Month: Outubro, 2009

«Demain j’irai mieux»

31 Outubro, 2009 (10:20) | Cine, Eventos, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/_e2O-wTXRA8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hoxe anunciaremos o palmarés da II Mostra Ciencia e cinema e, nos próximos días, haberá tempo abondo para falar sobre as pezas gañadoras. Entre as películas que máis me impactaron está Demain j’irai meiux, unha longametraxe de noventa minutos sobre o cancro infantil. Tras as catro historias de Axelle, […]

«Símbolo perdido», hoxe chega o novo libro único

29 Outubro, 2009 (14:14) | Librarías, Promoción do libro, Publicidade |

Hoxe as librarías quedarán asolagadas polo novo libro único. Paradoxicamente, La Voz de Galicia a pasada semana xa consideraba no seu suplemento o libro de Brown como o máis vendido (antes mesmo de poñerse a venda). O fenómeno da primacía absoluta do bestsellers ten moito de contraditorio, xa que resulta absolutamente beneficioso para a ampliación […]

Mostra de «Ciencia e Cinema» na Coruña

28 Outubro, 2009 (07:57) | Cine, Eventos, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/rHkD7tQe-OE” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Quizais fun un chisco imprudente e accedín a participar como xurado da II Mostra de Ciencia e Cinema que se celebra ao longo de toda esta semana na Coruña. A experiencia está sendo moi boa, xa que estou descubrindo algunhas pezas moi interesantes e enfrontándome a temas e reflexións […]

Entrevista n’ «A Nosa Terra»

27 Outubro, 2009 (09:05) | Editores, Entrevistas, Persoal |

César Lorenzo entrevistoume n´A Nosa Terra con motivo do trinta aniversario da editorial e da aparición dos nosos primeiros e-books. Desculpas polo que poida supoñer de autobombo. Grazas a Paco Vilabarros pola fotografía.

Campo do Fragoso LXXXIII

26 Outubro, 2009 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SÓ FALTOU O GOL O mellor Celta da tempada só puido empatar diante do Rayo Vallecano, polo visto onte en Balaídos e a pesar da súa moi boa situación na táboa clasificatoria, un equipo vulgariño que agasallou toda a pelota o Celta e apenas pretendeu defenderse agardando poder estricarse nun par de contragolpes. Ninguén pode […]

Xabier DoCampo no paseo dos soños

25 Outubro, 2009 (10:37) | Autores, Iniciativas |

Esta foto tirada onte en Villaba constitúe un orgullo para a nosa Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea: os catro premios nacionais Agustín Fernández Paz, Xabier DoCampo, Fina Casalderrey e Paco Martín. A de onte foi unha xornada para lembrar. Un cento de amigos e amigas acompañamos a Xabier DoCampo na homenaxe que lle renderon a […]

«Poeta Ramiro Fonte»

25 Outubro, 2009 (09:42) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam, Poesía, Vigo |

No artigo da semana volvo sobre a figura humana e literaria de Ramiro Fonte, ao fío da homenaxa da pasada semana en Vigo con motivo do primeiro ano do seu pasamento.

Arcadi Oliveres: quen manda no mundo?

24 Outubro, 2009 (19:35) | Economía, Medios, Política, Televisión, Vídeos |

Club Bilderberg. Entrevista a Arcadi Oliveres from AttacTV on Vimeo. Moi clarificadora entrevista a Arcadi Oliveres sobre os grandes poderes económicos do mundo. A realización é de AttacTV.

Morreu Anisia Miranda

22 Outubro, 2009 (20:19) | Autores, In memoriam |

Énchenos de tristeza o pasamento de Anisia Miranda, a compañeira de vida de Pepe Neira Vilas. Repasando o seu currículum comprobamos que desenvolveu un labor extraordinario no eido da literatura infantil en Cuba, sobre todo no eido da promoción das publicacións periódicas (velaí, esa revista Zunzún que ela tanto quería). Actividade que non lle impediu […]

Nook, o novo e-book de Barnes & Noble

21 Outubro, 2009 (20:35) | Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías |

A aparición de tantos novos trebellos de lectura dixital xeralmente xa non constitúe noticia. Porén, este novo aparello presentado por Barnes & Noble, o chamado Nook, creo que achega varias novidades que poden convertelo nun bo rival de Kindle: pantalla a cor para os menús e tinta dixital (branco e negro) para a lectura dos […]

Xurxo Souto o 18 de outubro na Quintana

20 Outubro, 2009 (22:33) | Eventos, Goberno Feijoo, Lingua, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/2NI6FeDZCBY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Xabier DoCampo recibirá o sábado unha homenaxe en Vilalba

19 Outubro, 2009 (15:41) | Autores, Entrevistas, Iniciativas |

Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo. Os actos comezarán ás 12:00 do mediodía cunha mesa redonda na que participarán Fina […]

