«Palabras maiores», libros electrónicos de Carmen Balcells

9 Xaneiro, 2009 (01:59) | Axentes_literarios, Libro_electrónico, Tecnoloxías

Esta anotación de onte de José Antonio Millán non pode pasar desapercibida. Carmen Balcells, a gran axente catalana, promove «Palabras maiores», unha colección de libros electrónicos dalgúns autores que xestiona a axencia, editados por Leer-e, unha empresa navarra que ata agora se dedicada só á distribución de e-books. Cada un dos títulos (o catálogo total recolle máis de seiscentas referencias) pode descargarse por prezos sempre inferiores aos cinco euros. Ademais de poder descargarse dende a rede, o sistema de venda de Leer-e contempla a implicación, polo momento, de 18 librarías. «Palabras maiores» é unha experiencia de distribución de libro electrónico en España chamada a converterse en referente (para emular, mellorar, modificar…).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from ARUME DOS PIÑEIROS
Date: 9 Xaneiro 2009, 8:49 a.m.

Vina onte. Son, en efecto, palabras (moi) maiores.

Comment from Anonymous
Date: 9 Xaneiro 2009, 9:44 a.m.

En cinco anos, cinco, acabouse a industria editorial, que non os contos e as novelas. Como rematou a industria discográfica e non a música, como finou a industria do porno pero se segue a foder.

Comment from Anonymous
Date: 9 Xaneiro 2009, 10:02 a.m.

Ao menos, o libro de consulta si está caput.
E o de texto.

Nalgúns colexios fineses estase a probar un lector electrónico específico, un dispositivo único onde collen todos os libros de texto e o material de consulta que precisa un rapaz ou rapaza en toda a súa vida de estudante.

Segundo o artigo de Carlos Callón en Galicia Hoxe da semana pasada que vostede gabou: “É abrumadora a dependencia -do sector editorial galego- do sistema educativo, tanto no período de compra (as vendas en Galiza dispáranse a comezos do curso) como no seu peso, que é case o 50% do total, sen contarmos a literatura infantil e xuvenil recomendada”.

Se as dúas premisas son certas, faga vostede o siloxismo.

Comment from Octavio Aceves
Date: 9 Xaneiro 2009, 6:43 p.m.

http://www.agirregabiria.net/mikel/2004/predicciones.htm

Saúdos!

Comment from Octavio Aceves
Date: 10 Xaneiro 2009, 11:54 a.m.

Por unha banda, os amantes do libro en papel aínda somos moitos, pero cercanos á madurez, iso si; hai que achegarse a xeracións novas (que non novas xeracións, eses non len) para atopar maiorías que lean comodamente en pantallas.

Por outra, creo que a ninguén obrigan a mercar música determinada. Si, pola contra, a mercar libros determinados cando estudia ou os fillos estudian. Ademáis existe dunha maneira moito máis clara no ámbito docente que na música o concepto de “autoridade”. Así que o proceso será por forza máis lento. Que acabe sucedendo é moi posible, pero establecer prazos concretos é digno de sabelotodos coma min.

Como terceiro aporte para un razoamento predictivo distinto podemos dicir que o 80% dos señores que se dedican ó mercado do libro en Galicia e en galego son tamén persoas do ámbito docente, con todo o bo e o malo que supón.

¿Segue mantendo, compañeira Lola, o dos cinco anos? ¿Apostamos un 905?

Comment from Anonymous
Date: 12 Xaneiro 2009, 5:08 p.m.

A min paréceme curioso o que se comenta nesta noticia sobre “impresoras ultrarrápidas” e encuadernación caseira:

http://www.elpais.com/articulo/cultura/edicion/EE/UU/busca/salida/elpepucul/20090112elpepicul_2/Tes

¿Que lle parece ó blogueiro, que é o que sabe?

Olark Livehelp