Month: Decembro, 2009

AGARDO QUE NO 2010 NON FALTE VENTO NAS VELAS

31 Decembro, 2009 (18:27) | Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/N9kdHXrJYF8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Agardo que no 2010 non falte vento nas velas, que boa falta nos fai. Saúde, ventura e lectura galega. Con todos os abrazos e beizóns. [Velaí a miña tradicional homenaxe a Oasis na fin de cada ano.]

Feijóo equidistante?

30 Decembro, 2009 (16:46) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

Mentres agardamos coñecer o contido do borrador, que será anunciado tras a xuntanza do Consello da Xunta nas instalacións de San Caetano (contraprogramando a protesta de Queremos Galego, algo insólito), non semella difícil facer unha composición de lugar dos termos políticos nos que o Goberno Galego manexará a súa proposta: Feijóo situarase nunha posición centrista […]

Muros do medo

30 Decembro, 2009 (15:49) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/s9UILicl6OA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Ao fío da publicación de Valados, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz, imos descubrindo máis pezas que denuncian estes valados  ou muros creados para separar e dividir a uns seres humanos doutros. Semella que esta peza, apenas cinco minutos e medio, está concibido para introducirnos nao extraordinario […]

E… ti es o que mira a ese traballador inmigrante coma un extranxeiro?

30 Decembro, 2009 (15:33) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Igualdade, Imaxes, Recurso_didáctico |

Recibido hoxe na caixa de correo entre os parabéns de Nadal.

Velaí o solimán do novo decreto do galego

29 Decembro, 2009 (13:03) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

Semella que mañán se cumprirán os nosos peores agoiros. O solimán do novo decreto de uso do galego virá no modelo lingúístico escollido para a Educación Infantil, onde se os criterios pedagóxicos non o remedian, será unha votación entre os pais a que determine a lingua vehicular da aula e na que se realizará de […]

«Falemos galego» e «Galego na escola»

27 Decembro, 2009 (13:10) | Educación, Goberno Feijoo, Lingua |

Camilo Nogueira, cando era presidente da Asociación Cultural de Vigo, mandou imprimir dúas mil pegatinas de cor azul que rezaban «Falemos galego». Impresas na Serigrafía Galega de Álvaro Álvarez Blázquez, aqueles autocolantes foron un vehículo privilexiado para promover o uso do galego entre a mocidade urbana a comezos dos anos setenta. A boa acollida da […]

«2010. Ano do Libro e da lectura»

27 Decembro, 2009 (11:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Clubs_lectura, Edición, Editores, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lectura, Libro |

No artigo da semana de Faro de Vigo expreso a miña perplexidade por este ano bonsai do libro e da lectura que anuncia a Consellaría de Cultura e Deporte. Se non se modifica o enfoque decontado, proporcionándolle un carácter transversal que abranga a todas as consellarías e administracións e dispoñendo de máis medios, estamos diante […]

Leite frito

26 Decembro, 2009 (13:19) | Festas, Gastronomía, Memoria |

Para Maripola e Montse, que reiventaron a tradición. Cando a Caixa de Aforros plantaba o piñeiro iluminado, sabiamos que chegara o Nadal. Os raparigos ateigabamos a entrada da oficina central de García Barbón para admirar as grandes figuras articuladas do belén e comprobar que os reis aínda estaban moi lonxe de chegar ao seu obxectivo. […]

O ceo non sabe de fronteiras

24 Decembro, 2009 (12:47) | Beizóns, Efemérides, Ilustración |

Texto e ilustración extraídos de Valados de Agustín Fernández Paz e Xan López Domínguez.

A Noite da Edicion 2009

20 Decembro, 2009 (13:14) | Descargas, Editores, Premios, Xerais |

Os editores galegos celebramos onte no Liceo de Ourense a quinta Noite da Edición, na que se entregaron os premios ás mellores producións de 2009 e rendimos homenaxe á Nova Galicia Edicións pola súa brillante traxectoria nos seus primeiros vinte e cinco anos de vida. Tras as catro edicións anteriores nas que os premios se […]

A artesanía de APAMP

20 Decembro, 2009 (12:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Presentacións, Recurso_didáctico |

No artigo da semana percorro a traxectoria de tres décadas de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) a raíz da presentación esta semana do libro APAMP. El mundo de lo hecho a mano. A pesar dos importantes avances acadados, queda moito, moito por facer para obter a igualdade real de oportunidades de […]

