Month: Marzo, 2009

Homenaxe a Ramiro Fonte

31 Marzo, 2009 (10:20) | Autores, Eventos, In memoriam, Poesía |

“Do orixinal ao libro”

30 Marzo, 2009 (18:51) | Edición, Editores, Libro, Novidades, Recurso_didáctico, Xerais |

Chegaron hoxe os primeiros exemplares Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica. Unha obra importante para o sector profesional do libro en Galicia xa que constitúe o primeiro manual de edición en galego. Presentaremola con motivo do 23 de abril, día internacional do libro e dos dereitos de autor. Beizóns para o autor, o […]

Campo do Fragoso LXXV

30 Marzo, 2009 (07:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

UN EQUIPO CONXELADO No frío serán do pasado sábado o Celta volveunos dar outro desgusto tremendo. Fronte a un Albacete inofensivo, que non disparou a portaría nin nunha soa ocasión, o equipo demostrou que hogano é incapaz de gañar un partido e superar a situación de parálise emocional na que entrou de forma súbita hai […]

Xabier DoCampo e Marcos Calveiro premiados

29 Marzo, 2009 (11:59) | Autores, Beizóns, Narrativa, Premios |

Noite entrañable a de onte no Carballiño. Creo que en liñas xerais foron uns premios ben atinados. O primeiro recoñecemento para Festina lente (agardo que virá algún máis) de Marcos Calveiro foi para nós unha noticia magnífica. O discurso do mestre DoCampo foi excepcional (prometeu subilo ao seu blog), unha defensa da lingua memorable. Beizóns!

Os nosos índices de lectura

29 Marzo, 2009 (11:12) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Informes, Lectura |

No artigo da semana reflexiono sobre os índices de lectura máis recentes dos que dispoñemos. O repunte dos hábitos lectores, o incremento da lectura en galego, a mobilización lectora da mocidade e o importante papel das bibliotecas escolares e do sistema escolar neste proceso son algunhas das cuestiónas abordadas.

«A hora do planeta 2009»

28 Marzo, 2009 (14:02) | Educación_para_a_Paz, Eventos, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/1CRs-7lRlPo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Apagón, hoxe de 20:30 horas a 21:30 horas.

Día Internacional do libro infantil 2009

28 Marzo, 2009 (09:52) | Efemérides, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

Reproducimos a mensaxe e o cartel conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil 2009, promovido polo IBBY. O texto e a ilustración son do ilustrador exipcio Hani D. El-Masri e a tradución para o galego de Manuel Figueiras.

Ferrovellos de Fran Herbello

27 Marzo, 2009 (19:48) | Artes Visuais, Imaxes |

Novo traballo inédito, magnífico sempre o noso admirado Fran Herbello.

O estado da lingua

26 Marzo, 2009 (19:34) | Lingua, Recurso_didáctico |

Recomendo a lectura destas dúas anotacións de alema sobre o estado da lingua. A primeira é a entrevista con Mauro Fernández, o catedrático de lingüística xeral da Universidade da Coruña, que defende que se está produncindo unha estabilización no galego. A segunda á que fai referencia ao estudo máis recente do Observatorio da Lingua Galega, que […]

«Ámote vermella» en Lugo

25 Marzo, 2009 (07:18) | Poesía, Presentacións, Xerais |

Quedei satisfeito da presentación/recital de Ámote vermella en Lugo. Medio cento de persoas acudiron á Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, onde está instalada Vermellas. Chamábanlles «rojas», a magnífica exposición da que forma parte principal este poemario de Claudio R. Fer, ilustrado pola pintora Sara Lamas.  Tanto a exposición como o libro, un […]

Estatísticas do libro galego

24 Marzo, 2009 (20:49) | Edición, Libro |

Moi útil e esta anotación do Observatorio da Cultura Galega na que recupera os datos das estatísticas publicadas (de 2002 a 2008) polo INE sobre a produción de libros en Galicia. No entanto, creo que os datos proporcionados pola Oficina do ISBN son os máis fiables para seguir a tendencia de produción  por número de títulos e […]

Xerais twitter

23 Marzo, 2009 (07:36) | Internet, Xerais |

Dende onte xa está operativo o noso Xerais twitter, un espazo de microblogueo para dar conta das novidades e das convocatorias da editorial. Con esta nova ferramenta, que se une a que funciona en Facebook, a editorial consolida a súa prensenza nas redes sociais procurando a participación dos lectores e lectoras dos seus libros e […]

Repensar a Reconquista

22 Marzo, 2009 (09:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Vigo |

No artigo da semana (non aparece na web de «Faro de Vigo») propoño unha dupla proxección para a efeméride da Reconquista: como festa primeira do Casco Vello e como festa do Vigo futuro. Non son un fanático da Reconquista nin tampouco teño fobia ningunha contra ela. A figura do capitán Bernardo González del Valle «Cachamuíña», […]

«El arte de rechazar una novela»

