Month: Abril, 2009

De nación a provincia

30 Abril, 2009 (13:31) | Goberno Feijoo, Humor, Política |

Sempre xenial o noso amigo Carreiro.

Feijoo confésase con Jiménez Losantos

29 Abril, 2009 (20:09) | Entrevistas, Goberno Feijoo, Política |

Moitos non o creran, pero o novo presidente da Xunta foi onte á cadea COPE a confesar o que serán as súas primeiras medidas. Nin no Parlamento Galego nin nos medios de comunicación galegos, nin públicos  nin privados, Feijoo escolleu facelo en Madrid con Jiménez Losantos e Pedro J. Ramírez.  Aquí pode escoitarse esta entrevista […]

Feijoo declara a guerra lingüística nos centros educativos

29 Abril, 2009 (08:25) | Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Esta noticia, publicada hoxe por Faro de Vigo, confirma os nosos peores agoiros: o presidente Feijoo declara a guerra lingüística por medio dunha circular que será enviada a todos os centros educativos non universitarios de forma inmediata. Esta circular, que parte dunha orde enviada polo propio presidente á Inspección Educativa (u-las competencias do conselleiro de Educación?, un […]

A discreción do editor

28 Abril, 2009 (20:33) | Edición, Editores |

Gustei moito do que di Juan Blanco Valdés na conversa que mantivo con Camilo Franco e que publica hoxe  La Voz de Galicia. Estou de acordo co gran editor do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago que a mellor virtude que pode posuír un editor é a da discreción. É un bo sinal que […]

Campo do Fragoso LXXVII

27 Abril, 2009 (06:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

EQUIPO DE XIZ Foi o mineraloxista alemán Friedrich Mohs quen agrupou aos minerais nunha escala dividida en dez graos de distinta dureza, que vai do grao 1, o dos minerais moi brandos, como o talco e o xeso, que se raian coa uña, até o grao 10, o dos máis duros, como o corindón ou […]

Un día para esperanza

26 Abril, 2009 (11:56) | Dereitos_humanos, Eventos, Festas, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SDcC5IYJVX0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hoxe estaremos na praza da Constitución na «Festa da Solidariedade» que organiza Intermon-Oxfam.

A estratexia de Feijoo

26 Abril, 2009 (10:26) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana analizo a que entendo é a estratexia de Feijoo: presentarse como modelo alternativo aos erros do bipartito. Presidencialismo acusado, ruptura coa cultura comunicacional do fraguismo, liquidación do sector da boina (por galeguista e ruralizante) e ataque constante aos adversarios políticos aí onde agora máis lles pode doer, os gobernos municipais das […]

«Crebas», nova exposición de Manuel Sendón

25 Abril, 2009 (19:42) | Artes Visuais, Exposicións, Museos |

«Crebas» é o novo traballo que Manuel Sendón desenvolve no Aquarium da Coruña.

25 de abril en twitter

25 Abril, 2009 (12:48) | 25_de_abril, Efemérides, Historia, Internet, Twitter |

Recomendo seguir o twitter do 25 de abril. Aquela xornada de 1974, recordada hora a hora. Un esforzo extraordinario de documentación na rede que amosa as posibilidades comunicacionais e creativas do microblogueo.Unha iniciativa a emular. 

Día internacional do libro e dos dereitos de autor

23 Abril, 2009 (06:35) | Beizóns, Bibliotecas, Edición, Editores, Efemérides, Librarías, Libro, Presentacións, Tipografía, Xerais |

Con motivo do Día internacional do libro e dos dereitos de autor, hoxe ao mediodía presentaremos no Consello da Cultura Galega Do orixinal ao libro, o primeiro manual de edición técnica en galego que preparou o editor Juan L. Blanco Valdés. Jacobo Bermejo, presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego acompañaranos nesta […]

Lingua, 40%

22 Abril, 2009 (06:39) | Goberno Feijoo, Lingua |

As primeiras actuacións do Goberno Galego sobre o idioma son escasamente esperanzadoras. A Secretaría Xeral de Política Lingüística no organigrama administrativo volve a depender da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (como foi adoito durante os gobernos de Fraga), perdendo o seu carácter transversal e a intencionalidade de levar actuacións normalizadoras aos diversos ámbitos da […]

Blogaliza 2.0

22 Abril, 2009 (06:05) | Blogaliza, Blogs, Internet, Lingua |

Mudeime a Blogaliza hai dous meses e estou moi satisfeito de telo feito. Agradezo moi sinceramete a axuda xenerosa de todo o equipo desta comunidade que ten por lumieira a de tecer a rede na nosa lingua. Razón pola que recibimos con moita satisfacción a nova do comezo, a partir do 1 de xaneiro, dunha […]

Tumblr brétemas

21 Abril, 2009 (08:29) | Blogs, Internet, Tumblr |

Hai tres días abrín o Tumblr brétemas, un espazo de microblogueo onde pretendo ir recollendo as ligazóns máis interesantes dos textos que leo cada día na rede (sexan artigos, anotacións de blogs, noticias, galerías fotográficas ou vídeos). Estas ligazóns actualízanse automaticamente na columna esquerda do blog (¨Ligazóns aconselladas»), o que permite unha lectura paralela das […]

U-la biblioteca

20 Abril, 2009 (07:05) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana crítico a falta de planificación estratéxica dos equipamentos sociocomunitarios en Vigo, ao tempo que rexeito adecisión do alcalde Caballero de ubicar a nova Biblioteca do Estado na Escola de Artes e Oficios.

