Month: Maio, 2009

Chopos de Coia

31 Maio, 2009 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Vigo |

No artigo da semana da edición impresa de Faro de Vigo reflexiono sobre a delirante pretensión da concellaría de Parques e Xardíns de cortar os catro centos cincuenta chopos da avenida Castelao. Afortundamente, semella que só foi un tasacordo e a concelleira «renuncia a facelo». Como o artigo non foi publicado na edición electrónica do […]

Finalistas dos Premios Xerais 2009

29 Maio, 2009 (20:15) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Reunido, hoxe 29 de maio, no castelo de Soutomaior, o xurado da XXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que participaron corenta e cinco obras,  formado por Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo […]

Volve Carlos Núñez: “Alborada do Brasil”

28 Maio, 2009 (10:31) | Música, Novidades |

O vindeiro 16 de xuño aparecerá Alborada do Brasil, o novo disco de Carlos Núñez. Onte limos as primeiras informacións sobre un  proxecto do que sabiamos  traballaban, dende hai tres anos, Carlos e o seu equipo. Sentinme afectivamente vencellado a este proxecto desde as nosas primeiras conversas con Carlos e Fenrnando Conde sobre as relacións […]

Feira do Libro de Vigo, 10 ao 19 de xullo

27 Maio, 2009 (15:04) | Eventos, Librarías |

Coñecimos hoxe a inagardada decisión da  Federación de Libreiros de Galicia de mudar as datas  da Feira do Libro de Vigo, que tiña prevista a súa celebración entre os días 3 e 12 de xullo e que finalmente quedará entre 10 ao 19 de xullo na Praza de Compostela. Descoñecemos as razóns desta mudanza que […]

Outro esvarón de Feijóo

26 Maio, 2009 (21:29) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

No seguimento desa tarefa imparable de demolición da nosa lingua, emprendida polo Goberno de Feijóo, temos que ocuparnos hoxe do anuncio realizado polo presidente sobre o carácter vinculante da consulta que sobre a lingua materna de cada neno pretende organizar “proximamente” nos centros escolares. Chámannos a atención dúas cuestións sobre estas declaracións: primeira, que fosen […]

Afeccionadas celestes reclaman á volta de Notario

25 Maio, 2009 (16:29) | Celta de Vigo, Fútbol, Iniciativas, Vigo |

Tras a frustración do serán do sábado, o debate en Vigo sobre o futuro do Celta bota chispas. Hoxe recibín unha carta na caixa do correo, enviada por unhas moi veteranas seareiras. Reclaman a volta á portaría de Notario como medida salvadora. O ton da escrita é realmente dramático, expresando o seu auténtico sufrimento e […]

Campo do Fragoso LXXIX

24 Maio, 2009 (12:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ARGUMENTO COÑECIDO Para os que imos cada quince días a Balaídos non foi sorpresa ningunha o empate diante do Murcia, que afunde ao equipo noso un pouco máis nese escuro territorio das tebras e fantasmas da perda da categoría. Magoadamente, o encontro desenvolveuse cun argumento ben coñecido: un inicio moi esperanzador, no que o Celta […]

Trasacordo

24 Maio, 2009 (11:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana abordo a utilización da institución galega do «trasacordo» por parte do Goberno de Núñez Feijóo durante o seu primeiro mes, con especial atención ao caso da frustrada Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.

2010, Ano da Lectura

23 Maio, 2009 (12:19) | Cultura, Goberno Feijoo, Lectura |

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, anunciou onte no acto da homenaxe a Marcos Valcárcel, organizado polo PEN Clube (beizóns para Tosar pola organización e as súas palabras oportunas e valentes), que o Goberno Galego declarará 2010 como «Ano da Lectura» en Galicia. Un dos poucos  compromisos electorais que se pon en marcha. Aledámonos desta […]

Roto o consenso sobre o PXNL

22 Maio, 2009 (09:55) | Goberno Feijoo, Lingua, Política |

A que semella imparable deriva do actual Goberno Galego lévao a rachar o consenso acadado en 2004, entre as forzas sociais e as tres forzas parlamentarias, arredor do PXNL. Facendo caso omiso das recomendacións do recente documento da Academia Galega (que reclamaba como un dos principios básicos da súa proposta de acordo social integrador: “a […]

Cadea humana por un albergue público para Vigo

20 Maio, 2009 (16:32) | Eventos, Iniciativas, Vigo |

Homenaxe á cidade da liberdade

20 Maio, 2009 (08:56) | Cidades, Narrativa, Presentacións |

O sábado 23, ás 20:30 horas no Teatro Rosalía de Castro celebrarase a “Homenaxe á Cidade da Liberdade”, un acto literario arredor da novela de Manuel Rivas, Os libros arden mal. A entrada é de balde. A boca da literatura e a da canción, as palabras e a música, a poesía e os tangos, entrelazan […]

Benedetti ou a defensa da alegría

18 Maio, 2009 (22:44) | Autores, In memoriam, Poesía, Vídeos |

Déixanos textos memorables.