21 Marzo, 2009 (19:40) | Editores, Narrativa, Novidades |

Na visita a Salamanca pasei, inevitablemente, pola completísima sección de Humanidades da Librería Cervantes, onde atopei algunhas cousas que nunca vira nas miñas librarías viguesas. Chamou a miña atención unha novidade de fin de ano da renovada editorial Bruguera, El arte de rechazar una novela, libro do canadiano Camilien Roy que recolle noventa e nove cartas […]

«Los nadies», Eduardo Galeano

21 Marzo, 2009 (18:34) | Autores, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/pEkyblfn6oo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

XXIII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz

20 Marzo, 2009 (18:23) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Eventos |

Recibo con alegría o anunció da convocatoria do XXIII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz que se celebrará na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo do 24 ao 26 de abril. Inevitablemente, este Encontro 2009 terá un carácter especial xa que será o primeiro no que se notará a ausencia de Suso Jares, […]

Comeza o ano de Ramón Piñeiro

19 Marzo, 2009 (12:19) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Recurso_didáctico |

Acompañar ao profesor don Xesús Alonso Montero a Salamanca permitiume escoitar a súa extraordinaria conferencia sobre a figura de Ramón Piñeiro. Sen entreterse noutras retóricas que as imprescindibles para agradecer o convite aos agarimeiros organizadores da Área de Galego Portugués da Universidade de Salamanca (moitas grazas, Xandra!), comezou don Xesús coa lectura dun seu artigo titulado […]

Primeiro e-book a cor

18 Marzo, 2009 (22:54) | Libro_electrónico, Tecnoloxías |

Nesa carreira tecnolóxica por atopar o soporte de lectura móbil dixital faltaba un modelo de tinta electrónica que non fose monocromo. Fujitsu acaba de poñer á venda en Xapón o primeiro modelo de e-book con pantalla a cor. O noso amigo Roger Michelena recolle unha ampla información sobre as utilidades deste xoguetiño e do competidor […]

Edición galega en 2008

17 Marzo, 2009 (08:11) | Comercio do libro, Edición, Libro |

A prensa faise eco hoxe da noticia do crecemento da produción editorial en Galicia e en galego en 2008 segundo os datos do INE. O crecemento dun 60% na produción en número de exemplares, como no de títulos publicados en Galicia que pasaría de 2.364 a 3.747, déixanos un pouco incrédulos. A pesar de que […]

Salamanca

16 Marzo, 2009 (07:50) | Eventos, Persoal |

Vento nas velas

15 Marzo, 2009 (21:01) | Blogs, Imaxes, Vigo |

Este de Juan Chávez é un fotoblog precioso. Tan coidadas as fotos como os textos. Recomendo seguilo.

Campo do Fragoso LXXIV

15 Marzo, 2009 (10:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ESPERANZA INCERTA O partido fronte ao Elxe foi dos máis entretidos que recordamos ultimamente. Ao longo do encontro, o Celta de Eusebio Sacristán pasou da euforia inicial á depresión súbita, de amosar durante unha parte do encontro sinais dunha implosión letal que o levaba á desintegración a unha certa recuperación do nivel do seu xogo […]

A responsabilidade dos bipartios municipais

15 Marzo, 2009 (10:39) | Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a responsabilidade decisiva dos bipartitos municipais para visualizar a existencia dunha alternativa ao poder conservador. Creo que ineludible abandonar o seu modelo bipolar, apostando polo transversalismo e o consenso.  Ilustración: Vigoblog.

Adeus ao sotaque galego!

14 Marzo, 2009 (13:59) | Humor, Lingua, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/FD2KSgBQ4bg” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Vía Carlos Callón.

Lázaro Enríquez, homenaxeado en Cuba

13 Marzo, 2009 (19:47) | Exposicións, Ilustración, In memoriam |

A realidade explicada a nenos e nenas

12 Marzo, 2009 (19:58) | Autonómicas_09, Blogs |

Esta anotación de Lándoas é absolutamente recomendable. Unha análise potente sobre o novo escenario político tras as elección do primeiro de marzo. Outrosí sucede coas análises demoscópicas de Fermín Bouza, dende o seu Voto con botas, e da completísima e modélica de Calidonia. Parabéns para estes tres amigos blogueiros que amosan a madurez e o […]

Que é un «scout» editorial?

11 Marzo, 2009 (21:10) | Cultura, Editores |

Na estratexia da proxección internacional da literatura galega, ademais desa Oficina do Libro Galego no exterior (indispensable, mentres non funcione o Instituto Rosalía de Castro, previsto na aprobada Lei do Libro e a lectura), sería magnífico contar coa figura dos «scouts» editoriais especializados na literatura galega. Na edición internacional, sobre todo a da tradición anglosaxona, […]

Suso Couceiro, moi pesismista

9 Marzo, 2009 (21:34) | Entrevistas, Librarías, Promoción do libro |

Vaia entrevista máis pesimista saíulle a Suso Couceiro na súa conversa con Nacho Miras Fole! As palabras do veterano libreiro compostelán demostran que o libro non está quedando fóra da crise económica,  cuxos efectos comezan a sentirse seriamente no sector do libro. Porén, a este feito hai que engadirlle a crise de modelo da libraría […]

Un chisquiño de orde

9 Marzo, 2009 (08:01) | Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/k98wVhoh8QI” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Cómpre ser máis ordenados. Xenial estes anuncios de IKEA para comezar a semana cun sorriso. Vía Trafegando ronseis.

