Month: Xaneiro, 2009

Her Morning Elegance

31 Xaneiro, 2009 (23:03) | Música, Vídeos |

Un vídeoclip moi curriño do cantante israelita Oren Lavie. Vía: Manolo Gago e Ronseis.

Suso Jares, subversión e tenrura

31 Xaneiro, 2009 (17:43) | Educación_para_a_Paz, Efemérides, Eventos |

Foto: Alicia Serantes Moito agradecemos a sensibilidade dos responsables d’ A Nosa Terra que lembraron a Suso Jares no Día Escolar Pola Paz. O precioso e potente artigo da súa compañeira Paz Raña Lama e a oportuna lembranza de Antonio García Teixeiro emocionáronos moito.Onte, tamén lembraron a Suso en Viana do Bolo, a súa vila […]

Entrevista en «Luces» de «El País Galicia»

30 Xaneiro, 2009 (06:54) | Edición, Entrevistas, Persoal, Xerais |

Teresa Cuíña fíxome esta entrevista que aparece publicada hoxe nas páxinas de «Luzes» de El País Galicia. A fotografía é de Lalo Villar. Grazas aos dous polo seu agarimo e magnífico traballo.

Día Escolar pola Paz

30 Xaneiro, 2009 (00:47) | Educación_para_a_Paz, Efemérides, Imaxes |

Hoxe é o Día Escolar pola Paz. Mais para nós será, ademais, un día de saudades.

Palestina V (Nenos/as)

29 Xaneiro, 2009 (20:39) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]

Enamorada de Feijoo

29 Xaneiro, 2009 (20:24) | Autonómicas_09, Blogs, Política |

«El busca mi voto, yo le busco a él» Ten vinte e tres anos e vive en Lugo. Vía Galicia Confidencial

Aprimorar a lectura e a escritura

29 Xaneiro, 2009 (02:18) | Bibliotecas, Lectura, Recurso_didáctico |

Alessandro Martins recompilou vinte e unha listas para aproimorar a lectura e a escritura que veu publicando no seu blog ao longo dos últimos anos. A pesar de que teñen un interese desigual, hai algunhas magníficas e útiles para ser empregadas na animación bibliotecaria. Eis o caso dalgunhas das listas sobre a animación da lectura: […]

Cidadanía sen obxeccións

28 Xaneiro, 2009 (20:00) | Educación, Vídeos |

Unha ampla maioría dos membros do Tribunal Supremo rexeitaron o «dereito a obxectar» a materia de Educación para a Cidadanía da ESO. Unha noticia, que aplaudimos xa que pon remate a unha falsa e interesada polémica educativa animada de forma meduliana durante os dous últimos anos polo Partido Popular e pola Conferencia Episcopal. Este suposto […]

«Yom HaShoah», Día do Holocausto

27 Xaneiro, 2009 (08:24) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz |

Non o esquezamos, hoxe é o «Yom HaShoah«, o «Día da memoria do Holocausto e da prevención dos crimes contra a humanidade», declarado así pola ONU como xornada en recordo das vítimas do exterminio nazi, no que morreron asasinados seis millóns de persoas. Celebramos o sesenta e tres aniversario da liberación por parte do Exército […]

Voto acreditado

27 Xaneiro, 2009 (01:39) | Autonómicas_09, Política |

A reclamación presentada polo PSOE diante da Xunta Electoral Central (XEC) sobre a necesidade que os inscritos no censo de residentes ausentes que voten nas eleccións galegas do primeiro de marzo incorporen a súa papeleta o DNI ou pasaporte é unha lamentable (por non dicir vergonzosa) torpeza política. Con esta reclamación os responsables socialistas, encabezados […]

Palestina IV (Destrución)

26 Xaneiro, 2009 (21:35) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes]

Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín

26 Xaneiro, 2009 (01:54) | Autores, Eventos, Vigo, Xerais |

O día 6 de febreiro celebrarase en Vigo o Acto de Homenaxe Nacional a X.L. Méndez Ferrín, con motivo do seu 70 aniversario e da presentación do libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Sotelo Blanco e Xerais. O acto, que se realizará no Auditorio do Centro Social Caixanova […]

Palestina III (Presos)