Roberto Varela Fariña, novo conselleiro de Cultura e Turismo

19 Abril, 2009 (12:47) | Cultura, Entrevistas, Goberno Feijoo, Vídeos |

Orsinia localizou esta entrevista con Roberto Varela Fariña, novo conselleiro de Cultura e Turismo. Dende 2004 foi encargado de asuntos culturais do Consulado de España en Nova York. A entrevista foi realizada en Central Park, NY en decembro de 2007 por Isaac Cordal, Roi Fernández e Berio Molina. Yago Avilés atopou estoutras dúas entrevistas, unha […]

A blogosfera e a lingua

19 Abril, 2009 (11:32) | Blogs, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/rrIvSNlg96s” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Un bo recurso didáctico.

Unha Galicia esgazada

18 Abril, 2009 (13:36) | Autonómicas_09, Cultura, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Ao longo desta semana non tiven oportunidade de publicar anotación ningunha sobre o debate de investidura. Sobre a cuestión, remito ás publicadas por Perfecto Conde, Ian e Antón Baamonde, todas as tres moi interesantes. Porén, hoxe seguín os actos de investidura de Alberto Núñez Feijoo pola Radio Galega e pola transmisión que María Yáñez realizou en […]

«O club da calceta», trailer

16 Abril, 2009 (19:45) | Cine, Narrativa, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/VyZiUIYAjk4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Velaí o trailer da película O club da calceta, baseada na novela homónima de María Reimóndez, e dirixida por Antón Dobao.

«La Nueva España» e o galego

16 Abril, 2009 (19:16) | Lingua, Polémicas |

O xornal  La Nueva España de Oviedo publicou esta reportaxe sobre a definición que da palabra «galego» aparece no Dicionario Xerais da Lingua. Para o redactor  do texto os editores deste dicionario  enleámola xa que «en el libro de Xerais, usado en las escuelas, se define el gallego como la lengua que se habla, además de […]

Selo Violeta

15 Abril, 2009 (15:57) | Beizóns, Blogs |

Anxo e Gracia, os responsables de Trafegando ronseis, un dos nosos blogs amigos, tiveron a deferencia de agasallarnos con este selo violeta, un premio que, segundo os seus creadores brasileiros, pretende salientar a aqueles blogs que achegan algunhas sensacións cor violeta como «magia, encantamento, graciosidade, magnetismo… e tudo aquilo que parece mágico». Beizóns para eles […]

14 de abril

14 Abril, 2009 (22:04) | Efemérides, Música |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/JELOzi_vz00″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Deportivismo

14 Abril, 2009 (21:57) | Celta de Vigo, Fútbol, Imaxes |

Un bo amigo deportivista envíame esta curiosidade por correo electrónico.  Sen dúbida, constitúe unha boa mostra de deportivismo.

Campo do Fragoso LXXVI

13 Abril, 2009 (07:37) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

QUE ALIVIO? Con enormes dificultades e bastantes doses de fortuna o Celta conseguiu gañar ao Córdoba e romper así esa desastrosa serie dunha ducia de partidos sen coñecer a vitoria. O sufrido e raquítico un a cero supón para os nosos un enorme alivio na clasificación, permitíndolles afastarse das posicións de descenso (quedan xa a […]

Carlos Oroza

12 Abril, 2009 (11:20) | Autores, Beizóns, Efemérides, Poesía, Vigo |

Recomendo vivamente ler e arquivar a entrevista que Roxelio Garrido realizou ao poeta Carlos Oroza con motivo do seu setenta e cinco aniversario. Admiro moito a Carlos, o noso poeta camiñante. Cada encontro con el na rúa é unha beizón, a pesar de que el humildemente afirma que «Todas las tardes paseo mi derrota por las […]

Aconfesionalidade

12 Abril, 2009 (10:51) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

Ao fío das procesións de Semana Santa no artigo da semana propoño unhas pequenas doses de laicismo no comportamento dos funcionarios e servidores públicos.

