Feijoo confésase con Jiménez Losantos

29 Abril, 2009 (20:09) | Entrevistas, Goberno Feijoo, Política

Moitos non o creran, pero o novo presidente da Xunta foi onte á cadea COPE a confesar o que serán as súas primeiras medidas. Nin no Parlamento Galego nin nos medios de comunicación galegos, nin públicos  nin privados, Feijoo escolleu facelo en Madrid con Jiménez Losantos e Pedro J. Ramírez.  Aquí pode escoitarse esta entrevista (45 minutos) onde se realizou un anuncio importante sobre o futuro do galego na escola, especulouse sobre a posibilidade de privatizar os medios de comunicación públicos («unha decisión procedente», aínda que non semella prioritaria para Feijoo, que considera debe darse no marco da decisión doutras comunidades autónomas con lingua propia), anunciouse un novo plan de litoral…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from luloni
Date: 29 Abril 2009, 9:05 p.m.

O peor de todo é a sumisión que demostra.

Comment from A.C
Date: 29 Abril 2009, 10:19 p.m.

Dame a min, k por desgracia, non e o principal problema k ten na actualidade a sociedade.Ogallá o fose

Pingback from Brétemas » Feijoo no labirinto
Date: 1 Maio 2009, 12:04 p.m.

[...] o seu regreso a Galicia, Feijoo viuse obrigado a mudar de plans. A súa vergonzosa actitude de sumisión diante [...]

Olark Livehelp