Month: Xullo, 2009

Que idioma fala a Feira do Libro da Coruña?

31 Xullo, 2009 (10:04) | Eventos, Librarías, Lingua |

Acabo de recibir na miña caixa de correo este programa en pdf da Feira do Libro da Coruña acompañado dun correo no que se anuncia a creación dun grupo de seguidores da feira en Facebook e se anima aos “amigos da literatura” a participar nas actividades con estas palabras: “Este año la Feria del Libro […]

A arte do book trailer

30 Xullo, 2009 (17:39) | Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ZS9rltzpgzw” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hai tempo que non recolliamos novos book trailer, esas pezas publicitarias audiovisuais de promoción do libro. O noso bo amigo Leroy Gutiérrez recolle nesta anotación algúns moi bonitos da editora portuguesa Livros de Areia. Leroy considera que estas pezas portuguesas posúen as catro características principais que eu traduzo debe […]

Bibliotecas do futuro

29 Xullo, 2009 (18:34) | Bibliotecas, Libro_electrónico, Tecnoloxías, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/UjoJd_uN-7M” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Este un recurso didáctico e divulgativo sobre o que serán as bibliotecas do futuro, como centros de acceso á información e coñecemento. Interesante reportaxe (case 10 minutos). Vía Booktailors (Obrigado).

Novos argumentos e procedementos para o galego

28 Xullo, 2009 (20:49) | Educación, Eventos, Goberno Feijoo, Lingua |

Moi interesantes parecéronme as conclusións (poden baixarse aquí en pdf) do Vº curso de verán sobre Dinamización Lingüística «Traballando coa lingua». A actual presión galegófoba, como a aceleración do proceso de substitución lingüística, obrigan a crear novos argumentos para o noso discurso de fomento do galego. Precisamos tanto novos argumentarios –conciliadores e firmes ao mesmo […]

Cen días de Feijoo

27 Xullo, 2009 (07:55) | Cultura, Entrevistas, Goberno Feijoo, Libro de texto, Lingua, Política |

Fun consultado por Faro de Vigo e La opinión da Coruña para valorar os cen días de Feijoo no eido da cultura.

Entrevista en «Galicia hoxe»

27 Xullo, 2009 (07:48) | Editores, Entrevistas, Goberno Feijoo, Persoal, Poesía, Política, Xerais |

Manuel Vidal Villaverde tivo a deferencia de incluírme nas súas «Conversas contemporáneas» que publica cada luns en Galicia hoxe.

Memoria do fútbol modesto

26 Xullo, 2009 (09:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Fútbol, Vigo |

U.D. Santa Mariña, tempada 1954-55. No artigo da semana propoño recuperar a memoria daqueles equipos do fútbol modesto vigués dende os anos corenta aos de finais dos setenta.

Brétemas n’ «A Nosa Terra»

25 Xullo, 2009 (18:29) | Blogs, Entrevistas, Persoal |

Un pouco de autobombo n’ A Nosa Terra. Grazas a Eva Estévez e ao resto dos amigos e amigas do xornal.

Pola carretera da vía

25 Xullo, 2009 (13:02) | Arquitectura, Vídeos, Vigo |

Panxón, anos 60 from cmnigran on Vimeo. Este fragmento dun minuto supuxo un auténtico lostregazo para a miña memoria. Cantas veces fixemos esta viaxe no tranvía atá a Ramallosa ou a continuabamos ata Gondomar? Impresiona comprobar como foi modificado o perfil do barrio de San Xoán, onde vivimos hai vinte e cinco anos. Da «feraz […]

A carta de Iván Vaqueiro

22 Xullo, 2009 (18:38) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

Quedo moi agradecido a Iván Vaqueiro Gradín pola carta oportunísima que publica hoxe en Faro de Vigo.

Primeiras secuelas

19 Xullo, 2009 (11:20) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas, Política |

Observo na sección de Cartas ao director de Faro de Vigo a aparición das primeiras secuelas do manifesto «GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE» (nesta semana duplicou os seus apoios, camiño xa das tres mil adhesións) e do artigo da semana pasada no que se reclamaba ao PPdeG que se reintegrase ao consenso sobre o estatuto da […]

Castrelos: «incredible setting»

19 Xullo, 2009 (11:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

Foto Sonia Daponte (Xornal de Galicia). No artigo da semana, ao fío do concerto de Keane que abriu as festas viguesas deste ano, propoño unha reflexión sobre o que entendo é o «espírito de Castrelos» que, afortunadamente, se vai transmitindo xeración a xeración.

Keane, que curriños!

18 Xullo, 2009 (09:03) | Eventos, Música, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/uQQpWmKoB4g” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Excelente o concerto de Keane, graciñas!

