Month: Febreiro, 2009

Wikisaber

28 Febreiro, 2009 (18:43) | Educación, Literacidade, Tecnoloxías |

Este novo portal educativo, promovido por Intel Educación, presentarase en Madrid o vindeiro 11 de marzo. Ten carácter gratuito e aposta polo ensino e aprendizaxe colaborativas. Anúnciase como concibido para ser utilizado en todos os cursos do ensino obrigatorio por alumnado, profesorado e familias.  Semella que algúns contidos son tradución e adaptación ao castelán doutros […]

O Celta, un equipo en busca de autor

27 Febreiro, 2009 (19:09) | Celta de Vigo, Fútbol |

Equipo do Celta que desputou a final de Copa en 1994. Iván Riobó publica hoxe en Xornal de Galicia unha reportaxe sobre a actual crise do Celta, onde, xunto a doutros afeccionados celestes como Anxo Quintana e Modesto Riobó, aparecen algunhas das miñas opinións sobre a cuestión. Reproduzo os parágrafos onde aparecen as miñas palabras: […]

«Trama y texturas»

27 Febreiro, 2009 (08:24) | Libro_electrónico, Medios |

Co inicio do seu terceiro ano de andaina a revista Trama y texturas ofrece todos os seus números en soporte dixital, que poderán ser adquiridos na plataforma Todoebook e nas librarías conveniadas coa plataforma de libro electrónico de Publidisa. Trama y texturas, a partir deste o seu número sete, poderá lerse tanto en soporte analóxico […]

Interferencias, novo anuncio do BNG

25 Febreiro, 2009 (23:08) | Autonómicas_09, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KAGsOq1ORkY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Co novo anuncio electoral do BNG pásame o mesmo que co primeiro (o famoso “Eu son Anxo Quintana” leva 50.000  visionados, un exitazo!). En ambos os dous casos o relato visual é eficaz, mesmo impactante, porén, dende un punto de vista semántico é horroso, cando non politicamente reaccionario. Esa […]

Como será o mundo do libro en 2020?

25 Febreiro, 2009 (19:25) | Librarías, Libro, Libro_electrónico, Tecnoloxías |

A revista Qué leer convocou a seis expertos para que fixesen a súa análise de como cren que será o mundo do libro en 2020. A verdade é que algúns dos prognósticos son moi interesantes. Para Juergen Boos, director da Feira do Libro de Frankfurt, en 2018 a venda de contidos dixitais superará a dos […]

Revolución dixital?

25 Febreiro, 2009 (18:53) | Socioloxía, Tecnoloxías, Vídeos |

a href=”http://www.youtube.com/watch?v=NN3ZlOH4knM”>[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/NN3ZlOH4knM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Se contas con sete minutos, recomendo seguir con atención este videoartigo sobre o concepto e os límites do dixital e da «revolución» que introduce na cidade contemporánea. Aínda que é de 2007 (e, dende entón, as cousas xa mudaron), algunhas afirmacións aínda son luminosas. Grazas, Txetxu, res razóns, […]

«Rosalía 21»

24 Febreiro, 2009 (19:41) | Efemérides, Novidades, Xerais |

Hoxe é «Día de Rosalía», conmemoramos o 172 aniversario do nacemento da nosa poeta primeira. Con este motivo aparece Rosalía 21, o libro colectivo de ensaios do proxecto multiartístico coordinado por Anxo Angueira. Un libro ben fermoso para unha data que non debe pasar desapercibida.

Entrevista en Radio Nacional

23 Febreiro, 2009 (08:38) | Entrevistas, Xerais |

Onte domingo foi emitida na desconexión do mediodía de RNE para Galicia unha entrevista que me fixeron con motivo do trinta aniversario da editorial. Hoxe varios medios publican algunhas das miñas afirmacións recollidas por Europa Press.

