«Dona Carme» continúa gustando
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Xx0hZLBTGR0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Grazas, moitas grazas, a todos os lectores e lectoras do CEIP de Lamas de Abade!
Dona Carme fai agora vinte anos. Comprobo que continúa gustando aos picariños e picariñas de hoxe e algunhas profesoras lle atopan utilidade didáctica. Que máis se lle pode pedir a este libro publicado cando non había nada, ou case nada, para os primeiros lectores?
Non sabedes que satisfacción me produce saber que Dona Carme continúe viva.
Comentarios
Pingback from Brétemas » «Dona Carme», novas versións
Date: 31 Agosto 2010, 5:18 p.m.
[...] Moi orixinal son, tamén, estas dúas versións preparadas no Colexio Público de Palmeira, en galego e en inglés, unha lingua da que non coñecía existese versión. O traballo de Palmeira forma parte dunha serie formidable «Rato Paco», para traballar na uala diversas competencias a partir de textos populares e clásicos. Quedo abraiado coa calidade destes materiais de animación lectora en galego. Grazas a todos os mediadores que reparan en libriño tan modesto que, despois de vinte anos, continúa gustando. [...]



Comment from folerpa
Date: 1 Febreiro 2010, 9:51 a.m.
Vaia sopresa! Nada sabía desta vinteañeira Dona Carme