Rosa Díez e o sentido «más peyorativo de la palabra»

24 Febreiro, 2010 (13:56) | Lingua, Política, Vídeos

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7_2CrYs0VY4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Semella incrible pero isto sucedeu na entrevista que Iñaki Gabilondo fixo no seu programa a Rosa Díez:

–Gabilondo: defíname a Zapatero.

–Rosa Díez: podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra (sic)

–Gabilondo: y Rajoy ?

–Rosa Díez: es gallego.

Pode escoitarse tan semellante disparate no minuto 5 desta gravación. Non hai dúbida ningunha que para esta deputada, «galego» é un adxectivo cunha sutil connotación negativa. Os responsables e simpatizantes do seu partido en Galicia algo deberían dicir. Nós só podemos expresar a nosa maior repulsa por semellantes declaracións. Quen dixo que o berluconismo non chegou á política española? Velaí temos a RD.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from sHs
Date: 24 Febreiro 2010, 2:18 p.m.

A culpa é -tamén- de quen a está promocionando como o “novo fenómeno político”.

Comment from Edu
Date: 24 Febreiro 2010, 3:14 p.m.

E dende cando a demagoxia populista é un “novo fenómeno político”. Ah, que a cor corporativa é o fucsia, por aí vai o da novidade…

Pingback from Stricto sensu « verbas
Date: 24 Febreiro 2010, 3:45 p.m.

[...] se comeza a falar por ahí do tema. O que realmente me pregunto é o que opinarán esas 9776 galegos persoas que [...]

Comment from mourullo
Date: 24 Febreiro 2010, 4:55 p.m.

Gabilondo non reacciona, como si fai ante outras palabras. Compartirá con Rosa Díez que en “galego” hai un sentido máis pexorativo da palabra?

Comment from folerpa
Date: 24 Febreiro 2010, 5:27 p.m.

Leva razón Mourullo, desa populista conversa non me sorprende nadiña, pero a indiferenza do pater Gabilondo é noxenta e intolerable.

Comment from folerpa
Date: 24 Febreiro 2010, 5:45 p.m.

As queixas a Gabilondo aquí
http://blog.cuatro.com/noticias/2010/02/la-opini%C3%B3n-de-gabilondo-23-de-febrero.html#comments
Que se enche de comentarios e que hoxe teña que dicir algo no porgrama, eu tenteino pero non fun quen de facelo, dábame erro.

Comment from albixoi
Date: 24 Febreiro 2010, 5:47 p.m.

Non debería o “noso” Presidente reclamar unha desculpa pública desta muller?

Comment from A.C
Date: 24 Febreiro 2010, 6:18 p.m.

Hai cousas k me escandalizan ben mais, k afectan mais gravemente a xente, k esa chorrada, k iso e , unha chorrada.

Comment from folerpa
Date: 24 Febreiro 2010, 6:32 p.m.

A.C, supoño que entre esas cousas que o escandalizan ben máis estará o desleixo na ortografía ;-)

Comment from para o chorradas
Date: 24 Febreiro 2010, 6:33 p.m.

Para A.C.
Pois nada tío, a ver cando quedamos que teño apetencia de chamarte parvo na cara. Supoño que non te importará moito, total é unha chorrada

Comment from Arturo
Date: 24 Febreiro 2010, 6:58 p.m.

Coincido con Mourullo e Folerpa en que é tamén digna de análise a falta de reacción do entrevistador. En dous sentidos: un é o evidente, a utilización dun estereotipo e dunha imaxe lesiva para (digámolo así) unha parte da audiencia; o outro desasosega algo máis, pois nunha conversa de intervencións tan breves daría tempo para indicar que non se entende a resposta. De feito, eu non estou seguro de entender cal é o sentido máis pexorativo que no castelán poida ter este adxectivo. Intúoo, pero non teño certeza. E Gabilondo é moi probábel que teña menos ca min, polo que debeu solicitar precisión, sobre todo cando de catro preguntas formuladas para dúas, a metade, Díez deu por transparente a súa resposta. Modestamente, e sen saber moito de psicanálise, a esta señora debeu de ocorrerlle algo nalgún momento cun galego ou cunha galega. Algo serio (non necesariamente de orde sexual). Con todo, pode que si. Porque debe observarse que á cuarta pregunta Díez contesta como se fose galega, no sentido máis pexorativo do termo. Pregúntalle Gabilondo polo Rei e ela -galega coma nós- nin baixa nin sobe, fica alí no medio, no silencio indeciso e acaba dicindo textualmente (traduzo) “por unha parte xa ves… e por outra que queres que che diga…”. Entón, amig*s, creo que en Díez temos un caso para a clínica da personalidade. Que clase de trastorno? Unha paranoia? Un novo Zelig? Haberá que seguir co estudo.

Comment from A.C
Date: 24 Febreiro 2010, 7:03 p.m.

Como vos poñedessss. Para o meu modesto entender e ca miña modesta ortografia “desleixica” (o galego o aprendin na casa non na escola, sinto non estar a altura) . Me escandaliza mais k boten a 700 traballadores de Citroen a puta calle, ou a os 500 de sikes, ou k sigamos nunha recesion k mete medo.K un amigo meu da infancia esté sin traballo co k poder dar de comer a os fillos, e teña k emigrar a Bilbao. K igual non me xubilo na vida.E todas esas “pekenas cousas” sin importancia do meu dia a dia. O k diga esa señora? “ma refanfinfla”, os politicos teneñ o pan asegurado eu non. Ah, as faltas a o respeto sobran, eu non lle falto a nadie.saudos a todos

Comment from Arturo
Date: 24 Febreiro 2010, 7:05 p.m.