«A primeira paraula en catalá»

22 Febreiro, 2009 (16:27) | Lingua, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/XlH4ZLSi3YM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Vía Carlos Callón

A campaña da FPG

22 Febreiro, 2009 (12:17) | Autonómicas_09, Política, Vídeos |

object height=”344″ width=”425″> A FPG está promovendo unha campaña ben xeitosa. Merece o noso interese o anuncio e a cuña, pasando polos textos do blog do candidato (X.L. Méndez Ferrín), ao completo programa. Sería magnífico que a esquerda independentista que defende a República Galega entrase no Hórreo.

Morreu Lois Barros

22 Febreiro, 2009 (12:04) | In memoriam |

Gonzalo Amoedo, o noso bo amigo de Redondela, envíanos este correo dando conta do falecemento de Lois Barros: Durante esta madrugada morreu, logo dunha longa doenza que o foi murchando pouco a pouco, Lois Barros, autor de Galeguismo e sociedade na Redondela da IIª República, así como da páxina web Indiredo, dende a que propulsou […]

Campo do Fragoso LXXII

22 Febreiro, 2009 (10:14) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

RIDÍCULO O Éibar gañou con todo merecemento e autoridade a un Celta ridículo, sen corazón nin cabeciña ningunha, un equipo o noso que hai un mes perdeu o horizonte do seu soño. Tras seis partidos sen coñecer a vitoria, anotando na táboa clasificatoria só dous puntos de dezaoito posibles, o equipo de Pepe Murcia descartouse […]

Benvido, deus Momo

22 Febreiro, 2009 (10:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana saúdo a chegada do deus Momo, o rei do do refundado entroido vigués.

Todos os entroidos

21 Febreiro, 2009 (00:47) | Efemérides, Festas |

Aquí podemos consultar todos os entroidos galegos.

Quintana en Oia

20 Febreiro, 2009 (20:36) | Autonómicas_09 |

Se foi tal como o contan hoxe diversos medios, trátase dun erro lamentable, e non abonda para desculpalo co argumento de que non foi un acto organizado polo BNG nin pola Vicepresidencia ou que a súa denuncia forma parte da «campaña contra o nacionalismo». Por moito agarimo e simpatía que teñamos a Quintana, non podemos […]

Os partidos e o libro

19 Febreiro, 2009 (21:25) | Autonómicas_09, Libro |

Interesante esta información de culturagalega.org na que se recollen as propostas programáticas dos tres partidos arredor do libro e da edición. Todas as tres fan referencia na lei de bibliotecas e no apoio á industria editorial. O Partido Popular propón dedicar o 2010 como «Ano da Lectura», unha proposta que temos feito repetidamente nestas brétemas.

Escola dixital

19 Febreiro, 2009 (21:11) | Educación, Libro_electrónico |

Hoxe participei en Madrid nunha reunión onde se valoraron algunhas iniciativas de escola dixital das que se están desenvolvendo en España. Nesta liña, semella significativo o anuncio realizado pola xove ministra de Educación italiana Mariastella Gelmini : dentro de cinco anos os libros de textos de primaria e secundaria serán substituídos por outros en formato […]

Un erro gravísimo de Feijoo

18 Febreiro, 2009 (21:04) | Autonómicas_09, Política |

A cancelación do debate a tres por parte da CRTVG, obrigada pola estratexia de Feijoo, creo que liquida as posibilidades (escasas) do PP-G de obter a maioría absoluta. Sei que estes días a moitos nos entrou o medo no corpo diante da decepcionante campaña de Touriño, que moi pouco pode mobilizar aos indecisos progresistas a […]

«Se resides, decides»

16 Febreiro, 2009 (20:58) | Autonómicas_09, Política |

Adherinme á plataforma «Se resides, decides». Velaí a declaración fundacional: O pasado 12 de Febreiro foi constituída en Compostela unha plataforma cidadá que baixo o lema «Se resides, decides» traballará por conseguir a reforma en profundidade da actual Lei Orgánica de Rexime Electoral Xeral (LOREG, 5/1985) que regula o dereito de sufraxio e o seu […]

