Month: Xuño, 2009

Roberto Varela Fariña fala en 2007 sobre a promoción cultural

29 Xuño, 2009 (18:49) | Cultura, Entrevistas, Goberno Feijoo, Vídeos |

Entrevista a Roberto Varela. Parte 2 from Balor on Vimeo. Segunda parte da entrevista realizada a Roberto Varela Fariña, no mes de decembro de 2007, por Isaac Cordal, Roi Fernández e Berio Molina para un documental sobre creación contemporánea. Moi interesante.

O futuro do Campo de Granada

29 Xuño, 2009 (07:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre as posibilidades da «idea urbanística» preparada por Rafael Moneo para o Campo de Granada.

«Clandestino» na noite na biblioteca

28 Xuño, 2009 (09:43) | Beizóns, Bibliotecas, Clubs_lectura, Lectura, Música, Portugal, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Mf3tRK1e0RM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Ben sabemos que Deolinda é unha marabilla. Este «Clandestino» (unha das miñas cancións preferidas) é  apenas a miña pequena homenaxe para os lectores e lectoras que pasaron esta noite na biblioteca. Os membros de Espazo Lectura son os clandestinos da esperanza. Beizóns!

Todos con Xosé Manuel Beiras

28 Xuño, 2009 (09:29) | Autores, Cultura, Economía, Eventos, Lingua, Política, Socioloxía |

Hoxe en Trasalba todos con Beiras.

Novoneyra, 17 de maio 2010

27 Xuño, 2009 (19:06) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/K8_jFWgaBWg” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A pesar de que as concellarías de Cultura do BNG promoveron ao mesmo son a candidatura de Ricardo Carvallo Calero, non creo que quedasen descontentas coa elección do poeta courelao Uxío Novoneyra e da elección como académico (xa era tempo!) de Bernardino Graña. Haberá que agardar outro ano pola […]

Rectificación oportuna

26 Xuño, 2009 (15:56) | Goberno Feijoo, Libro de texto |

A medida anunciada hoxe pola Xunta Galicia sobre os libros de texto paréceme unha rectificación moi oportuna. Dende estas brétemas temos criticado reiteradamente a modalidade de préstamo do libro de texto imposta polo Goberno Bipartito, cuxos efectos perversos sobre o emprego e a viabilidade das empresas estamos soportando agora con enormes dificultades os editores e […]

“A Casa do vagabundo”, outra despedida

25 Xuño, 2009 (16:25) | Goberno Feijoo, Medios, Poesía, Promoción do libro |

Xosé Rivadulla Corcón, director d’ A Casa do vagabundo, o programa de libros (e con especial dedicación á poesía) da Radio Galega envíanos esta carta de despedida: Estimados habitantes da Casa do vagabundo: Xa sabedes que esta casa non ten ni paredes nin portas, tampouco xanelas nin tellado e pode emprazarse en calquera lugar do […]

Camiñar por Compostela da man de «Festina lente»

24 Xuño, 2009 (18:26) | Cidades, Eventos, Historia, Narrativa, Xerais |

As xornadas que o Club de Lectura de Gálix Tendendo Redes dedicada a Festina lente, a grande novela de Marcos Calveiro, parécenme unha marabilla. Esta iniciativa amosan as enormes posibilidades dinamizadoras que atesouran os Clubes de Lectura (un concepto que debemos ampliar ao de «Voluntariado da lectura») e a potencia sedutora da novela de Calveiro, […]

Galicia Bilingüe apreta a Vázquez e a Feijóo

22 Xuño, 2009 (21:04) | Goberno Feijoo, Lingua, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ovpSTcNg7nk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Galicia Bilingüe moveu peza mediática na súa estratexia de presión sobre Vázquez E Feijóo.

Traslado a Galicia dos restos de Castelao hai 25 anos

22 Xuño, 2009 (20:03) | Historia, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/tnI3b2h3M7U” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Extraordinaria a retransmisión de Tereixa Navaza!

