Alema

17 Xaneiro, 2009 (13:36) | Blogs, Lingua, Vídeos

Non podo manter durante máis tempo o segredo: son fan do blog de alema e apoio con convicción a súa iniciativa de recoñecemento de «bueno». Agradécense iniciativas realistas deste tipo. Gústame a súa declaración de principios como galegofalante urbano (condición coa que me identifico, eu que nunca tiven aldea). Bueno, pois, beizóns para alema. Recomendo vivamente seguilo.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from alemamalo
Date: 17 Xaneiro 2009, 3:08 p.m.

oh my god!!!!
síntome coma se me acabaran de dar un Óscar
en serio
graciñas mil por este apoio

urban powa!!!!
:D

Comment from Luisfoz
Date: 18 Xaneiro 2009, 5:31 p.m.

Tu quoque, Bragado? Pensas de verdade que devemos gastar o tempo com alema?

Comment from Brétemas
Date: 18 Xaneiro 2009, 5:47 p.m.

Luís: cada lector escolle o seu camiño de lecturas. Ben entendo que este blog é unha “rareza”. Abrazos.

Olark Livehelp