Month: Novembro, 2009

Going West

29 Novembro, 2009 (13:25) | Cine, Lectura, Libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/F_jyXJTlrH0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Marabillosa esta peza de pouco máis de dous minutos promovida polo New Zeland Book Council.

Pola volta da irmandiña

29 Novembro, 2009 (12:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Fútbol, Goberno Feijoo, Política |

No artigo da semana pretendo achegar razóns que aconsellan a volta da Irmandiña. Non teño dúbidas de que a liquidación das seleccións absolutas de fútbol forma parte da estratexia da degradación identitaria acometida por Feijóo («deconstrución» ou «subtracionismo» no máis recente libro de Manuel Rivas). Triste goberno que até nos rouba a posibilidade de vivir […]

The Incredible Book Eating Boy

26 Novembro, 2009 (23:07) | Animación, Lectura, Libro, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/gY34G-utxs8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Esta animación que ten como protagonista o libro é unha marabilla. Grazas a Fran por recomendala.

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

25 Novembro, 2009 (23:31) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SndmKXvB4lk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] De todos os vídeos e presentacións didácticas que ven publicando Trafegando ronseis (un dos meus preferidos do blogomillo) de loita contra violencia machista (máis dun centenar) escollo no día de hoxe esta peza, «Vive o muere», primeiro premio de «- es +», un proxecto que trata de concienciar aos […]

Ler é

24 Novembro, 2009 (21:52) | Internet, Lectura, Promoción do libro, Recurso_didáctico |

É moi atractivo o portal Leer.es que acaba de abrir o Ministerio de Educación coa intención de transmitir o entusiasmo pola lectura e animar a súa práctica. Ademais do seu deseño coidado e contemporáneo (na liña da web 2.0), pareceume de gabar o esforzo por chegar os contidos tanto ás familias como aos docentes. Recóllese […]

Os perigos do vicio de ler

23 Novembro, 2009 (07:57) | Humor, Lectura, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Tf1r3RyiIZk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Campo do Fragoso LXXXV

22 Novembro, 2009 (11:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

A PACIENCIA AGÓTASE Ninguén agoiraba a debacle de onte fronte ao Villarreal B, o único filial da categoría. Os de Eusebio amosaron a súa faciana máis fea, tanto na primeira parte cando tiveron algunhas oportunidades e demostraron a súa incapacidade total para marcar, como na segunda cando foron arrollados polos mociños amarelos e quedaron envurullados […]

Os dilemas de Feijoo sobre a lingua

22 Novembro, 2009 (11:43) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Lingua |

No artigo da semana abordo o que entendo é o dilema de Feijóo sobre a lingua: apoiar o negacionismo ou recuperar o espazo de consenso forxado arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística.

O Supremo nega que o sistema educativo galego discrimine ao castelán

17 Novembro, 2009 (08:48) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

A sentenza do Tribunal Supremo do 24 de outubro de 2009, da que soubemos esta mañá por Faro de Vigo e La Opinión da Coruña, debe axudar a recuperar o consenso arredor da utilización do galego como lingua vehicular no ensino non universitario . Particularmente importante resulta que este fallo negue que o sistema educativo […]

Maloserá

16 Novembro, 2009 (21:16) | Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/d9TSQr5n9Qo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Gustoume o ton melancólico (moi apropiado para tempos de crise) do anuncio de Gadis deste Nadal, maloserá!

O futuro dos libros dixitais

15 Novembro, 2009 (12:04) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Edición, Libro_electrónico, Literacidade, Xerais |

Inevitablemente, o artigo da semana (misteriosamente non aparece este domingo na web de Faro) reflexiona sobre o futuro dos libros dixitais. O libro dixital centrou esta semana o noso debate cultural. A celebración dun simposio, organizado pola Asociación Galega de Editores, sobre o presente e o futuro do libro dixital, e a publicación por Xerais […]

O libro dixital en Galicia

12 Novembro, 2009 (23:27) | Editores, Eventos, Libro_electrónico |

Mañá intervirei no VI Simposio «O libro e a lectura» dedicado ao presente e futuro do libro dixital. Os organizadores pedíronme unha achega sobre «O libro dixital en Galicia». Na miña intervención (o texto completo pódese baixar aquí en pdf, nove folios) pretendo tratar catro grandes cuestións que no meu entender permitirán achegarnos á situación […]

Os primeiros e-books de Xerais

10 Novembro, 2009 (17:13) | Libro_electrónico, Narrativa, Novidades, Xerais |

Hoxe demos un pasiño pequeno, que non teño dúbida inicia un camiño longo para o libro galego do futuro. Sen grandilocuencia, con humildade e rigor, coma corresponde ao estilo de traballo do equipo de profesionais de Xerais.

