Month: Marzo, 2010

2 de abril, Día internacional do libro infantil e xuvenil

30 Marzo, 2010 (10:28) | Efemérides, Eventos, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico |

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha celebración promovida polo IBBY que coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen pretende achegar os valores da lectura á infancia de todo o planeta. desta volta correspondeu a confección do cartel á ilustradora Noemí Vilamuza e do texto da mensaxe ao […]

Reconquista popular

29 Marzo, 2010 (09:37) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Vigo |

No artigo da semana rememoro o carácter popular da festa da Reconquista, que hoxe celebramos en Vigo, ao abeiro das achegas bibliográficas recentes de Eduardo Rolland e Xosé Ramón Barreiro Fernández. A pesar do moito que se ten avanzado no coñecemento e interpretación destes feitos,  continúan existindo zonas de sombra para os historiadores, como é […]

Así foi «A hora do planeta 2010»

28 Marzo, 2010 (20:11) | Eventos, Iniciativas, Medio_Ambiente, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KkSfRK1Vk8M” width=”560″ height=”340″ wmode=”transparent” /] Un grande éxito. Vía Islas Cies, grazas.

«A hora do planeta 2010», este serán de 20:30 a 21:30

27 Marzo, 2010 (18:10) | Eventos, Iniciativas, Medio_Ambiente, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/CMIfclDxCE8″ width=”560″ height=”340″ wmode=”transparent” /]

Coñece a David Vidal, o xenio de Portosín

26 Marzo, 2010 (23:04) | Deporte, Fútbol, Humor, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/C7-L6OS-OMc” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Fc-_QNBhLuo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Algúns vídeos protagonizados polo motivador de Portosín son xeniais.

Presente e futuro do Libro Galego

25 Marzo, 2010 (16:17) | Eventos, Libro |

Mañá pola mañá estaremos no foro «Presente e futuro do Libro Galego» organizado por El Correo Gallego. A partir das 12.00 participarei nunha mesa redonda sobre «Innovación e novas tecnoloxías no libro galego» na  que acompañarei aos editores Carlos Lema e Juan Blanco Valdés, cao director de cultragalega.org Manuel Gago e co presidente do Clúster […]

Hai fusión? Caixa Atlántica ou Caixa do Atlántico?

23 Marzo, 2010 (19:13) | Confidencial, Economía, Goberno Feijoo |

Como salientan as versións xornalísticas de hoxe,  o escenario da fusión das caixas quedou aberto, mais que ninguén descarte que, finalmente, os triunfadores poidan ser tamén JG e AC. En todo caso, de ser certo isto, beizón para o país que conseguiría un acordo histórico nun momento de enorme incertidume.

Internet de futuro

22 Marzo, 2010 (08:09) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Internet, Literacidade |

No artigo da semana reflexionoso sobre o conflito xerado arredor da disposición adicional primeira da LES, a famosa «Lei Sinde» ou antidescargas, coa que o goberno pretende legalizar a posibilidade de pechar algunhas páxinas web sen control xudicial. Máis alá da necesidade de aprobar unha nova Lei de Propiedade Intelectual acorde co novo paradigma de […]

O difícil é ler

21 Marzo, 2010 (17:10) | Edición, Lectura |

Gabriel Zaid hizo el siguiente diagnóstico hace ya varios años: «Hay millones de personas con estudios universitarios. Por mal que estén económicamente, pertenecen a la capa superior de la población. Pues bien, estos millones de personas superiores en educación y en ingresos, no dan mercado para más de dos o tres mil ejemplares por título, […]

Día da poesía: cinco motivos para ler poesía

21 Marzo, 2010 (10:17) | Efemérides, Imaxes, Iniciativas, Poesía, Recurso_didáctico |

Hoxe no Día da Poesía este chamamento de Fran Alonso ven como anel. Vía: ENL CEIP Campolongo.

