Month: Xaneiro, 2010

Storytlr xunta as túas pegadas na rede

31 Xaneiro, 2010 (20:03) | Blogaliza, Blogs, Internet |

Moito agradezo a Goretoxo que montase unha nova ferramenta que permite xuntar as pegadas que imos deixando na rede. Hoxe a nosa identidade dixital constrúese coa conversa que mantemos empregando diversas ferramentas: no microbloguexo de twitter, na lectura dos feeds aos que estamos sucritos ou compartimos, nos vídeos que subimos ou na nosa participación nalgunha […]

«Dona Carme» continúa gustando

30 Xaneiro, 2010 (14:20) | Bibliotecas, Educación, Humor, Literatura infantil e xuvenil, Persoal, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Xx0hZLBTGR0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Grazas, moitas grazas, a todos os lectores e lectoras do CEIP de Lamas de Abade! Dona Carme fai agora vinte anos. Comprobo que continúa gustando aos picariños e picariñas de hoxe e algunhas profesoras lle atopan utilidade didáctica. Que máis se lle pode pedir a este libro publicado cando […]

Día Escolar da non violencia e pola Paz

30 Xaneiro, 2010 (13:56) | Blogs, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/UoR0cuRfnKA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Moito agradezo o esforzo que Anxo e Gracia veñen facendo en recompilar materiais da rede sobre a efeméride de hoxe, o Día Escolar da non violencia e pola Paz, que proban a vitalidade da celebración e a calidade e eficacia do traballo didáctico realizado nas aulas e nas bibliotecas […]

«55 mentiras sobre a lingua galega», primeiro libro de ProLingua

26 Xaneiro, 2010 (19:41) | Beizóns, Iniciativas, Lingua, Presentacións, Recurso_didáctico |

Paréceme extraordinaria esta iniciativa de ProLingua de publicar un libro que desmonta aos prexuízos e as mentiras tecidos arredor do idioma noso, ao tempo que a magnífica idea de presentalo de forma simultánea (o serán do 5 DE FEBREIRO) en [polo momento] cincuenta e seis localidades galegas e do mundo enteiro. Esta multipresentación expansiva vai […]

Ferrín presidente

25 Xaneiro, 2010 (08:31) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Beizóns, Campo de Granada, Cultura |

No artigo da semana en Faro de Vigo (desta volta publicado en luns) parabenizo a X.L. Méndez Ferrín con motivo do seu nomeamento como presidente da Real Academia Galega. Entendo que esta é unha noticia feliz para a nación dos galegos, tanto por tratarse da figura cimeira da cultura galega contemporánea, como dunha das personalidades […]

«Non dubidaría», reflexión na semana de educación pola paz

24 Xaneiro, 2010 (20:25) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico, Slideshare, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/sUCq8avx4do” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Para Xesús R.Jares, sempre Esta semana, con motivo da festa do 30 de xaneiro, as nosas escolas volverán encherse de globos pola paz. A celebración deste «Día Escolar da non violencia e pola Paz» remóntase en Galicia a 1984, ano no que comezaron as actividades de educación pola paz […]

Unha retirada a tempo

24 Xaneiro, 2010 (17:49) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

Superado o rubicón que supuxo a folga e a manifestación do 21 (un éxito rotundo), bo sería que, máis alá do apoio telúrico da «maioría silenciosa», invocado polos promotores das «Bases do decreto de plurilingüismo», valorásemos devagariño e coa maior racionalidade os apoios as críticas e as suxestións recibidas polo documento do Goberno Galego. No […]

Os editores galegos rexeitan as «Bases do decreto do pluriliguismo»

23 Xaneiro, 2010 (19:57) | Editores, Educación, Goberno Feijoo, Libro de texto, Lingua |

Membros da Xunta Directiva da AGE foron recibidos onte por autoridades da Consellaría de Educación (excusaron a súa ausencia tanto o conselleiro como o secretario xeral de Política Lingüística). No transcurso da reunión, os editores presentaron a súa valoración das «Bases para a elaboración dun decreto de plurilingüismo» que subscribe como punto de partida a […]