Un paso adiante, outro atrás

18 Maio, 2009 (20:23) | 17_de_maio, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Tras o regreso esperanzado de Compostela da tarde de onte, hoxe volvemos a realidade e comprobamos que a saída ao conflito da derrogación do decreto de fomento do galego vai ser moi difícil. Tras a moi coidada «Operación Láncara» (na que se fían na mesma secuencia o manifesto da RAG, o nomeamento de Lorenzo e […]

Libro en galego, datos para un diagnóstico

17 Maio, 2009 (08:32) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

No suplemento de El País Galicia dedicado ao 17 de maio publico un traballo arredor da situación do libro en galego. Reprodúzoo, xa que tampouco aparece na edición dixital do xornal. O 17 de maio é data acaída para facer un balance do estado de saúde do libro en galego. As estatísticas dispoñibles (tanto as […]

Un debate sobre as ameazas para o futuro do idioma

17 Maio, 2009 (08:24) | 17_de_maio, Goberno Feijoo, Lingua, Recurso_didáctico |

La Opinión da Coruña publica hoxe a transcrición do debate que mantivemos Francisco Fernández Rei, Goretti Sanmartín e mais eu arredor das ameazas que detectamos para o futuro do idioma.

U-lo albergue?

17 Maio, 2009 (08:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo abordo a polémica arredor da ubicación do albergue de emerxencia de Vigo. Reprodúzoo, xa que non aparece nas páxinas electrónicas do decano. Os lectores de “Faro de Vigo” coñecen de primeira man a polémica existente sobre o futuro do edificio da Gota de Leite, onde estaba previsto […]

Casa da Lectura

16 Maio, 2009 (10:02) | Bibliotecas, Lectura |

En varias ocasións temos gabado o gran traballo que realiza Espazo Lectura, un modelo de voluntariado pola lectura que traballa infatigablemente na comarca do Val Miñor. Hoxe, a asociación que preside Concha Costas, dá un paso moi importante coa inauguración da Casa da Lectura, un espazo para a convivencia lectora arranxado polos voluntarios e voluntarias […]

Book trailer XII: «O livro inclinado»

16 Maio, 2009 (09:34) | Book_trailer, Literatura infantil e xuvenil, Portugal, Promoción do libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0EzJWtf9LbI” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Vía Blogtailors (grazas).

O nomeamento de Anxo Lorenzo

15 Maio, 2009 (13:35) | Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Fago miña a lúcida anotación de Fran Alonso. O nomeamento dunha persoa como Lorenzo,leal defensor do idioma de noso, debe ser entendida como o primeiro froito da mobilización da sociedade civil que conseguiu (polo momento) coutar o paso ás presións galegófobas. A decepción expresada por Galicia Bilingüe é unha mostra do acertado deste nomeamento. Polo […]

Unha lingua para todos

13 Maio, 2009 (07:10) | 17_de_maio, Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Recurso_didáctico |

O pronunciamento da Academia Galega sobre o estado da lingua, a pesar de chegar con certo retraso, merece todos os parabéns. A claridade e contundencia do chamamento achega argumentos de autoridade que, canto menos, dificultarán a modificación unilateral do decreto de fomento do galego no ensino prometida polo actual Goberno Galego.  Acerta a Academia cando […]

«Os ollos do Contomar»

12 Maio, 2009 (08:03) | Bibliotecas, Lectura, Novidades, Presentacións |

Acredito que este libro é unha marabilla. Poucas veces gocei tanto da beleza da lectura como nestas fotografías de Manuel G.Vicente. Outrosí sucede cos textos, que constitúen unha antoloxía fulcral sobre a lectura, o libro e a biblioteca. Beizóns para Espazo Lectura! [recomendo baixar as primeiras 28 páxinas en pdf]

Homenaxe a Ramiro Fonte en Lisboa

11 Maio, 2009 (06:56) | Autores, In memoriam, Portugal |

Mañá, martes, 12 de maio, ás 18:00 horas, participaremos nun acto de homenaxe a Ramiro Fonte que terá lugar no Instituto Cervantes de Lisboa. Na mesa redonda, que será presidida por Carmen Cafarell (directora do Instituto Cervantes), acompañaremos a Carlos Marzal, Graça Videira, Jose Manuel Mendes e Raúl Veiga. O actor Evaristo Calvo recitará unha […]