Ler

21 Xuño, 2009 (11:14) | Imaxes, Lectura |

Vía Anxo

O galego serve para entendernos

21 Xuño, 2009 (10:51) | Iniciativas, Lingua, Recurso_didáctico |

O mellor que lin na prensa do domingo é este texto de José Manuel Atanes Limia publicado na sección de «Cartas» de Faro de Vigo. O texto permite un aproveitamento didáctico formidable e múltiples iniciativas de fomento de uso do galego. Parabéns para o seu autor que atina cun rexistro con forte capacidade emotiva e […]

Sementador de esperanza

21 Xuño, 2009 (09:00) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Xerais |

No artigo da semana, ao fío da homenaxe de Vilalba, fago unha achega á obra literaria de Agustín Fernández Paz, que o martes recibirá en Teruel o Premio Nacional de Literatura Infantil.

Todos con Agustín en Vilalba

20 Xuño, 2009 (00:18) | Autores, Entrevistas, Eventos |

Hoxe todos con Agustín en Vilalba. Especial  de Xornal de Galicia. Entrevista con Iago Martínez e artigo de Martin Pawley. Pola súa banda, Mar Mato entrevístao en Faro de Vigo, facendo fincapé na aparición de Lúa do Senegal.

Sobre o dereito a elixir a lingua de escolarización, setenza do Constitucional

19 Xuño, 2009 (08:48) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

A insistencia dos sectores galegófobos e do actual goberno galego no “dereito das familias a elexir a lingua vehicular utilizada nas aulas” pode levarnos a perder a perspectiva de cal son os límites que o actual marco constitucional establece para o dereito á educación e os dereitos lingüísticos da cidadanía. Ler un pequeno extracto deste […]

Discurso de Albert Camus

18 Xuño, 2009 (22:19) | Autores, Recurso_didáctico |

Cada geração se sente, sem dúvida, condenada a reformar o mundo. No entanto, a minha sabe que não o reformará. Mas a sua tarefa é talvez ainda maior. Ela consiste em impedir que o mundo se desfaça. Herdeira de uma história corrupta onde se mesclam revoluções decaídas, tecnologias enlouquecidas, deuses mortos e ideologias esgotadas, onde […]

Do libro electrónico á lectura dixital

17 Xuño, 2009 (20:11) | Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías |

Esta noticia de Ediciona paréceme moi importante: por fin Amazon reorienta a súa estratexia do negocio dixital renunciando ao seu modelo de dispositivo de lectura  propietario (actualmente o Kindle 2 e o Kindle DX) para facer, pola contra, maior fincapé na distribución dos contidos. Semella que a irrupción do IPhone como posible dispositivo de lectura […]

Clásica2

16 Xuño, 2009 (22:22) | Blogs, Iniciativas, Música, Recurso_didáctico |

O meu amigo Rafael Ojea (paga a pena visitar o seu fermoso fotoblog) recomenda Clásica 2, unha páxina do melómano vigués Manuel López Benito. Sen dúbida, o que máis me gustou foi o blog, onde se publican cada día fragmentos musicais comentados con moito talento e amenidade. Ademais, o autor promete poñer en marcha un […]

Juan Carlos Moreno Cabrera, conferencia sobre o nacionalismo lingüístico español

15 Xuño, 2009 (20:31) | Lingua, Polémicas, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/d4B6Hu3z-4A” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Conferencia (case 40 minutos) de Juan Carlos Moreno Cabrera, profesor da Universidade Autónoma de Madrid, sobre o nacionalismo lingüístico español. Extraordinariamente clarificadora. Desmonta mitos e prexuízos a esgalla. Moi recomendable. Vía Bouzafría, moitas grazas.

Aposto pola canteira

15 Xuño, 2009 (07:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Fútbol, Vigo |

No artigo da semana, que publica a edicion impresa de hoxe de Faro de Vigo, defendo o valor da canteira para o proxecto do Celta da vindeira tempada. [O artigo de M. R. Varela en Faro de Vigo, que se se reproduce coma imaxe, foi publicado hai cincuenta anos. As preocupacións e os argumentos repítense]

Agustín Fernández Paz, «Letra E» da AELG

14 Xuño, 2009 (10:35) | Autores, Eventos |

A homenaxe O escritor na súa terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega chega a súa XVª edición recaendo por unanimidade en Agustín Fernández Paz que será homenaxeado en Vilalba, a terra onde naceu. Os actos comezarán ás 12:00 no barrio das Fontiñas, onde se plantará unha bidueira (a árbore escollida por Agustín), […]