26 Xaneiro, 2009 (01:51) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes]

Facebook

25 Xaneiro, 2009 (13:03) | Humor, Internet, Tecnoloxías, Vídeos |

Animado por Jaureguizar, estes días entrei a formar parte do Facebook (aquilo é un fervedoiro, lémbrame o comezo do blogomillo, con tantos amigos e amigas falando). Porén, despois de ver hoxe esta peza de humor venezolano (grazas, Ronseis), protagonizada polo actor Orlando Urdaneta (advirto, para non ferir sensibilidades, que é un antichavista, refuxiado en Miami), […]

Palestina II (Check points)

25 Xaneiro, 2009 (12:33) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]

Bibliotecas de barrio

25 Xaneiro, 2009 (12:25) | Artigos Faro de Vigo, Beizóns, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana expreso as miñas beizóns á consellaría de Cultura de Vigo pola súa aposta de creación de bibliotecas muncipais de barrio, que deben ir cubrindo a nefasta carencia bibliotecaria viguesa.

Palestina I (Muros, edificios e cadeas)

24 Xaneiro, 2009 (20:03) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina |

[Premer sobre a imaxe para ver as fotos máis grandes.]

txtr reader

24 Xaneiro, 2009 (13:42) | Libro_electrónico, Tecnoloxías |

Este novo e-book ten moi boa pinta. Este txtr reader proporciona prestacións que semellan mellorarían aos soportes actuais, sobre todo, polo seu carácter aberto e a posibilidade de lectura de varios formatos.

Santillana

23 Xaneiro, 2009 (18:57) | Editores, Libro de texto |

Quen pode estar interesado na compra do Grupo Santillana? Moi interesante a resposta que proporciona Paradigma del libro.

Vigo: primeira biblioteca pública de barrio

22 Xaneiro, 2009 (20:22) | Beizóns, Bibliotecas, Vigo |

Este é o mellor anuncio cultural que limos en Vigo na última década. Apostar pola creación de bibliotecas públicas é a medida máis futurista e revolucionaria que poden acometer as administracións locais. Hoxe a biblioteca pública convertiuse na primeira institución cultural de cada comunidade local, de cada barrio, de cada comunidade; ademais do seu carácter […]

Autonómicas: ollo con Pontevedra!

21 Xaneiro, 2009 (21:57) | Autonómicas_09, Política |

A entrada de Corina Porro na lista do PPG de Pontevedra é unha noticia que non debe pasar desapercibida. Razóns de moito peso debeu valorar a ex-alcaldesa de Vigo para abandonar o seu escano no Senado e a poderosa vicepresidencia da Deputación. Motivo que albisco debe residir nese segredo que circula sotto voce sobre os […]

«IGADI Annual Report 2008-2009»

20 Xaneiro, 2009 (20:17) | Informes, Política |

Dende aquí pode baixarse en pdf o Informe Anual do IGADI. No documento, que leva por titulo «As crises dunha nova xeopolítica global», afóndase nas claves do 2008 e as perspectivas para o 2009. Entre as primeras destácase a elección de Barack Obama, o auxe do G-20 para facer fronte á crise económica mundial, o […]

Homenaxe a Poe

19 Xaneiro, 2009 (20:16) | Autores, Efemérides, Música, Vídeos |

Hoxe celebramos os dous centos anos do nacemento do xenial Poe. Esta Annabel Lee de Radio Futura é un agasallo para Manolo Lourenzo. Vía: Juan Varela

Campo do Fragoso LXXX

19 Xaneiro, 2009 (07:18) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

TOQUE TRASHORRASO sábado á noite houbo que agardar oitenta longos minutos para que a ledicia do gol comparecese en Balaídos. Foi a entrada de Trashorras no campo, nese momento, a que permitiu que a súa primeira intervención fose botar unha falta, dende a banda dereita, cun toque tan preciso e ben medido que permitiu a […]

«La lectura en España. Informe 2008»

18 Xaneiro, 2009 (11:35) | Informes, Lectura, Literacidade |

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Federación de Gremios de Editores de España acaban de publicar un informe sobre a situación da lectura en España durante o pasado ano 2008. Baixo o título de La lectura en España. Informe 2008 e o subtítulo «Leer para aprender», o volume cooordinado e introducido por José Antonio […]

Instalados na crise

18 Xaneiro, 2009 (10:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía, Vigo |

No artigo da semana alerto sobre a importante dimensión da crise do sector da automoción en Vigo, con importantes efectos sobre o emprego.

