Eu son Anxo Quintana
Comentarios
Comment from Anonymous
Date: 17 Xaneiro 2009, 7:06 a.m.
Já nom me lembrava por quê nom votaba BNG. Graças a Quintv, lembrei-no.
Obrigado.
Comment from Anonymous
Date: 17 Xaneiro 2009, 10:27 a.m.
Menuda fantasmada, ¿quen verá iso? Canta demagoxia, e os da Citroen ao paro.Que pais, que paisanos, e que paisanaxe
Comment from Anonymous
Date: 17 Xaneiro 2009, 11:21 a.m.
Se um soldado romano (ponhamos por caso, um polícia espanhol), num circo romano (ou num pavilhom dos desportos), peguntará por A.Q., acusando-o de cousas assim, A.Q. se cagaria pola pata abaixo!
Em fim, o cinema é o que tem: fai-nos ver muitas vezes cousas que nom som reais.
Vergonha alheia.
Comment from a min gustoume
Date: 17 Xaneiro 2009, 12:56 p.m.
Señores, tranquilos, un pouquiño de sentido do humor. Trátase dun spot preelectoral. E, como tal spot, cumpre á perfección o seu cometido: é orixinal a utilización de Espartaco, é lúdico pero con mensaxe, vaise falar moito del e apela aos sentimentos galeguistas, etc. Señores, a política ten a súa parte de espectáculo e hai que xogar dentro del. Xa virán programas e propostas. Que unha cousa non quita a outra: son complementarias.
Comment from ¡Canto anónimo!
Date: 17 Xaneiro 2009, 1:23 p.m.
¡Isto parece o ataque dos anónimos! Vese que estamos xa na precampaña electoral e hai que contrarrestar.
Sobre a referencia aos problemas da Citröen, un tema tan serio, eu teño outras igual de demagóxicas: “Corina Porro esbardallando sobre a lingua e os de Citröen ao paro, qué país.” “Feijoo xogando a James Bond e os de Citröen ao paro, qué país”, “Touriño tentando imitar a Obama e os de Citröen ao paro, qué país”. E así ata que cansemos.
Comment from Brétemas
Date: 17 Xaneiro 2009, 6:32 p.m.
É moi eficaz e impactante comunicativamente. Como anuncio preelectoral é todo un acerto.
Comment from gzvota
Date: 18 Xaneiro 2009, 1:02 a.m.
Ademáis o anuncio so se vai emitir por internet!!!!
Comment from Etxe
Date: 18 Xaneiro 2009, 11:18 a.m.
Simpático.
Eu non son Anxo Quintana.
Comment from Un que se acojonou cando ía poñer o nome
Date: 18 Xaneiro 2009, 1:44 p.m.
Eu non son Anxo Quintana nin poñería a cara por ningún dos nosos políticos como a xente que sae aí, pero Canto Anónimo leva razón. Haiche unha de demagoxia que fede.
Se esta xente pon a cara por este señor é porque coinciden con el máis que outros co que desexan para este país (aínda que efectivamente haberá quen pense -e mesmo motivos para pensalo -que estes favores se fan para cobrarse).
E, xa para rematar, estou seguro de que aínda que non aparecesen aquí, a maioría dos que saen non terían falta de traballo porque son bos no que fan. ¿Ou alguén vai dubidar da calidade extraordinaria de Evaristo Calvo ou de Pico?
Comment from Anonymous
Date: 19 Xaneiro 2009, 12:35 a.m.
Pequena, e a vez gran diferencia. Nin porro, nin feijoo, tan no poder.Imaxino que os que estan agora e estuveron 4 anos, algo terán que ver, ¿non si?. Ou seique so o fan mal as dereitas.(que o fixeron)
Comment from eu tamén, se non fora que…
Date: 20 Xaneiro 2009, 10:33 p.m.
Magoa, porque haiche milleiros que gostarían de seren Anxo Quintana, mais colleunos unha ERE polo camiño en andan a fedellar no paro.
Cómo veríades unha mensaxe preelectoral na que Anxo Quintana dixera algo así coma “Eu tamén son ti”?
Iso si que sería orixinal e tería tirón electoral, non si? E máis aínda: estimulante.
Comment from Anonymous
Date: 21 Xaneiro 2009, 12:41 p.m.
Cada vez é máis dificil defender a este home.Eu non son Anxo Quintana, a ver se o seu liderato remata pronto polo ben do noso país
Comment from petopitopato
Date: 22 Xaneiro 2009, 12:39 a.m.
gosto… é divertido e diferente, non tardarán moito en copia-lo coma xa se fixo co tema de quintv. Que levante tantos sabañóns ácedos anónimos tamén demostra que é todo un éxito. Non há indiferencia.
Comment from Anonymous
Date: 24 Xaneiro 2009, 12:51 p.m.
Na verdade, mais do que o líder dos escravos romanos, polo seu aspecto e sobretodo pola sua linha política, Anxo Quitana lembra mais aquele ministro da defesa alemám de nome Gustav Noske, social-democrata executor em 1919 de Rosa Luxemburg e de Karl Liebknecht, líderes da esquerda revolucionária espartaquista naquele país.
Comment from Raquel López
Date: 25 Xaneiro 2009, 8:36 p.m.
Sr. Bragado:
Este vídeo de A. Quintana, rezuma ranciedad.
El sr. Reixa, como cineasta,… Pero ¿cómo es posible que alguien tan mediocre logre estar en todos los saraos?
Con estos personajes tenemos garantizada la sumisión (al capital).
Y pensar que el gran productor estuvo en Rompente.
Hay cestos que envejecen bastante mal.
Comment from Anonymous
Date: 25 Xaneiro 2009, 9:20 p.m.
Cutre, ruin e trapalleiro. Eu non son anxo quintana. Parece deses programas de todo a cen que fan na telegaita… iso sí toda España escachando coa risa do anxo quintana. Parvos que sodes parvos, polo menos desexo que Antón Reixa o fixera de balde






Comment from Anonymous
Date: 17 Xaneiro 2009, 3:01 a.m.
Patético exemplo de cesarismo. Cando máis coñezo ao Quin, máis extraño ao vello Beiras.