«Pirata», terceira novela de María Reimóndez

1 xullo, 2009 (17:20) | Autores, Música, Narrativa, Presentacións, Xerais

A presentación de onte de Pirata, a terceira novela de María Reimóndez (tras o éxito rotundo d' O club da calceta), foi unha marabilla. Durante media hora, María e Xabier Díaz entrelazaron a lectura de fragmentos da obra con cancións populares nas que arrecendía a euforia da maruxía. Un dúo orixinalísimo e memorable.

Acerta Reimóndez cando define Pirata «como un libro de viaxes interiores», xa que baixo a aparencia dunha novela de aventuras, ambientada no século XVIII e tecida sobre protagonistas reais, o que se propón ao lectorado é unha novela de mulleres rebeldes, ao tempo que unha reflexión sobre a identidade en toda a súa complexidade. A verdade é que esta primeira botadura foi moi afortunada. No mes de outubro, Pirata recalará no Aquarium da Coruña. Daquela volveremos sobre ela.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Comment de A profa
Data: 1 xullo 2009, 5:37 pm

Cando, cando, cando?

Comment de bretemas
Data: 1 xullo 2009, 5:47 pm

Pilar, concertaremos a data á volta das vacacións. A de Coruña ten que ser unha botadura de «Pirata» con moita rebumbio, agora que a Torre ilumina a toda a humanidade.

Comment de aprofa
Data: 1 xullo 2009, 10:50 pm

Agardaremos daquela, e cruzarei os dedos para que me coincida na casa :)

Escribe un comentario