Eu coincido co nacho que acaba de falar, o tal Arturo. De feito, pensei ser eu quen o estaba a escribir (ou ler).

Comment from Antón
Date: 24 Febreiro 2010, 7:37 p.m.

A.C., pero que dis de faltas de respeito? non son tal, son unha chorrada oh!.
non, en serio… O que ti comentas é verdade, máis terías que analisar que cecáis se estamos así é por permitiren “chorradas” coma as que non te alporizan…

Comment from A.C
Date: 24 Febreiro 2010, 7:49 p.m.

Cecais sexa asi anton e teñas razon.¿Pero k se espera dos politicos? Tanto nos meten en guerras como en crisis, como un dia nos din unha cousa e a o dia siguinte a contraria. Ou sera k xa me teñen moi keimado, o será k vou vello, ou xa non sei. E vou cear k maña as 5.30 en pe para ir traballar. Saudos

Comment from Antón
Date: 24 Febreiro 2010, 8:05 p.m.

para A.C.
Eu tamén vou vello e xa nen queimo; son chamizo… malia que sempre hei de gardar unha muxica de mala hostia arroutada. Desculpa as posibles faltadas.
Eu non teño nen que madrugar, levo sen traballo vai para un ano.
Que aproveite a cea compañeiro, e saúde

Comment from cabuxa
Date: 24 Febreiro 2010, 10:21 p.m.

Son galego no sentido mais caralludo do termino e educadamente mexolle na boca a esta señora.

Comment from Curiosa
Date: 25 Febreiro 2010, 12:34 a.m.

Non teño palabras..! Estou moi impresionada polo baixo nivel dos políticos deste país. Cada día van a peor. Que nos queda por aguantar? Así é que non me estraña nada que a rapazada diga: “Eu paso da política”. O único que se ve é o tremendo desprezo que sinten pola xente, que sinten por todos nós. Sinto vergoña allea.

Comment from ak
Date: 25 Febreiro 2010, 10:10 a.m.

mmm…

en el sentido más peyorativo…

De dizer “en el sentido peyorativo” entendería que “gallego”, tem umha acepçom “peyorativa”, mas, ao incluíres o advérbio “más”, entendo que para ela existem vários “sentidos peyorativos” de galego, e que para definires a Zapatero emprega o superlativo “peyorativo” do gentilício ao que estou adscrito.

Un saludo a la fulana ésta, en el sentido más peyorativo de la palabra, que tanto nos quiere.

Comment from Eva G. Rei
Date: 25 Febreiro 2010, 12:24 p.m.

Sabíao, sabía que ías poñer isto en Brétemas.
Coma sempre, nunca decepcionas.
A que si decepciona é esta “muller”; que mágoa que sexa tan ignorante e que teña tan mala fe.

Comment from amara orzania
Date: 25 Febreiro 2010, 4:24 p.m.

Esta muller, máis ca descalificarnos, descalificouse; e de que xeito!

Comment from Marcos Andión
Date: 25 Febreiro 2010, 6:15 p.m.

Lo de Rosa Díez no es más que el reflejo de su ignorancia y de su incapacidad para comprender la realidad. Mira que llamarle traidor a Feijóo por no haber sepultado el gallego. Arrasta, la pobre, un trauma tremendo derivado, probablemente, de lo poco euskaldún de su apellido, además de una incosistencia conceptural digna de un protozoo y que, unida a su memoria de pez, le impide recordar que hace años promovió una demanda contra el dibujante Mingote porque consideró que una viñeta suya (criticando un atentado de ETA) era vejatoria para los vascos.
Al igual que a Gloria Lago, lo que les horroriza es que sus hijos puedan llegar a expresarse en idiomas que considera inferiores, como el gallego, el euskera o el catalán. Flaco favor le hace a su concepto de España con idioteces como la comentada.

Comment from Retranca
Date: 26 Febreiro 2010, 1:33 a.m.

RETRANCA CREA UN NOVO XÉNERO DE CHISTE. OS CHISTES DE ROSA DÍEZ!!!

Mándádenos os vosos chistes de Rosa Díez e irémolos publicando na nosa web. Os máis divertidos sairán no nº 25 da revista Retranca no mes de abril.
Por exemplo este : Estaba Rosa Díez un día tomando algo cun coñecido nun bareto de Madrid e lle di:
Rosa Díez: –Voy a contarte un chiste de gallegos buenísimo.
Galego: – Oes, recórdoche que eu son galego.
Rosa Díez: –No te preocupes, hombre… ¡Te lo explico depués!

WEB DE RETRANCA:
http://revistaretranca.blogspot.com/2010/02/retranca-presenta-os-chistes-de-rosa.html

ÚNETE ADEMÁIS AO NOSO CLUBE EN FACEBOOK:
http://www.facebook.com/KIKODASILVA#!/group.php?gid=332545492961&ref=mf

Saúdos retranqueiros
A SANTA COMPAÑA.

Comment from francisco javier fuentes corujo
Date: 26 Febreiro 2010, 8:47 p.m.

perdonade la miña forma de escrivir o galego, eu sou catalan de familia galega, o sea galiza es la miña terra tabien, non se falar y escribir ben o galego, pero lo intento, he esta “señora” se le esta llendo la olla, para mi es un orgullo ser de sangre galega.

Comment from Manu
Date: 27 Febreiro 2010, 1:46 p.m.

Contra a xenofobia de Rosa Díez e tantos outros, a fachenda e a querencia polo que somos, sen ir contra ninguén, como fan estes continuadores da peor lenda española sobre nós.

http://www.youtube.com/watch?v=Yt21eN_uW3k

Olark Livehelp