Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre as caixas

7 Marzo, 2010 (13:59) | Economía, Goberno Feijoo, Política, Radio

Aconsello escoitar estes quince minutos da tertulia da Radio Galega do pasado venres á noite. Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre como funciona Caixanova. Algúns treitos das súas palabras son impresionantes, non tanto porque non coñecésemos os datos e os nomes que achega, senón polo que denotan da forza de determinados poderes económicos. Magnífico complemento para unha reflexión menos emotiva é a lectura destoutro artigo de Fernando González Macías no que agoira o fracaso da fusión das caixas, o que para el danará moi seriamente as posibilidades de autogoberno futuro de Galicia.

Vaia panorama co que nos imos quedar!

Grazas a Imeneo por subir a gravación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from ar
Date: 7 Marzo 2010, 3:52 p.m.

Príncipe fai tempo que fala sen cancelas. En realidad, nunca tivo cancelas para as cousas boas e para as negativas

Comment from A.C
Date: 7 Marzo 2010, 7:38 p.m.

A ostia como sabe este tipo dos chanchullos dos poderes facticos de Vigo. E despois falan de Baltar, un aldean comparado con estos. Istos si son os problemas reais e tanxibles da nosa terra.En k mans estamos. Animo a Feixoo, e k Deus nos axude.

Comment from pepiño
Date: 16 Marzo 2010, 5:45 p.m.

Non se lle pode dar crédito a un corrupto como Principe. Hai poucas persoas máis oportunistas ca esta.

Olark Livehelp