Galician Literature in English Translation

15 Febreiro, 2009 (10:54) | Cultura, Traducións |

Jonathan Dunne, hoxe o mellor tradutor da literatura galega ao inglés, actualiza a súa páxina persoal na que vai recollendo todos os textos da literatura galega traducidos ao inglés. Unha panorámica ben interesante composta por quince títulos individuais (de autores e autoras clásicos e contemporáneos) e dez antoloxías (tres delas de Rosalía de Castro). Jonathan […]

Transversalidade

15 Febreiro, 2009 (10:42) | Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana analizo algúns dos datos da enquisa máis recente do CIS (pode baixars en pdf) e propoño unha reflexión para que na previsible segunda lexislatura do bipartito algunhas cuestións pendentes, temas de país, sexan abordados dende unha perspectiva transversal.

O meu twitter

14 Febreiro, 2009 (09:14) | Internet, Persoal |

Aquí o twitter de brétemas. Para seguir a conversa.

«Protexta 09»

13 Febreiro, 2009 (19:19) | Críticas, Medios |

Mañá distribúese cos periódicos do grupo La Capital o novo número de Protexta, o magnífico trimestral literario de Tempos novos. Por agora, xa se pode descargar un adianto, a entrevista de Bieito Iglesias a Gao Xingjian. Coordinado, agora, por Ana Salgado, o número promete: entrevista nas páxinas centrais a Manuel Rivas, e críticas dos seus […]

Olladas Atlánticas

13 Febreiro, 2009 (18:26) | Libro_electrónico, Narrativa, Tecnoloxías |

Olladas Atlánticas é un libro de relatos de Daniel Lavesedo en formato dixital. Poderíamos definilo como o primeiro e-book literario galego. Pode descargarse (o pdf, por 2,60 euros) dende o espazo web da editora Luarna, unha editora dixital multilingüe, que recomenda como soportes móbiles de lectura dixital os sony reader e o irex iliad. Os […]

«Nos camiños do entusiasmo", presentación en Compostela

12 Febreiro, 2009 (01:30) | Lingua, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos,ás 20:30 horas na Libraría Pedreira de Santiago (rúa do Home santo 55) Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación o ensaio de Goretti Sanmartín. Participaremos no acto xunto a Teresa Moure e a autora. Este ensaio constitúe unha reflexión potente sobre o proceso de recuperación de usos da lingua e do […]

Appanah en galego

11 Febreiro, 2009 (00:09) | Narrativa, Traducións, Vídeos, Xerais |

Nacida en Illa Mauricio, con trinta e tantos anos, Nathacha Appanah é unha das narradoras máis orixinais en lingua francesa. Porén, a súa obra permance inédita en castelán, existindo no mercado apenas a tradución dunha das súas novelas en catalán e outra en éuscaro. Encargámoslle a Emma Lázare a tradución de Le dernier frère, a […]

Kindle 2

10 Febreiro, 2009 (01:42) | Libro_electrónico, Tecnoloxías, Vídeos |

Como xa anunciabamos hai tres días, o luns foi a estrea de Kindle 2 de Amazon. As expectativas desta presentación son grandes. Hoxe son moitas as referencias na prensa sobre esta cuestión. Outra volta, como sinala Millán, abriuse nos medios o debate sobre o futuro do libro. Estou de acordo co mestre Txetxu Barandiarán: a […]

Campo do Fragoso LXXI

9 Febreiro, 2009 (02:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DESILUSIÓNNa matinal de onte o Castellón gañou cos maiores merecementos a un Celta que volve dirixir a súa faciana cara o abismo. Nas últimas tres semanas os celestes obtiveron apenas un punto de doce en xogo, malogrando o esforzo da súa difícil remontada outonal e afastándose moito (non sabemos si xa definitivamente) das prazas clasificatorias […]

Luns sen clase por temporal

8 Febreiro, 2009 (22:11) | Educación |

Mañá, luns 9 de febreiro, suspéndense as clases de todo o ensino non universitario e das galescolas. Neste novo temporal funcionou a coordinación entre os dous polos do goberno, ao tempo que esta información (máis completa que noutras ocasións) está fluíndo pola rede e chegando ás comunidades educativas a grande velocidade.Con carácter xeral a Dirección […]

