Grazas, moitas grazas

18 Abril, 2010 (19:20) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios

Foi a de onte para min unha noite memorable. Catro obras de Xerais premiadas e, se isto xa non abondase, o premio para Brétemas (bautizado pola COPE como Nieblas) como Blog literario. Máis non se pode pedir. En todo caso, é de xustiza agradecer de corazón aos membros da AELG este recoñecemento, que sei desmesurado, e aos compañeiros de viaxe de Blogaliza por facelo posible cada día. Beizóns.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from arume dos piñeiros
Date: 18 Abril 2010, 7:51 p.m.

Hai que recoñecer tamén que esa editorial Generales debe de ser moi boa. Mira que gañar catro premios!!
Noraboa, amigo.

Comment from Un lector
Date: 18 Abril 2010, 7:55 p.m.

É abraiante, o da COPE! Traduciron todos os nomes. Que pasada!

Comment from fisterrán
Date: 18 Abril 2010, 8:40 p.m.

Merecidísimo! “Brétemas” é un dos referentes indispensables da blogosfera do noso país. Noraboa, Manolo.

Comment from folerpa
Date: 18 Abril 2010, 8:52 p.m.

O de “ediciones generales” é fantástico, o da COPE semella cada vez máis unha emisora humorística que emprega, por certo, o mesmo tradutor que o conselleiro de cultura.
Malia darche os parabéns en persoa onte, quero que fique aquí constancia escrita deles. Pois ao cabo moito dos que por aquí pasamos consideramos tamén esta a nosa casa e ti o mellor anfitrión.

Comment from A.C
Date: 18 Abril 2010, 9:19 p.m.

O da COPE, anecdotico. O importante e o seu premio, meus parabens

Comment from Tirant al cap
Date: 18 Abril 2010, 9:50 p.m.

Moltes felicitats, Manolo!

Comment from albixoi
Date: 19 Abril 2010, 1:19 a.m.

Súmome aos parabéns anteriores. Unha aperta.

Comment from magago
Date: 19 Abril 2010, 7:08 a.m.

Pois moitos parabienes, entón! Manolo, é un premio merecidísimo. Como lector, alégrome moitísimo e sinto ese premio case coa emoción de se mo deran a min. Son os teus moitos anos ao pé do blog, creando un espazo útil non só para a editorial senón para comprendermos a cultura contemporánea do país.

Comment from magago
Date: 19 Abril 2010, 7:10 a.m.

…e unha cousa máis. Ás veces non valoramos as cousas porque parecen que están aí de sempre, que como nos veñen gratis…A cuestión é: canto perderían os blogs en galego sen Brétemas! Así que grazas, mil grazas por estar aí.

Comment from Xurxo Sierra Veloso
Date: 19 Abril 2010, 8:07 a.m.

“Luz del Senegal”, din os da COPE. En fin, sempre nos quedará a lembranza dos magníficos informativos de Xosé María Palmeiro en Radio Popular de Vigo. Unha aperta, Brétemas, parabéns polo teu traballo de cada día.

Comment from olga
Date: 19 Abril 2010, 8:20 a.m.

Parabens, Manolo. Brétemas non fai honra ó seu nome: pon unha luz clariña mesmo en aspectos que poderían pasar sen ser vistos (anque sí notados) Dos teus éxitos todos recollemos algo.

Comment from Pere Tobaruela Martínez
Date: 19 Abril 2010, 10:21 a.m.

Súmome aos parabéns, Manolo. Cada día bótolle unha ollada ás túas brétemas.

Comment from Lizgairo
Date: 19 Abril 2010, 1:21 p.m.

Mais un parabén pola sua espeléndida Bretemas. Sempre a leo.HaI pouca brétema nela, mais ben unha luzada.

Pingback from Cea das Letras 2010 | O levantador de minas
Date: 19 Agosto 2010, 8:21 p.m.

[...] esenciais da nación. Tamén, no apartado tecnolóxico da velada, tivemos o pracer de parabenizar o Manuel Bragado por apañar o premio que varios amigos ansiábamos, cousa que el fixo sen aforrar agradecementos [...]

Olark Livehelp