A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo

14 Xuño, 2009 (10:03) | Educación, Música, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/kLnmb1Bi2n0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ug0kEwY-m2w” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Paga a pena coñecer estes dous vídeos de presentación da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (E-Trad Vigo), ubicada na Escola de Artes e Oficios e dependente da Concellaría de Educación de Vigo. A experiencia da E-TRAD e de Sondeseu merecen as nosas […]

Vídeoentrevista nos Premios Xerais 2009

13 Xuño, 2009 (09:50) | Blogaliza, Libro_electrónico, Lingua, Persoal, Política, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/W9IqXhT4UIY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] O equipo de Blogaliza ven publicando ao longo da semana unha serie de vídeoentrevistas realizadas tras a cerimonia dos Premios Xerais 2009. Recollo para o arquivo (desculpas pola autopromoción) a que eles me fixeron e enlazo, ademais, a miña intervención no acto que gravou xenerosamente Albixoi. Na vídeoentrevista repásase […]

Continuará “Libro Aberto”?

12 Xuño, 2009 (11:45) | Beizóns, Libro, Promoción do libro, Televisión |

Acabamos de recibir  a carta de despedida de Luís Rei Núñez, o director do programa “Libro Aberto”. Despois de 127 programas “Libro aberto” consolidouse como o espazo de referencia para a promoción do libro galego en televisión. Magoadamente a nova dirección da TVG, que acaba de suprimir o “Servizo de Cultura”, non asegura a continuidade […]

Aquilino Iglesia Alvarino, hoxe centenario do seu nacemento

12 Xuño, 2009 (09:21) | Autores, In memoriam, Poesía, Xerais |

Un doce de xuño de 1909 nacía en Seivane, unha aldea do concello de Abadín o que sería o grande poeta chairego Aquilino Iglesia Alvariño. Afortunadamente o PEN de Galicia estivo atento e este centenario do autor de Señardá (1930), Corazón ao vento (1933) ou  Lanza de soledá (1961) non pasará completamente desapercibido, a pesar […]

Xerais inicia a transición ao libro electrónico

11 Xuño, 2009 (16:59) | Entrevistas, Libro_electrónico, Xerais |

A raíz da nosa intervención na cerimonia dos Premios Xerais, son varios os medios electrónicos que se interesaron pola nosa estratexia de transición cara a edición de libro electrónico. Recollemos as entrevistas que nos fixeron: “Xerais inicia a transición cara o libro electrónico” (Vieiros). “Xerais presenta a súa estratexia cara o libro dixital” (culturagalega.org). “Deixaremos […]

A cuestión lingüística, o documento de Nova Escola Galega

11 Xuño, 2009 (12:01) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

Importante documento de Nova Escola Galega sobre a cuestión lingüística. Recoméndoo moi vivamente. Pode baixarse en pdf aquí. Agradécese a maior difusión. É moi bo, tamén, o texto do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, respondido hoxe por Feijóo.

Panificadora, hoxe debate no Marco

11 Xuño, 2009 (07:02) | Eventos, Persoal, Vigo |

[Foto Lalo Villar] Convidado polos membros de Outro Vigo é posible hoxe ás 20:00 horas  no auditorio do Marco participarei nun debate sobre o futuro da Panificadora. No acto acompañaremos a Xoán Carmona, M.X. Facal, Iria Sobrino e a J. G. Alen. A causa de salvar a Panificadora paga a pena.

As linguas suman

10 Xuño, 2009 (20:17) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

A iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de enviar este tríptico ás familias é unha resposta docente moi axeitada á prexuizosa e falsa consulta ás familias do Goberno Feijóo. Neste momento, dende todas as instancias das que dispoñemos os defensores do idioma, é imprescindible colaborar coa estratexia desta Coordinadora e […]

Tras os Xerais

9 Xuño, 2009 (20:38) | Beizóns, Blogs, Eventos, Premios, Xerais |

Dende o pasado domingo andamos enleados poñendo orde en toda a información xerada polo serán dos Xerais. A verdade que estou moi satisfeito pola repercusión do acontecido na illa tanto na prensa impresa como nos medios electrónicos; tanto nas anotacións dos  blogs (todas tana agarimeiras con nós) como nos perfís de Facebook (a gran novidade desta edición), onde se […]

