Xabier DoCampo recibirá o sábado unha homenaxe en Vilalba
Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo. Os actos comezarán ás 12:00 do mediodía cunha mesa redonda na que participarán Fina Casalderrey, Xosé Cobas, María Xesús Fernández, Agustín Fernández Paz, Antía Otero, Mercedes Queixas e David Otero. A continuación, terá lugar a colocación do cuarto hectómetro literario no Paseo dos Soños. Os actos rematarán cun xantar de irmandade no restaurante A Nova Ruta de Vilalba (para apuntarse chamar ao teléfono 646413890). Esta é unha merecidísima homenaxe que permitirá a tantos e tantos amigos, lectores ou cidadáns amosar a gratitude e afecto polo grande mestre chairego.
Comentarios
Pingback from Brétemas » Xabier DoCampo no paseo dos soños
Date: 25 Outubro 2009, 10:37 a.m.
[...] de onte foi unha xornada para lembrar. Un cento de amigos e amigas acompañamos a Xabier DoCampo na [...]



Pingback from días estranhos » Homenaxe a Xabier P. DoCampo
Date: 21 Outubro 2009, 1:43 a.m.
[...] sábado Xabier P. DoCampo recibe unha merecida homenaxe en Vilalba, no Muíño do Rañego. Dedícanlle cen [...]