Rotundo fracaso de Galicia Bilingüe

8 Febreiro, 2009 (20:35) | Lingua |

Fotos Manuel Vilas (A Nosa Terra). [Moitas grazas] Reunir só dúas mil cincocentas persoas ou, segundo fontes policiais, sete mil (a pesar de traer autobuses de fóra de Galicia e contar co apoio mediático de Rosa Díez) é un fracaso rotundo da manifestación de Galicia Bilingüe. A «posición Corina», asumida pola dirección do Partido Popular […]

Barómetro da lectura 2008, melloras en Galicia

8 Febreiro, 2009 (09:15) | Cultura, Lectura |

Habitos De Lectura Y Compra De Libros 2008 View more presentations from bretemas. (tags:

Tren de cercanías

8 Febreiro, 2009 (09:02) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana reclamo que o tren de proximidade sexa unha das prioridades da vindeira lexislatura.

Agustín Fernández Paz, «Letra E» 2009

7 Febreiro, 2009 (20:56) | Autores, Premios |

Acabamos de saber que Agustín Fernández Paz recibirá en Vilalba no mes de xuño a «Letra E» (O escritor na súa terra) que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. A decisión foi adoptada na asemblea anual da asociación celebrada esta mañá na que foron reelixidos Cesáreo Sánchez Iglesias como presidente e Antía Otero […]

Astrolabio

7 Febreiro, 2009 (20:24) | Blogs, Música, Vídeos |

Dende hai dúas semanas o programa Astrolabio de Rodrigo Romaní, que emite a Radio Galega Música os sábados de 21:30 a 22:30 horas, conta con blog, onde se poden ver algúns vídeos dos temas emitidos. Esta peza de Jabier Muguruza é unha mostra das marabillas que escolle cada semana Rodrigo neste programa no que o […]

Libros electrónicos, algunhas novidades

7 Febreiro, 2009 (19:44) | Libro_electrónico, Tecnoloxías |

Hoxe coñecimos dúas noticias sobre dispositivos electrónicos portátiles de lectura, o novo modelo de sony e o novo kindle de Amazon. O Sony PRS-700 é un e-book que presenta a pantalla táctil como novidade máis importante sobre o modelo anterior, o coñecido como Sony reader. Pola súa banda, Amazon presentará o luns en Nova York […]

6F: o día de Ferrín

6 Febreiro, 2009 (11:17) | Autores, Eventos |

Hoxe é o día de Ferrín.

Xerador de anuncios

5 Febreiro, 2009 (22:29) | Publicidade, Recurso_didáctico |

Despois do acontecido onte coa revista Retranca, está asegurado o éxito da súa campaña de promoción en Vigo. A capacidade negociadora de Kiko da Silva conseguiu que nos vindeiros días os vitrasas da liña C-1 circulen nas súas traseiras con este slogan tan retranqueiro: Probablemente Zeus non exista. A cultura galega si. Por que non […]

Vitrasas con retranca?

4 Febreiro, 2009 (09:05) | Publicidade |

“Probablemente os deuses non existen, pero a cultura galega si”, este era o lema da campaña promocional da revista “Retranca” nos vitrasas. Que foi o que sucedeu?

Web 2.0 no CFR de Ferrol

3 Febreiro, 2009 (22:21) | Educación, Eventos, Literacidade |

Mañá pola tarde estaremos no IES Sofía de Casanova de Ferrol participando no ciclo «A Wed 2.0, o triunfo da interactividade», organizado polo Centro de Formación e Recursos.

Todos con Ferrín

1 Febreiro, 2009 (11:20) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Eventos |

Foto J. de Arcos No artigo da semana animo a participar na Homenaxe Nacional a X. L. Méndez Ferrín que se celebrará en Vigo o vindeiro venres, 6 de febreiro, a partir das oito da tarde no Auditorio do Centro Social Caixanova. Faro de Vigo publica, tamén, unha longa conversa de Fernando Franco con Ferrín. […]