Monolingüismo

8 Xuño, 2009 (13:48) | Beizóns, Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

Recomendo vivamente esta extraordinaria anotación de Juan Varela. Textos coma este de Juan ou moitos dos que publica Fermín Bouza no seu votoconbotas demostran que é imprescindible falar en Galicia coa mesma claridade que eles o fan sobre o que pretende facer o Goberno Feijóo coa lingua de todos. Unha inxección de autoestima e confianza […]

O serán de Agustín

7 Xuño, 2009 (12:28) | Autores, Descargas, Eventos, Lingua, Premios, Xerais |

O de onte en San Simón foi un serán memorable. O incrible dobrete de Rosa Aneiros e as senllas intervencións para agradecer cada un dos premios, a atrevida novela infantil de Jacobo Serrano, as intervencións dos membros dos tres xurados, a elección do agasallo para os participantes, a merenda saborosa que nos preparou Fita, a […]

Salvados por Iago Aspas!

7 Xuño, 2009 (11:28) | Celta de Vigo, Fútbol, Persoal |

A verdade é que ten razón un bo amigo deportivista que me escribiu esta mañá para dicirme  que a vitoria do Celta amosa que son un «gafe». E quizais non lle falte razón. Onte non puiden sufrir no estadio, xa que o encontro coincidiu xustamente co desenvolvemento da emocionante cerimonia dos nosos premios. Con todo, […]

Lémolo todo

7 Xuño, 2009 (09:55) | Bibliotecas, Lectura, Lingua, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/OyB5HthzUh4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Anuncios como este de Booklist On line (a verdade que o eslogan é pouco afortunado), un servizo da asociación americana de bibliotecarios, son os que precisamos para fomentar o emprego do galego (e, tamén, a lectura, claro está). Vía Librosfera (gracias).

Profecía cumprida

7 Xuño, 2009 (09:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

No artigo da semana analizo a que entendo é a estratexia do goberno de Núñez Feijóo sobre a cuestión da lingua e o sentido da consulta que a Consellaría de Educación realizará nos centros non universitarios.

Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano, premios Xerais 2009

6 Xuño, 2009 (18:35) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Despois da súa última deliberación, o xurado da XXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Papude” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Jacobo Fernández Serrano e corresponde ao título Mil cousas poden pasar. Libro I. Pola súa banda o xurado […]

«A caixa negra»

4 Xuño, 2009 (18:57) | Goberno Feijoo, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/dKSSe-NRN9E” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Esta é a primeira parte  (1/6) d’ A caixa negra, o documental non emitido pola TVG. O resto pode verse dende aquí. Cando semellaba que isto xa debería estar superado, volvemos a enganchar na rede os vídeos prohibidos. Hoxe distribuír na rede A caixa negra é reclamar a liberdade […]

Beizóns, Xurxo!

4 Xuño, 2009 (17:00) | Autores, Beizóns, Eventos, Goberno Feijoo, Iniciativas, Medios |

Tras catro anos de traballo entusiasta á fronte da subdirección de programas, Xurxo Souto saíu da Radio Galega coa elegancia arroutada e idéntica paixón coa que realizou o seu primeiro saúdo en antena. Atrás queda o seu pulo e esforzo por modernizar e achegar a radio pública en galego (esa “rareza” no dial que debemos […]

Móbiles en galego

3 Xuño, 2009 (22:22) | Lingua, Tecnoloxías |

Cando mudei hoxe de móbil levei unha sorpresa moi agradable: o meu Nokia utiliza o galego como a súa lingua vehicular. Unha gozada! Nestes tempos de tan malas novas para o futuro do idioma, quedei contento coma un cuco. Vencellar o emprego da lingua cos novos trebellos tecnolóxicos continúa sendo unha das estratexias principais para […]

A Deputación de Pontevedra abandona o libro galego

2 Xuño, 2009 (15:28) | Bibliotecas, Edición, Editores, Política, Promoción do libro |

Os editores galegos somos profesionais pacientes e discretos. Porén, nalgunha ocasión temos  que petar na mesa. Iso foi o que fixemos hoxe cando, despois de cinco meses de intentar evitalo por todos os medios ao noso alcance, dimos a coñecer aos medios de comunicación a negativa do presidente e do deputado de Cultura da Deputación […]