A lingua é unha arma

23 Xaneiro, 2010 (16:56) | Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Humor, Lingua, Recurso_didáctico |

Ben poderiamos difundir esta imaxe da nosa lingua pacifista, diante da semana da educación para a paz. Beizóns ao xenial Xaquín Marín. Grazas a Xavier Alcalá que rescatou esta peza memorable pubicada hai máis de trinta anos.

O Celta no Calderón foi un equipo colosal

22 Xaneiro, 2010 (21:47) | Celta de Vigo, Fútbol |

Para os incombustibles seareiros celestes o partido colosal fronte ao Atletí demostra que eran fiables os síntomas de recuperación que percibiamos no xogo do equipo noso durante os dous útimos meses. A aposta de Eusebio pola canteira e por un esquema de xogo amable coa circulación da pelota comeza a dar os seus froitos, mesmo […]

Premio de Fervenzas Literarias

20 Xaneiro, 2010 (19:27) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios |

Recibo con sorpresa a noticia de que os lectores e lectoras de «Fervenzas Literarias» declararon estas Brétemas como o mellor blog de 2009. É este o primeiro recoñecemento que recibe o traballo do blog nestes cinco anos de andaina, razón pola que non podo estar máis que agradecido. Beizóns!

RAG, beizóns!

18 Xaneiro, 2010 (21:51) | Beizóns, Goberno Feijoo, Lingua |

Síntome orgulloso de pertencer a un país que ten institucións propias como a Real Academia Galega. Xa expresamos a nosa opinión sobre os contidos do seu documento de análise das «Bases do decreto de plurilingüismo», un texto que pasará á historia de noso. Abondan poucos adxectivos: firme, rigoroso, delicado, extraordinario! Os membros do plenario da […]

Campo do Fragoso LXXXVIII

17 Xaneiro, 2010 (11:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

YELLOW SUBMARINE A intervención do espíquer de Balaídos onte foi autenticamente xenial. Recibiu aos heroes do Madrigal con «Sementeira», a mítica canción de Fuxan os Ventos que fala de esperanza e compromiso, e despediu ironicamente aos colexiados, tras unha actuación deplorable (pésima, lamentable… escolla cadaquén o adxectivo), ao ritmo de «Yellow submarine», unha das cancións […]

Outra mobilidade é posible

17 Xaneiro, 2010 (11:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico, Vigo |

No artigo da semana analizo algúns datos do informe sobre mobilidade local elaborado por Luis Espada, o Valedor do Cidadán de Vigo. A curto prazo en Vigo (como supoño que na maior parte das nosas cidades) é imprescindible invertir os indicadores actuais de mobilidade, que sinalan un abuso do coche particular e un servizo moi […]

Primeiro concurso mundial de pés de foto con libros

14 Xaneiro, 2010 (21:10) | Artes Visuais, Imaxes, Iniciativas, Lectura, Premios |

Esta paréceme unha idea fermosa para comezar un Ano do Libro e a Lectura (que en Galicia non se ve, aínda por ningures): a aventura de escribir un libro sobre os libros de forma compartida. As fotografías son do mexicano Álvaro Alejandro e a iniciativa está promovida por Artes de México e polos nosos amigos […]

U-lo consenso? Galego 2025

13 Xaneiro, 2010 (21:52) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

Despois de dúas semanas da presentación do borrador do decreto, tras os posicionamentos dos sectores profesionais e sindicais, xa non cabe dúbida do estrepitoso fracaso da proposta de Feijóo, Vázquez e Lorenzo. A sobreactuación grotesca dos membros de Galicia Bilingüe (queixándose coa boa pequena da «traizón de Feijoo» aos seus electores) e a argumentación propia […]