Prehistoria da edición de recursos educativos en galego

17 Decembro, 2009 (13:06) | Descargas, Educación, Libro de texto, Lingua |

«A edición de recursos educativos en galego. Achega a unha prehistoria» é o título da intervención que mañá farei no seo das II Xornadas «Os recursos educativos en galego», que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. O texto completo da intervención pode baixarse en pdf […]

50

14 Decembro, 2009 (07:52) | Beizóns, Persoal |

Hoxe fago cincuenta anos. Agustín Fernández Paz, cando pasou esta liña no tempo, descubriume un poema de Jorge Luis Borges, titulado «Límites», que dende entón tiven moi presente. Permitinme a ousadía de traducilo para recollelo tal día coma hoxe: Hai unha liña de Verlaine que non volverei lembrar, Hai unha rúa próxima que esta vedada […]

Campo do Fragoso LXXXVI

14 Decembro, 2009 (07:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

GOLEAN OS DEFENSAS Dous goles formidables de senllos defensas, Roberto Lago e Catalá, salvaron do cesamento inevitable a Eusebio e, por fin, despois de varios meses, permiten saír ao Celta das posicións de descenso. Despois do triunfo en Girona, esta segunda vitoria consecutiva proporciona un chisquiño de acougo para seareiros e membros do consello de […]

Rivas, novo discurso para a Academia

13 Decembro, 2009 (13:56) | Autores, Xerais |

Durante hora e media Manuel Rivas condensou no seu discurso de ingreso na Academia Galega boa parte das preocupacions que desenvolveu ao longo de tres décadas de fecunda traxectoria literaria. Foi un discurso memorable, non tanto pola súa fermosa construción (a un xeito de vai e ven), nin sequera polo interese co que foi seguido […]

Abandonados

13 Decembro, 2009 (12:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Vigo |

No artigo da semana abordo a situación das persoas sen teito que deambulan por Vigo, ao tempo que denuncio a inhibición da Alcaldía e da Xunta de Galicia, tras oito meses de debate retórico, para darlle unha solución á ubicación do asilo de emerxencia.

«O Brindo de ouro II», quedei rendido diante desta novela de Xesús Marcos

8 Decembro, 2009 (20:00) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais |

Dende que hai ano e medio abrimos o blog de Xerais (xa leva preto de mil anotacións) en escasísimas ocasións falamos nestas brétemas de libros publicados pola editorial. Porén, non me resisto a expresar o meu entusiasmo tras gozar estes días da lectura vagorosa da segunda novela da serie O Brindo de ouro de Suso […]

Galegos de etiqueta

7 Decembro, 2009 (12:12) | Artigos Faro de Vigo, Iniciativas, Lingua, Publicidade, Recurso_didáctico |

No artigo da semana (desta volta publicado en luns) apoio a campaña «Consumo gusto» promovida polo Foro Enrique Peinador. A etiquetaxe e a publicidade en galego son as dúas grandes vías de promoción do uso da lingua no eido empresarial e comercial. Imaxe compartida da páxina que sobre a etiquetaxe preparou a profesora Mª Fernanda […]

«Más de lo mismo» Manel Fontdevila

6 Decembro, 2009 (16:58) | Humor, Internet, Polémicas |

Manel Fontdevila. El Público.

O caso de Alcorcón, negro sobre branco

5 Decembro, 2009 (10:23) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

Faro de Vigo publica hoxe unha carta ao director moi clarificadora sobre «o caso Alcorcón». Un texto asinado por Manuel López Rodríguez que contesta a outra carta ao director do pasado 27 de novembro na que o doutor Pedro Larrauri aproveita un meu artigo dominical (do 22 de novembro) para atacar a nosa lingua. A […]

Aminetu Haidar e o asento de Rosa Parks

2 Decembro, 2009 (21:41) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Política |

Agustín Fernández Paz escribiu un fermosísimo artigo lembrando a proeza de Rosa Parks. Foi o 1 de decembro de 1955 cando Rosa Parks se negou a obedecer en Alabama a un condutor de autobús que lle dixo que cedese o seu asento a un pasaxeiro branco. Hoxe un fermoso artigo dos cineastas Paul Laverty e […]