Month: Setembro, 2009

Plan Ceibal 2009 Uruguai

30 Setembro, 2009 (21:36) | Educación, Internet, Literacidade, Tecnoloxías, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SnLo-j8GvPM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Aquí máis información sobre o Plan Ceibal 2009. Vía Mirá.

Campo do Fragoso LXXXI

27 Setembro, 2009 (12:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CAMIÑO BRETEMOSO A clara derrota fronte ao Hércules profundiza a crise do Celta e agoira que esta será outra tempada na que, como nas dúas anteriores, percorreremos un camiño bretemoso, cheo de dificultades, co perigo constante de perder a categoría diante dos nosos fuciños. Tras quince puntos desputados, os dous empates acadados polos celestes son […]

Ás voltas coas dotacións

27 Setembro, 2009 (11:36) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana volvo sobre dúas cuestións viguesas que me preocupan, a ubicación da Biblioteca Pública do estado e a apertura do Centro de Emerxencia Social no edificio da Gota de Leite. É lamentable que o PXOM, aprobado recentemente, non resolvese as ubicacións de edificios dotacionais sociais e culturais. Foto: Atlántico.

Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro

23 Setembro, 2009 (21:03) | Beizóns, Iniciativas, Promoción do libro, Publicidade, Vigo |

Este serán, agardando polo vitrasa para volver do chollo, sorprendeume a publicidade da traseira do bus dos Caños: «Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro». A bonita iniciativa marqueteira, que tamén de promoción lectora, corresponde a Óptica Studio, unha cadea de ópticas nacida en Cangas hai trinta anos e na que nunca reparara. Esta oferta […]

O mercado do libro electrónico hoxe nunha imaxe

22 Setembro, 2009 (07:23) | Comercio do libro, Imaxes, Libro_electrónico |

Grazas, Tati.

«Non somos un sector subvencionado»

20 Setembro, 2009 (10:59) | Edición, Editores, Entrevistas, Persoal, Promoción do libro, Xerais |

Hoxe aparece publicada en La Voz de Galicia parte da conversa que mantivemos, o pasado venres, Xosé Ballesteros e mais eu arredor da situación da edición en Galicia. Como é adoito nestes encontros, falamos devagariño de moitas máis cousas ca do diagnóstico inicial do noso sector, dende o sentido da presenza nas feiras internacionais, pasando […]

Aeroportos de Gallaecia

20 Setembro, 2009 (10:28) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Infraestruturas, Política, Portugal, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a crise dos aeroportos galegos e os criterios que se deberían respectar no deseño do novo mapa de rotas das catro terminais que utilizamos os viaxeiros galegos.

O futuro do Culturgal

18 Setembro, 2009 (16:31) | Cultura, Editores, Eventos, Iniciativas, Presentacións, Promoción do libro |

Este 2009 non haberá Culturgal. A desvinculación total do proxecto por parte da Consellaría de Cultura, organizadora da pasada edición, impide celebrar esta feira das diversas manifestacións das industrias culturais en Galicia. Toda unha mágoa! A pesar da mobilización en Facebook e do ofrecemento de axuda por parte da Concellaría de Cultura da Coruña, non […]

Aparecen as novelas premiadas de Rosa Aneiros

17 Setembro, 2009 (21:00) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Xa puxemos nas librarías as novelas premiadas de Rosa Aneiros. Tras unha lectura devagariño de amabas as dúas non teño dúbida de que estamos diante de senllas obras grandes que marcarán un fito na nosa historia literaria e editorial. Dúas marabillas! Agardo con impaciencia as opinións dos lectores e lectoras. A ilustración de cuberta é […]

Textos de Agustín nos vagóns do Metro

15 Setembro, 2009 (22:02) | Autores, Beizóns, Ilustración, Imaxes, Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico |

Vímolos esta fin de semana en Madrid en varios vagóns do Metro. Forman parte da campaña Libros a la Calle, organizada, outro ano máis, polos libreiros e editores madrileños. Non podo agachar a miña enorme alegría pola presenza entre os textos dun de Agustín Fernández Paz (pertence ao seu multipremiado O único que queda é […]

A polémica da gratuidade do libro de texto

13 Setembro, 2009 (18:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo, Libro de texto, Política |

No artigo da semana reflexiono sobre os termos políticos nos que se realiza o debate arredor da gratuidade do libro de texto.

«O mundo patas arribas», Mar Caldas

8 Setembro, 2009 (20:12) | Artes Visuais, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Recurso_didáctico |

Impactante este traballo fotográfico de Mar Caldas («O mundo patas arriba») para a sección «Inédito» que coordinada por Manuel Sendón publica A Nosa Terra.

Faleceu Jose Paulo Serralheiro

8 Setembro, 2009 (18:28) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, In memoriam |

Magóanos a noticia do falecemento do José Paulo Serralheiro, o director d’ A Página da Educação, dirixente do Sindicato de Professores do Norte, e moi bo amigo do grupo galego de Educadores pola Paz. Profesor e xornalista especializado no eido educativo, tivemos oportunidade de compartir conversa co portuense a raíz da celebración do vinte e […]

A doutrina Feijóo e os resultados da enquisa

6 Setembro, 2009 (11:39) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

As respostas do presidente Feijóo na entrevista de Galicia hoxe prefiguran moi claramente o que van ser os contidos do borrador do novo decreto de uso do galego, anunciado polo conselleiro de Educación para finais deste mes de setembro e agora polo presidente pra finais de ano.  Quen manda aquí? En todo caso, leamos devagariño […]

Campaña de libros de texto

6 Setembro, 2009 (11:04) | Humor, Libro de texto, Televisión, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/s9l8vVL9Pyc” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Reducir, a ecoloxía profunda

6 Setembro, 2009 (10:58) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TPnCB8NTwlU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] No artigo da semana, a raíz da campaña «Bolsa Caca» e do abandono da fabricación das lámpadas incandescentes, inicio unha reflexión sobre a necesidade de reducir os consumos enerxéticos, alimentarios, ou de envases innecesarios como xenuíno comportamento da ecoloxía profunda.

Fútbol, bandeira e lingua

5 Setembro, 2009 (19:24) | Beizóns, Fútbol, Iniciativas, Lingua |

Afeitos como estamos a dar conta de malas noticias, enchémonos de fachenda de abeizoar ao Club Deportivo Lugo ao Pontevedra Club de Fútbol, dous dos clubes de fútbol galego da 2º B, xa que decidiron incorporar a bandeira galega no colo da camiseta os lucenses e no seu escudo os do «hai que roelo».  A […]

«A deleiba do mundo», o novo Maalouf

4 Setembro, 2009 (20:03) | Ensaio, Novidades, Sociedade, Xerais |

Este mes teremos nas librarías o novo Maalouf. Teño a impresión que este é un libro de ensaio que contribúe a introducir racionalidade e certas doses de esperanza no actual debate sobre a deleiba que vivimos.

Hai «bestsellers» en galego?

3 Setembro, 2009 (19:49) | Comercio do libro, Promoción do libro, Xerais |

Velaí a reportaxe que publica hoxe Vieiros sobre os «bestsellers» en galego. Outra volta cada un dos editores consultados debatemos sobre os conceptos de «bestsellers» e «longsellers» ou de edicón literaria ou de produtos de lecturasobre o teón de fondo da necesidade de ampliar as dimensión do noso mercado editorial. Hoxe a aposta de todos […]