Campo do Fragoso LXXIII

8 Marzo, 2009 (10:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

NOVA AGONÍA A esperanza dun renacer celeste da man de Eusebio Sacristán durou apenas corenta e cinco minutos. Durante este primeiro período o Celta semellaba un equipo de estrea: novo técnico de gostos refinados na banda, novo debuxo táctico máis ofensivo (4-3-3) cun trivote inédito de mediocampistas (Rosada, Michu, Trashorras), defensa moi adiantada e presionante, […]

A lingua e as présas de Feijoo

8 Marzo, 2009 (10:26) | Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Lingua |

No artigo da semana de Campo de Granada abordo o dilema que debe resolver Feijoo arredor da promoción do galego. Reproduzo o texto xa que non aparece na web de Faro de Vigo. A lingua e as présas de Feijoo As declaracións recentes de Alberto Núñez Feijoo sobre a súa intención de recuar dende a […]

Programa sobre o libro e a lectura do PPdeG

7 Marzo, 2009 (15:17) | Autonómicas_09, Cultura, Libro |

Bo é coñecer o programa sobre o libro e a lectura elaborado polo Partido Popular de Galicia. Un texto que pode orientar aos profesionais do sector do libro galego sobre os compromisos asumidos polos gañadores das eleccións. Entre estes compromisos programáticos non podemos deixar de salientar: a mudanza da modalidade de grauidade do libro de […]

«O sombreiro Chichiriteiro»

6 Marzo, 2009 (11:48) | Ilustración, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Hoxe estamos moi ilusionados, chegaron os primeiros exemplares d’ O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro conto infantil de Manuel Rivas, ilustrado de forma xenial por Patricia Castelao. Velaí unha mostra deste traballo gráfico que Patricia Castelao realizou sobre un relato centrado sobre a amizade e a esperanza (dous valores tan necesarios nestes días difíciles de desacougo).

Animar a lectura pola radio

5 Marzo, 2009 (21:40) | Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

Dende o pasado mes de xaneiro alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria do Colexio Público Pazos de Reis de Tui desenvolven durante as mañás dos martes un programa de animación á lectura na Radio Municipal de Tui. Os alumnos e alumnas analizan un libro, realizan unha pequena reseña do autor e recomendan a súa […]

Declaración dos Dereitos do Libro

4 Marzo, 2009 (16:59) | Cultura, Lectura, Libro |

Trafegando Ronseis, un dos meus blogs educativos de referencia, publica hoxe o texto en galego da Declaración dos Dereitos do Libro. A redacción débese á Asociación de Editores da rexión Centro de Francia. Artigo 1 Os libros, todos os libros, teñen dereito a existir. Artigo 2 Os libros son iguais entre eles, sen distinción da […]

A lectura, chave do coñecemento

4 Marzo, 2009 (08:12) | Lectura, Libro |

Non pode pasar sen anotación no blog a reportaxe que onte publicou El País sobre a cultura de masas en España. Máis alá dos datos que proporciona sobre hábitos de consumo de produtos culturais, quero salientar o papel principal que se lle concede á lectura. Recollo dúas frases luminosas do noso amigo José Antonio Millán: […]

Xesús R. Jares, «A paz, camiño de amor, entrega e esperanza»

3 Marzo, 2009 (21:45) | Autores, Educación_para_a_Paz, In memoriam |

Recomendo a lectura da fermosa semblanza de Xesús R. Jares que preparou Gena Borrajo no número de febreiro da Revista Galega do Ensino. Pode baixarse en pdf dende aquí. .

Derrota para unha xeración

2 Marzo, 2009 (19:25) | Artigos_Xornal.com, Autonómicas_09, Política |

Se repasamos as liñas dos resultados do ciclo electoral iniciado en 1989, cando Fraga gañou as súas primeiras galegas, non é moi difícil agoirar que estatisticamente deberemos agardar máis dunha década (2021 ou 2025) para contar en Galicia cun goberno que devolva as boas expectativas e o alento de esperanza co que, hai case catro […]

Eleccións Galegas 2009

1 Marzo, 2009 (11:28) | Autonómicas_09 |

O pulo do Facebook galego

1 Marzo, 2009 (11:19) | Blogs, facebook, Internet, Literacidade |

O suplemento dominical «Estela» de Faro de Vigo dedica hoxe catro páxinas (pódense baixar ou ler en pdf aquí) ao pulo que colleu o Facebook en Galicia. A reportaxe supón a visibilización na prensa de papel dun fenómeno que nos últimos meses colleu unha dimensión sorprendente, tanto polo incremento do número de usuarios que nos unimos […]

Veredicto homófobo

1 Marzo, 2009 (08:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade, Vigo |

No artigo da semana amoso a miña indignación polo veredicto homófobo emitido polo xurado que xulgou o crime da rúa do Porto do mes de xullo de 2006. Quedei abraiado cando lin as informacións aparecidas estes días a raíz do veredicto do xurado popular que exime da responsabilidade de asasinato a Jacobo Piñeiro Rial, a […]