A estratexia de Feijoo

26 Abril, 2009 (10:26) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política

No artigo da semana analizo a que entendo é a estratexia de Feijoo: presentarse como modelo alternativo aos erros do bipartito. Presidencialismo acusado, ruptura coa cultura comunicacional do fraguismo, liquidación do sector da boina (por galeguista e ruralizante) e ataque constante aos adversarios políticos aí onde agora máis lles pode doer, os gobernos municipais das cidades, serían manifestacións dunha estratexia que en termos futbolísticos definiriamos como «claramente atacante».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from A.C
Date: 26 Abril 2009, 10:43 a.m.

Vostede sigue erre k erre na sua “vision” das elecions.Eu vexo todo mas sinxelo, como dixo o outro unha vez “los votos se cuentan y ya está”.O k vexo tamen algo desafortunado son as expresions “reacionario” e “dereita republicana”.Por desgracia a historia foi moi triste para todos os k a viviron.A nosa xeneracion (a sua e a miña) gracias a Deus non tivemos k pasar por ela.Un saudo

Pingback from Brétemas » Feijoo no labirinto
Date: 1 Maio 2009, 12:14 p.m.

[...] sorprendente vitoria. Algo que sabemos é rotundamente falso, xa que, entre outras moitas posibles razóns, foi pola síndrome bipolar do bipartito. Collendo arteiramente polos fíos esa falsidade, os [...]

Olark Livehelp