A Feira do Libro de Vigo precisa unha virada

16 Xullo, 2009 (18:03) | Eventos |

Hoxe rematamos a nosa participación na Feira do Libro de Vigo co acto de presentación do libro Prostitución: clientes e outros homes das sociólogas Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire. Onte, acompañamos a Agustín Fernández Paz, nun acto e nunha asinatura de exemplares moi concorrida arredor de Lúa do Senegal, a súa máis recente […]

Isabel Allende, gran discurso sobre a muller

14 Xullo, 2009 (16:35) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Igualdade, Recurso_didáctico, Vídeos |

Dezaoito minutos dun discurso memorable de Isabel Allende sobre a situación da muller no mundo. Vía Trafegando ronseis (moitas grazas)

A fusión das caixas

13 Xullo, 2009 (18:55) | Economía, Goberno Feijoo |

A cuestión do financiamento (non pinta ben, xa que non contar con novo Estatuto é un prexuízo grande para a negociación bilateral co Estado) e o da teimosa ofensiva contra o galego non pode adiar na mesa de Feijoo o complexo problema da inevitable fusión das caixas para gañar perímetro na actual crise financeira. A […]

Lingua: recuperar o consenso

12 Xullo, 2009 (06:28) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua, Polémicas, Política |

No artigo da semana, tras a presentación do manifesto «Galego. Patrimonio da Humanidade», propoño en termos moi semellantes a recuperación do consenso arredor da lingua. Reproduzo o texto, xa que a versión publicada contén algúns erros e grallas que pexan a súa lectura (as miñas desculpas). “Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que […]

«Como galego sinto vergoña»

11 Xullo, 2009 (09:40) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua, Presentacións |

Tras o acto de presentación do manifesto «Galego. patrimonio da Humanidade» (onde houbo unha importante participación e intervencións moi relevantes), fixen estas declaracións para Galicia hoxe. Como galego sinto vergonza de que o presidente do meu país teña tan escasa consideración co esforzo colectivo de case tres décadas que costou forxar o actual estatuto xurídico […]

«GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE», presentación do manifesto

7 Xullo, 2009 (18:17) | Iniciativas, Lingua, Presentacións |

O venres, 10 de xullo, ás 12:30 horas, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo presentaremos o texto do manifesto «Galego. Patrimonio da Humanidade». Ata o día de hoxe apoian o texto 1.152 persoas.

The library

6 Xullo, 2009 (15:59) | Bibliotecas, Lectura, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/jpsRma-pC2o” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Este vídeo sobre a biblioteca non podiamos deixar de publicalo aquí. Grazas a Trafegando ronseis.

«Samparkour», São Paulo

5 Xullo, 2009 (14:22) | Brasil, Cidades, Cine, Vídeos |

SAMPARKOUR from Wiland Pinsdorf on Vimeo. Das grandes cidades do mundo (esas megametrópoles imposibles) que teño visitado ningunha me interrogou máis sobre as posibilidades de chegar ao colapso do desenvolvemento urbano ca São Paulo. Quedei coa impresión de que esta é unha cidade esaxerada en case todo, mesmo na beleza extraordinaria que podes atopar de […]

Alborada do Brasil

5 Xullo, 2009 (10:35) | Artigos Faro de Vigo, Brasil, Campo de Granada, Música, Vídeos |

No artigo da semana recomendo de forma entusiasta Alborada do Brasil, o novo disco do meu admirado Carlos Núñez. Afectivamente síntome moi vencellado a este proxecto que superou as miñas maiores expectativas. Un dos mellores discos de Carlos Núñez. Unha marabilla! (Mágoa que non dera atopado aínda nada na rede para escoitar). Contando cunha novidade […]

Juan Carlos Moreno Cabrera, entrevista

4 Xullo, 2009 (09:44) | Lingua, Polémicas, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Z57J88m0_MU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Tras o impacto que nos provocou o vídeo da conferencia do profesor Juan Carlos Moreno Cabrera sobre o nacionalismo lingüístico español, nesta outra peza de 36 minutos, preparada como a anterior pola UOC, o director dels Estudis de Llengües i cultures, Joan Pujar, entrevista ao linguista madrileño. Moreno aborda […]

«Roberto Varela, o conselleiro que chegou de Nova York»

4 Xullo, 2009 (09:30) | Artigos_A_Nosa_Terra, Cultura, Goberno Feijoo |

Os amigos d’ A Nosa Terra pedíronme un perfil de Roberto Varela Fariña, o conselleiro de Cultura e Turismo. Foto: Víctor Mejuto. La Voz de Galicia.

GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE

2 Xullo, 2009 (19:26) | Iniciativas, Lingua |

Hoxe puxemos en marcha a iniciativa de civilidade para a lingua de todos. Aquí pode lerse o texto do manifesto que estamos promovendo. Algúns medios como Vieiros xa informan dunha iniciativa que está correndo a unha velocidade tremenda. Grazas a todos e todas por darlle visibilidade.  

«Pirata», terceira novela de María Reimóndez

1 Xullo, 2009 (17:20) | Autores, Música, Narrativa, Presentacións, Xerais |

A presentación de onte de Pirata, a terceira novela de María Reimóndez (tras o éxito rotundo d’ O club da calceta), foi unha marabilla. Durante media hora, María e Xabier Díaz entrelazaron a lectura de fragmentos da obra con cancións populares nas que arrecendía a euforia da maruxía. Un dúo orixinalísimo e memorable. Acerta Reimóndez cando […]