voces Ceibes

2 Decembro, 2008 (20:31) | Eventos, Música |

Tratamento subordinado

1 Decembro, 2008 (09:19) | Autores, Entrevistas, Lectura, Lingua, Recurso_didáctico |

Mais que recomendable a longa conversa que manteñen Agustín Fernández Paz e Manuel Vidal Villaverde este luns en Galicia hoxe. Entre as moitas cousas a salientar das palabras sabias de Agustín recollo estes dous fragmentos imprescindibles: O primeiro sobre a lingua: Se non se quere que haxa cidadáns de primeira e de segunda, teñen que […]