Olladas Atlánticas

13 Febreiro, 2009 (18:26) | Libro_electrónico, Narrativa, Tecnoloxías

Olladas Atlánticas é un libro de relatos de Daniel Lavesedo en formato dixital. Poderíamos definilo como o primeiro e-book literario galego. Pode descargarse (o pdf, por 2,60 euros) dende o espazo web da editora Luarna, unha editora dixital multilingüe, que recomenda como soportes móbiles de lectura dixital os sony reader e o irex iliad. Os nosos parabéns a Dani, polo seu labor pioneiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from ictioscopio
Date: 16 Febreiro 2009, 5:19 p.m.

E logo “O Home Inédito” non foi o primeiro e-book, onde vai xa?
http://arotonda.com/
Ou é un formato electrónico distinto?

Olark Livehelp