Campo do Fragoso XCI

21 Marzo, 2010 (09:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

TRASHORRAS DECISIVO O Celta, conducido maxistralmente por Roberto Trashorras, obtivo fronte ao Cartaxena unha das máis convincentes vitorias en Balaídos da presente liga. Tres puntos de ouro que, despois do golpe de autoridade da pasada semana en Huelva, deixan ao equipo de Eusebio nunha zona un chisquiño máis temperada da táboa clasificatoria e aos seareiros […]

O impacto da crise económica sobre as industrias culturais

20 Marzo, 2010 (13:09) | Comercio do libro, Cultura, Edición, Informes |

É moi oportuno que o Observatorio da Cultura Galega fixese público o seu primeiro informe arredor do impacto da actual crise económica sobre as industrias culturais galegas (pode baixarse completo en pdf, 18 páxinas). Para os que estamos vencellados profesionalmente co sector cultural en Galicia, estes datos expresan a situación de profundo enfriamento de cada […]

A trapallada ten a súa propia lei

19 Marzo, 2010 (21:21) | Autores, Goberno Feijoo, Humor, Lingua |

Non hai en todo o orbe mundial un decreto máis marxista. Por suposto estou a falar do que ocorre no disparatado Camarote dos Irmáns Marx. Podería darse a circunstancia matemática, e non é broma, de que o voto dun só pai inclinase o modelo lingüístico dunha escola infantil perante catro anos. E en primaria e […]

Un síntoma preocupante

18 Marzo, 2010 (23:17) | Beizóns, Clubs_lectura, Cultura, Goberno Feijoo |

Esta noticia podería ser un síntoma dunha doenza preocupante. É incomprensible que se valore con apenas 83,53 euros o proxecto presentado na maís recente convocatoria de axudas pola Lonxa Literaria de Moaña, un dos primeiros Clubs de Lectura do país, tanto pola súa antigüidade, traballo ininterrompido dende hai sete anos, como polo calidade, diversidade e […]

Manifesto pola alfabetización

16 Marzo, 2010 (17:05) | Iniciativas, Lectura, Literacidade, Recurso_didáctico |

Por unha anotación do formidable blog de  Joaquín Rodríguez sei da publicación do «Manifesto pola alfabetización» (en pdf), un texto elaborado no Reino Unido por especialistas que reclama a implicación das autoridades e das diversas administracións na cuestión da lectura nesta era dixital. Encadrado dentro das iniciativas e programas do National Literacy Trust (unha institución […]

«Galego, un consenso feito cachizas»

15 Marzo, 2010 (07:59) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Goberno Feijoo, Lingua |

Inevitablemente, no artigo da semana analizo o que entendo son as claves do avance do decreto (chamado) de plurilingüismo. Alberto Núñez Feijóo preferiu o pasado sábado participar nunha feira de exaltación do viño ca facelo na presentación dun avance do decreto chamado de plurilingüismo. Escolleu ao conselleiro de Educación e ao secretario xeral de Política […]

Agustín e Xabier, amigos por palabras

14 Marzo, 2010 (19:26) | Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil |

Iago Martínez, asina en Xornal de Galicia, outra das súas grandes entrevistas. Desta volta reuníu a Agustín Fernández Paz e Xabier DoCampo nunha longa conversa na que os dous escritores da Xeración Lamote abordan boa parte da súa andaina xuntos durante corenta anos. Un texto moi recomendable para coñecer a dous dos nosos máis grandes […]

Que erro tan grande!

14 Marzo, 2010 (17:29) | Goberno Feijoo, Lingua, Twitter |

«Que erro tan grande darlle máis poder nas aulas a uns pais que perderon o seu na casa.» Creo que esta frase, que lin nun comentario de Facebook e que recolle en Twitter Descalza, describe mellor ca ningunha outra as dimensións do erro enorme que vai cometer o PPdeGalicia presentando ese proxecto de decreto (chamado) […]

Todos e todas con Agustín

12 Marzo, 2010 (08:12) | Autores, Homenaxes, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Mañá sábado,13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Agustín Fernández Paz que lle tributa o Salón do Libro de Pontevedra. Durante todo o Salón estivo instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente […]

Deseño de portadas

11 Marzo, 2010 (22:18) | Deseño, Portadas_2010, Vídeos, Xerais |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/yoDCiTsS7dU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Aínda que a nós custounos moito máis tempo o redeseño das cubertas da colección Xerais Narrativa, da que comezan a aparecer os primeiros títulos, e a pesar de que utilizamos menos o CS4 do que aquí se presenta, este vídeo é unha fermosa homenaxe para o noso compañeiro o […]

Ok Go

10 Marzo, 2010 (08:30) | Música, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/qybUFnY7Y8w” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Para celebrar día tan radiante (e frío) propoño pasmar con esta unha secuencia complexa, que leva case sete millóns de visionados en apenas dez días. Vía Mirá.