A nosa historia facémola nós

18 Outubro, 2009 (21:14) | Goberno Feijoo, Historia, Iniciativas, Lingua |

Arquivamos estes documentos dunha xornada histórica. Hoxe milleiros e milleiros de persoas (moitas) construímos un dique cívico para amparar a lingua de todos e todas. Como salientou Xurxo Souto na súa intervención «a nosa historia facémola nós». Manter o actual estatuto xurídico para a nosa lingua e promover a restauración da súa cadea no eido […]

«A deleiba da lingua»

18 Outubro, 2009 (07:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

No artigo da semana, con motivo da manifestación de hoxe, recollo a liña argumental de Amin Maalouf sobre a diversidade cultural e lingüística como eixos dunha nova civilidade. Amin Maalouf acaba de publicar A deleiba do mundo (Xerais 2009), un ensaio apocalíptico e ao tempo esperanzado no que identifica as razóns polas que neste inicio […]

IXº Premio de relato curto «Os Viadutos»

17 Outubro, 2009 (20:54) | Narrativa, Premios |

Hoxe participamos na entrega da IXª edición do premio de relato curto «os Viadutos», organizado pola concellaría de Xuventude do concello de Redondela e destinado a narradores e narradoras entre dezaoito e trinta e cinco anos. O relato gañador  (1.200 euros) foi «A partida» de Saúl Rivas González, estudante lucense que remata Filoloxía Galega en […]

A señora Laurel

15 Outubro, 2009 (21:47) | Lingua, Publicidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/7gA2ydHHU7E” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Plena actualidade. Morris e Manuel Rivas, 1986 (que noviños!)

Todos e todas a Compostela co futuro da lingua nosa!

15 Outubro, 2009 (18:36) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

Con todo o noso entusiasmo e maior esperanza estaremos o vindeiro domingo en Compostela para defender o futuro da lingua nosa. Non é este o momento de debater os matices sobre como foi organizada a convocatoria nin tampouco as diferenzas partidarias arredor do proceso de normalización do idioma; hoxe cómpre a maior unidade e xenerosidade […]

Ramiro Fonte, o libro dos amigos

12 Outubro, 2009 (10:46) | Autores, In memoriam, Presentacións, Vigo |

O vindeiro sábado, 17 de outubro, ás 12:00 da mañá, no Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, homenaxearemos a Ramiro Fonte, con motivo do primeiro ano do seu pasamento. No acto presentaranse tres libros, as edicións dos seus  poemarios derradeiros, Reversos e Xardín do pasatempo, e Ramiro Fonte, o libro dos amigos, […]

Campo do Fragoso LXXXII

11 Outubro, 2009 (18:15) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ESTE CELTA NON VAI Pepe Murcia e a súa panda de veteráns viaxaron a Vigo coa intención moi clara de impedir que este renqueante Celta de Eusebio confirmase unha certa recuperación diante dos seus seareiros. E abofé que debeu saír satisfeito abondo con este empate que funde ao Celta nas posicións de descenso. Tras a […]

«Herta Müller, Nobel en Galego»

11 Outubro, 2009 (17:59) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Narrativa, Traducións, Xerais |

No artigo da semana volvo sobre a concesión do premio Nobel de Literatura 2009 á escritora alemá Herta Müller. Recomendo esta longa e excelente entrevista coa autora suaba, realizada en 2008 en México, que axuda moito a coñecer o seu posicionamento político e peripecia biográfica.

Iniciativa cívica para o 14 de novembro

10 Outubro, 2009 (22:47) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

Onte anunciamos en Santiago un novo xesto das persoas que apoiamos o texto Galego patrimonio da Humanidade. O acto será o 14 de novembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal de Santiago.

Xerais, Herta Müller e o Nobel

8 Outubro, 2009 (19:06) | Autores, Beizóns, Premios, Traducións, Xerais |

Falaba cun xornalista cando souben da concesión do Nobel a Herta Müller, a escritora romanesa de lingua alemá. Pensei que era unha brincadeira e díxenlle tan farruco que non me soaba de nada. A verdade é que axiña me decatei que se trataba da autora d’ O home é un grande faisán no mundo, obra […]

O futuro das caixas

5 Outubro, 2009 (06:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Economía |

No artigo da semana aposto pola fusión de Caixa Galicia e Caixanova como futuro para as caixas de aforros galegas.

Esperanza, Río 2016

2 Outubro, 2009 (18:51) | Brasil, Deporte, Eventos, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SUiSjSqhpFA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A elección do Río de Janeiro como cidade organizadora dos Xogos Olímpicos de 2016 é a vitoria dunha cidade fermosa onde vive tanta e tanta xente feliz con lágrimas. O pobo brasileiro nunca perdeu a esperanza e non desiste, a pesar das enormes dificultades, nese complexo e dificilísimo proceso […]