«Woman» «Yo leo»

8 Abril, 2009 (11:08) | Lectura, Medios, Publicidade |

Nunca víramos semellante tratamento para promoción da lectura como o que realiza a revista Woman neste mes de abril. Algo está mudando na imaxe social da lectura para que sexa promocionada en portada. Vaise poñer de moda a lectura e visitar as bibliotecas e librarías? Vía Librosfera

Comercio interior do libro en galego 2007 (e VII)

7 Abril, 2009 (19:15) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

LIBRO EN GALEGO 2007 TENDENCIAS Os datos proporcionados polo informe do Comercio interior do libro en Galicia 2007, xa debullados nas nosas anotacións anteriores, permiten identificar algunhas tendencias da evolución do libro en galego durante o período 2005 ao 2007: – Lixeiro retroceso do conxunto da produción editorial en galego, reflectida nunha diminución do número […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (VI)

6 Abril, 2009 (15:36) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes, Librarías |

DATOS CLAVES SOBRE O SECTOR DO LIBRO EN GALICIA 2005-2007 Dos datos globais do Comercio do interior do libro en Galicia 2007 podemos tirar algunhas conclusións sobre as tendencias do sector editorial en Galicia e en galego no período 2005-2007: – Ampliouse de forma significativa o número de editores, até os 43, publicando a maioría […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (V)

6 Abril, 2009 (14:29) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes, Librarías |

CANAIS DE COMERCIALIZACIÓN DO LIBRO EN GALEGO Estes datos sobre comercialización amosan que as librarías e as cadeas de librarías en 2007 foron as canles principais de venda do libro en galego, xa que supuxeron o 59,80% das vendas (13,12 millóns de euros a prezos de capa). No obstante, se comparamos estas cifras coas de […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (IV)

6 Abril, 2009 (14:20) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

O CATÁLOGO DO LIBRO EN GALEGO DISPOÑIBLE Unha das informacións máis interesantes deste estudo de Comercio interior do libro en Galicia 2007 é o que proporciona sobre as características actuais do catálogo dispoñible dos editores galegos, o que nos permite, tamén, coñecer as características do catálogo do libro en galego dispoñible nas librarías e nos […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (III)

6 Abril, 2009 (12:07) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

A EDICIÓN LITERARIA EN GALEGO En 2007 publicáronse 238 títulos literarios en galego (o 18,40% dos editados en galego), dos cales 113 foron de narrativa (47,47% da produción literaria do ano), 63 de poesía e teatro (26,47%)  e 62 de «outros» (ensaio e investigación literaria, 26,06%). Con respecto ao ano anterior, produciuse unha diminución do […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (II)

6 Abril, 2009 (10:33) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

DATOS POR TIPOS DE EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO Os datos da edición en galego por tipos de edición sinalan a importante dependencia do sector con respecto á edición da canle escolar e paraescolar, na que se inclúen o libro de texto, a literatura infantil e xuvenil e os dicionarios. – Durante o ano 2007, […]

Comercio interior do libro en galego 2007 (I)

5 Abril, 2009 (19:08) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

DATOS XERAIS: PRODUCIÓN EDITORIAL E FACTURACIÓN DO LIBRO EN GALEGO As referencias aparecidas nos diversos medios sobre o Comercio do interior do libro en Galicia 2007 apenas diferencian os datos referidos á edición en Galicia e á edición en galego realizada polas 43 editoras agremiadas á Asociación Galega de Editores. Porén, este informe, a pesar […]

Gústame ler

5 Abril, 2009 (10:20) | Editores, Lectura, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/oX1LM9HIk_s” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Gran vídeo de promoción da lectura de Random House Mondadori. Moi recomendable. Vía Trafegando Ronseis.

Identidades dixitais

5 Abril, 2009 (09:45) | Artigos Faro de Vigo, Blogs, Campo de Granada, Internet, Literacidade, Tecnoloxías |

No artigo da semana de «Campo de Granada» (non aparece na web de Faro de Vigo) abordo, dende un punto de vista xeral e divulgativo, a cuestión das  Identidades dixitais, unha das compoñentes, xunto a literacidade electrónica, do paradigma da comunicación cultural electrónica. Durante a última década, debido aos avances das tecnoloxías da comunicación dixital, […]

O preocupante estado da edición en galego

4 Abril, 2009 (13:41) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes, Libro de texto |

Representantes da AGE presentaron onte dous documentos que amosan de forma contundente o preocupante estado actual da edición en galego: o Estudo do comercio interior do libro 2007 e un novo informe sobrea mellora do sistema de préstamo do libro de texto. Dous documentos (que desmiuzaremos no blog devagariño) que amosan, ademais, a triste herdanza […]

Libro infantil galego

3 Abril, 2009 (07:08) | Edición, Literatura infantil e xuvenil |

«O 60% dos libros galegos van a éscola», reportaxe de Xornal de Galicia con motivo do Día Internacional do Libro Infantil.

«O galego é útil», manifesto

2 Abril, 2009 (15:32) | Iniciativas, Lingua |

Un grupo de galegos, asentados a maior parte deles en Londres, promove o manifesto «O galego é útil» coa intención de desmentir, dende a súa experiencia no extranxeiro, o mito de que «o galego non vale para nada» ou «serve só dentro de Galicia». Reproducimos o texto dun manifesto moi interesante: Todos os idiomas valen […]

Figo compra Leya, o maior grupo editorial portugués?

1 Abril, 2009 (22:00) | Edición, Fútbol, Portugal |

Segundo lemos no blog do Jornal das Letras, o futbolista Luis Figo convertirase proximamente no accionista maioritario do Grupo Leya, o conglomerado editorial máis importante de Portugal, do que forman parte editoras como Dom Quixote, Caminho, Asa, Oficina do Livro ou Teorema. O internacional portugués pretende crear unha colección dedicada especificamente ao deporte e negociar […]