Galicia con Palestina

17 Xaneiro, 2009 (17:10) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

«Flores tristes»

17 Xaneiro, 2009 (14:13) | Cine, Televisión |

Flores tristes de Manuel Abad. Hoxe ás 16:15 na TVG.

Alema

17 Xaneiro, 2009 (13:36) | Blogs, Lingua, Vídeos |

Non podo manter durante máis tempo o segredo: son fan do blog de alema e apoio con convicción a súa iniciativa de recoñecemento de «bueno». Agradécense iniciativas realistas deste tipo. Gústame a súa declaración de principios como galegofalante urbano (condición coa que me identifico, eu que nunca tiven aldea). Bueno, pois, beizóns para alema. Recomendo […]

Eu son Anxo Quintana

16 Xaneiro, 2009 (23:53) | Autonómicas_09, Humor, Política, Televisión |

«A clase»

16 Xaneiro, 2009 (02:36) | Cine, Narrativa, Vídeos, Xerais |

Hoxe chega as librarías A clase, coincidindo tamén coa estrea da película homónima de Laurent Cantet, protagonizada polo autor da novela, François Begaudeau. Apostamos pola tradución da novela (un grande éxito en Francia) a comezos do verán. Un texto vibrante, de diálogo vivísimos. Un retrato demoledor da escola secundaria francesa de hoxe. Un puxilato constante […]

Faleceu Manuel Riveiro Loureiro

15 Xaneiro, 2009 (21:50) | Autores, In memoriam, Vídeos |

Sabía que Manuel Riveiro Loureiro estaba triste. Hoxe deixounos. Coa súa ausencia quedamos tristes e desconcertados. Manuel foi un escritor autodidacta, narrador fecundo da vida e un autor dramático notable. O vídeo gravado o pasado mes de decembro é hoxe un documento emocionante, apostando pola esperanza da chega da terceira República. Sempre recordarei a cordialidade […]

NEG, XXV Aniversario

15 Xaneiro, 2009 (08:14) | Educación, Efemérides, Imaxes |

Santiago, 14 de decembro 2008, XXV Aniversario de Nova Escola Galega.[Aconséllase premer sobre a foto para vela a grande tamaño]

Os contacontos de Tala

15 Xaneiro, 2009 (01:48) | Comercio_xusto, Teatro, Vídeos |

Gustáronme estas marionetas contacontos de comercio xusto.Vía Besbe.

Os blogs nos libros de texto

15 Xaneiro, 2009 (00:53) | Blogs_e_libros, Libro de texto |

Sorpréndeme que Marcus e, logo outros chuceiros, consideren unha anécdota a presenza dos blogs nalgún dos libros de texto de lingua e literatura galegas recentes de Xerais. Máis alá dunha anécdota ou dunha presenza puntual, o interese pola textualidade electrónica está presente en todos os libros das novas series para ESO e de BAC. En […]

O libro electrónico no «Diario Cultural»

14 Xaneiro, 2009 (20:24) | Entrevistas, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías |

Manuel Gago e máis eu fomos convocados hoxe polo Diario Cultural da Radio Galega para opinar sobre o libro electrónico. As entrevistas de Anxo Quintela poden escoitarse aquí.

As cubertas de Daniel Gil

13 Xaneiro, 2009 (20:03) | Imaxes, Libro |

As cubertas que Daniel Gil preparou para Alianza Editorial marcaron un fito na historia do noso deseño editorial. Aquí está unha boa recompilación (938) en flickr realizada por Álvaro Sobrino. Unha gozada, tanto o traballo de Gil como a xenerosidade de Sobrino! Os editores, os deseñadores, os estudantes de deseño temos moito que aprender consultando […]

Quitómetro

13 Xaneiro, 2009 (09:47) | Persoal |

O quitómetro que teño instalado no ordenador sinala que levo tres semanas, seis días e non sei cantas horas sen fumar. Unha decisión que tomei inconscientemente, a partir daquel trancazo febril que me deixou sen ganiñas ningunhas de fumar durante moitos días. E seguín. O quitómetro informa tamén que, previsiblemente, nestes días xa non padecerei […]

Fernández del Riego denuncia

12 Xaneiro, 2009 (01:26) | Autores, Cultura, Entrevistas, Vigo |

O xornalista Javier Mosquera publica onte no Faro unha entrevista de dúas páxinas con don Francisco Fernández del Riego. Co pretexto de comentar o recente noventa e seis aniversario (si 96!) do patriarca do galeguismo, Mosquera (un bo amigo de don Paco) tíralle da lingua sobre cuestións estritamentes persoais (o que fuma, o que bebe, […]

