Edición e comercio interior do libro en Galicia

4 Marzo, 2010 (07:38) | Comercio do libro, Edición, Informes, Recurso_didáctico

Esta tarde dedicaremos as nosas sesións do «Mestrado en Edición» a analizar os datos máis recentes dos que dispoñemos sobre a edición en Galicia: en 2008 publicáronse en Galicia 3.690 títulos; en galego 2.482 títulos, a máxima cifra da nosa historia. Mentres que en 2009 editáronse en Galicia 4.069 títulos, a máxima cifra da nosa historia; mentres que en galego 2.121 títulos, o que supuxo un importante decrecemento con respeto ao ano anterior. O que quere dicir que o pasado ano a edición en galego supuxo apenas o 52, 12% do total (a cifra máis baixa das tres últimas décadas). A edición en Galicia medra, mentres diminúe a participación do libro en galego. O documento completo e outros datos para analizar a evolución do volume da nosa edición dende 1990 poden baixarse en pdf aquí.

Ademais analizaremos os datos máis recentes do comercio interior do libro en España (2008, aquí en pdf) e en Galicia (2007, aquí en pdf).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Pingback from ferradura en tránsito » as cartas, Circe, Penélope e Ulises
Date: 16 Agosto 2010, 10:37 a.m.

[...] A novela de Begoña Caamaño, nesta segunda ( en realidade, terceira) lectura, salienta pola delicadeza e á vez contundencia coa que fai discurrir e debater as personaxes. Quen dera que na vida ppolítica colleran recortes, todo se lles vai en ataques contínuos e covardes…os ppetimetres son deses que dan a hostia e agachan a man. Fronte á iniquidade, a mala idea e a conciencia merdenta do PP/Xunta, velaquí unhas pingas de intelixencia e sensibilidade ( sen perder ápice de personalidade e contundencia ). A ver canto nos dura a liberdade para, sequera, podernos expresar en galego cando escribimos! [...]

Pingback from Brétemas » O impacto da crise económica sobre as industrias culturais
Date: 24 Agosto 2010, 9:50 a.m.

[...] caso da edición xa coñeciamos que no ano 2009 se produciu un decrecemento (case un 20%) do número de títulos en g…, feito que previsiblemente afectará, tamén, a unha importatísima redución das vendas de [...]

Olark Livehelp