Campo do Fragoso LXXVIII

11 Maio, 2009 (06:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ABISMO No serán do pasado sábado o Celta deu un chimpo de xigante para precipitarse no abismo e enterrar máis de oitenta anos da afouta historia do fútbol atlántico. Unha auténtica temeridade. Un suicidio deportivo. Os seis mil resistentes da bancada –os que non desertamos da causa celeste, a pesar de vivir en Balaídos fracaso […]

Vertebrar Galicia

10 Maio, 2009 (10:21) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana volvo sobre a necesidade de abordar a organización territorial como requisito para poder modernizar as administracións locais e crear as áreas metropolitanas. Sen solucionar ese debate estratéxico para a construción da nación, témome que nos fartaremos de participar en  enleadas localistas. Contaremos con esa estratexia de país?

Vivir é compartir

9 Maio, 2009 (08:23) | Cidades, Música, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/orukqxeWmM0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Publicidade de T-Mobile. Vía: Estrelas e limóns (grazas).

Troles da Coruña, anos setenta

9 Maio, 2009 (07:46) | Historia, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/sf01GiYq-U4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/xmAzMP7g2dY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Unha viaxe polas rúas e barrios coruñeses de hai máis de trinta anos da man dos troles. Un exercicio de memoria moi interesante. Vía pelouro (grazas).

Guillermo Schavelzon

7 Maio, 2009 (18:19) | Axentes_literarios, Edición, Entrevistas, Promoción do libro, Tecnoloxías |

A entrevista a Guillermo Schavelzon, o axente de autores literarios como Suso de Toro ou Paul Auster, é moi clarificadora sobre o actual momento da edición literaria. Algunhas das súas respostas a José Antonio Millán constitúen un diagnóstico das incerteza que presiden este momento de tránsito (mudanzas e continuidades) entre os soportes analóxico e dixital […]

O novo Kindle DX

6 Maio, 2009 (22:22) | Libro_electrónico, Tecnoloxías, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/myqkadSYT2Q” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] O novo Kindle DX de Amazon, presentado hoxe, presenta algunhas novidades. Semella concibido pola súa pantalla grande e polo seu lector de PDF nativo para poder ler con toda a comodidade documentos (A4), prensa e para ser utilizado como «libro de texto». Este novo lector portable de tinta electrónica […]

Teresa Moure, pregón da Feira do Libro de Santiago

5 Maio, 2009 (20:15) | Lectura, Librarías, Libro |

Teresa Moure leu o pasado primeiro de maio un pregón formidable na inauguración da Feira do Libro de Santiago. O novo conselleiro de Cultura, que por vez primeira participaba nun acto público, debeu tomar boa nota. O texto completo do discurso de Teresa Moure pode descargarse aquí. No entanto, recollo dous fragmentos sobre o papel do […]

Beizóns para Belén

5 Maio, 2009 (19:37) | Beizóns, Educación, Lingua, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/NYH_Pltivpo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Únome aos milleiros de admiradores da intervención de Belén Regueira nos Mestre Mateo, comunicadora da que dende hai tempo somos seguidores rendidos. Belén sinala nestes dous minutos e medio memorables os vieiros que debemos seguir na defensa do galego: rigor na argumentación, coñecemento do problema, afouteza e simpatía na comunicacións. […]

Comezo do Vigo metropolitano

3 Maio, 2009 (08:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana valoro como positiva a noticia da creación da delegación da Xunta de Galicia en Vigo, ao tempo que reitero a necesidade dun acordo nacional arredor da organización do territorio. Rachar por vez primeira na nosa historia contemporánea a estrutura provincial da administración constitúe un feito moi significativo.

Hai algunha razón pra ler?

2 Maio, 2009 (18:09) | Humor, Lectura |

Vía Txetxu Barandiarán.

«A forza das minorías» Congreso IBBY, Compostela 2010

2 Maio, 2009 (11:22) | Asociacionismo, Eventos, Exposicións, Literatura infantil e xuvenil |

Gustoume o o proxecto gráfico deseñado por Xan López Domínguez para o espazo web do Congreso do IBBY 2010 en Compostela. Xa se coñecen algúns dos primeiros nomes de conferenciantes, seminarios ou de actividades dunha cita extraordinaria e decisiva para o sector editorial galego. [Poden colocarse banners no blog e descargarse folletos co avance do programa]

Feijoo no labirinto

1 Maio, 2009 (11:50) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Tras o seu regreso a Galicia, Feijoo viuse obrigado a mudar de plans. A súa vergonzosa actitude de sumisión diante de Pedro J. e Jiménez Losantos levouno a comprometerse en que ordenaría a Inspección Educativa que enviase de forma inmediata unha circular aos centros educativos coa pretensión de «restaurar os dereitos civís» nas aulas e de […]