Pomito

11 Abril, 2010 (18:56) | Lingua, Memoria, Portugal, Televisión

No tempo das grandes colas na Ponte Internacional, cando milleiros de vigueses agochaban aos vistas da aduana os botes de Tofina e Mokambo, os quilos de Café Sical, os queixos de bola, os cuartos de manteiga de meio sal, os paquetes do azucre ou as caixas de leite Agros, meu pai nunca deixaba de visitar a botica central de Valença para mercar varias caixiñas de Pomito. Sempre gustei do arrecendo penetrante desta pomada analséxica, astrinxente e parasiticida, de textura parafinada e cor rosado, presentada nunhas preciosas caixiñas circulares, onde aparecía (e segue aparecendo) en tipografía moi elegante a indicación do seu fabricante, os Laboratorios Lencart do parque industrial de Celeirós en Braga.

O Pomito anunciábase coma unha pomada con decenas de anos de experiencia terapéutica en Portugal, Angola e Mozambique, indicada no tratamento dos ecemas, herpes, pequenas queimaduras e, en xeral, de calquera tipo de feridas na pel. Moito abusamos na casa do pomito milagreiro que empregabamos coma bálsamo de fierabrás para calquera proído que tiveramos. Durante moito tempo considerei o pomito de papá coma o símbolo máis xenuíno daquel marabilloso Portugal de abril, o das cancións do Zeca Afonso, o das madrugadas dos trapeiros, o disco do Fausto que alertaba: «Así vai Portugal, uns van bem e outros mal». O país da liberdade e da acollida, no que podiamos pasear contemplando asombrados os luminosos de neón que anunciaban os locais do Partido Comunista, un feito que nos impactou para sempre, na nosa primeira visita adolescente a Porto.

Gañamos a democracia e fendéronse as fronteiras e, sen embargo, como moi atidamente ten sinalado o editor portugués Nelson de Matos, Galicia e Portugal seguemos virados de costas. Os portugueses visítannos cada xornada de ponte. Alá imos de vacacións ou a xantar ese bacallao con natas, que alí preparan de forma «espantosa» (¡ai, eses falsos amigos, tan traizoeiros nas traducións literais entre as dúas linguas irmáns!). Moitos sanitarios galegos traballan alén do Miño. A actividade mercantil intensificouse de forma moi notable, favorecida pola creación dun espazo económico común dentro da eurorrexión da fachada atlántica. Constituíuse o Eixo Atlántico do Noroeste Penínsular que, vencendo múltiples prexuízos e descontinuidades, pretendeu con desigual fortuna contribuír a intensificar os intercambios culturais, deportivos e a pular por unha promoción turística común entre as dúas comunidades. E a pesar de todos estes avances, os galegos, a nosa lingua e a nosa cultura somos aínda os grandes descoñecidos en Portugal.

Ata agora foi a literatura a mellor ponte de achegamento entre as nosas culturas, quizais por traballar cunha mesma materia prima, unhas linguas de tronco común que recordan a nosa permanente irmandade. As obras dos escritores arraianos coma Méndez Ferrín, o doutor Bento da Cruz, o courense Mario Claudio, Luís García Mañá ou José Viale Moutinho axudaron a desdebuxar a realidade da raia fronteiriza, que só existe no imaxinario, e a promover unha conciencia común de convivencia, de encontro, de respecto e de proxecto común político e cultural.

No entanto, o intercambio educativo (o ensino da lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira nos nosos centros de secundaria) cultural (o intercambio constantede autores, artistas e obras) e comunicacional (cando veremos máis canles de televisión portuguesa na nosa TDT)? son hoxe o pomito que necesitamos para un proído que continúa doendo, o bálsamo curativo que arrecende entusiasmo para construír un futuro común que, enfiando un verso último do Miguel Torga, permita levar a este «río feliz a ir de encontro ao mar».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Fábio Dias
Date: 12 Abril 2010, 10:36 p.m.

PT
Gostei muito, uma grande reflexão.

É verdade que para muitos em Portugal a Galiza ainda é desconhecida, mas é certo que outros é de grande importância, não só linguística, mas também como cultural. Associações Portugal-Galiza etc.
Desde à muitos anos que vejo a TVG aqui em Portugal como que de um canal português se tratasse foi na própria TVG que soube da proposta de lei levada à assembleia para que os canais portugueses fossem abertos a comunidade Galega.
Facto é que não passou disso. Uma proposta. Muito se divagou acerca disso, mas nada em concreto foi feito. Ambos (Portugal e Galiza) têm que admitir que o desconhecimento é mutuo para muitos habitantes. Não tenho tanto tempo como tinha antes para ver a TVG, mas também apesar das manifestações, etc. a Galiza continua com problemas linguísticos, culturais e até ma representação politica. A Galiza já viu melhores dias… É triste para mim, ver a minha língua avó morrer nas mãos de quem a viu nascer.

Deixo aqui algumas ligações importantes, não é publicidade, mas conhecimento publico importante.
http://www.vieiros.com/open/conversa/154/galiza-unida-e-mobilizada-e-capaz-de-tudo
http://www.vieiros.com/nova/79095/queremos-galego-denunciara-en-bruxelas-o-incumprimento-da-carta-das-linguas-minoritarias

—————–

Gostei moito, unha gran reflexióm.

