«Como galego sinto vergoña»

Tras o acto de presentación do manifesto «Galego. patrimonio da Humanidade» (onde houbo unha importante participación e intervencións moi relevantes), fixen estas declaracións para Galicia hoxe.
Como galego sinto vergonza de que o presidente do meu país teña tan escasa consideración co esforzo colectivo de case tres décadas que costou forxar o actual estatuto xurídico do galego. Recuperar este consenso é unha prioridade para a nosa convivencia. Interpreto a tremenda acollida que ten o manifesto (alén do papel dinamizador da propia rede) e o xermolar de diversas iniciativas organizativas arredor do idioma como un síntoma do malestar existente en sectores urbanos moi diversos da sociedade coa actual política do Goberno Galego sobre a lingua, mais tamén como un síntoma moi esperanzador de vitalidade cívica.
Comentarios
Comment from Félix Soria
Date: 12 Xullo 2009, 10:18 a.m.
Subscribo a súa reflexión: Eu, como “lugoslavo”, tamén sinto vergoña.
(Lugoslavo: Chámase lugoslavo ao galego nacido nas terras de Lugo que foi criado lonxe de Galicia…)
Unha aperta.
Comment from Beceiro
Date: 13 Xullo 2009, 9:34 a.m.
Parabens pola iniciativa. Desde Cataluña, rebicide o meu apoio galego e amigo
Pingback from Brétemas » A fusión das caixas
Date: 13 Xullo 2009, 6:55 p.m.
[...] non contar con novo Estatuto é un prexuízo grande para a negociación bilateral co Estado) e da teimosa ofensiva contra o galego non pode adiar na mesa de Feijoo o complexo problema da inevitable fusión das caixas para gañar [...]
Comment from Xaquín
Date: 13 Xullo 2009, 7:17 p.m.
Idem.
Pingback from Brétemas » Lingua: recuperar o consenso
Date: 22 Xullo 2009, 6:53 p.m.
[...] artigo da semana, tras a presentación do manifesto «Galego. Patrimonio da Humanidade», propoño en termos moi semellantes a [...]
Comment from Mónica Touza Toncoso
Date: 26 Xullo 2009, 10:19 p.m.
Mais que vergoña…noxo.
Canto temos que aprender dos catalans, nos últimos 30 anos eles van cara adiante e nos cara atrás.
Como na peli de Blade Runner….nos desfacemos e desaparecemos como lágrimas na choiva…..



Comment from moinante
Date: 11 Xullo 2009, 3:54 p.m.
Totalmente de acordo. Apoio as túas palabras ao 100%