Month: Abril, 2010

Gool tipográfico

28 Abril, 2010 (22:24) | Fútbol, Tipografía, Vídeos |

O do Barça non puido ser, síntoo ben. Vía Libros y Bitios.

Berbés, o porto dos portos

27 Abril, 2010 (21:55) | Memoria, Vigo |

A páxina marítima do Faro anuncia que entrou peixe na lonxa: «Dezaseis bakas, con 90.000 quilogramos e un pincheiro con sete mil quilogramos e dous espadeiros con oito mil quilogramos de peixe entraron onte no Berbés». Bacallao, badeixo, berete, bogóns, botos, brecas, castañeta, congrio, quenlla, marraxo, linguado, pescada, pescadiña, pescadiña fina, peixe sapo, polbo, pota, […]

«A pobreza é a inxustiza»

26 Abril, 2010 (07:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Comercio_xusto, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Imaxes, Política, Recurso_didáctico, Solidariedade, Xustiza |

No artigo da semana reflexiono, a raíz da Festa «Un Día para a Esperanza» de Intermón-Oxfam, sobre a necesidade de reaccionar sobre a actual situación de fame, pobreza e inxustiza no planeta. Outra ollada é posible.

Abril sempre!

25 Abril, 2010 (09:00) | 25_de_abril, Efemérides, Historia, Música, Política, Portugal, Vídeos |

Hoxe 25 de abril lembramos as versións de «Grândola, vila morena» da Amália Rodrigues e da homenaxe galega ao Zeca Afonso.

Os libros, unha prótese para lembrar

24 Abril, 2010 (17:12) | Libro, Memoria |

Sobrevivimos por uns fráxiles anos, aínda, despois de mortos, na memoria de outros, mais tamen esa memoria persoal, con cada instante que pasa, está sempre máis cerca de desaparecer. Os libros son un un simulacro de recordo, unha prótese para lembrar, un intento desesperado por facer un pouco máis perdurable o que é irremediablemente finito. […]

«Un Día para a Esperanza 2010»

24 Abril, 2010 (09:12) | Comercio_xusto, Dereitos_humanos, Documentos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Política |

A crise económica  e o cambio climático castigan especialmente as poboacións pobres. Calcúlase que hoxe xa hai máis de 1.400 millóns de persoas  que sobreviven con menos de 1 euro ao día. O 70% son mulleres. Imaxinades cómo é a vida dunha familia que ten que comer, pagar pola educación e a asistencia médica con […]

Dous autos: Garzón e Varela

23 Abril, 2010 (15:05) | Documentos, Historia, Política, Recurso_didáctico, Xustiza |

Fálase moito do auto do xuíz Baltasar Garzón polo cal foi procesado pola Sala 2ª do Penal do Tribunal Supremo. Non está de máis ler esta peza xurídica (pode baixarse en pdf aquí) que constitúe, tamén, unha admirable síntese histórica da brutalidade represiva do franquismo. O texto e os seus fundamentos poden compararse cos rebatidos […]

«Imaxínate»: Feliz Día do Libro

22 Abril, 2010 (22:00) | Eventos, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos |

Continúa gustándome esta canción de Migallas. Celebremos mañá con ledicia este Día do Libro en tempos de crise económica e da edición cultural, ao que non é alleo, tampouco, o tránsito entre soportes. O miolo do libro está no contido e no protagonismo do lector ou da lectora. Vía Trafegando ronseis.

Un caligrama: a miña bandeira

19 Abril, 2010 (19:44) | Educación, Imaxes, Recurso_didáctico |

Agustín Fernández Paz agasalloume hoxe con este caligrama preparado en letraset para un dos primeiros libros de texto do colectivo Avantar. Coa perspectiva de case trinta anos, este recurso didáctico é unha auténtica marabilla.

Campo do Fragoso XCII

19 Abril, 2010 (07:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

GOL DE ADESTRAMENTO Tras senllas catástrofes das semanas anteriores contra os colistas, O Celta malogrou unha boa primeira parte para sentenciar ao Betis, un equipo con moitas pretensións que procuraba en Balaídos os tres puntos para entrar nos postos de ascenso. A pesar de que os verdibrancos tiveron toda a iniciativa nos cinco primeiros minutos […]

A retirada dos símbolos franquistas

19 Abril, 2010 (07:15) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia, Vigo |

No artigo da semana analizo o proceso de retirada de símbolos franquistas na cidade de Vigo, dende as mudanzas no rueiro de comezo dos anos oitenta até a recentísima aplicación da Lei da Memoria Histórica; propoñendo, finalmente, a retirada da «Cruz do Castro», símbolo da sublevación militar.