É verdade que para moitos em Portugal a Galiza aínda é desconhecida, mas é certo que para outros é de grande importancia, nom só lingüística, senóm tamém como cultural. Asociacións Portugal-Galizia etc.
Dende a moitos anos que vexo a TVG aquí em Portugal como que dum canal portugués se tratase. Foi na propia TVG que soubo da proposta de lei levada á asemblea para que os canles portugueses fosen abertos a comunidade Galega.
Feito é que nom pasou diso. Unha proposta. Moito se divagou acerca diso, mas nada em concreto foi feito. Ambos (Portugal e Galiza) tenhem que admitir que o desconhecemento é mutuo para moitos habitantes. Nom tenho tanto tempo como tinha antes para ver a TVG, mas tamém a pesar das manifestacións, etc. Galizia continúa com problemas lingüísticos, culturais e ata ma representacióm política. A Galiza xa viu melhores días … É triste para mim, ver a minha lingua avoa morrer em mans de quem a viu nacer.

Deixo aquí algunhas ligazóns importantes, nom é publicidade, mas conhecemento público importante.
http://www.vieiros.com/open/conversa/154/galiza-unida-e-mobilizada-e-capaz-de-tudo
http://www.vieiros.com/nova/79095/queremos-galego-denunciara-en-bruxelas-o-incumprimento-da-carta-das-linguas-minoritarias

Muito Obrigado e Abraço de Portugal.

Comment from Sun Iou Miou
Date: 20 Abril 2010, 9:20 a.m.

Deste mesmo tema falamos aínda na cea do sábado. Eu vívoo cada dia no meu blogue raiano, que faz de ponte -coma tantos outros blogues, coma este tamén-, e sempre aparece por alí algún portugués perdido que pregunta que raio de lingua é aquela. Non me debera gabar por iso (ou debera?) pero o certo é que xa uns poucos descubriron que o galego existe despois de pasar polo meu non-cabaré.

Comment from nave carvalho dulci
Date: 10 Novembro 2010, 2:09 p.m.

je cherche s il vous plait la creme pomito lencart que je n arrive plus a trouver pouvez vous m aider a en trouver ou trouver une creme similaire car elle me convenait tres bien merci par avance desoler mon portugais et pleins de fautes

Comment from silvia
Date: 30 Xaneiro 2011, 3:21 a.m.

estaba buscando formulas farmaceuticas antiguas y llegue a esta pagina. Yo de pequeña usaba mucho la pomada que nombras y en la farmacia donde trabajo me vienieron a preguntar dónde conseguirla. Era muy buena pomada, es una pena que algunas cosas buenas dejen de hacerse.

Por cierto soy de Vigo y uno de mis platos favoritos es el bacalao y sobre todo tomarlo en Valença. La leche Agros la echo de menos, sobre todo la chocolatada, que ricos tambien los pasteles, o bolo de arroz y las natas sobre todo en Viana do Castelo. De vez en cuando me gusta pasear rodeando la fortaleza de Valença, Vilanova de Cerveira y Tambien ir a Viana y subir a Santa Lucia. Siempre que voy a Portugal noto mas luz, no se, el dia parece mas luminoso lo que anima mucho a pasear y conocer sitios nuevos.

Por cierto al frances/a decirle que segun creo lo dejaron de hacer (il ne fait pas plus) creo que se escribe asi, es que el frances lo tengo un poco olvidado.

Besiños.

Comment from Austin Real Estate
Date: 14 Maio 2011, 4:41 p.m.

This is great! Keep up the good work! I”m loving it! I look forward to reading more! PR Jobs

Comment from IPhone 5
Date: 24 Maio 2011, 7:42 p.m.

Intresting,thanks for the info.

Trackback from how to eye exercises
Date: 29 Agosto 2011, 2:44 p.m.

Improve your vision naturally!…

Thanks. Left you a trackback to help your readers improve eye vision naturally….

Trackback from Symptoms Of Low Vitamin D
Date: 1 Outubro 2011, 2:09 a.m.

Symptoms Of Low Vitamin D…

We like to link to sites we think are especially good…

Trackback from Potato And Leek Soup
Date: 17 Outubro 2011, 7:30 p.m.

Potato And Leek Soup Fastidious aeronaut. I acquire something solon difficult on defined blogs informal. It testament always be interesting to indicate knowledge off their writers and effectuation a emotional something from their store. I’d take to u…

Fastidious aeronaut. I acquire something solon difficult on defined blogs informal. It testament always be interesting to indicate knowledge off their writers and effectuation a emotional something from their store. I’d take to use few with all the pro…

Trackback from Memory Foam Mattress Reviews
Date: 18 Outubro 2011, 12:08 p.m.

Memory Foam Mattress Reviews Thanks solon for this online. I sure idolized every bit of it….

Thanks solon for this online. I sure idolized every bit of it….

Trackback from reverse phone call lookup
Date: 6 Novembro 2011, 4:35 p.m.

Looking around…

While I was browsing yesterday I saw a great post concerning…

Trackback from how to fight depression
Date: 20 Novembro 2011, 2:49 p.m.

how to fight depression…

The information mentioned in the article are some of the best available…

Olark Livehelp