Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
De todos os vídeos e presentacións didácticas que ven publicando Trafegando ronseis (un dos meus preferidos do blogomillo) de loita contra violencia machista (máis dun centenar) escollo no día de hoxe esta peza, «Vive o muere», primeiro premio de «- es +», un proxecto que trata de concienciar aos adolescentes sobre esta cuestión.
A única posibilidade que vexo de superar a longo prazo esta lacra da violencia contra as mulleres é acometer un traballo educativo en profundidade que axude a desbotar os patróns machistas de relación entre os mozos e as mozas. Sei que non é doado, mais debemos intentalo con toda a convicción. Para iso quizais poden axudar efemérides como a que celebramos hoxe.
Comentarios
Comment de Ronsel
Data: 25 novembro 2009, 11:49 pm
Moitas grazas polo comentario, pola proximidade, polo traballo. Si, estamos convencid@s de que a educación é a arma que posuímos, como en tantos outros temas, por iso seguimos aquí, procurando facelo o mellor posíbel.
Saúdos afectuosos
Comment de Un lector
Data: 26 novembro 2009, 11:15 am
Súmome ás loanzas para as persoas responsables de “Trafegando ronseis”. Un blog imprescindible, atento á actualidade, divertido e reflexivo, orixinal… O único problema que teño con el é que case non son quen de lles seguir o ritmo de publicación!
Comment de Traballo ben feito
Data: 27 novembro 2009, 10:16 am
Ese vídeo foi idea dun grupo de escolares de Barcelona de 12 anos baixo a supervisión duns docentes moi comprometidos co seu traballo. Aínda queda xente que toma en serio o se apaixona polo que fai e estes docentes son un bo exemplo.
Pingback de Brétemas » «Non dubidaría», reflexión na semana de educación pola paz
Data: 24 xaneiro 2010, 8:35 pm
[...] muros que separan os seres humanos para protexer os privilexios dunha minoría. Continúa a violencia machista contra as mulleres e non cesan os conflitos bélicos como os de Afganistán e Irak e as guerras ocultas en case trinta [...]



Escribe un comentario