Month: Agosto, 2009

Blog Day 2009

31 Agosto, 2009 (17:45) | Blogs, Blogs_e_libros, Editores, Efemérides |

Como xa fixemos noutras edicións, hoxe como é o Día do Blog, aproveitamos para felicitar a todos os blogueiras e blogueiras e para recomendar a lectura de 5 blogs doutras comunidades e linguas irmás da nosa que eu leo adoito co maior interese: Amálgama, blog colectivo brasileiro, que descubrín durante a crise de Gaza. e […]

Campo do Fragoso LXXX

30 Agosto, 2009 (09:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SE NON HAI VENTO, BOGAR O encontro da primeira xornada é sempre decisivo xa que adoito sinala os niveis de expectativa para toda a tempada: loitar polo ascenso ou pola permanencia. Magoadamente onte o Celta non foi capaz de rachar esa tendencia negativa, consolidada nos últimos campionatos de segunda división, que lle impide estrearse cunha […]

Celso Emilio Ferreiro, 30 aniversario

30 Agosto, 2009 (09:12) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam, Poesía, Recurso_didáctico |

No artigo da semana homenaxeo a Celso Emilio Ferreiro con motivo do 30 aniversario do seu pasamento (31 de agosto de 1979). Xornal de Galicia faise moi oportunamente eco da homenaxe que onte en Celanova a asociación Arraianos tributou ao poeta.

O Bartleby de Melville en galego

27 Agosto, 2009 (18:30) | Narrativa, Novidades, Traducións, Xerais |

Publicamos un dos nosos títulos máis queridos. Creo que a tradución para o galego de Eva Díaz Rodríguez é magnífica. Chegará ás librarías na primeira decena do vindeiro mes de setembro.

Sony aposta polo formato EPUB

26 Agosto, 2009 (17:30) | Libro_electrónico, Tecnoloxías |

O que máis me interesa da oferta de libros electrónicos de Sony é a súa aposta decidida polo EPUB, o formato libre que pretende converterse no estándar da edición dixital. Os arquivos que posúen a extensión “.epub” adáptanse e reformatéanse segundo o dispositivo e a pantalla, o que supón un enorme adianto con respecto ao […]

A galiña azul e outros contos

23 Agosto, 2009 (09:21) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo, Literatura infantil e xuvenil, Política |

No artigo da semana lembro a peripecia editorial d’ A galiña azul, o primeiro libro infantil do meu querido Carlos Casares, e reflexiono sobre o que entendo son as razóns da súa utilización política por parte da Xunta de Galicia para denominar á anterior rede de galescolas. Este artigo, que fai o número 516 da […]

Será a tempada do ascenso?

22 Agosto, 2009 (18:01) | Celta de Vigo, Fútbol, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0isEeUJCWuA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Tras a solidez do xogo desenvolvido diante do Xixón, os celtistas podemos ter esperanzas de que a tempada que comeza o vindeiro sábado será a do ascenso? A pesar de que non somos adiviños, as boas vibracións deste novo Celta, cheo de canteiráns, xa non se poden agachar. Nos […]

Prolingua

5 Agosto, 2009 (23:35) | Iniciativas, Lingua |

Velaí o espazo web aberto onte por Prolingua. Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega. Pode lerse o manifesto fundacional, a presentación da plataforma e os principios que rexen o seu funcionamento. Unha iniciativa plural e apartidaria que apoiamos con todo o noso pulo.

Operación Pandemia

4 Agosto, 2009 (14:42) | Política, Sociedade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/gKwk8Kq8QXA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Que hai detrás da gripe A?

El Corte Inglés xa ten o seu libro electrónico

4 Agosto, 2009 (11:37) | Libro_electrónico, Tecnoloxías |

Creo que esta noticia é importante para o desenvolvemento do libro electrónico nos nosos mercados. El Corte Inglés, baixo a súa marca Inves-Book 600, comeza a comercialización do seu primeiro e-book a un prezo xa atractivo, 299 euros. Paréceme moi alentador que o aparello utilice tamén, o formato EPUB, que semella pode converterse no estándar […]

Caja Madrid estuda a integración coa CAM e con Caixa Galicia

3 Agosto, 2009 (11:35) | Economía, Goberno Feijoo |

Hai tres semanas adiantabamos aquí as tres posibilidades que se barallaban sobre o futuro das Caixas de Aforros galegas. A pesar de que o presidente Feijoo manifestou cautelosamente que o seu Goberno non tiña unha posición adoptada sobre esta cuestión e que daría a sua opinión dentro duns meses, semella que pola información aparecida hoxe […]

O dano está feito

2 Agosto, 2009 (10:06) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas, Política |

Tras a comunicación dos resultados da consulta ás familias, no artigo da semana reflexiono sobre o escenario que se abre a partir de agora. Non teño dúbida que durante estes últimos meses o dano sobre o prestixio e a valoración social da lingua quedou feito, razón pola que recuperar ese terreo común perdido é a […]

No Paseo de Afonso

1 Agosto, 2009 (12:36) | Entrevistas, Persoal, Vigo, Xerais |

Desculpen o autobombo. Hoxe saíu na edición de Vigo de La Voz de Galicia esta entrevista dun “cidadán no seu rincón”. Grazas a María J. Fuentes polo texto e a Óscar Vázque pola foto.