Unha tarde con Xynthia

27 Febreiro, 2010 (15:28) | Imaxes, Persoal

A imaxe corresponde ás 13.37 horas.

Hoxe tiña unha xornada moi completiña en Compostela con dúas xuntanzas profesionais pola mañá, un xantar de amizade e outra xuntanza pola tarde. Por mor do Xynthya cancelamos todos os compromisos e quedamos na casiña a ler e adiantar outros traballos. Polo momento, sobre a ría de Vigo o temporal está sendo moderado, como outros moitos que temos vivido sen alerta vermella. Con todo, non sabemos o que nos agarda nas vindeiras obras. Os máis previsores poden consultar a evolución do Xynthya na magnífica páxina de MeteoGalicia.

A imaxe é do Sat 24, onde tamén se pode seguir en vivo a evolución do Xynthia.

null
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Ana
Date: 1 Marzo 2010, 8:53 p.m.

A verdad que foi menos do que pudo ser. Polo menos somos precavidos.

Perdoa o meu galego, estou praticando,ejej

Olark Livehelp