«O libro dixital: presente e futuro»

9 Novembro, 2009 (20:12) | Editores, Eventos, Libro_electrónico |

Este ano o tradicional Simposio sobre o libro e a lectura, que se celebrará os xoves e venres vindeiros,  xirará sobre o presente e futuro do libro dixital. Énchenos de fachenda que este encontro profesional, organizado pola Asociación Galega de Editores,  iniciado hai cinco anos, se consolidase como unha cita de referencia para tomarlle cada […]

Campo do Fragoso LXXXIV

8 Novembro, 2009 (13:30) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BENDITA VITORIA! Custou ferro e fariña que tras seis partidos na casa o Celta de Eusebio obtivese onte fronte ao pechacancelas a súa primeira vitoria da tempada. Non abondaba coas boas sensacións amosadas polo equipo en empates obtidos en xornadas anteriores, nin tampouco as dúas claras vitorias de Copa, o Celta precisaba gañarlle hoxe ao […]

«Ramón Cabanillas 50»

8 Novembro, 2009 (13:18) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, In memoriam, Poesía, Xerais |

No artigo da semana percorro as homenaxes que se lle tributan mañá, 9 de novembro, ao poeta Ramón Cabanillas con motivo do 50 cabodano do seu pasamento.

O Celta segundo equipo de Vilalba

7 Novembro, 2009 (13:06) | Celta de Vigo, Fútbol |

Esta é unha proba contundente de que o sentimento celtista é un sentimento galego. O artigo de Xulio Xiz, que considera o Celta como o segundo equipo de Vilalba, pon o dedo na chaga sobre cal é a esencia do equipo da cruz de Santiago: Hai equipos de fútbol que, polo que comentan os entendidos, […]

Lingua de liberdade, acto cívico, 14 de novembro

5 Novembro, 2009 (22:28) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua |

Galego Patrimonio da Humanidade convoca Lingua de liberdade, un acto cívico a prol da lingua galega o vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 12 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. No acto, que estará conducido por Candido Pazó. intervirán representantes de colectivos sociais, os secretarios xerais de UXT, José Antonio Gómez, […]

Comunicado dos centros galegos de Suíza

2 Novembro, 2009 (20:06) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Política |

Hoxe recibimos esta documentación en pdf dos centros galegos de Suíza protestando pola drástica redución de subvencións da Secretaría Xeral de Emigración. A unidade que expresan todas as asociacións é impresionante. Velaí a queixa da nosa Galicia emigrante.

«Setembro do 75»

2 Novembro, 2009 (19:42) | Cine, Historia, Música, Presentacións, Vídeos, Vigo |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/FR4JxQ4WiuA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/llDtvwRv8gE” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A Asemblea Repúblicana de Vigo organizou mañá martes, 3 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo a proxección da película Septiembre del 75 do realizador Adolfo Dufor. O filme, que ven de obter o Segundo Premio  na sección […]

«II Mostra de Ciencia e Cinema», balance

1 Novembro, 2009 (19:08) | Cine, Eventos, Vídeos |

Tras dous días intensos na Coruña participando das actividades da Mostra de Ciencia e Cinema é o momento de facer algúns comentarios sobre tan magnífica experiencia. Unha mostra modélica, tanto na confección dun interesantísimo programa (unha das tantas responsabilidades dese grande home orquestra chamado Martin Pawley que non parou un minuto durante toda a semana) […]

Hospital público

1 Novembro, 2009 (13:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Política, Vigo |

No artigo da semana defendo o carácter público da construción e da xestión futura do novo hospital de Vigo.