Vida para Palestina

11 Xaneiro, 2009 (11:09) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación_para_a_Paz, Palestina |

No artigo da semana sintetizo a información que vimos publicando no blog dende hai dúas semanas sobre a o bloqueo e a invasión de Gaza.No serán de onte participamos na manifestación de Vigo. Había máis de 5.000 persoas, o que constitúe unha cifra notable (aínda que non tanto como a de Londres). Moitos comentabamos que […]

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

10 Xaneiro, 2009 (15:20) | Novidades, Promoción do libro, Xerais |

Hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia dedicado ás novidades do sector editorial galego para o 2009 adiantamos o que será unha parte do noso programa para este ano no que celebraremos o trinta aniversario da editorial e superaremos os 3.000 títulos publicados.É moi de agradecer a xenerosidade de Xornal de Galicia dedicando quince […]

Projecto Clarice no Porto

10 Xaneiro, 2009 (13:50) | Autores, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos |

Un proxecto fermoso de promoción literaria para ser emulado.Via Blogtailors.

Vida para Palestina

10 Xaneiro, 2009 (08:56) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos |

VIDA PARA PALESTINA from POLBOGRAPHIX on Vimeo. Vía Lapices para la Paz.

Manifestacións, sábado 10 de xaneiro

9 Xaneiro, 2009 (20:42) | Palestina |

VIGO: 18 h. Desde Vía Norte con Urzaiz. SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO. SANTIAGO: 20.30. Desde o Toural. GALIZA CON PALESTINA. PONTEVEDRA: 20.00. Desde a Ferrería. PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

Tempo de virtuosos, Gideon Levy

9 Xaneiro, 2009 (20:14) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Vía Amálgama, transcribo a tradución do importante artigo de Gideon Levy publicado hoxe no xornal israelita Haaretz de Tel Aviv. Un texto que demostra que hai moitos xudeus nobles coa afouteza de erguer a voz contra os crimes do seu goberno (observar a longa lista de comentarios que recibe o artigo). TEMPO DE VIRTUOSOS Gideon […]

«Palabras maiores», libros electrónicos de Carmen Balcells

9 Xaneiro, 2009 (01:59) | Axentes_literarios, Libro_electrónico, Tecnoloxías |

Esta anotación de onte de José Antonio Millán non pode pasar desapercibida. Carmen Balcells, a gran axente catalana, promove «Palabras maiores», unha colección de libros electrónicos dalgúns autores que xestiona a axencia, editados por Leer-e, unha empresa navarra que ata agora se dedicada só á distribución de e-books. Cada un dos títulos (o catálogo total […]

Gaza, resume da situación

8 Xaneiro, 2009 (21:44) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Hoxe non entramos en interpretacións. Recollemos este seguimento infográfico que Moiz actualiza, a partir dos datos que proporciona a cobertura da BBC. Un estremecedor resume da situación. Vía Manuel Gago.

As mentiras de Israel

8 Xaneiro, 2009 (02:35) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Robert Fisk, o lendario correspondente en Oriente Medio de The Independent, radicado no Líbano dende hai vinte e cinco anos, acusa hoxe o goberno israelita de mentir para xustificar as súas atrocidades na invasión de Gaza. Anacos deste texto demoledor están traducidos aquí. Fisk recorda que a tregua, a pesar do que diga a propaganda […]

Isto é Israel

7 Xaneiro, 2009 (18:27) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina |

Miguel Anxo Murado enviounos este correo electrónico: «Penso que mellor que ollar as magoantes imaxes de Gaza é mirar do outro lado, Israel, como é, como sente e se expresa. Decote tédesme preguntado os amigos como son os israelís. Hai de todo, mais o que predomina é isto (como ben se ve nos resultados electorais). […]

Gaza: unha lección exemplar

6 Xaneiro, 2009 (18:50) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos |

Onte na tertulia d’ A Crónica da Radio Galega, o condutor do programa, Luís Ojea, entrevistou ao escritor Miguel Anxo Murado arredor da invasión de Gaza polo exército israelita. Murado, moi bo coñecedor do conflito, axudounos a comprender os termos reais nos que se está desenvolvendo esta traxedia. “Chamarlle guerra a este conflito é moi […]