Publicados en galego os dous volumes d’ «O segundo sexo» e un libro de Steiner

9 Marzo, 2010 (20:58) | Ensaio, Igualdade, Novidades, Traducións, Xerais |

Poucas veces sentín maior alivio por ter culminado un proxecto de edición cando esta mañán chegaron da imprenta os exemplares de control de calidade do segundo volume d’ O segundo sexo. Tras unha década de traballo da tradutora, a teimosa e rigorosísima Marga Rodríguez Marcuño, por fin poden lerse na lingua de noso as máis […]

Na procura da igualdade real

8 Marzo, 2010 (08:01) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Igualdade, Recurso_didáctico |

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dedico o artigo da semana que publico en Faro de Vigo á reflexionar sobre a situación do proceso de igualdade e a valorar a contribución decisiva do movemento feminista. Aquí información sobre os actos que se celebrarán hoxe en Vigo.

Desván de los Monjes, non era unha lenda urbana

7 Marzo, 2010 (22:50) | Cultura, Goberno Feijoo, Política, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TAxDHlS0Ef4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A pesar do desmentido de Roberto Varela o pasado 24 de febreiro en El Correo Gallego, no segundo 18 do vídeo podemos comprobar que o de «Desván de los monjes» non era unha lenda urbana. O vídeo completo («Magia y ocio en el Camino: paquetes turísticos de Terras de […]

Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre as caixas

7 Marzo, 2010 (13:59) | Economía, Goberno Feijoo, Política, Radio |

Aconsello escoitar estes quince minutos da tertulia da Radio Galega do pasado venres á noite. Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre como funciona Caixanova. Algúns treitos das súas palabras son impresionantes, non tanto porque non coñecésemos os datos e os nomes que achega, senón polo que denotan da forza de determinados poderes económicos. Magnífico complemento […]

Bravo, Julia!

5 Marzo, 2010 (21:47) | Audios, Entrevistas, Gravacións, Lingua, Radio |

Bravo, Julia! Ou como puxo en evidencia a Arcadi Espada. Grazas, Alberto.

A lección dunha nativa dixital

5 Marzo, 2010 (21:13) | Bibliotecas, Libro_electrónico, Literacidade, Vídeos |

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/7_zzPBbXjWs” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Traballando hoxe na clase do «Mestrado de edición» sobre o tema do tránsito á edición e cultura dixital, a providencia laica agasallounos esta lección a editores, bilibotecarios e libreiros dunha nativa dixital. Non nos importa moito que se trate dunha peza de ficción. Ola, o meu nome é Abbey […]

Edición e comercio interior do libro en Galicia

4 Marzo, 2010 (07:38) | Comercio do libro, Edición, Informes, Recurso_didáctico |

Esta tarde dedicaremos as nosas sesións do «Mestrado en Edición» a analizar os datos máis recentes dos que dispoñemos sobre a edición en Galicia: en 2008 publicáronse en Galicia 3.690 títulos; en galego 2.482 títulos, a máxima cifra da nosa historia. Mentres que en 2009 editáronse en Galicia 4.069 títulos, a máxima cifra da nosa […]

A promoción editorial en Internet

3 Marzo, 2010 (09:01) | Blogs_e_libros, Book_trailer, Edición, facebook, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Twitter |

Esta tarde retomamos as sesións do «Mestrado en Edición», unha experiencia docente que nos está axudando a sistematizar a reflexión sobre o noso traballo. Dedicaremos á promoción editorial en Internet a primeira sesión. Aquí deixamos en pdf os apuntes que elaboramos e utilizaremos en clase. Ademais, recomendaremos o traballo sobre o magnífico documento de Anatomía […]

Un pacto polo porto

2 Marzo, 2010 (08:21) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana de Faro de Vigo analizo a situación precaria do porto de Vigo e a descarada utilización política da presidencia da Autoridade Portuaria por parte de populares e socialistas. Propoño un grande pacto que faga posible transformar o de Vigo nun novo porto moderno, ecoloxicamente sostible e aberto á cidade.

Unha curiosidade interminable

1 Marzo, 2010 (21:38) | Editores, Solidariedade |

«A única ferramenta indispensable do editor é a súa cabeza, mais cómpre que estea ben disposta, e iso non se consegue só con literatura, senón cunha curiosidade interminable.» Estas palabras corresponden a un traballo («Breves apuntes para editores») da nosa admirada Andrea Palet, a xove editora chilena responsable de Edicións B no país austral, azoutado […]