Cidade bicentenaria

10 Xaneiro, 2010 (11:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Historia, Vigo |

No artigo da semana en Faro de Vigo [hoxe non aparece na web], ao fío da celebración o vindeiro primeiro de marzo do bicentenario da declaración de Vigo como cidade, reflexiono sobre o que entendo foron os tres motores vigueses durante estes dous séculos: o seu carácter metropolitano, portuario e cívico (liberal e progresista). A […]

Compostela branca

9 Xaneiro, 2010 (17:50) | Cidades, Imaxes |

Non tiven a fortuna de vivir a grande nevarada que caíu onte sobre Compostela. Nas fotos presenta a súa faciana menos coñecida, que, con seguridade, alguén acuñará na historia desta cidade de letras e signos fascinante para os escritores: «cidade onde vagan os homes e as horas» (Salvador García Bodaño); «cidade que parece construída o […]

Don Paco, home luz

7 Xaneiro, 2010 (18:08) | 17_de_maio, Autores, Beizóns, Bibliotecas, Cultura, Efemérides, Vigo |

Don Paco, Francisco Fernández del Riego, recibiu esta tarde unha pequena homenaxe con motivo do seu noventa e sete aniversario. Un grupo de amigos e amigas reuniuse na viguesa praza de Compostela, onde vive, para render tributo a quen durante toda unha vida leva laboreando de forma infatigable por un ideal noble: organizar en Galicia […]

Bos Aires, xaneiro 1950

5 Xaneiro, 2010 (09:58) | Autores, Historia, In memoriam |

Castelao viaxou a París en 1946, enviado polo Consello de Galiza, para participar como ministro galeguista no Goberno republicano que presidía Giral. De volta a Buenos Aires, en agosto de 1947, padecendo xa os primeiros síntomas da doenza que o levaría á morte, púxose a traballar no segundo volume de Sempre en Galiza, no que […]

Os blogs xa non son o que eran

5 Xaneiro, 2010 (09:27) | Beizóns, Blogs, Entrevistas, Persoal |

Arturo Losada de Xornal de Galicia tivo a amabilidade de facer unha reportaxe con motivo do quinto aniversario destas brétemas e dos blogs do meu amigo Jaureguizar. Os blogs (e, loxicamente, os blogs en galego) mudaron de fasquía e funcionalidade non hai dúbida ningunha, mais non morreron e nunca tantos se actualizan cada día na […]

O noso idioma á intemperie

4 Xaneiro, 2010 (08:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas |

No artigo dominical de Faro de Vigo, publicado hoxe, valoro o enfoque político do borrador do decreto de plurilingüismo no sistema educativo. Tempo haberá de debullar os contidos do documento no referido a cuestións educativas e editoriais. Refén do compromiso co seu electorado de rematar con «la imposición del gallego» e consciente da debilidade política […]

Campo do Fragoso LXXXVII

4 Xaneiro, 2010 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Festas, Fútbol |

NADA NOVO Mágoa que algún dos ranchos de Reis, como foi tradición durante tantos e tanos anos,  non desfilase onte no primeiro partido do ano en Balaídos. Con certeza que os seus ritmos de chascarraschás e as espectaculares evolucións dos seus bandeiras animaría un chisco á cada vez máis minguada bancada celeste que comeza outro […]

Quinto aniversario

3 Xaneiro, 2010 (10:10) | Beizóns, Blogs, Persoal |

Hoxe estas brétemas chegan o seu quinto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.623 (383 neste quinto ano)  e recibidos 7.308 comentarios, cifras que amosan unha certa ralentización do ritmo de publicación con respecto a anos anteriores. Un feito ao que sabemos non son alleas nin a nosa intensa participación no blog de Xerais […]

Tres eran tres

2 Xaneiro, 2010 (23:52) | Educación, Goberno Feijoo, Humor, Lingua |

Recollido do blog de Perfecto Conde.