Grazas, moitas grazas

18 Abril, 2010 (19:20) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios |

Foi a de onte para min unha noite memorable. Catro obras de Xerais premiadas e, se isto xa non abondase, o premio para Brétemas (bautizado pola COPE como Nieblas) como Blog literario. Máis non se pode pedir. En todo caso, é de xustiza agradecer de corazón aos membros da AELG este recoñecemento, que sei desmesurado, […]

A velada de Benicarló

17 Abril, 2010 (09:30) | Política |

España, país considerado como una de las realidades más dinámicas de Europa hasta hace unos pocos años, se encuentra sumido en una crisis que se manifiesta en cuatro planos. Una severa crisis económica, con graves riesgos a corto plazo para la cotización de su deuda en los mercados financieros internacionales, que exigirá la adopción de […]

Un novo sinal

16 Abril, 2010 (23:14) | Humor, Imaxes |

Recibido onte na caixa de correo.

Book, tecnoloxía punta

13 Abril, 2010 (21:31) | Libro, Libro_electrónico, Literacidade, Vídeos |

Vía: leerestádemoda

«Día das Letras Galegas: unha celebración distante?»

13 Abril, 2010 (18:07) | 17_de_maio, Eventos, Polémicas |

Mañá participarei no debate que a revista Tempos Novos organiza no pub Dadó-Dadá de Compostela arredor do futuro da celebración do Día das Letras Galegas. Moderados por Comba Campoy, acompañarei a tan vos amigos e amigas como Mercedes Queixas, Nel Vidal, Branca Novoneyra e Euloxio Ruibal. A moderara púxonos unha serie de cuestións ás que […]

«As alarmas do caso Garzón»

12 Abril, 2010 (08:55) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Política |

No artigo da semana abordo o caso Garzón e as dúas alarmas que entendo acende: a imposición de límites penais á interpretación xudicial, podería comprometer gravemente o noso Estado de Dereito e a independencia xudicial; a indefensión na que poden quedar os dereitos das familias das vítimas dos crimes de lesa humanidade cometidos polo franquismo […]

Pomito

11 Abril, 2010 (18:56) | Lingua, Memoria, Portugal, Televisión |

No tempo das grandes colas na Ponte Internacional, cando milleiros de vigueses agochaban aos vistas da aduana os botes de Tofina e Mokambo, os quilos de Café Sical, os queixos de bola, os cuartos de manteiga de meio sal, os paquetes do azucre ou as caixas de leite Agros, meu pai nunca deixaba de visitar […]

«Pedro e o lobo», sempre unha marabilla

10 Abril, 2010 (10:00) | Animación, Cine, Ilustración, Música, Recurso_didáctico, Vídeos |

Pedro y el lobo from silvinacampos on Vimeo. Como sucede tantas veces, Trafegando ronseis descubriume esta maravillosa peza de animación en stop-motion, gañadora do Óscar no 2008, dirixida por Suzie Templeton e producida conxuntamente entre Inglaterra, TV UNAM- Mexico, Polonia e Republica Checa. Baseáse no conto musical de Sergei Prokofiev Pedro e o lobo, escrito […]

Os números mandan na fusión

9 Abril, 2010 (20:29) | Economía, Goberno Feijoo, Política |

Tras a expectativa creada pola dispoñibilidade das dúas caixas para estudar as posibilidades de fusión, a partir da vindeira semana serán os números os que manden. Semella que por esta análise de Capital Madrid as dificultades para poder cadrar os números van ser importantes, xa que o Banco de España probabelmente só achegará 1.500 millóns […]

A Comunidade Educativa rexeita o borrador do Decreto de Plurilingüismo

8 Abril, 2010 (21:05) | Goberno Feijoo, Lingua, Política |

Por moito que se esforcen os seus promotores en agochar o claro rexeitamento que o Consello Escolar de Galicia realizou onte do borrador do Decreto de Plurilingüismo, esta situación constitúe un feito absolutamente inédito na nosa historia educativa. Ningún Goberno ousou modificar aspectos fundamentais referidos ao funcionamento do sistema sen contar co apoio do Consello […]

«Inmunda escoria» e a memoria histórica antifranquista

7 Abril, 2010 (13:56) | Historia, Novidades, Xerais |

Este serán presentaremos no Salón Nobre de Fonseca Inmunda escoria, a formidable obra de Ricardo Gurriarán sobre as mobilizacións estudantís na Universidade de Santiago durante o franquismo. Para o evento contamos coa participación de Vicente Álvarez Areces, o presidente do Principado de Asturias e destacado protagonista dos acontecementos do estoupido do 68 que pechan este […]

Millo Corvo e Biodiversidade

5 Abril, 2010 (08:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Gastronomía, Lingua, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico |

No artigo da semana en Faro de Vigo apupo a experiencia de artesanía agroalimentaria de recuperación do Millo Corvo promovida pola Asociación Cultural Meiro de Bueu. Un enfoque transversal moi interesante na abordaxe da Biodiversidade, un concepto que, aínda que en Galicia non o pareza, a ONU celebra en 2010 ano da Biodiversidade).